A representación da titularidade do centro privado (CPR) plurilingüe Las Acacias-Montecastelo, de Vigo, solicita a modificación da autorización para impartir os cursos de especialización en Ciberseguridade en contornos das tecnoloxías da información, Ciberseguridade en contornos das tecnoloxías de operación e Dixitalización do mantemento industrial.
Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,
DISPOÑO:
Artigo 1. Modificación da autorización
Modificar a autorización para impartir os cursos de especialización en Ciberseguridade en contornos das tecnoloxías da información, Ciberseguridade en contornos das tecnoloxías de operación e Dixitalización do mantemento industrial, no centro que se sinala a seguir:
Denominación xenérica: centro privado (CPR) plurilingüe.
Denominación específica: Las Acacias-Montecastelo.
Código: 36025037.
Domicilio: Doctor Paz Pardo, 84.
Localidade: Vigo.
Concello: Vigo.
Provincia: Pontevedra.
Titular: Fomento de Centros de Enseñanza, S.A.
Composición resultante:
Educación infantil: 9 unidades.
Educación primaria: 18 unidades.
Educación secundaria obrigatoria: 12 unidades.
Bacharelato: 8 unidades das modalidades de Ciencias, e de Humanidades e Ciencias Sociais.
Formación profesional:
a) Modalidade presencial, réxime ordinario.
• CM Sistemas microinformáticos e redes (2 unidades, 30 postos escolares cada unha).
• CM Instalacións eléctricas e automáticas (2 unidades, 30 postos escolares cada unha).
• CS Automatización e robótica industrial (2 unidades, 30 postos escolares cada unha).
• CS Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma (2 unidades, 30 postos escolares cada unha).
• CS Desenvolvemento de aplicacións web (2 unidades, 30 postos escolares cada unha).
• Curso de especialización en Ciberseguridade en contornos das tecnoloxías da información (1 unidade para 20 postos escolares).
• Curso de especialización en Ciberseguridade en contornos das tecnoloxías de operación (1 unidade para 20 postos escolares).
• Curso de especialización en Dixitalización do mantemento industrial (1 unidade para 20 postos escolares).
b) Modalidade semipresencial e/ou a distancia, réxime para persoas adultas.
• CM Sistemas microinformáticos e redes.
• CM Instalacións eléctricas e automáticas.
• CS Automatización e robótica industrial.
• CS Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma.
• CS Desenvolvemento de aplicacións web.
Artigo 2. Inicio da actividade
Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades de Pontevedra, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación do profesorado que impartirá docencia nos cursos de especialización, así como o equipamento.
Artigo 3. Inscrición no Rexistro de Centros
Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.
Artigo 4. Revisión da autorización
O centro queda obrigado a cumprir a normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando deba modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.
Disposición derradeira primeira. Recursos
Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2022
Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional
e Universidades