BDNS (Identif.): 648209.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).
Primeiro. Beneficiarios
Esta convocatoria está destinada a centros docentes privados concertados dependentes da Consellería de Cultura, Educación Profesional e Universidades en que se imparta 6º de educación primaria ou educación secundaria obrigatoria durante o curso 2022/23.
Cada centro poderá participar cun máximo de 25 alumnos e/ou alumnas do mesmo nivel educativo.
Segundo. Obxecto
1. Esta orde ten por obxecto regular o procedemento de solicitude e concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, a centros privados concertados en que se imparta 6º de educación primaria ou educación secundaria obrigatoria durante o curso 2022/23.
2. O procedemento de concesión destas axudas tramitarase en réxime de concorrencia competitiva.
Terceiro. Bases reguladoras
Orde do 5 de setembro de 2022 pola que se regula o réxime de axudas a centros docentes privados concertados dependentes desta consellería para participar no Programa de inmersión lingüística en lingua inglesa a través de actividades dixitais, Digitalweek, dirixido ao alumnado de sexto curso de educación primaria e de educación secundaria obrigatoria, durante o curso 2022/23 (código de procedemento ED301L).
Cuarto. Financiamento e contía das axudas
1. O financiamento das axudas previstas nesta orde efectuarase con cargo á partida orzamentaria 10.30.423A.780.3, por un importe máximo de 171.000,00 €, con cargo ao orzamento de 2022.
Número de prazas: 475.
Número de prazas máximo por centro: 25.
Prezo máximo de cada praza: 360 €.
Quenda |
Datas |
Cursos |
Alumnado |
1ª quenda |
Do 27 de novembro ao 3 de decembro |
6º EP |
175 |
2ª quenda |
Do 4 ao 10 de decembro |
1º e 2º ESO |
150 |
3ª quenda |
Do 11 ao 17 de decembro |
3º e 4º ESO |
150 |
2. O custo total de cada actividade inclúe:
a) Os monitores ou monitoras que acompañarán o alumnado en cada un dos grupos durante a actividade.
b) Os gastos de docencia e o material escolar.
c) As actividades culturais, deportivas e complementarias dos cursos.
d) Os gastos de manutención e aloxamento do alumnado.
e) O certificado de realización da actividade.
f) O seguro de accidentes e de responsabilidade civil.
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último día do mes.
Santiago de Compostela, 5 de setembro de 2022
Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades