Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Martes, 4 de outubro de 2022 Páx. 53009

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 2022 pola que se publica o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 22 de setembro de 2022, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo do organismo autónomo Instituto Galego de Estatística.

A aprobación da modificación da relación de postos de traballo do organismo autónomo Instituto Galego de Estatística xustifícase polas razóns indicadas no punto primeiro do Acordo.

En consecuencia, por proposta do organismo autónomo Instituto Galego de Estatística e unha vez consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa de Negociación e na Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 22 de setembro de 2022, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro. Aprobar a modificación da relación de postos de traballo do Organismo Autónomo Instituto Galego de Estatística nos termos que se sinalan no anexo a este acordo, como consecuencia das súas necesidades funcionais e organizativas actuais.

Segundo. Ordenar a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 22 de setembro de 2022, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo do organismo autónomo Instituto Galego de Estatística, coa finalidade de cumprir o dito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda do 8 de xaneiro de 2020, sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 16, do 24 de xaneiro), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2022

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

missing image file