Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Martes, 4 de outubro de 2022 Páx. 53082

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 27 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se resolve, con carácter definitivo, o ciclo de adxudicación correspondente ao ano 2022 do concurso de traslados aberto e permanente para a provisión de prazas básicas de persoal estatutario na categoría de facultativo especialista de área das especialidades de cirurxía ortopédica e traumatoloxía, e medicina interna.

De conformidade co previsto na base oitava da Resolución do 20 de novembro de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Humanos (Diario Oficial de Galicia núm. 227, do 29 de novembro), pola que se aproban as bases do procedemento de concurso de traslados aberto e permanente para a provisión de prazas básicas de persoal estatutario do Sistema público de saúde de Galicia, este centro directivo, como órgano convocante do proceso,

RESOLVE:

Primeiro. Declarar resolto definitivamente o ciclo de adxudicación correspondente ao ano 2022 do concurso de traslados aberto e permanente para a provisión de prazas básicas de persoal estatutario sanitario e de xestión e servizos, na categoría de facultativo especialista de área nas especialidades de cirurxía ortopédica e traumatoloxía, e medicina interna, coa adxudicación dos destinos que se indican no anexo desta resolución.

Segundo. As listas coas puntuacións e, de ser o caso, os destinos definitivos asignados en cada unha das categorías están publicadas, á disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a concursante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

Terceiro. De conformidade co previsto na base novena da Resolución do 20 de novembro de 2017, os/as concursantes que obteñan praza neste proceso deberán cesar na que, de ser o caso, desempeñen, dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique esta resolución.

Por necesidades organizativas, e co obxecto de preservar o normal funcionamento das institucións sanitarias no proceso de incorporación dos/das profesionais como consecuencia da resolución deste proceso, os/as profesionais que estean a prestar os seus servizos no Sistema público de saúde de Galicia cesarán o primeiro día hábil seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. De conformidade co artigo 30, punto 2), do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, segundo a redacción efectuada pola Lei 4/2021, do 28 de xaneiro, de medidas fiscais e administrativas, a toma de posesión do novo destino obtido débese efectuar dentro dos dous días hábiles seguintes ao do cesamento, se a praza desempeñada e a adxudicada son da mesma área de saúde, no prazo de sete días hábiles, se as prazas son de distinta área de saúde dentro do Servizo Galego de Saúde, ou no prazo dun mes, se a praza desempeñada corresponde a outro servizo de saúde.

Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisional ou comisión de servizos.

Non disporán de ningún dos prazos posesorios sinalados aqueles/as adxudicatarios/as de praza no concurso que xa viñesen ocupando praza con carácter definitivo no mesmo centro de destino ou en virtude de comisión de servizos ou reingreso provisional.

No caso de que a adxudicación da praza supoña o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución.

Quinto. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, poderán interpoñer recurso de reposición, ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir da mesma data.

Santiago de Compostela, 27 de setembro de 2022

Ana María Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos

ANEXO

Destinos adxudicados por categoría

Facultativo/a especialista de área de Medicina Interna

DNI

Apelidos e nome

Código

Centro directivo

Centro

Quenda

Concello

***7703**

CAMPOS FRANCO, JOAQUIN

157100510

A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza

Complexo Hospitalario Universitario de Santiago

-

Santiago de Compostela

***2713**

DOMINGUEZ SANTALLA, MARIA JESUS

157100510

A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza

Complexo Hospitalario Universitario de Santiago

-

Santiago de Compostela

***3478**

GAYOL FERNANDEZ, MARIA DEL CARMEN

157100510

A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza

Complexo Hospitalario Universitario de Santiago

-

Santiago de Compostela

***6129**

LAMELO OTERO, MARIA CLEMENTINA

157100510

A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza

Complexo Hospitalario Universitario de Santiago

-

Santiago de Compostela

***2926**

MORALES MARTIN, JOSE FELIPE

271100510

A.S. de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos

Complexo Hospitalario Universitario de Lugo

-

Lugo

***8538**

PESQUEIRA FONTAN, PAULA MARIA

157100510

A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza

Complexo Hospitalario Universitario de Santiago

-

Santiago de Compostela

***6810**

QUINTAS ALBORES, EUGENIO

329900510

A.S. de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

Hospital Público de Verín

-

Verín

(*) Ocúltase parcialmente o número de documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro.