Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Venres, 23 de setembro de 2022 Páx. 49507

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

RESOLUCIÓN do 15 de setembro de 2022 pola que se concede a mención de excelencia a titulacións universitarias oficiais de máster impartidas polas universidades do Sistema universitario de Galicia no curso académico 2021/22.

Con data do 24 de marzo de 2022, publicouse no Diario Oficial de Galicia a Orde do 14 de marzo de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria para a concesión de mención de excelencia a titulacións universitarias oficiais de máster impartidas polas universidades do Sistema universitario de Galicia no curso académico 2021/22.

Rematado o prazo para a entrega da documentación necesaria para a tramitación do procedemento establecido no artigo 5 da orde de convocatoria, foron analizadas as solicitudes pola Comisión Avaliadora prevista no artigo 8 da citada orde.

Tendo en conta o anteriormente exposto, e atendendo á proposta de resolución da Secretaría Xeral de Universidades, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro. Concederlles a mención de máster universitario excelente da Xunta de Galicia ás titulacións universitarias oficiais de máster impartidas polas universidades do Sistema universitario de Galicia no curso académico 2021/22, que se relacionan no anexo I desta orde.

Segundo. As universidades responsables dos títulos comprométense a manter os requisitos que deron lugar á obtención da puntuación mínima para acadar a mención de máster universitario excelente da Xunta de Galicia.

Así mesmo, os responsables dos títulos comprométense a incluír as medidas e modificacións necesarias, segundo o procedemento establecido para a modificación de títulos universitarios, derivadas do compromiso de inclusión dun módulo vinculado directamente cunha formación en emprendemento e autoemprego, establecida no artigo 9, epígrafe f).

Terceiro. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as universidades poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no DOG, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente o recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2022

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ANEXO I

Titulación

Facultade/escola

Universidade

MU en Computación de Altas Prestacións

Facultade de Informática

Escola Técnica Superior de Enxeñaría

Universidade da Coruña

Universidade de Santiago de Compostela

MU en Produción Xornalística e Audiovisual

Facultade de Ciencias da Comunicación

Universidade da Coruña

MU en Matemática Industrial

Facultade de Informática

Facultade de Matemáticas

Escola de Enxeñaría de Telecomunicación

Universidade da Coruña

Universidade de Santiago de Compostela

Universidade de Vigo