En cumprimento do establecido no artigo 70.2 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido do Estatuto básico do empregado público; no 48.4 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia; no 5º do Real decreto 896/1991, do 7 de xuño, polo que se establecen as regras básicas e os programas mínimos a que debe axustarse o procedemento de selección dos funcionarios da Administración local; no 20 da Lei 22/2021, do 28 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2022, e no 2 da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, faise público que mediante o Decreto da Alcaldía 600/2022, do 8 de setembro, se corrixiron os seguintes erros detectados no Decreto 330/2022, do 19 de maio, polo que se aprobou a oferta de emprego público extraordinaria de 2022:
Na epígrafe «Ocupada temporal e ininterrompidamente desde» das prazas número 10, 13 e 44 do persoal laboral fixo da oferta de emprego público extraordinaria de 2022, para procesos de estabilización do emprego temporal, aprobada no punto terceiro do Decreto da Alcaldía 330/2022, do 19 de maio, de tal xeito que, onde di:
«Persoal laboral fixo |
|||||
Nº |
Denominación |
Grupo |
Xornada |
Ocupada temporal e ininterrompidamente desde |
Procedemento de acceso |
10 |
Coordinadora de voluntariado |
II |
Completa |
9.2.2011 |
Concurso |
13 |
Auxiliar SAF |
V |
Completa |
3.1.2001 |
Concurso |
44 |
Auxiliar-administrativa |
IV |
Completa |
3.1.2001 |
Concurso» |
Debe dicir:
«Persoal laboral fixo |
|||||
Nº |
Denominación |
Grupo |
Xornada |
Ocupada temporal e ininterrompidamente desde |
Procedemento de acceso |
10 |
Coordinadora de voluntariado |
II |
Completa |
9.2.2001 |
Concurso |
13 |
Auxiliar SAF |
V |
Completa |
4.10.1994 |
Concurso |
44 |
Auxiliar-administrativa |
IV |
Completa |
15.3.1998 |
Concurso» |
Contra a resolución indicada, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer:
– Potestativamente, recurso de reposición, no prazo máximo dun mes desde o día da publicación da presente resolución, ante o mesmo órgano que ditou o acto impugnado.
– Con posterioridade á resolución expresa ou presunta do recurso de reposición, ou ben directamente, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde o día de publicación da presente resolución.
– Ou recurso extraordinario de revisión, segundo o previsto no artigo 113 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou calquera outro que se considere procedente.
Padrón, 8 de setembro de 2022
Antonio Fernández Angueira
Alcalde