Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Xoves, 13 de outubro de 2022 Páx. 54503

III. Outras disposicións

Axencia Galega da Industria Forestal

RESOLUCIÓN do 29 de setembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2022, en réxime de concorrencia non competitiva, as subvencións para a realización de proxectos e obras que empreguen produtos de madeira como elementos estruturais, financiadas ao 100 % no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19 (códigos de procedemento MR502B, MR502D, MR502F e MR502G).

A Axencia Galega da Industria Forestal, entidade adscrita á Consellería do Medio Rural da Comunidade Autónoma de Galicia, configúrase como un organismo público que ten como eixe principal levar a cabo as actuacións precisas para impulsar a actividade económica asociada á industria forestal galega.

Nos termos recollidos no artigo 2 dos estatutos da Axencia Galega da Industria Forestal, aprobados polo Decreto 81/2017, do 3 de agosto, polo que se crea a Axencia Galega da Industria Forestal e se aproban os seus estatutos, defínense como obxectivos principais da Axencia tanto incentivar o deseño de produtos derivados do sector forestal na procura de solucións estruturais verdes que contribúan ao ambiente como mellorar a competitividade e a innovación das empresas do sector forestal-madeira.

Así mesmo, no artigo 8 dos seus estatutos configúranse como competencias e funcións da Axencia outorgar e xestionar subvencións nas materias da súa competencia, de acordo co establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como a definición e promoción de estratexias que permitan acadar unha convivencia saudable e sustentable entre o aproveitamento e a industrialización dos recursos naturais, que deberán ter en conta a conservación do patrimonio natural e a biodiversidade, e basearse no uso sustentable dos ditos recursos naturais.

Neste senso, a visión estratéxica a longo prazo publicada pola Comisión Europea para unha economía próspera, moderna, competitiva e climaticamente neutra exixe unha redución drástica das emisións de gases de efecto invernadoiro para 2050.

O Green Deal da Comisión Europea, unha nova estratexia de crecemento que ten como obxectivo preservar o planeta para as xeracións futuras, pode ser unha oportunidade para avanzar acelerando os nosos progresos no cumprimento dos obxectivos do cambio climático.

O Pacto Verde Europeo establece unha ambiciosa redución do obxectivo 55 para 2030. A través da súa folla de ruta para a acción, describe unha visión a longo prazo para o ambiente, que involucra todos os sectores da economía, orientada a acadar o obxectivo de neutralidade climática.

Xa que logo, todos debemos contribuír a este obxectivo, e a industria forestal xogará un papel fundamental tanto pola fixación do CO2, como polo secuestro deste, e polo seu grande potencial de substitución doutros produtos. Sen dúbida, a industria forestal será a chave que axude a outros sectores na transición cara á descarbonización.

A Unión Europea calcula que, no seu conxunto, os edificios son responsables do 40 % do consumo enerxético da UE e do 36 % dos gases de efecto invernadoiro, e sinala que o sector da construción pode incluso pasar de emitir carbono a reducilo se se utilizan materiais de construción orgánicos como a madeira.

A madeira é un material natural, reciclable e reutilizable que retén CO2 e o fixa durante todo o seu ciclo de vida. Os procesos de fabricación de produtos de madeira para a construción son minimamente contaminantes e consumidores de enerxía. Ademais, a madeira posúe unhas calidades naturais de illamento térmico excepcionais que contribúen á eficiencia enerxética e achegan confort aos espazos.

Así pois, a madeira contribúe a reducir o consumo enerxético non só durante o uso do edificio senón tamén do consumo necesario para a súa construción e desmantelamento.

Esta resolución ten como obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para a realización de proxectos e obras que empreguen produtos de madeira como elementos estruturais. Pretende promover a utilización da madeira en construción para impulsar o desenvolvemento de sistemas construtivos sustentables, a utilización de materias naturais, reciclables e reutilizables e a redución do consumo enerxético.

Estas subvencións financiaranse con cargo aos créditos orzamentarios da Axencia Galega da Industria Forestal asignados para esta finalidade, conforme o establecido na Axenda de impulso da industria forestal-madeira e tendo en conta o establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento.

Con este fin, na Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022, inclúese un crédito de 2.600.000,00 euros, co cal se financian os importes das axudas que se establecen nesta convocatoria.

De acordo co anterior,

RESOLVO:

1. Convocatoria e bases reguladoras.

1º. Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases polas que se rexerá a concesión das subvencións da Axencia Galega da Industria Forestal, en réxime de concorrencia non competitiva, para a realización de proxectos e obras que empreguen produtos de madeira como elementos estruturais, financiadas ao 100 % no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19, e proceder á súa convocatoria para o ano 2022 (códigos de procedemento MR502B, MR502D, MR502F e MR502G).

2º. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva e quedará suxeito ao Regulamento (UE) 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis.

3º. As actuacións subvencionables con cargo a estas axudas están financiadas ao 100 % no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19, polo que deberán cumprirse as obrigas específicas e demais disposicións que se establecen respecto diso nestas bases reguladoras.

2. Prazo de presentación de solicitudes.

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto desde o día seguinte ao da publicación desta resolución ata o 15 de novembro de 2022 ou ata o esgotamento dos fondos asignados, no caso de que se produza con anterioridade a esa data.

3. Información ás persoas interesadas.

Sobre este procedemento administrativo poderase obter documentación normalizada ou información adicional na Axencia Galega da Industria Forestal, a través dos seguintes medios:

a) Páxina web oficial da Axencia Galega da Industria Forestal: http://xera.xunta.gal

b) Páxina web https://sede.xunta.gal/portada e introducindo no buscador o código de procedemento.

c) O teléfono 881 99 54 78.

d) Correo electrónico: xera.cmr@xunta.gal

4. Período de execución das actuacións.

O período de execución das actuacións elixibles abarcará desde o 1 de xaneiro de 2022 ata a data máxima de xustificación establecida na convocatoria; quedan excluídas as actuacións xa finalizadas na data de presentación da solicitude, que non se considerarán subvencionables.

5. Prazo de xustificación.

O prazo máximo e improrrogable para presentar a xustificación das actividades subvencionadas finalizará o 15 de decembro de 2022 para a primeira anualidade, e o 30 de xuño de 2023 para a segunda. Así mesmo, logo de solicitude motivada da persoa beneficiaria e sempre que sexa autorizada polo órgano que ditou a resolución de concesión, as cantidades non xustificadas na anualidade 2022 poderanse computar e xustificar na anualidade 2023, sempre e cando non fosen susceptibles de perda de dereito ao seu cobramento.

6. Financiamento.

1º. As subvencións obxecto desta resolución, cun crédito total de 2.600.000,00 €, financiaranse con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2022 e 2023, de acordo co seguinte detalle:

Concepto

Aplicación

Proxecto

Anualidade 2022

Anualidade 2023

Total

REACT Construción: liña 1.1

06.A4.741A.770.0

2021 00005

100.000 €

250.000 €

350.000 €

06.A4.741A.780.0

50.000 €

150.000 €

200.000 €

REACT Construción: liña 1.2

06.A4.741A.780.0

50.000 €

600.000 €

650.000 €

REACT Construción: liña 2.1

06.A4.741A.771.0

30.000 €

380.000 €

410.000 €

06.A4.741A.780.0

20.000 €

120.000 €

140.000 €

REACT Construción: liña 2.2

06.A4.741A.781.0

50.000 €

800.000 €

850.000 €

Total

300.000 €

2.300.000 €

2.600.000 €

Todo isto sen prexuízo de ulteriores variacións producidas como consecuencia da existencia dunha maior dispoñibilidade orzamentaria, de conformidade co disposto no artigo 30.2 do Regulamento da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, o que poderá dar lugar á posibilidade de atender novas solicitudes.

Nestes casos, o órgano concedente deberá publicar a ampliación do crédito a través dos mesmos medios en que publicou a convocatoria, sen que esta publicación implique unha apertura do prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio dun novo cómputo dos prazos para resolver.

Esta distribución do crédito poderá ser modificada conforme evolucione o desenvolvemento da tramitación, sempre sen incrementar o crédito total.

2º. Estas axudas están financiadas ao 100 % no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020:

Eixo prioritario: EP20. Favorecer a reparación da crise no contexto da pandemia da COVID-19 e as súas consecuencias sociais e preparar unha recuperación verde, dixital e resiliente da economía.

Obxectivo temático: OT13. Favorecer a reparación da crise no contexto da pandemia da COVID-19 e as súas consecuencias sociais e preparar unha recuperación verde, dixital e resiliente da economía.

Obxectivos específicos:

OE 20.1.4-OE REACT-UE 4. Apoio aos investimentos que contribúan á transición cara a unha economía verde.

Actuación 20.1.4.3.b: axudas para a construción sustentable con madeira.

Así mesmo, os indicadores de produtividade son:

I. Liñas 1.1 e 2.1:

CO01-Número de empresas que reciben axuda.

CO02-Número de empresas que reciben subvención.

CO05-Número de novas empresas beneficiarias da axuda.

II. Liñas 1.2 e 2.2:

CO40-Vivendas rehabilitadas en zonas urbanas.

7. Compatibilidade das axudas.

As subvencións reguladas nestas bases serán incompatibles coa percepción doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos para o mesmo proxecto ou finalidade procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, estatal ou de organismos internacionais.

8. Réxime de recursos.

Contra esta resolución os interesados poderán interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes desde o día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia, ante o presidente da Axencia, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela que corresponda, no prazo de dous meses contados igualmente desde o día seguinte ao da citada publicación no DOG.

9. Base de datos nacional de subvencións.

En cumprimento do disposto no artigo 20 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, o texto da convocatoria e a información requirida no ordinal oitavo do devandito artigo serán comunicados á Base de datos nacional de subvencións (BDNS).

10. Entrada en vigor.

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2022

Jacobo José Aboal Viñas
Director da Axencia Galega da Industria Forestal

Bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións para a realización de proxectos e obras que empreguen
produtos de madeira como elementos estruturais, financiadas ao 100 % no
marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020,
como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19 (códigos de
procedemento MR502B, MR502D, MR502F e MR502G)

Artigo 1. Obxecto e réxime das subvencións

1. As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto contribuír a fomentar o uso da madeira como elemento estrutural mediante as seguintes liñas de apoios:

– Liña 1.1 (código de procedemento MR502B): axudas á redacción de proxectos de construción nova, rehabilitación ou reforma de naves e establecementos de negocio que empreguen produtos de madeira como elementos estruturais.

– Liña 1.2 (código de procedemento MR502D): axudas á redacción de proxectos de construción nova, rehabilitación ou reforma de vivendas unifamiliares que empreguen produtos de madeira como elementos estruturais.

– Liña 2.1 (código de procedemento MR502F): axudas á utilización de produtos de madeira en obra nova, rehabilitación ou reforma de naves e establecementos de negocio que empreguen produtos de madeira como elementos estruturais.

– Liña 2.2 (código de procedemento MR502G): axudas á utilización de produtos de madeira en obra nova, rehabilitación ou reforma de vivendas unifamiliares que empreguen produtos de madeira como elementos estruturais.

2. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva, segundo a excepción recollida no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 2. Entidades beneficiarias

1. Poderán ser beneficiarias destas axudas:

– Para as liñas 1.1 (código de procedemento MR502B) e 2.1 (código de procedemento MR502F): as pequenas e medianas empresas, incluídas as persoas autónomas, que conten con domicilio social ou cun centro de traballo radicado en Galicia, e as asociacións, organizacións, fundacións e entidades sen ánimo de lucro, públicas ou privadas, que desenvolvan a súa actividade en Galicia.

Para efectos das axudas de minimis conforme a normativa aplicable, enténdese por empresa calquera entidade que exerza unha actividade económica, con independencia da súa natureza xurídica e da súa forma de financiamento. En todo caso, a persoa solicitante das axudas deberá acreditar que exerce actividade económica, para os efectos do previsto no parágrafo anterior.

Tomarase a definición de peme incluída no anexo I do Regulamento (UE) 651/2014, do 17 de xuño de 2014 (inclúe persoas autónomas que cumpran a condición de empresa). A Axencia Galega da Industria Forestal fará as comprobacións documentais necesarias para garantir que as empresas beneficiarias teñen a condición de peme.

– Para as liñas 1.2 (código de procedemento MR502D) e 2.2 (código de procedemento MR502G): as persoas físicas, sexa de xeito individual ou unha pluralidade delas, que residan en Galicia.

No caso de solicitudes presentadas por unha agrupación de persoas físicas, todas as persoas solicitantes quedan obrigadas solidariamente ao cumprimento das obrigas que se deriven da concesión da subvención e ao cumprimento do establecido no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Ademais, no caso de agrupacións de persoas físicas, deberán facer constar os compromisos de execución asumidos por cada unha das persoas solicitantes que determinarán proporcionalmente o importe da subvención que se aplicará a cada unha delas, que terán igualmente a consideración de persoas beneficiarias. En calquera caso, deberá nomearse unha persoa representante da agrupación, con poder suficiente para cumprir as obrigas que como beneficiaria corresponden á agrupación, e coa que a Administración efectuará as actuacións no marco do procedemento administrativo.

2. Non poderán obter a condición de beneficiarias:

 Aquelas persoas nas cales concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

 Aquelas persoas que fosen sancionadas con carácter firme por infracción grave ou moi grave en materia de subvencións pola Axencia Galega da Industria Forestal nos últimos 2 anos.

3. Os requisitos para ser beneficiarias deberán cumprirse antes da presentación da solicitude de axudas.

Artigo 3. Requisitos das actuacións subvencionables

1. O obxectivo das actuacións deberá estar aliñado cunha das liñas de apoio definidas no artigo 1.

2. Para que as actuacións teñan a consideración de subvencionables, deberán executarse dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e estar realizadas e efectivamente pagadas durante o período de execución que se establece no punto 4 da convocatoria.

3. En ningún caso a prestación do servizo de redacción ou o custo de adquisición dos investimentos elixibles poderá superar o valor de mercado. Para verificar este aspecto, poderanse realizar comprobacións adicionais sobre o valor de mercado dos bens ou servizos imputados ao proxecto por calquera dos medios previstos no artigo 30.5 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

4. Configúranse como requisitos específicos de cada unha das liñas de apoio recollidas no artigo 1 os seguintes:

a) Liña 1.1 (código de procedemento MR502B):

– A edificación proxectada deberá estar destinada a un uso industrial (incluídos os vinculados á transformación e comercialización de produtos agrarios ou forestais), comercial, recreativo, hoteleiro, oficinas, sanitario-asistencial, educativo, cultural ou deportivo, segundo as definicións recollidas no anexo XVI.

– O proxecto deberá incluír unha nova edificación ou a intervención nunha preexistente mediante a súa rehabilitación ou reforma, segundo as definicións recollidas no anexo XVI.

– O proxecto deberá incluír a realización total ou parcial da estrutura empregando produtos de madeira ou derivados da madeira.

– O proxecto deberá estar asinado por un técnico competente e visado polo correspondente colexio profesional, en función da súa natureza.

– O sumatorio dos custos recollidos no proxecto e correspondentes aos produtos de madeira ou derivados da madeira e a súa colocación con finalidade estrutural, dos sistemas de compartimentación, envolvente e acabamentos, excluíndo os das carpintarías interiores, pavimentos interiores e acabamentos interiores suporá, cando menos, o 20 % do orzamento de execución material do proxecto.

b) Liña 1.2 (código de procedemento MR502D):

– A edificación proxectada deberá estar destinada a uso residencial unifamiliar, segundo as definicións recollidas no anexo XVI.

– O proxecto deberá incluír unha nova edificación ou a intervención nunha preexistente mediante a súa rehabilitación ou reforma, segundo as definicións recollidas no anexo XVI.

– O proxecto deberá incluír a realización total ou parcial da estrutura empregando produtos de madeira ou derivados da madeira.

– O proxecto deberá estar asinado por un técnico competente e visado polo correspondente colexio profesional, en función da súa natureza.

– O sumatorio dos custos recollidos no proxecto e correspondentes aos produtos de madeira ou derivados da madeira e a súa colocación con finalidade estrutural, dos sistemas de compartimentación, envolvente e acabamentos excluíndo os das carpintarías interiores, pavimentos interiores e acabamentos interiores suporá, cando menos, o 20 % do orzamento de execución material do proxecto.

c) Liña 2.1 (código de procedemento MR502F):

– A obra terá por obxecto a edificación de obra nova, rehabilitación ou reforma de naves e establecementos de negocio para uso industrial, comercial, recreativo, hoteleiro, oficinas, sanitario-asistencial, educativo, cultural ou deportivo, segundo as definicións recollidas no anexo XVI.

– A estrutura da edificación será realizada total ou parcialmente empregando produtos de madeira ou derivados da madeira.

– O sumatorio dos custos correspondentes aos produtos de madeira ou derivados da madeira e a súa colocación con finalidade estrutural dos sistemas de compartimentación, envolvente e acabados excluíndo os das carpintarías interiores, pavimentos interiores e acabamentos interiores suporá, cando menos, o 20 % dos custos de execución do proxecto.

d) Liña 2.2 (código de procedemento MR502G):

– A obra terá por obxecto a edificación de obra nova, rehabilitación ou reforma de vivendas, segundo as definicións recollidas no anexo XVI.

– A estrutura da edificación será realizada total ou parcialmente empregando produtos de madeira ou derivados da madeira.

– O sumatorio dos custos correspondentes aos produtos de madeira ou derivados da madeira e a súa colocación con finalidade estrutural, dos sistemas de compartimentación, envolvente e acabamentos excluíndo os das carpintarías interiores, pavimentos interiores e acabamentos interiores suporá, cando menos, o 20 % dos custos de execución do proxecto.

Artigo 4. Gastos subvencionables

1. Considéranse subvencionables os gastos que cumpran os requisitos sinalados a seguir:

a) Proxectos e gastos que cumpran os requisitos establecidos pola Orde HFP/1979/2016, do 29 de decembro, do Ministerio de Facenda e Función Pública, pola que se aproba a normativa sobre gastos subvencionables dos programas operativos do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, modificado pola Orde HAC/114/2021, do 5 de febreiro, que estean vinculados ao proxecto.

b) Aqueles que respondan de maneira indubidable á natureza da actividade subvencionada en cada liña e que resulten estritamente necesarios para o desenvolvemento da acción para a cal foron concedidos. En ningún caso o custo de adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado. Para verificar este aspecto, poderanse realizar comprobacións adicionais sobre o valor de mercado dos bens ou servizos imputados ao proxecto por calquera dos medios previstos no artigo 30.5 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

c) Os gastos subvencionables deberán estar realizados e efectivamente pagados dentro do prazo de execución dos proxectos establecido no punto 4 da convocatoria. No caso dos bens e servizos subvencionados adquiridos a terceiros, os provedores non poderán estar asociados nin vinculados coa persoa solicitante ou cos órganos directivos ou xestores, entendendo esta vinculación nos termos especificados no artigo 43.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

d) Cando o importe (IVE excluído) dos investimentos para os que se solicita axuda iguale ou supere a contía de 15.000,00 euros para as liñas 1.1 e 2.1, e de 40.000,00 euros para as liñas 1.2 e 2.2, a persoa beneficiaria deberá solicitar como mínimo tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a prestación do servizo ou a entrega do ben, salvo que polas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que as realicen, presten ou fornezan ou salvo que o investimento se iniciase con anterioridade á data de publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

A elección entre as ofertas presentadas, que deberán achegarse no momento da solicitude, deberá xustificarse expresamente nunha memoria cando a elección non recaia na proposta economicamente máis vantaxosa.

e) As ofertas presentadas para cada gasto deberán estar asinadas electronicamente e cumprir os seguintes requisitos:

– Deberán proceder de empresas que teñan como obxecto social a realización das actividades incluídas na oferta.

– Non poderán proceder de empresas vinculadas entre elas, nin co solicitante, nos termos establecidos na lexislación de contratos do sector público.

– Deberán incluír como mínimo o NIF, nome e enderezo da empresa oferente, o nome ou razón social da empresa solicitante da axuda, a data de expedición e unha descrición detallada dos conceptos ofertados.

– Non se considerarán admisibles as ofertas presentadas que non reúnan estes requisitos, o que poderá dar lugar á exclusión como subvencionable do gasto xustificado con esa oferta.

f) A elección entre as ofertas presentadas realizarase conforme criterios de eficiencia, de economía e ambientais, e deberá xustificarse expresamente nunha memoria esta elección, baseada nos criterios sinalados, cando non recaia na proposta economicamente máis vantaxosa. En caso contrario, considerarase como importe máximo subvencionable para ese concepto o correspondente á proposta económica máis vantaxosa.

No caso de entidades beneficiarias que teñan a condición de poder adxudicador suxeito á normativa de contratación pública, deberán respectar a Lei 9/2017, de contratos do sector público, nos termos que procedan.

2. Configúranse como conceptos de gastos subvencionables para cada unha das liñas de apoio os seguintes:

– Liñas 1.1 e 1.2:

 Custos dos honorarios técnicos de redacción dos proxectos técnicos e proxectos de edificación correspondentes ás actuacións subvencionables. Os proxectos de obras de edificación poderanse redactar nunha única fase ou dividirse en proxecto básico e proxecto de execución.

– Liñas 2.1 e 2.2:

 Custos correspondentes aos produtos de madeira ou derivados da madeira e a súa colocación con finalidade estrutural, dos sistemas de compartimentación, envolvente e acabamentos, excluíndo os das carpintarías interiores, pavimentos interiores e acabamentos interiores.

3. Os investimentos tanxibles e/ou intanxibles deberán ser bens novos. No caso de investimentos en activos intanxibles, para seren considerados subvencionables, deberán cumprir estas condicións:

1. Empregaranse exclusivamente na persoa beneficiaria da axuda.

2. Adquiriranse a terceiros en condicións de mercado sen que o adquirente estea en posición de exercer control sobre o vendedor, ou viceversa.

4. Non se considerarán subvencionables en ningunha das liñas:

a) O imposto sobre o valor engadido que sexa recuperable conforme a normativa nacional, así como os impostos de natureza similar que sexan recuperables conforme a normativa nacional, sen prexuízo do establecido para os instrumentos financeiros, de conformidade co disposto na norma xeral 2, letra c), da Orde HFP 1979/2016, do 29 de decembro.

b) Taxas de permisos ou licenzas.

c) Custo do visado colexial.

d) Custos dos honorarios técnicos correspondentes á redacción do anteproxecto, á dirección de execución, á dirección de obra ou á coordinación da seguridade e saúde en fase de execución.

e) Os demais que se recollen no artigo 29.7 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 5. Importe das axudas

1. As axudas que se outorguen ao abeiro destas bases concederanse en forma de subvención, como unha porcentaxe do custo subvencionable, dentro dos límites de intensidade previstos para cada liña que se indican a seguir:

a) Liñas 1.1 e 1.2.

O importe máximo da subvención será do 70 % do gasto subvencionable; porén, esta porcentaxe poderá verse incrementada:

 Nun 10 % se o solicitante asume o compromiso de que o proxecto inclúa a utilización dalgún produto de madeira ou derivado da madeira procedente de montes galegos xestionados de forma sustentable (PEFC ou FSC) e de que, igualmente, na execución da obra se empregará materiais que reúnan estas características. Para demostrar a dita orixe e calidade deberá aplicar a súa rastrexabilidade mediante o uso da plataforma pública e gratuíta da Xunta de Galicia (denominada FORTRA).

 Nun 10 %, se o solicitante asume o compromiso de que o proxecto inclúa a utilización dalgún produto de madeira ou derivado da madeira que dispoña da marca de garantía Pino de Galicia e de que, igualmente, na execución da obra se empregarán materiais que reúnan estas características.

Estas porcentaxes poderán ser acumulativas ata un 90 % do gasto subvencionable.

O importe máximo da subvención non superará en ningún caso os 35.000,00 euros para a liña 1.1 e os 20.000,00 euros para a liña 1.2.

b) Liña 2.1 e 2.2.

O importe máximo da subvención será do 70 %; porén, esta porcentaxe poderá verse incrementada:

 Nun 10 %, se se emprega algún produto de madeira ou derivado da madeira que proceda de montes galegos xestionados de forma sustentable (PEFC ou FSC). Para demostrar dita orixe e calidade deberá aplicar a súa rastrexabilidade mediante o uso da plataforma pública e gratuíta da Xunta de Galicia (denominada FORTRA).

 Nun 10 %, se se emprega algún produto de madeira ou derivado da madeira que dispoña da marca de garantía Pino de Galicia.

Estas porcentaxes poderán ser acumulativas até un 90 % do gasto subvencionable.

O importe máximo da subvención non superará en ningún caso as seguintes contías:

 20.000,00 euros, cando os custos correspondentes aos produtos de madeira ou derivados da madeira con finalidade estrutural e a súa colocación incluídos no proxecto supoñan, cando menos, o 20 % do orzamento de execución material da edificación.

 30.000,00 euros, cando os custos correspondentes aos produtos de madeira ou derivados da madeira con finalidade estrutural e a súa colocación incluídos no proxecto supoñan, cando menos, o 30% do orzamento de execución material da edificación.

 40.000,00 euros, cando os custos correspondentes aos produtos de madeira ou derivados da madeira con finalidade estrutural e a súa colocación, incluídos no proxecto supoñan, cando menos, o 40 % do orzamento de execución material da edificación.

2. En calquera caso, o importe máximo de subvención total acumulada por beneficiario será de 70.000,00 euros para aquelas persoas beneficiarias das liñas 1.1 e 2.1 e de 50.000,00 euros para aquelas persoas beneficiarias das liñas 1.2 e 2.2.

Artigo 6. Solicitudes

1. As solicitudes das liñas 1.1 e 2.1 presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

As solicitudes das liñas 1.2 e 2.2 presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Opcionalmente, poderanse presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

2. A presentación dunha solicitude a esta convocatoria implica o coñecemento e a aceptación das bases reguladoras.

3. O prazo de presentación de solicitudes queda establecido no punto 2 da convocatoria.

4. Só se poderá presentar unha solicitude por liña.

5. As solicitudes deberán, ademais, acompañarse das declaracións responsables da persoa solicitante que se indican a continuación e tal e como constan no modelo do anexo I, II, III e IV, segundo o caso, así como da documentación complementaria recollida no artigo seguinte:

1º. Declaración responsable de todas as axudas solicitadas e concedidas para a mesma finalidade ou os mesmos custos, procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional ou internacional.

2º. Declaración responsable de que os datos contidos nesta solicitude e nos documentos que se achegan son certos, e acepta as condicións e obrigas recollidas para cada liña de axudas nesta convocatoria.

3º. Declaración responsable de que non está incursa en ningunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

4º. Declaración responsable de que desenvolverá en Galicia as actividades para as que se solicita a axuda.

5º. Declaración responsable de que ningún dos provedores está asociado nin vinculado coa entidade solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores, e que non concorre neles ningunha das prohibicións recollidas no artigo 27.7 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

6º. Declaración responsable de que se compromete á execución da obra nun período non superior a 30 meses desde a data de visado do proxecto presentado na fase de xustificación da subvención.

7º. Declaración responsable de que se compromete a que a estrutura da edificación será realizada total ou parcialmente empregando produtos de madeira ou derivados da madeira e que o sumatorio dos custos correspondentes aos produtos de madeira ou derivados da madeira e a súa colocación con finalidade estrutural, dos sistemas de compartimentación, envolvente e acabamentos excluíndo os das carpintarías interiores, pavimentos interiores e acabamentos interiores suporá, cando menos, o 20 % dos custos de execución.

8º. Declaración responsable de que se compromete a cumprir coas obrigas e requisitos sinalados no artigo 18.

9º. Declaración responsable respecto da subvencionabilidade do imposto sobre o valor engadido.

6. De xeito opcional, as persoas solicitantes poderán presentar, para as liñas 1.1 e 1.2 e mediante o anexo I ou II, segundo o caso:

1º. Declaración responsable de que o proxecto incluirá a utilización de, cando menos, un produto de madeira ou derivado da madeira procedente de montes galegos xestionados de forma sustentable (PEFC ou FSC) e de que, igualmente, na execución da obra se empregarán materiais que reúnan estas características. Demostrarase a dita orixe e calidade mediante o uso da plataforma pública e gratuíta da Xunta de Galicia (denominada FORTRA).

2º. Declaración responsable de que o proxecto incluirá a utilización de, cando menos, un produto de madeira ou derivado da madeira que dispoña da marca de garantía Pino de Galicia e de que, igualmente, na execución da obra se empregarán materiais que reúnan estas características.

7. De xeito opcional, as persoas solicitantes poderán presentar para as liñas 2.1 e 2.2 e mediante o anexo III ou IV, segundo o caso:

1º. Declaración responsable de que se utilizará, cando menos, un produto de madeira ou derivado da madeira procedente de montes galegos xestionados de forma sustentable (PEFC ou FSC). Demostrarase a dita orixe e calidade mediante o uso da plataforma pública e gratuíta da Xunta de Galicia (denominada FORTRA).

2º. Declaración responsable de que se utilizará, cando menos, un produto de madeira ou derivado da madeira que dispoña da marca de garantía Pino de Galicia.

8. Ademais, de xeito específico para as liñas 1.1 e 2.1 presentarase mediante o anexo I ou III, segundo o caso:

1º. Declaración responsable de que a empresa solicitante cumpre cos criterios de definición de peme, segundo a definición incluída no anexo I do Regulamento (UE) 651/2014, do 17 de xuño de 2014.

2º. Declaración responsable da persoa solicitante de todas as axudas suxeitas ao réxime de minimis percibidas nos tres últimos exercicios fiscais, de ser de aplicación.

3º. Declaración responsable de que a empresa non está en crise, de acordo coa definición do artigo 2.18 do Regulamento (UE) nº 651/2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea, de ser de aplicación.

4º. Declaración responsable de que a empresa non está suxeita a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado común, de ser de aplicación.

5º. Declaración responsable de que a empresa non está inmersa nun proceso de concurso de acredores.

9. Dado que a actuación está financiada ao 100 % no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19, as persoas solicitantes deberán, ademais, declarar responsablemente, tal e como consta no modelo do anexo I, II, III e IV, segundo o caso:

a) Que teñen capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir os obxectivos do proxecto para os que se solicita a axuda, en cumprimento do artigo 125.3.d) do Regulamento 1303/2013.

b) Que a persoa solicitante asumirá a aplicación de medidas contra a fraude eficaces e proporcionadas no seu ámbito de xestión, así como a obrigación de comunicar ao órgano xestor os casos de sospeita de fraude, de forma que calquera persoa que teña coñecemento de feitos que poidan ser constitutivos de fraude ou irregularidade en relación con proxectos ou operacións financiadas total ou parcialmente con cargo a fondos procedentes da Unión Europea no marco da presente convocatoria poderá poñer estes feitos en coñecemento do Servizo Nacional de Coordinación Antifraude da Intervención Xeral da Administración do Estado, por medios electrónicos a través dá canle habilitada para o efecto: http://www.conselleriadefacenda.es/areas-tematicas/planificacion-e-fondos/periodo-comunitario-2014-2020/medidas-antifraude/snca-olaf

c) Que a persoa solicitante cumprirá a normativa comunitaria, estatal e autonómica de aplicación, en particular, a normativa en materia de subvencións e contratación pública, cando cumpra.

d) Que conta cun sistema de contabilidade separada ou un código contable axeitado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionados, sen prexuízo das normas xerais de contabilidade, que permitan seguir unha pista de auditoría sobre os gastos financiados con fondos Feder.

e) Que conservará toda a documentación relativa a esta subvención durante un período de tres anos a partir do 31 de decembro seguinte á presentación das contas en que estean incluídos os gastos da operación (artigo 125.4.d) e 140.1 do Regulamento 1303/2013). Comunicarase ao beneficiario a data de inicio do prazo.

Artigo 7. Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán achegar, segundo a liña solicitada, a solicitude de axuda (anexo I, II, III ou IV, segundo corresponda) coa seguinte documentación:

a) Liña 1.1:

– Documentación que acredite, por calquera medio válido en dereito, a representación con que actúa a persoa que asina a solicitude.

– Escrituras sociais de constitución e modificacións posteriores, no caso de sociedade.

– Certificado da situación censual, no caso de persoas autónomas.

– Resolución da inscrición no Rexistro de Asociacións da Xunta de Galicia para as asociacións sen ánimo de lucro.

– Copia dos estatutos sociais da entidade solicitante.

– Copia das contas anuais do último exercicio económico pechado.

– Informe oficial da Seguridade Social de vida laboral dos 12 meses anteriores á data de publicación da convocatoria para todos os réximes en que figure dada de alta.

– Para acreditar a condición de peme:

i. Declaración da condición de peme, segundo os anexos VI.1, VI.2 e VI.3. Deberán estar cubertos todos os datos que sexan procedentes segundo o tipo de solicitante. Os datos económicos e de persoal serán referidos aos do último exercicio económico pechado.

ii. No caso de empresas vinculadas ou asociadas coa solicitante:

 Copia das contas anuais do último exercicio económico pechado de cada unha das empresas.

 Informe oficial da Seguridade Social de vida laboral dos 12 meses anteriores á data de publicación da convocatoria para todos os réximes en que figure dada de alta cada unha das empresas.

– Contratos, orzamentos ou facturas pro forma (segundo sexa o caso) dos investimentos previstos de tres provedores distintos, de conformidade co disposto no artigo 4 destas bases.

b) Liña 1.2:

– Documentación que acredite, por calquera medio válido en dereito, a representación con que actúa a persoa que asina a solicitude.

– Contratos, orzamentos ou facturas pro forma (segundo sexa o caso) dos investimentos previstos de tres provedores distintos, de conformidade co disposto no artigo 4 destas bases.

– Anexo V de pluralidade de solicitantes, no caso de solicitudes de persoas físicas agrupadas.

c) Liña 2.1:

– Documentación que acredite, por calquera medio válido en dereito, a representación con que actúa a persoa que asina a solicitude.

– Escrituras sociais de constitución e modificacións posteriores, no caso de sociedade.

– Certificado da situación censual, no caso de persoas autónomas.

– Resolución da inscrición no Rexistro de Asociacións da Xunta de Galicia para as asociacións sen ánimo de lucro.

– Copia dos estatutos sociais da entidade solicitante.

– Copia das contas anuais do último exercicio económico pechado.

– Informe oficial da Seguridade Social de vida laboral dos 12 meses anteriores á data de publicación da convocatoria para todos os réximes en que figure dada de alta.

– Para acreditar a condición de peme:

i. Declaración da condición de peme, segundo os anexos VI.1, VI.2 e VI.3. Deberán estar cubertos todos os datos que sexan procedentes segundo o tipo de solicitante. Os datos económicos e de persoal serán referidos aos do último exercicio económico pechado.

ii. No caso de empresas vinculadas ou asociadas coa solicitante:

 Copia das contas anuais do último exercicio económico pechado de cada unha das empresas.

 Informe oficial da Seguridade Social de vida laboral dos 12 meses anteriores á data de publicación da convocatoria para todos os réximes en que figure dada de alta cada unha das empresas.

– Contratos, orzamentos ou facturas pro forma (segundo sexa o caso) dos investimentos previstos de tres provedores distintos, de conformidade co disposto no artigo 4 destas bases.

d) Liña 2.2:

– Documentación que acredite, por calquera medio válido en dereito, a representación con que actúa a persoa que asina a solicitude.

– Contratos, orzamentos ou facturas pro forma (segundo sexa o caso) dos investimentos previstos de tres provedores distintos, de conformidade co disposto no artigo 4 destas bases.

– Anexo V de pluralidade de solicitantes, no caso de solicitudes de persoas físicas agrupadas.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os devanditos documentos, que serán obtidos electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se puideren obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

2. Cando se trate das liñas 1.1 e 2.1, a documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

3. Para as liñas 1.2 e 2.2, a documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica.

Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

4. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o esixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

5. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón deste.

6. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

7. Sen prexuízo do disposto no parágrafo primeiro, a Axencia Galega da Industria Forestal poderá requirir ao solicitante que achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento.

As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan auténticas.

Artigo 8. Comprobación de datos

1. Para a tramitación destes procedementos consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados por outras administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

– DNI/NIE da persoa solicitante.

– DNI/NIE da persoa representante.

– Certificado de empadroamento da/das persoa/s solicitante/s.

– Consulta de concesións de subvencións e axudas.

– Consulta de inhabilitacións de subvencións e axudas.

– Consulta de concesións pola regra de minimis.

– Certificado de estar ao día no cumprimento das obrigas coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

– Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

– NIF da entidade solicitante.

– Certificado da AEAT de alta no imposto de actividades económicas (IAE).

– Certificado de estar ao día nas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.

No caso de que as actuacións de oficio levadas a cabo polo órgano instrutor, conforme o artigo 21.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, desen como resultado que a persoa beneficiaria ten débedas ou obrigas con algunha destas administracións, será requirida para que, no prazo de dez días, regularice a situación e presente o correspondente certificado.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 9. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias das subvencións están obrigadas a fornecer á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016 a que se atopen vinculadas, despois de requirimento, toda a información necesaria para que aquela cumpra as obrigas previstas no título I da citada lei.

Artigo 10. Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude

1. Para as solicitudes vinculadas as liñas 1.1 e 2.1, todos os trámites administrativos posteriores que as persoas interesadas deban facer tras a presentación da solicitude deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa ou entidade interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

2. Para as liñas 1.2 e 2.2, a sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizaren trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Opcionalmente, tamén poderán tramitarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 11. Órganos competentes

A Xerencia da Axencia Galega da Industria Forestal será o órgano competente para a instrución do procedemento e corresponderá á persoa titular da Dirección da Axencia ditar a resolución de concesión.

Artigo 12. Instrución

1. Na fase de instrución realizaranse de oficio cantas actuacións sexan necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos en virtude dos cales se debe formular a proposta de resolución, de acordo co establecido no artigo 21.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. Aqueles expedientes administrativos que reúnan todos os requisitos e a documentación necesaria serán concedidos, ata o esgotamento do crédito, respectando a súa orde de entrada sen comparación con outras solicitudes. Considerarase como data de presentación aquela en que unha solicitude reúna toda a documentación requirida, unha vez emendadas todas as posibles deficiencias.

3. De conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se unha solicitude non reúne algún dos requisitos exixidos na convocatoria e nas bases reguladoras ou non se achega a documentación exixida, requirirase o interesado para que, nun prazo de dez días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos.

Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixer, se considerará que desiste na súa petición, despois da correspondente resolución.

4. O feito de non axustarse aos termos da convocatoria e das bases reguladoras, así como a ocultación de datos, a súa alteración ou calquera outra manipulación da información, serán causa de desestimación da solicitude, sen prexuízo do disposto nos artigos 50 e seguintes da Lei 9/2007.

5. Os expedientes que non cumpran as exixencias contidas nestas bases ou na normativa de aplicación, ou que non conteñan a documentación necesaria, quedarán ao dispor do órgano instrutor para que formule a proposta de resolución de inadmisión, na cal se indicarán as causas desta.

6. Unha vez concluída a instrución, o órgano instrutor elevará a proposta de resolución individual ao director da Axencia para ditar a correspondente resolución de concesión, que deberá estar debidamente motivada. Na devandita proposta indicaranse o número de expediente, a denominación e o NIF da persoa solicitante, a data de presentación da solicitude, a actuación subvencionable e a contía da subvención proposta, ou ben a causa da proposta de denegación ou inadmisión, segundo corresponda.

Artigo 13. Resolución

1. A persoa titular da Dirección da Axencia Galega da Industria Forestal, á vista da proposta, ditará a correspondente resolución, que deberá estar debidamente motivada e expresará, cando menos, a identidade da persoa solicitante, a actuación subvencionada, así como a subvención concedida e a súa contía ou, de ser o caso, a causa de non admisión ou denegación da solicitude, así como o contido do documento polo que se establecen as condicións da axuda.

Unha vez esgotado o crédito destinado a esta subvención, publicarase no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Axencia esta circunstancia, de maneira que non poderán ser atendidas as solicitudes presentadas cunha data posterior.

2. De conformidade co previsto no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, unha vez esgotado o crédito dispoñible, poderá ampliarse cando o aumento veña derivado dalgunha das condicións previstas no devandito artigo.

3. O prazo máximo para resolver e notificar a resolución ás persoas interesadas será de tres meses, contados a partir do día seguinte á data de entrada da solicitude no rexistro. Unha vez transcorrido este prazo, as solicitudes que non tivesen unha comunicación de aprobación de axuda poderán entenderse desestimadas, segundo o establecido no artigo 23.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, sen prexuízo da obrigación legal que ten a Administración de resolver.

Artigo 14. Notificacións

1. Nas actuacións vinculadas ás liñas 1.1 e 2.1, as notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificacións electrónicas de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e o sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral poderá de oficio crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar que as persoas interesadas cumpran a súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

2. Nas actuacións vinculadas ás liñas 1.2 e 2.2, as notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse preferiblemente por medios electrónicos. As persoas interesadas poderán decidir e comunicar en calquera momento que as notificacións sucesivas se practiquen ou se deixen de practicar por medios electrónicos mediante os modelos normalizados dispoñibles.

A persoa interesada deberá manifestar expresamente a modalidade escollida para a notificación (electrónica ou en papel) no formulario.

No caso de optar pola notificación en papel, practicarase a notificación segundo o establecido na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

3. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións na conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

4. As notificacións por medios electrónicos entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido e rexeitadas cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non fose posible por problemas técnicos, a Axencia practicará a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 15. Réxime de recursos

Contra as resolucións e a desestimación presunta de solicitudes poderán interpoñerse os seguintes recursos, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso de alzada ante o presidente da Axencia no prazo dun mes desde o día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa, ou en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto.

b) Recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa, ou de seis meses contados a partir do seguinte a aquel en que se produza o acto.

Artigo 16. Modificación da resolución

1. Unha vez ditada a resolución de concesión, as persoas beneficiarias poderán solicitar a modificación, como máximo, ata 15 días antes da finalización do prazo previsto para a execución das actividades subvencionadas.

2. A modificación poderase autorizar sempre que non se prexudiquen os dereitos de terceiras persoas. En todo caso, a modificación da resolución de concesión deberá respectar o obxecto da subvención, as actuacións subvencionables e non dar lugar a actuacións deficientes e incompletas.

3. Para a modificación da resolución non poderán ser tidos en conta requisitos ou circunstancias que, debendo concorrer no momento en que se ditou a resolución, tivesen lugar con posterioridade a ela.

4. Xunto coa solicitude de modificación (anexo VIII), os beneficiarios deberán presentar unha memoria xustificativa, o orzamento modificado e a relación e identificación concreta dos cambios introducidos.

5. O acto polo que se acorde ou denegue a modificación da resolución será ditado pola persoa titular da Dirección da Axencia Galega da Industria Forestal, logo de instrución do correspondente expediente.

6. Cando as persoas beneficiarias da subvención poñan de manifesto na xustificación que se produciron alteracións das condicións tidas en conta para a concesión desta que non alteren esencialmente a natureza ou os obxectivos da subvención, e que puidesen dar lugar á modificación da resolución conforme o establecido no artigo 14.1.m) da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, omitíndose o trámite de autorización administrativa previa para a súa aprobación, o órgano concedente da subvención poderá aceptar a xustificación presentada, coa condición de que tal aceptación non supoña danar os dereitos de terceiras persoas.

Esta aceptación por parte do órgano concedente non exime a persoa beneficiaria das sancións que poidan corresponderlle conforme a citada Lei de subvencións de Galicia.

Artigo 17. Renuncia

1. Notificada a resolución, e sen prexuízo dos recursos que procedan, se, transcorridos dez días hábiles desde a notificación, a persoa interesada non comunica expresamente a súa renuncia á subvención (anexo VII), entenderase que a acepta tacitamente e, desde ese momento, adquirirá a condición de beneficiaria.

2. En caso de renuncia, o órgano concedente ditará a correspondente resolución, que se notificará de conformidade co procedemento establecido no artigo 14 destas bases reguladoras.

3. Presentar a renuncia total ás axudas fóra do devandito prazo ou non presentar a renuncia nos casos de incumprimento total do investimento subvencionado, tal como queda definido o incumprimento total no artigo 22.3, dará lugar á perda de dereito a cobrar a subvención concedida, sen prexuízo das sancións que poidan corresponderlle conforme á Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 18. Obrigas das persoas beneficiarias

1. As persoas beneficiarias das subvencións adquiren os compromisos e obrigas establecidos no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, sen prexuízo das demais obrigas que resulten da normativa aplicable.

2. Dado que a actuación está financiada ao 100 % no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19, son tamén obrigas das persoas beneficiarias das subvencións as seguintes:

a) Cumprir a normativa comunitaria, estatal e autonómica de aplicación, en particular, a normativa en materia de subvencións e a de contratación pública, cando pola súa natureza xurídica a persoa beneficiaria estea suxeita á Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

b) Someterse ás actuacións de comprobación que efectúe a Axencia Galega da Industria Forestal, así como a calquera outra actuación, sexa de comprobación ou de control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, en especial a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, a Intervención Xeral da Administración do Estado, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, ás comprobacións e verificacións que realicen o organismo intermedio, a autoridade de xestión ou a autoridade de certificación e, de ser o caso, os órganos de control da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo e outras instancias de control, achegando canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores, así como ás verificacións previstas no artigo 125 do Regulamento (UE) nº 1303/2013, do Parlamento Europeo e do Consello.

c) Asumir a aplicación de medidas contra a fraude eficaces e proporcionadas no seu ámbito de xestión, así como a obriga de comunicar ao órgano xestor os casos de sospeitas de fraude.

d) Manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable adecuado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionables, sen prexuízo das normas xerais de contabilidade, que permitan seguir unha pista de auditoría sobre os conceptos financiados con cargo á subvención.

e) Dispoñer de capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir os obxectivos do proxecto para o cal se solicita a axuda.

f) Conservar a documentación xustificativa relativa aos gastos financiados durante un prazo de tres anos a partir do 31 de decembro seguinte á presentación das contas nas cales estean incluídos os gastos da operación (artigos 125.4 d) e 140.1 do Regulamento 1303/2013). Comunicarase á persoa beneficiaria a data de comezo do prazo.

g) Segundo o establecido no artigo 15, punto 3º, da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, toda actividade, investimento ou material (incluído o que se difunda de maneira electrónica ou empregando medio audiovisuais) que se realice contando con financiamento obtido a partir destas axudas deberá cumprir os requisitos de comunicación do financiamento público do proxecto, de conformidade co establecido no anexo XV destas bases, sobre o apoio procedente dos fondos Feder, recollidas no anexo XII, número 2, do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro.

h) Manter o investimento durante un prazo de 5 anos desde o pagamento final á persoa beneficiaria, segundo o disposto no artigo 71.1 do Regulamento (UE) nº 1303/2013 e no artigo 29.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. Ademais, son obrigas das persoas beneficiarias:

a) Executar a obra nun prazo de 30 meses a contados desde a data de visado do proxecto presentado na fase de xustificación da subvención.

b) Executar a obra realizando a estrutura, total ou parcialmente, empregando produtos de madeira ou derivados da madeira.

c) Executar a obra mantendo a proporción dos custos dos produtos de madeira previstos no proxecto, de tal xeito que o sumatorio dos custos correspondentes aos produtos de madeira ou derivados da madeira e a súa colocación con finalidade estrutural, dos sistemas de compartimentación, envolvente e acabamentos excluíndo os das carpintarías interiores, pavimentos interiores e acabamentos interiores supoña, cando menos, o 20 % dos custos de execución.

d) Executar a obra de conformidade co establecido na lexislación e no plan urbanístico e logo de obter a licenza urbanística ou presentación de comunicación previa de obra, segundo proceda.

e) Comunicar a finalización da obra á Axencia Galega da Industria Forestal no prazo dun mes desde que esta tivese lugar, conforme o establecido no artigo 21.

4. O incumprimento das condicións establecidas nesta resolución e as indicadas na resolución de concesión de axuda, así como o atoparse nas circunstancias previstas no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, ocasionará a perda de dereito á axuda.

Artigo 19. Xustificación da subvención

1. As datas límite para a xustificación quedan establecidas no punto 5 da convocatoria, e só serán subvencionables os investimentos ou actividades que se realicen efectivamente e das cales se xustifique o seu pagamento, mediante facturas e xustificantes bancarios de pagamento.

2. Para cobrar a subvención concedida, as persoas beneficiarias deberán presentar electronicamente no caso das liñas 1.1 e 2.1 e preferiblemente deste xeito para as liñas 1.2 e 2.2, unha solicitude de pagamento mediante o modelo normalizado (anexo IX, X, XI e XII, segundo corresponda), acompañada da documentación sinalada no artigo seguinte.

3. Recibida a documentación xustificativa da subvención, os órganos competentes da Axencia Galega da Industria Forestal, antes de proceder ao seu pagamento, poderán realizar as actuacións de comprobación oportunas para verificar o cumprimento das actuacións subvencionadas.

No caso de investimentos en activos tanxibles, unha vez presentada a solicitude de pagamento realizarase, se for o caso, a inspección comprobatoria de execución dos investimentos subvencionados, segundo o disposto no artigo 30.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

4. Sen prexuízo da documentación indicada nesta resolución, poderá requirirse que se acheguen cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento.

5. Se, transcorrido o prazo establecido para a xustificación da subvención, a persoa beneficiaria non presenta a documentación pertinente segundo o indicado, a Axencia Galega da Industria Forestal requiriraa para que no prazo improrrogable de dez días a presente, advertindo de que a falta de presentación da xustificación no prazo indicado comportará a perda do dereito á subvención e a exixencia do reintegro no caso de recibir cantidades en concepto de anticipo, e demais responsabilidades establecidas na Lei 9/2007.

6. A falta de presentación da xustificación no prazo establecido ou a concorrencia dalgunha das causas de reintegro previstas no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia. Neste caso ditarase a oportuna resolución, nos termos do artigo 21.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

7. En todo caso, a forma de xustificación deberá aterse ao previsto no artigo 28 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e no artigo 42 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro. Para estes efectos, considerarase efectivamente pagado o gasto cando se xustifique mediante documentos bancarios, en que deberán quedar claramente identificadas as persoas ou entidades receptoras e emisoras dos pagamentos, así como o concepto destes. Non se admitirán pagamentos en efectivo.

8. A Xerencia da Axencia Galega da Industria Forestal analizará a documentación xustificativa acreditativa do cumprimento e realización da actividade obxecto da subvención e emitirá unha proposta de pagamento que elevará á Dirección da Axencia, órgano competente para ordenar o pagamento.

9. O pagamento efectuarase de forma nominativa a favor das persoas beneficiarias e despois da acreditación dos gastos e pagamentos realizados, ata o tope máximo da contía concedida como subvención.

10. Se da documentación presentada pola persoa beneficiaria para cada actividade queda xustificada unha contía inferior á da subvención inicialmente concedida, o pagamento realizarase pola parte proporcional da contía da subvención efectivamente xustificada na devandita actividade.

11. En ningún caso poderá realizarse o pagamento da subvención mentres as persoas beneficiarias non figuren ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e non teñan pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma ou sexan debedoras por resolución de procedencia de reintegro.

Artigo 20. Xustificación e pagamento

1. Para ter dereito ao pagamento da axuda a persoa ou entidade beneficiaria deberá presentar a documentación xustificativa da subvención de conformidade co recollido neste artigo.

2. Para o pagamento parcial, no caso de axudas con dúas anualidades, deberá presentarse a seguinte documentación:

a) Solicitude de pagamento da axuda (anexo IX, X, XI e XII, segundo corresponda), en que se incluirán as seguintes declaracións responsables:

1º. Declaración responsable de todas as axudas solicitadas e concedidas para a mesma finalidade ou os mesmos custos, procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional ou internacional.

2º. Declaración responsable de que os datos contidos nesta solicitude e nos documentos que se achegan son certos, e acepta as condicións e obrigas recollidas para cada liña de axudas nesta convocatoria.

3º. Declaración responsable de que non está incursa en ningunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Ademais, de xeito específico para as liñas 1.1 e 2.1 incluirase:

1º. Declaración responsable de que a empresa cumpre cos criterios de definición de peme, segundo a definición incluída no anexo I do Regulamento (UE) 651/2014, do 17 de xuño de 2014.

2º. Declaración responsable da persoa solicitante de todas as axudas suxeitas ó réxime de minimis percibidas nos tres últimos exercicios fiscais.

3º. Declaración responsable de que a empresa non está en crise, de acordo coa definición do artigo 2.18 do Regulamento (UE) nº 651/2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea.

4º. Declaración responsable de que a empresa non está suxeita a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.

5º. Declaración responsable de que a empresa non está inmersa nun proceso de concurso de acredores.

b) Copia das facturas ou documentos de valor probatorio equivalente, xustificativos do investimento subvencionable e documentación acreditativa do pagamento.

Nestes documentos deberán estar claramente identificados o receptor e o emisor do pagamento, o número e o importe total da factura (IVE incluído), así como o concepto a que se refiren. No caso en que no documento de pagamento non se faga referencia ás facturas, deberá ir acompañado da documentación complementaria que permita verificar a correspondencia entre gasto e pagamento.

En ningún caso se admitirán pagamentos xustificados mediante recibos do provedor, nin os pagamentos por caixa ou en efectivo.

Non serán subvencionables partes de gastos que non estean íntegra e correctamente xustificados conforme o establecido nos parágrafos anteriores.

c) Relación ordenada dos investimentos e dos pagamentos efectuados (anexo XIII).

d) No caso de entidades beneficiarias suxeitas á normativa de contratación pública, achegarase certificación expedida pola secretaría ou persoa responsable do control de legalidade da entidade en que se acredite que se respectaron os procedementos de contratación pública e que faga referencia á aprobación polo órgano competente da conta xustificativa da subvención.

3. Para o pagamento final da axuda deberá presentarse:

a) A documentación recollida no punto 2 deste artigo.

b) Documentación específica para as liñas 1.1 e 1.2:

i. Proxecto técnico ou proxecto de edificación, en función da natureza da obra. Os proxectos deberán estar asinados por un técnico competente e visados polo correspondente colexio profesional.

ii. Certificación da persoa proxectista respecto do cumprimento do proxecto dos requisitos específicos establecidos no artigo 3, punto 4, das bases reguladoras, facendo constar expresamente que prevé a realización total ou parcial dos elementos estruturais empregando produtos de madeira ou derivados da madeira.

iii. Certificación da persoa proxectista respecto de que, no orzamento do proxecto, o sumatorio dos custos correspondentes aos produtos de madeira ou derivados da madeira e a súa colocación con finalidade estrutural, dos sistemas de compartimentación, envolvente e acabamentos excluíndo os das carpintarías interiores, pavimentos interiores e acabamentos interiores supoñen, cando menos, o 20 %. Incluirase unha relación das correspondentes unidades de obra (con detalle de medición e prezo unitario) agrupadas por capítulos.

iv. Copia da solicitude de licenza de obra ou da comunicación previa de obra, segundo proceda conforme a normativa vixente.

v. Se procede, certificado do proxectista respecto de que o proxecto inclúe produtos de madeira ou derivados da madeira procedentes de montes galegos xestionados de forma sustentable (PEFC ou FSC).

vi. Se procede, certificado do proxectista respecto de que o proxecto inclúe produtos de madeira ou derivados da madeira que dispoñan da marca de garantía Pino de Galicia.

vii. Cumprimento das obrigas de publicidade da axuda mediante o uso do emblema Feder xunto coa referencia á Unión Europea, segundo o recollido nos artigos 3 e 4 do Regulamento nº 821/2014. Así mesmo, farase referencia ao Feder e a que a operación está «financiada como parte da resposta da Unión á pandemia da COVID-19». Tamén se incluirá o lema «Unha maneira de facer Europa» sempre que sexa posible.

c) Documentación específica para as liñas 2.1 e 2.2:

i. Proxecto técnico ou proxecto de edificación, en función da natureza da obra. Os proxectos deberán estar asinados por un técnico competente e visados polo correspondente colexio profesional.

ii. Certificación da persoa proxectista respecto do cumprimento no proxecto dos requisitos específicos establecidos no artigo 3, punto 4, das bases reguladoras, facendo constar expresamente que prevé a realización total ou parcial dos elementos estruturais empregando produtos de madeira ou derivados da madeira.

iii. Certificación da persoa proxectista respecto de que, no orzamento do proxecto, o sumatorio dos custos correspondentes aos produtos de madeira ou derivados da madeira e a súa colocación con finalidade estrutural, dos sistemas de compartimentación, envolvente e acabamentos excluíndo os das carpintarías interiores, pavimentos interiores e acabamentos interiores supoñen, cando menos, o 20 %. Incluirase unha relación das correspondentes unidades de obra (con detalle de medición e prezo unitario) agrupadas por capítulos.

iv. Licenza de obra ou comunicación previa, segundo proceda conforme a normativa vixente.

v. Liquidación parcial emitida pola dirección de execución das unidades de obra executadas para as que solicitou axuda.

vi. Para a xustificación do emprego de produtos de madeira ou derivados procedentes de montes galegos xestionados de forma sustentable (PEFC ou FSC), deberán achegar códigos QR de rastrexabilidade da plataforma FORTRA.

vii. Para a xustificación do emprego de produtos de madeira ou derivados da madeira que dispoñan da marca de garantía Pino de Galicia, deberá achegarse certificado demostrativo.

viii. Informe fotográfico das obras realizadas, que incluirá imaxes desde distintos ángulos, tanto xerais como de detalle. Incluirá o cumprimento das obrigas de publicidade da axuda mediante foto do cartel na parcela de edificación co emblema Feder xunto coa referencia á Unión Europea, segundo o recollido nos artigos 3 e 4 do Regulamento nº 821/2014. Así mesmo, farase referencia ao Feder e a que a operación está «financiada como parte da resposta da Unión á pandemia da COVID-19». Tamén se incluirá o lema «Unha maneira de facer Europa» sempre que sexa posible.

4. Os gastos xustificados deberán ter correspondencia clara coas partidas do orzamento aceptadas pola Axencia Galega da Industria Forestal na resolución de concesión da subvención e responder de maneira indubidable á natureza da actividade subvencionada.

Só se considerará gasto realizado o que foi efectivamente pagado con anterioridade á finalización do período de xustificación determinado na normativa reguladora da subvención.

5. Dado que a actuación está financiada ao 100 % no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta á pandemia da COVID-19, a documentación de realizar a publicidade axeitada (fotografías dos carteis informativos, publicidade a través de páxina web, exemplares da documentación escrita) que xustifique dar cumprimento ás obrigas en materia de información e comunicación establecidas no anexo XV, sobre o apoio procedente dos fondos Feder, recollidas no anexo XII, número 2, do Regulamento (UE) núm. 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, e segundo o modelo que se establece no anexo XV que se xunta coas presentes bases reguladoras.

6. O pagamento realizarase unha vez recibida a documentación xustificativa da subvención, e realizadas, polos órganos competentes da Axencia, as actuacións de comprobación oportunas para verificar o cumprimento da actividade subvencionada.

Artigo 21. Comunicación de fin de obra

Para dar cumprimento á obriga das persoas beneficiarias establecida no artigo 18 respecto da comunicación da finalización da obra á Axencia Galega da Industria Forestal, no prazo dun mes desde que tivese lugar, deberá achegarse o anexo XIV acompañado da seguinte documentación:

a) Liñas 1.1 e 1.2:

– Copia da licenza de obra, se procede conforme a normativa vixente.

– Copia da certificación de fin de obra asinada pola dirección facultativa e visada polo colexio profesional correspondente.

– Copia da certificación da liquidación final emitida pola dirección de execución de obra.

– Copia da certificación da liquidación parcial das unidades de obra correspondentes aos produtos de madeira ou derivados da madeira e a súa colocación con finalidade estrutural, dos sistemas de compartimentación, envolvente e acabamentos excluíndo os das carpintarías interiores, pavimentos interiores e acabamentos interiores, emitida pola dirección de execución de obra.

– Se procede e para a xustificación do emprego de produtos de madeira ou derivados procedentes de montes galegos xestionados de forma sustentable (PEFC ou FSC), deberán achegar códigos QR de rastrexabilidade da plataforma FORTRA.

– Se procede e para a xustificación do emprego de produtos de madeira ou derivados da madeira que dispoñan da marca de garantía Pino de Galicia, deberá achegarse certificado demostrativo.

– Reportaxe fotográfica das obras, da edificación finalizada e dos materiais de madeira empregados, que incluirá imaxes desde distintos ángulos, tanto xerais como de detalle.

b) Liñas 2.1 e 2.2:

– Copia da certificación de fin de obra asinada pola dirección facultativa e visada polo colexio profesional correspondente.

– Copia da certificación da liquidación final emitida pola dirección de execución de obra.

– Copia da certificación da liquidación parcial das unidades de obra correspondentes aos produtos de madeira ou derivados da madeira e a súa colocación con finalidade estrutural, dos sistemas de compartimentación, envolvente e acabamentos excluíndo os das carpintarías interiores, pavimentos interiores e acabamentos interiores, emitida pola dirección de execución de obra.

– Reportaxe fotográfica das obras, da edificación finalizada e dos materiais de madeira empregados, que incluirá imaxes desde distintos ángulos, tanto xerais como de detalle.

Artigo 22. Incumprimento, reintegros e sancións

1. O incumprimento das obrigas contidas nestas bases reguladoras, na convocatoria ou na demais normativa aplicable, así como das condicións que, de ser o caso, se establezan na resolución de concesión, dará lugar á obriga de devolver a subvención percibida, así como os xuros de demora correspondentes, de conformidade co establecido no artigo 38 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

En calquera caso, as persoas beneficiarias quedan obrigadas a reintegrar o importe percibido pola subvención concedida, así como os correspondentes xuros de demora devindicados desde o momento do pagamento, nos seguintes casos:

a) Por incumprimento da obriga de xustificación ou xustificación insuficiente nos prazos e termos establecidos nesta resolución.

b) Por obter a subvención sen reunir os requisitos exixidos para a súa concesión, con falsificación das condicións requiridas para iso ou ocultación daquelas que o impedisen.

c) Por resistencia, escusa, obstrución ou negativa ás actuacións de comprobación e control financeiro; incumprimento das obrigas contables, de rexistro ou de conservación de documentos, cando diso derive a imposibilidade de verificar o emprego dado aos fondos percibidos, ou por incumprimento do obxectivo ou a concorrencia con outras axudas para a mesma finalidade percibidas de calquera Administración ou ente público ou privado.

d) A non execución da obra no prazo de 30 meses contados desde a data de visado do proxecto presentado na fase de xustificación da subvención.

e) O incumprimento na execución da obra da obriga de realizar a estrutura, total ou parcialmente, empregando produtos de madeira ou derivados da madeira suporá a tramitación do expediente de reintegro polo importe percibido.

f) O incumprimento na execución da obra do mantemento da proporción mínima dos custos dos produtos de madeira contemplados no proxecto, de tal xeito que o sumatorio dos custos correspondentes aos produtos de madeira ou derivados da madeira e a súa colocación con finalidade estrutural, dos sistemas de compartimentación, envolvente e acabamentos excluíndo os das carpintarías interiores, pavimentos interiores e acabamentos interiores sexa inferior ao 20 % dos custos de execución, suporá a tramitación do expediente de reintegro polo importe percibido.

g) A comisión de infraccións urbanísticas na execución das edificacións ou no suposto de que as obras se executen fóra dos parámetros autorizados na licenza municipal.

h) Nos demais supostos previstos na normativa reguladora da subvención.

2. Para facer efectiva a devolución a que se refire o punto anterior, tramitarase o oportuno procedemento de reintegro, que se axustará ao previsto no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e na súa normativa de desenvolvemento.

3. En todo caso, unha execución inferior ao 60 % do importe dos gastos subvencionables terá a consideración de incumprimento total e ocasionará a perda do dereito a cobrar a totalidade da subvención.

4. Cando o cumprimento pola persoa beneficiaria se aproxime de modo significativo ao cumprimento total e se acredite unha actuación inequivocamente tendente á satisfacción dos compromisos adquiridos, a cantidade que haxa que reintegrar responderá ao principio de proporcionalidade, e determinarase aplicando os mesmos criterios de avaliación que se empregaron para a concesión referidos á realidade finalmente comprobada.

5. Ás persoas beneficiarias das subvencións reguladas nestas bases seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e na súa normativa de desenvolvemento.

6. Dado que as actuacións están financiadas ao 100 % no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19, procederá o reintegro das axudas no caso de non manter as condicións establecidas nestas bases nos seguintes casos:

a) Perda dun 2 % da subvención concedida por non manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable adecuado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionables, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permitan seguir unha pista de auditoría sobre os conceptos financiados con fondos Feder.

b) Perda dun 2 % da subvención concedida por non dar publicidade ao financiamento dos investimentos que sexan obxecto da subvención, de acordo co establecido nestas bases.

c) Perda dun 5 % por non comunicar a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentaron a concesión da subvención.

d) Perda da subvención de forma proporcional ao tempo en que se incumpra por non manter os investimentos obxecto da subvención durante o período de cinco anos.

No caso de condicións que constitúan obrigas que a persoa beneficiaria debe acreditar en fase de xustificación, entre as que se atopan as obrigas de publicidade, estas deberán xustificarse, en todo caso, para poder proceder ao pagamento da subvención, polo que a gradación fixada neste punto só resultará aplicable para supostos de reintegro, no caso en que se detecte en controis posteriores ao pagamento algún incumprimento relativo a esas obrigas.

Artigo 23. Controis

1. A Axencia Galega da Industria Forestal poderá realizar as actividades de inspección que considere oportunas para controlar o cumprimento das subvencións.

2. Así mesmo, as subvencións estarán sometidas á función interventora e de control financeiro exercida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, nos termos que establece o título III da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e na súa normativa de desenvolvemento. Así mesmo, estará sometida ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas.

Artigo 24. Publicidade

1. No prazo máximo de tres meses contados desde a data de resolución da última concesión, publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación das subvencións concedidas con indicación da norma reguladora, beneficiario, o programa e crédito orzamentario, contía e finalidade da subvención.

As persoas interesadas poderán facer constar o seu dereito a que non se fagan públicos os seus datos cando concorra algunha das causas previstas no artigo 15.2.d) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Ademais do anterior, cando os importes das subvencións concedidas, individualmente consideradas, sexan de contía inferior a tres mil euros (3.000,00 euros), non será necesaria a publicación no Diario Oficial de Galicia, que será substituída pola publicación das subvencións concedidas na páxina web da Axencia Galega da Industria Forestal.

Así mesmo, en cumprimento do disposto nos artigos 18 e 20.8 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, comunicarase a concesión das axudas reguladas nesta convocatoria á Base de datos nacional de subvencións, que operará como sistema nacional de publicidade de subvencións.

A solicitude para ser beneficiaria da axuda levará implícita a autorización, no caso de que se conceda a axuda solicitada, para a inscrición no Rexistro Público de Axudas, Subvencións, Convenios e Sancións dependente da Consellería de Facenda e Administración Pública, dos datos facilitados á Xunta de Galicia na súa solicitude. Con todo, as persoas ou entidades solicitantes poderán denegar expresamente o seu consentimento á inscrición dos seus datos no Rexistro Público de Subvencións, cando concorra algunha das circunstancias previstas na letra d) do número 2 do artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. Ademais, dado que as actuacións están financiadas ao 100 % no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19, os datos serán comunicados á Dirección Xeral de Política de Cohesión e Fondos Europeos da Consellería de Facenda e Administración Pública coa finalidade de realizar a xestión, seguimento, información, control, coordinación e estudo da execución e avaliación do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 na súa condición de organismo intermedio en virtude das funcións atribuídas pola autoridade de xestión, segundo o disposto no artigo 125, número 2, artigo 140, números 3 a 5, e anexo XIII, número 3, do Regulamento (UE) nº 1303/2013 e as súas disposicións de desenvolvemento.

A aceptación da axuda implica, ademais, a aceptación da inclusión do beneficiario na lista de operacións prevista no artigo 115.2 do Regulamento (UE) nº 1303/2013 e que se publicará co contido previsto no anexo XII do Regulamento (UE) nº 1303/2013 no seguinte sitio web: http://www.dgfc.sepg.minhafp.gob.es/sitios/dgfc/es-ES/loFEDER1420/porFEDER/Paginas/inicio.aspx

3. No exercicio das súas responsabilidades en materia de información, comunicación e visibilidade de conformidade co artigo 115, números 1 e 3, e o anexo XII, os Estados membros e as autoridades de xestión garantirán que os beneficiarios potenciais, os beneficiarios, os participantes, os destinatarios finais dos instrumentos financeiros e o público en xeral sexan conscientes da existencia e o volume dos recursos REACT-UE e do apoio adicional que estes proporcionan.

Os Estados membros e as autoridades de xestión explicarán claramente aos cidadáns que a operación en cuestión se financia como parte da resposta da Unión á pandemia da COVID-19 e garantirán a plena transparencia utilizando, cando sexa adecuado, as redes sociais.

En relación coa obriga de dar publicidade ao financiamento, de conformidade co previsto no anexo XII, número 2.2, do Regulamento (UE) nº 1303/2013, e atendendo ao sinalado no capítulo II do Regulamento de execución (UE) nº 821/2014 da Comisión, do 28 de xullo de 2014, e demais normativa de desenvolvemento, a persoa beneficiaria deberá, durante a realización da operación e mantemento do investimento:

a) Recoñecer o apoio do Feder no marco do eixe de actuación REACT-UE á operación en todas as súas medidas de información e comunicación, mostrando o emblema xunto coa referencia á Unión Europea, segundo o recollido nos artigos 3 e 4 do Regulamento nº 821/2014. Así mesmo, farase referencia ao Feder e a que a operación está «financiada como parte da resposta da Unión á pandemia da COVID-19». Tamén se incluirá o lema «Unha maneira de facer Europa» sempre que sexa posible. Polo tanto, calquera documento relacionado coa execución da operación que se destine ao público conterá unha declaración en que se recoñeza este apoio.

b) Informar o público do apoio obtido facendo unha breve descrición na súa páxina web e/ou redes sociais, no caso de que dispoña delas, da operación, de maneira proporcionada ao nivel do apoio prestado, cos seus obxectivos e resultados, e destacando o apoio financeiro da Unión Europea.

c) Colocar un cartel informativo sobre o proxecto e/ou obra, dun tamaño mínimo A3, en que se mencionará a axuda financeira da Unión, nun lugar ben visible para o público, por exemplo, na entrada dun edificio.

4. A presentación da solicitude de axuda suporá a autorización para a utilización das fotografías que formen parte do expediente de axuda por parte da Axencia Galega da Industria Forestal con fins de promoción do uso da madeira.

Artigo 25. Medidas contra a fraude

Calquera persoa que teña coñecemento de feitos que puidesen ser constitutivos de fraude ou irregularidade en relación con proxectos ou operacións financiados total ou parcialmente con cargo a fondos procedentes da Unión Europea no marco da presente convocatoria poderá poñer os devanditos feitos en coñecemento do Servizo Nacional de Coordinación Antifraude da Intervención Xeral da Administración do Estado, por medios electrónicos a través da canle habilitada para o efecto: http://www.conselleriadefacenda.es/areas-tematicas/planificacion-e-fondos/periodo-comunitario-2014-2020/medidas-antifraude/snca-olaf

Artigo 26. Remisión normativa

Aplicarase o previsto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, así como o disposto na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e o Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o seu regulamento.

Tamén son de aplicación as seguintes normas:

a) Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

b) Normativa sobre protección de datos persoais: Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais; Regulamento xeral de protección de datos persoais (RXPD); Real decreto 3/2010, do 8 de xaneiro, polo que se regula o Esquema nacional de seguridade no ámbito da administración electrónica.

c) Orde HFP/1979/2016, do 29 de decembro, pola que se aproban as normas sobre os gastos subvencionables dos programas operativos do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional para o período 2014-2020, modificada pola Orde HAC/114/2021, do 5 de febreiro.

d) Regulamento (UE) nº 1301/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, sobre o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e sobre disposicións específicas relativas ao obxectivo de investimento en crecemento e emprego e polo que se deroga o Regulamento (CE) nº 1080/2006.

e) Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e polo que se establecen disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e se derroga o Regulamento (CE) nº 1083/2006 do Consello.

f) Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis.

g) Regulamento (UE) nº 2020/460 do Parlamento Europeo e do Consello, do 30 de marzo de 2020, polo que se modifican os regulamentos (UE) nº 1301/2013, (UE) nº 1303/2013 e (UE) nº 508/2014, no relativo a medidas específicas para mobilizar investimentos nos sistemas de atención sanitaria dos Estados membros e noutros sectores das súas economías, en resposta ao gromo da COVID-19 (Iniciativa de investimento en resposta ao coronavirus).

h) Regulamento (UE) 2020/2221 do Parlamento Europeo e do Consello, do 23 de decembro de 2020, polo que se modifica o Regulamento (UE) nº 1303/2013 no que respecta aos recursos adicionais e ás disposicións de execución a fin de prestar asistencia para favorecer a reparación da crise no contexto da pandemia da COVID-19 e as súas consecuencias sociais e para preparar unha recuperación verde, dixital e resiliente da economía (REACT-UE).

i) Regulamento (UE) nº 2020/558 do Parlamento Europeo e do Consello, do 23 de abril de 2020, polo que se modifican os regulamentos (UE) nº 1301/2013 e (UE) nº 1303/2013 no que respecta a medidas específicas para ofrecer unha flexibilidade excepcional no uso dos fondos estruturais e de investimentos europeos en resposta ao brote da COVID-19.

j) Orde HAC/114/2021, do 5 de febreiro, pola que se modifica a Orde HFP/1979/2016, do 29 de decembro, pola que se aproban as normas sobre os gastos subvencionables dos programas operativos do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional para o período 2014-2020.

k) Normativa comunitaria de desenvolvemento dos citados regulamentos.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO XV

Medidas informativas e publicitarias

MR502B, MR502D, MR502F e MR502G-Subvencións para a realización
de proxectos e obras que empreguen produtos de madeira
como elementos estruturais

MR502B, MR502D, MR502F e MR502G-Subvencións para a realización de proxectos e obras que empreguen produtos de madeira como elementos estruturais, financiadas ao 100 % no marco do eixo REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19.

Ao tratarse de subvencións financiadas con fondos estruturais da Unión Europea, en relación coa publicidade do financiamento, de conformidade co previsto no anexo XII, número 2.2, do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, o beneficiario deberá cumprir os seguintes requisitos de publicación e comunicación:

1. En todas as medidas de información e comunicación que leve a cabo, o beneficiario deberá recoñecer o apoio da Xunta de Galicia, conforme o manual de identidade corporativa que estea vixente, e do Feder ao proxecto, incluíndo a imaxe institucional correspondente, o logotipo do Xacobeo 21-22 e mostrando:

a) O emblema da Unión e unha referencia á Unión Europea.

b) Referencia ao Fondo Feder que dá apoio ao proxecto e que está financiado como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19.

c) Referencia ao lema do Fondo «Unha maneira de facer Europa».

2. Durante a realización do proxecto e durante o período de duración dos compromisos de mantemento do investimento ou emprego:

2.1. Recoñecer o apoio do Feder á operación en todas as súas medidas de información e comunicación, mostrando o emblema xunto coa referencia á Unión Europea, segundo o recollido nos artigos 3 e 4 do Regulamento nº 821/2014. Así mesmo, farase referencia ao Feder e a que a operación está «financiada como parte da resposta da Unión á pandemia da COVID-19». Tamén se incluirá o lema «Unha maneira de facer Europa» sempre que sexa posible. Polo tanto, calquera documento relacionado coa execución da operación que se destine ao público conterá unha declaración en que se recoñeza este apoio.

2.2. Informar o público do apoio obtido facendo unha breve descrición na súa páxina web e/ou redes sociais, no caso de que dispoña delas, da operación, de maneira proporcionada ao nivel do apoio prestado, cos seus obxectivos e resultados, e destacando o apoio financeiro da Unión Europea.

2.3. Colocar un cartel informativo sobre o proxecto, dun tamaño mínimo A3, en que se mencionará a axuda financeira da Unión, nun lugar ben visible para o público, por exemplo, na entrada dun edificio.

Para os efectos do sinalado, para a elaboración do cartel deberase empregar o seguinte modelo, dispoñible para a súa descarga na sección de Axudas da web da Axencia Galega da Industria Forestal (http://www.xera.gal/).

missing image file

ANEXO XVI

Definicións

MR502B, MR502D, MR502F e MR502G-Subvencións para a realización
de proxectos e obras que empreguen produtos de madeira
como elementos estruturais

 Obras de rehabilitación: accións e medidas que teñan por obxecto permitir a recuperación dun uso orixinal perdido ou a implantación dun novo uso compatible co inmoble.

 Obras de reforma: intervencións que, podendo realizarse dentro e/ou fóra dunha edificación, implican a substitución ou transformación de materiais, elementos ou partes deles, alterando ou non a súa estrutura e volumetría.

 Obras de reconstrución: acción destinada a completar un estado previo do inmoble arruinado utilizando como base partes orixinais deste cuxa autenticidade poida acreditarse.

 Proxectista: axente que redacta o proxecto por encargo do promotor e con suxeición á normativa técnica e urbanística correspondente.

 Proxecto: conxunto de documentos mediante os cales se definen e determinan as exixencias técnicas das obras recollidas no artigo 2 da LOE e no cal se xustifican tecnicamente as solucións propostas coas especificacións requiridas pola normativa técnica aplicable.

 Proxecto básico: fase do traballo en que se definen de modo preciso as características xerais da obra, mediante adopción e xustificación de solucións concretas. O seu contido é suficiente para solicitar, unha vez obtido o preceptivo visado colexial, a licenza municipal e outras autorizacións, pero insuficiente para iniciar a construción.

 Proxecto de execución: fase do traballo en que se desenvolve o proxecto básico coa determinación completa de detalles e especificacións de todos os materiais, elementos, sistemas construtivos e equipamentos, definindo a obra na súa totalidade. O seu contido será necesario para a realización das obras contando co preceptivo visado colexial e a licenza correspondente.

 Uso industrial: comprende actividades destinadas ao almacenamento de materias primas ou produtos, distribución, obtención, elaboración, transformación e reparación de produtos.

 Uso comercial: aquel que comprende as actividades destinadas á subministración de mercadorías ao público mediante a venda polo miúdo ou a prestación de servizos particulares.

 Uso recreativo: aquel que comprende as actividades vinculadas ao lecer e o esparexemento en xeral.

 Uso hoteleiro: aquel que comprende actividades destinadas a satisfacer o aloxamento temporal.

 Uso oficinas: aquel que comprende locais destinados á prestación de servizos profesionais, de información e outros a empresas ou particulares.

 Uso residencial unifamiliar: aquel conformado por unha vivenda ou agrupación de vivendas (acaroadas, illadas ou en ringleira) destinado a unha soa unidade familiar, localizadas nunha única parcela con acceso independente.

 Uso sanitario-asistencial: aquel que comprende as instalacións e servizos sanitarios, de asistencia ou benestar social.

 Uso educativo: aquel que comprende as actividades destinadas á formación intelectual: centros docentes e de ensino en todos os seus niveis e para todas as materias obxecto de ensino.

 Uso cultural: aquel que comprende as actividades de índole cultural como bibliotecas, museos, teatros, auditorios, aulas de natureza e outros servizos de análoga finalidade.

 Uso deportivo: aquel uso que comprende as actividades destinadas á práctica de deportes en recintos pechados, tanto ao aire libre como no interior.