A representación da titularidade do CPR Fingoi, de Lugo, solicita a modificación da autorización para impartir o bacharelato da modalidade xeral.
Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,
DISPOÑO:
Artigo 1. Modificación da autorización
Modificar a autorización do centro para impartir o bacharelato da modalidade xeral, quedando o centro configurado como se detalla a seguir:
Denominación: CPR Fingoi.
Código: 27006279.
Domicilio: avenida Aviación Española, 37.
Localidade: Lugo.
Concello: Lugo.
Provincia: Lugo.
Titular: Colegio Fingoy, S.A.
Composición resultante:
Modalidade presencial, réxime ordinario:
• Educación infantil: 3 unidades.
• Educación primaria: 6 unidades.
• Educación secundaria obrigatoria: 4 unidades.
• Bacharelato: 8 unidades, modalidades: Ciencias e Tecnoloxía; Humanidades e Ciencias Sociais, Artes, e Xeral.
Artigo 2. Inicio da actividade
Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades de Lugo, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia.
Artigo 3. Inscrición no rexistro de centros
Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.
Artigo 4. Revisión da autorización
O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.
Disposición derradeira primeira. Recursos
Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2022
Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades