Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Xoves, 13 de outubro de 2022 Páx. 54389

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Xuventude

RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2022, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social e Xuventude, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2022.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que cada consellería ou entidade terá que remitir para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, unha relación dos convenios subscritos referida ao cuadrimestre anterior, para os efectos de cumprir coas obrigas legais fixadas.

En consecuencia, e para lle dar cumprimento á dita obriga,

RESOLVO:

Darlle publicidade á relación de convenios de colaboración subscritos pola consellería competente en materia de política social durante o segundo cuadrimestre do ano 2022, que se incorpora no anexo I desta resolución.

No anexo II da resolución dáse publicidade a oito convenios de colaboración subscritos pola consellería durante o terceiro cuadrimestre do ano 2021.

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2022

María Francisca Gómez Santos
Secretaria xeral técnica da Consellería de Política Social e Xuventude

ANEXO I

Convenios asinados no segundo cuadrimestre de 2022

Título

Obxecto

Data de sinatura

Importe (€)

Acordo de prórroga do convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Asociación Arela para levar a cabo unha intervención educativa integral con persoas menores que teñan que cumprir medidas xudiciais e outras actuacións en medio aberto previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores na provincia de Pontevedra.

Acordar a segunda prórroga da colaboración para levar a cabo unha intervención educativa integral con menores que teñen que cumprir medidas non privativas de liberdade denominadas de medio aberto, impostas polos xulgados de menores no ámbito da provincia de Pontevedra, por un ano e con efectos desde o 1 de xuño de 2022 ata o 31 de maio de 2023.

4.5.2022

382.489,02 €

Acordo de prórroga do convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Asociación Centro Trama para levar a cabo unha intervención educativa integral con persoas menores que teñan que cumprir medidas xudiciais e outras actuacións en medio aberto previstas na Lei orgánica 5/2000, de 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores na provincia de Ourense.

Acordar a segunda prórroga da colaboración para levar a cabo unha intervención educativa integral con menores que teñen que cumprir medidas non privativas de liberdade denominadas de medio aberto, impostas polos xulgados de menores no ámbito da provincia de Ourense, por un ano e con efectos desde o 1 de xuño de 2022 ata o 31 de maio de 2023.

4.5.2022

274.569,96 €

Acordo de prórroga do convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Fundación Educativa e Social Dignidade para levar a cabo unha intervención educativa integral con persoas menores que teñan que cumprir medidas xudiciais e outras actuacións en medio aberto previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores na provincia de Lugo.

Acordar a segunda prórroga da colaboración para levar a cabo unha intervención educativa integral con menores que teñen que cumprir medidas non privativas de liberdade denominadas de medio aberto, impostas polos xulgados de menores no ámbito da provincia de Lugo, por un ano e con efectos desde o 1 de xuño de 2022 ata o 31 de maio de 2023.

4.5.2022

280.626,33 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Asociación Marola Fútbol Club no desenvolvemento dun programa de fomento da práctica deportiva para menores internados nos centros de reeducación Concepción Arenal, Monteledo, Montefiz e Avelino Montero e de soporte á autonomía dos mozos que rematan o cumprimento das medidas de internamento en centros de reeducación.

Contribuír, a través da concesión directa dunha subvención, ao financiamento do programa que leva a cabo a asociación durante o ano 2022, dirixido a facilitar o tránsito á autonomía e á inserción sociolaboral de mozos e mozas, de idades comprendidas entre 18 e 25 anos, que finalicen o seu internamento nun dos centros de reeducación desta comunidade autónoma, inicien o cumprimento dunha medida non privativa de liberdade, naqueles casos en que o seu entorno socio familiar non reúna as condicións necesarias para facilitar a su inserción socio laboral.

13.5.2022

47.480,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia e a Cruz Vermella Española en Galicia para a execución do Programa de familias acolledoras, dirixido ao acollemento en familia allea de menores en situación de risco ou desamparo no ano 2022.

Contribuír, a través da concesión directa dunha subvención, ao financiamento do Programa familias acolledoras da entidade Cruz Vermella Española en Galicia, co obxectivo de proporcionar atención temporal a menores en situación de risco, desamparo ou protección social, tutelados ou en garda pola Xunta de Galicia, nun ambiente familiar normalizado, alleo á súa familia de orixe, por non existir esta ou non ser idónea para o seu coidado.

27.6.2022

463.866,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Fundación Meniños para a execución do Programa de intervención con nenos e nenas vítimas de abuso sexual para o ano 2022.

Contribuír, a través da concesión directa dunha subvención, ao financiamento para o desenvolvemento do Programa da entidade de intervención con persoas menores vítimas de abuso sexual.

27.6.2022

70.000,00 €

Acordo de prórroga para o ano 2022 do convenio de colaboración 2022 entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Deputación da Coruña, para a atención de menores no centro residencial Fogar Infantil Emilio Romay na Coruña.

Acordar a cuarta prórroga da colaboración para o ano 2022 da atención de menores, tutelados pola Xunta de Galicia ou en situación de garda, a través de medidas de acollemento residencial e atención de día, no centro Fogar Infantil Emilio Romay, establecemento do que é titular a Deputación Provincial da Coruña.

27.6.2022

162.952,42 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí para o desenvolvemento do programa Vacacións en Paz 2022.

Contribuír, a través da concesión directa dunha subvención, ao financiamento para o desenvolvemento do programa da entidade Vacacións en Paz 2022, co obxectivo de trasladar a 111 nenos/as saharauís procedentes de campamentos de refuxiados en Tindouf (Alxeria) e pasar dous meses do período estival acollidos por familias galegas.

30.6.2022

100.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Fundación Juansoñador para o desenvolvemento do programa socioeducativo e de lecer e tempo libre, de atención integral para a infancia e as familias no ano 2022.

Contribuír, a través da concesión directa dunha subvención, ao financiamento para o desenvolvemento do programa socioeducativo e de ocio e tempo libre, de atención integral das persoas menores, preferentemente adolescentes de 12 a 18 anos, en situación de risco, desamparo ou exclusión social e as súas familias.

22.7.2022

157.912,94 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Asociación Arela para a difusión e publicidade da medida xudicial de convivencia con persoa ou familia na provincia de Pontevedra.

Contribuír, a través da concesión dunha subvención, ao financiamento para a realización pola entidade de actividades de difusión e publicidade da medida para a convivencia de persoas ou familias con menores que sexan derivados para tal fin polo xulgado de menores de Pontevedra ao abeiro da Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores.

22.7.2022

14.038,00 €

Convenio de colaboración para o ano 2022, entre a Consellería de Política Social e Xuventude e Aldeas Infantiles SOS Galicia para a execución do Programa de apoio ao acollemento en familia extensa.

Contribuír, a través da concesión directa dunha subvención, ao financiamento do desenvolvemento do Programa de apoio ao acollemento en familia extensa da entidade Aldeas Infantiles SOS Galicia nas catro provincias da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022, concretamente na Coruña, Vigo, Santiago de Compostela e Ourense.

28.7.2022

173.353,44 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Fundación Ingada para o desenvolvemento dun programa de asesoramento ás familias no ano 2022.

Contribuír, a través da concesión directa dunha subvención, ao programa da Fundación para o asesoramento ás familias con membros que padecen trastornos por déficit de atención e hiperactividades (TDAH) e trastornos asociados coa finalidade de que poidan desenvolver adecuadamente as súas funcións educativas, socializadoras, e superar situacións de necesidade e risco social para o que se artellarán programas de carácter preventivo que contribúan á modificación de condutas non desexadas e á adquisición de pautas saudables para a dinámica familiar.

2.8.2022

60.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia para o desenvolvemento dun programa denominado Servizo de atención logopédica para menores xordos e/ou con discapacidade auditiva e as súas familias no ano 2022.

Contribuír, a través da concesión directa dunha subvención, ao financiamento dun proxecto da entidade de atención logopédica para menores xordos e/ou con discapacidade auditiva e as súas familias.

O proxecto comprende a atención logopédica a menores xordos e/ou con discapacidade auditiva, a orientación sobre as estratexias comunicativas en lingua de signos ás súas familias e aos centros educativos, así como o asesoramento ás familias e/ou contorno de convivencia ao longo do proceso de desenvolvemento comunicativo e lingüístico da persoa menor.

17.8.2022

12.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Asociación Educando en Familia, para o desenvolvemento dun programa de intervención educativo-familiar no ano 2022.

Contribuír, a través da concesión directa dunha subvención, ao financiamento dun programa da entidade de acompañamento educativo-familiar ás familias da Terra Chá e a Mariña Lucense cun enfoque claramente sociocomunitario.

26.8.2022

21.746,52 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Fundación bancaria La Caixa para o desenvolvemento do Programa de persoas maiores nos centros de sociocomunitarios da Comunidade Autónoma de Galicia.

A colaboración no desenvolvemento do Programa de persoas maiores da fundación bancaria La Caixa nos centros sociocomunitarios de titularidade da Comunidade Autónoma de Galicia. Este programa comprende toda unha serie de actuacións dirixidas a acompañar as persoas maiores para que poidan desenvolver o seu proxecto de vida, facilitándolles recursos, formación e actividades, que promovan as súas capacidades e faciliten ferramentas para o seu desenvolvemento, favorecendo o envellecemento activo e saudable.

28.7.2022

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Fundación Secretariado Gitano para a execución de determinadas accións do programa operativo estatal de inclusión social e economía social 2019-2023 e do Programa operativo de emprego xuvenil 2018-2022 do Fondo Social Europeo.

Contribuír, a través da concesión directa dunha subvención, ao financiamento para o desenvolvemento por parte da Fundación Secretariado Gitano no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de actuacións dirixidas ás minorías étnicas coa finalidade de promover a inclusión social a través de políticas activas centradas na loita contra a discriminación, no marco do Programa operativo de inclusión social e economía social 2019-2023 e o Programa operativo de emprego xuvenil 2018-2022.

29.7.2022

65.920,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Federación Galega de Bancos de Alimentos (Fegaban) para o desenvolvemento de actuacións encamiñadas á captación, adquisición, almacenamento e distribución de alimentos ás institucións asistenciais ou benéficas no exercicio 2022.

Contribuír, a través da concesión directa dunha subvención, ao financiamento para a realización pola Federación dunha serie de actuacións encamiñadas á captación, almacenamento e distribución de alimentos ás institucións asistenciais ou benéficas, legalmente constituídas con esa finalidade, que actúen no territorio galego, incluíndo tamén a adquisición dos alimentos cando a captación resulte insuficiente, ou que en último termo, fai posible que as persoas en risco de exclusión social poidan satisfacer as súas necesidades alimenticias básicas.

9.8.2022

100.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Rede europea contra a pobreza (EAPN-Galicia), para o desenvolvemento de actuacións encamiñadas á coordinación, optimización dos recursos e sinerxías de actuación das entidades integrantes que teñen como finalidade a loita contra a pobreza e a exclusión social no exercicio 2022.

Contribuír, a través da concesión directa dunha subvención, ao financiamento para a realización por parte de EAPN-Galicia dunha serie de actuacións encamiñadas á coordinación, optimización dos recursos e sinerxías de actuacións das entidades integrantes que teñen como finalidade a loita contra a pobreza e a exclusión social.

10.8.2022

65.000,00 €

Adhesión ao Convenio entre o Instituto de Mayores y Servicios Sociales e o Instituto Nacional de Estadística, sobre o acceso á base padroal do INE.

Adhesión da Comunidade Autónoma de Galicia, a través da Consellería de Política Social e Xuventude, ao Convenio entre el Instituto de Mayores y Servicios Sociales y el Instituto Nacional de Estadística, asinado o 14.3.2022, sobre o acceso á base padroal do INE, a través dos servizos web de consulta de conformidade co sistema establecido na cláusula segunda.

19.7.2022

Sen custo

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Fundación Monte do Gozo para o desenvolvemento do programa Acougo no Proxecto Home de atención, rehabilitación e reinserción social de persoas adictas no exercicio 2022.

Contribuír, a través da concesión directa dunha subvención, ao financiamento para a realización por parte da Fundación Monte do Gozo dunha serie de actuacións encamiñadas á inserción sociolaboral de persoas con Patoloxía Dual, a través do programa Acougo.

O financiamento céntrase no sostemento dos servizos e accións que se desenvolven no programa e no dispositivo para persoas diagnosticadas con Patoloxía Dual que a Fundación Monte do Gozo posúe en Vigo.

12.8.2022

153.846,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xunvetude e o Concello do Pereiro de Aguiar para o financiamento do Programa integral de envellecemento activo e prevención da dependencia no exercicio 2022.

Contribuír, a través da concesión directa dunha subvención, ao financiamento do Programa integral de envellecemento activo e prevención da dependencia que desenvolve o Concello no exercicio 2022.

1.6.2022

50.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Confederación Gallega de Organizaciones de Mayores, Cogama, para financiar a realización de actividades para o exercicio 2022.

Contribuír, a través da concesión directa dunha subvención, ao financiamento dun programa da entidade destinado á promoción da autonomía persoal e de prevención e atención á dependencia destinados ás persoas maiores, que desenvolverá actividades socio-comunitarias de convivencia e fomento do asociacionismo de maiores, actividades artísticas e culturais e actividades deportivas dirixidas ás ditas persoas maiores durante o ano 2022.

30.6.2022

25.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Asociación Galega das Persoas Maiores, Xubilados e Pensionistas (Asogapem) para financiar a realización de actividades para o exercicio 2022.

Contribuír, a través da concesión directa dunha subvención, ao financiamento da programación das actuacións para o ano 2022 da entidade para o mantemento e mellora da axilidade mental, de animación á lectura, e charlas sobre a protección xurídica das persoas maiores.

30.6.2022

22.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Asociación Carballido de Servizos Sociais, Acarserso, para o financiamento dos gastos derivados da execución do proxecto piloto da Escola do Maior durante o exercicio 2022.

Contribuír, a través da concesión directa dunha subvención, ao financiamento dos gastos derivados da execución do proxecto piloto da escola do maior durante o exercicio 2022 co obxectivo de atrasar a institucionalización das persoas maiores, contribuír á atención e prevención da dependencia, mellorar a calidade de vida das persoas maiores e da poboación en xeral, promover e favorecer a autonomía persoal dos usuarios e evitar o illamento social.

12.7.2022

30.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Universidade de Santiago de Compostela para o financiamento do IV ciclo universitario no exercicio 2022.

Contribuír, a través da concesión directa dunha subvención, ao financiamento do Programa universitario de maiores, IV ciclo no exercicio 2022 que comprende actividades formativas no plan de estudos para o dito ciclo, seminarios e asistencias as reunións de traballo, congresos e xornadas que organiza a Asociación Estatal de Programas Universitarios para Maiores.

19.7.2022

32.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Universidade da Coruña para o financiamento da Universidade Sénior no exercicio 2022.

Contribuír, a través da concesión directa dunha subvención, ao financiamento da Universidade Sénior, oferta de estudos destinada ao sector da sociedade nunha situación laboral non activa que demanda un novo tipo de formación actualizada e axeitada ás súas inquedanzas formativas e intereses culturais e que comprende o Programa universitario de grao, programas de posgraduado da Universidade Sénior, Programa de formación específica actualidade, ciencia, saúde e vida, Programa de actividades complementarias e obradoiros complementarios dos programas de formación.

19.7.2022

32.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Federación DOWN Galicia para o financiamento de programas destinados ás persoas coa Síndrome de Down e discapacidade intelectual e ás súas familias e do mantemento da federación para o exercicio 2022.

Contribuír, a través da concesión directa dunha subvención, ao financiamento do mantemento da federación e dos programas que ten previsto desenvolver durante o ano 2022 destinados ás persoas coa Síndrome de Down e discapacidade intelectual e ás súas familias nas áreas de atención temperá, formación e emprego, vida adulta e independente e transversal.

13.5.2022

690.688,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Asociación Galega de Atención Temperá para contribuír ao financiamento dun programa de intervención, de atención temperá destinado a nenos e nenas de 0 a 6 anos con trastornos do desenvolvemento ou en risco de padecelos e ás súas familias para o exercicio 2022.

Contribuír, a través da concesión directa dunha subvención, ao financiamento dun programa de intervención en atención temperá destinado a nenos e nenas de 0 a 6 anos con trastornos do desenvolvemento ou en risco de padecelos no ano 2022 a través das súas Unidades de Desenvolvemento Infantil e Apoio Familiar localizadas nas comarcas do Deza, do Salnés e de Bergantiños, co apoio técnico e psicosocial ás súas familias.

13.5.2022

346.500,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Federación de Autismo Galicia, para promover a atención das persoas con trastornos do espectro autista e ás súas familias en Galicia e para o mantemento da federación e das entidades federadas para o exercicio 2022.

Contribuír, a través da concesión directa dunha subvención, ao financiamento do mantemento da federación e das entidades federadas así como das actuacións que conforman a programación que ten previsto desenvolver Autismo Galicia durante o ano 2022, orientadas á atención das persoas con trastornos do espectro autista e ás súas familias, a través de programas de atención e prevención, participación en congresos e xornadas, produción de publicacións, impulso á investigación.

13.5.2022

675.210,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Federación Gallega de Asociaciones de Atención a las Personas con Parálisis Cerebral, para o financiamento do programa de promoción da autonomía persoal de persoas con parálise cerebral e/ou patoloxías afíns, e do mantemento da entidade para o exercicio 2022.

Contribuír, a través da concesión directa dunha subvención, ao financiamento do mantemento da federación e das súas entidades asociadas, así como das actuacións que conforman o programa que a Federación ten previsto desenvolver durante o ano 2022 dirixidas á atención das persoas con parálise cerebral e/ou patoloxías afíns e ás súas familias desde unha perspectiva global, integral e normalizadora, para mellorar a súa autonomía persoal, e a súa calidade de vida e favorecer a integración social e laboral deste colectivo na sociedade galega.

13.5.2022

538.257,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Asociación de Parapléjicos y Grandes Minusválidos de Galicia (ASPAYM) para o financiamento do programa de atención dirixido ao colectivo de lesionados medulares e/ou grandes discapacitados residentes en Galicia e ás súas familias e o mantemento da entidade para o exercicio 2022.

Contribuír, a través da concesión directa dunha subvención, ao financiamento do mantemento da entidade e das actividades que comporta o programa que ASPAYM ten previsto desenvolver durante o ano 2022 dirixido a persoas con lesión medular e/ou grandes discapacidades residentes en Galicia e ás súas familias e que comprende o servizo de información, orientación e asesoramento, o servizo de transporte adaptado, o servizo de apoio psicosocial á persoa que sufriu unha lesión medular recentemente e o servizo de rehabilitación integral.

13.5.2022

45.142,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami) para o financiamento dos programas de atención a persoas con discapacidade e ás súas familias e do mantemento de Cogami e das súas entidades para o exercicio 2022.

Contribuír, a través da concesión directa dunha subvención, ao financiamento do mantemento de Cogami e das súas entidades asociadas así como dos programas que ten previsto desenvolver durante o ano 2022, de atención a persoas con discapacidade e ás súas familias, concretamente programas informativos, de asesoramento e orientación, de intervención social das persoas con discapacidade e das súas familias, de formación e intermediación laboral, de sensibilización e concienciación, de voluntariado, de lecer e de apoio ao movemento asociativo.

13.5.2022

1.318.157,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Federación Gallega de Asociaciones en favor de las Personas con Discapacidad Intelectual o del Desarrollo (Fademga Plena Inclusión Galicia) para o financiamento dos programas de atención a persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento e ás súas familias, e do mantemento de Fademga Plena Inclusión Galicia e das súas entidades federadas para o exercicio 2022.

Contribuír, a través da concesión directa dunha subvención, ao financiamento do mantemento de Fademga Plena Inclusión Galicia e das súas entidades federadas, así como das actuacións que conforman os programas que ten previsto desenvolver a entidade a prol do colectivo das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento e as súas familias, na Comunidade Autónoma de Galicia no exercicio 2022, nas áreas de atención ás entidades, ás familias e ás persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento.

13.5.2022

2.468.814,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Federación de Asociacións Galegas de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e outras Demencias (Fagal), para o financiamento dos programas de atención dirixidos a familiares de enfermos de alzhéimer residentes en Galicia e mantemento da federación para o exercicio 2022.

Contribuír, a través da concesión directa dunha subvención, ao financiamento do mantemento da federación e dos programas de atención dirixidos a familiares de enfermos de Alzhéimer residentes en Galicia, para o seu apoio e formación, así como de comunicación, difusión, divulgación e sensibilización.

13.5.2022

89.250,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia para o financiamento de servizos especializados dirixidos a persoas xordas, xordocegas e con discapacidade auditiva residentes na Comunidade Autónoma de Galicia e do mantemento da federación e das súas entidades federadas para o exercicio 2022.

Contribuír, a través da concesión directa dunha subvención, ao financiamento do mantemento da FAXPG e das súas entidades federadas, e dos servizos especializados que esta entidade ten previsto desenvolver durante o ano 2022 dirixidos a persoas xordas, xordocegas e con discapacidade auditiva residentes na Comunidade Autónoma de Galicia, que comprende servizos de intervención social, de atención psicolóxica, de intérpretes de Lingua de Signos española e guías-intérpretes para persoas xordocegas e de formación, orientación e atención a familias.

13.5.2022

759.826,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e Saúde Mental Feafes Galicia (Federación Galega de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia), para o financiamento dos programas dirixidos a persoas con enfermidade mental residentes na Comunidade Autónoma de Galicia e o mantemento da entidade para o exercicio 2022.

Contribuír, a través da concesión directa dunha subvención, ao financiamento dos gastos de persoal e gastos correntes de Feafes Galicia e das súas entidades federadas para o exercicio 2022, así como doutros gastos da mesma natureza derivados da execución das actuacións que conforman os programas de promoción da autonomía persoal e prevención e atención á dependencia, dirixidos a persoas con enfermidade mental residentes en Galicia, e que comprende información e orientación, prevención, atención sociosanitaria, asesoramento e apoio xurídico e formación.

13.5.2022

635.736,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Federación Galega de Dano Cerebral (Fegadace), para o financiamento de programas dirixidos a persoas con dano cerebral adquirido e do mantemento da federación e das entidades federadas para o exercicio 2022.

Contribuír, a través da concesión directa dunha subvención, ao financiamento dos gastos de persoal e gastos correntes de Fegadace e das súas entidades asociadas para o exercicio 2022, así como doutros gastos da mesma natureza derivados da execución dos programas de atención a persoas con dano cerebral adquirido e as súas familias, que comprende a promoción da autonomía persoal e de recuperación funcional e de información e asesoramento.

13.5.2022

389.698,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas, para o financiamento dun programa de intervención social destinado a mellorar a calidade de vida das persoas afectadas de enfermidades raras e/ou crónicas e das súas familias e do mantemento da federación para o exercicio 2022.

Contribuír, a través da concesión directa dunha subvención, ao financiamento do mantemento da Fegerec e do programa que na área de intervención social ten previsto desenvolver durante o ano 2022 e que comprende atención social integral, información dos servizos, asesoramento.

13.5.2022

23.310,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Asociación de Padres, Profesionales y Amigos de Personas con Discapacidad Intelectual Special Olympics Galicia, para o mantemento da entidade e a promoción da integración social dirixida ás persoas con discapacidade intelectual de Galicia e ás súas familias mediante a realización de actividades deportivas adaptadas, de ocio, formativas e de promoción do voluntariado para o exercicio 2022.

Contribuír, a través da concesión directa dunha subvención, ao financiamento do mantemento da entidade e da promoción da integración social e mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual e as súas familias a través da realización de actividades deportivas adaptadas, de ocio, de formación e de promoción do voluntariado.

13.5.2022

199.443,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Asociación Galega das Persoas Maiores, Xubilados e Pensionistas para financiar a realización de actividades para o exercicio 2022.

Contribuír, a través da concesión directa dunha subvención, ao financiamento da programación das actuacións para o mantemento e mellora da axilidade mental, de animación a lectura, e charlas sobre a protección xurídica das persoas maiores que desenvolve a entidade durante o ano 2022.

30.6.2022

22.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia e o Consorcio para o desenvolvemento de aplicacións para a xestión universitaria para a posta en marcha en 2022 e 2023 do programa integral de formación e mentoring destinado ás persoas mozas inscritas e beneficiarias do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (Xuventude Mentoring), cofinanciado polo Fondo Social Europeo, programa operativo de emprego xuvenil.

Contribuír, a través da concesión directa dunha subvención, ao financiamento en 2022 e 2023, dun programa de formación e mentoring (Xuventude Mentoring) destinado a persoas mozas que teñan rematado os seus estudios nunha universidade ou centro de estudos da Comunidade Autónoma de Galicia, inscritas e beneficiarias do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da dita comunidade autónoma no momento da súa selección como participantes do programa, co fin de favorecer a transición das ditas persoas mozas desde a vida académica á laboral.

4.5.2022

1.000.000,00 €

Acordo de prórroga do Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia e Abanca Corporación Bancaria para o desenvolvemento e difusión do programa Carné Xove.

Acordar a prórroga da colaboración por un ano máis, con efectos desde o 20 de xullo de 2022 ata o 19 de xullo de 2023 para o apoio ás acciones de promoción, difusión e desenvolvemento do programa Carné Xove que se leven a cabo en Galicia.

15.7.2022

Sen custo

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia e a Escola de Tempo Libre Don Bosco para o desenvolvemento do proxecto Xacobeando, equipos de voluntariado en áreas de alta prioridade do Corpo Europeo de Solidariedade.

Contribuír, a través da concesión directa dunha subvención, ao financiamento do desenvolvemento das actividades asignadas á escola no marco do proxecto Xacobeando, financiado pola Axencia Executiva Europea de Educación e Cultura (EACEA), Corpo de Solidariedade da Unión Europea, para equipos de voluntariado en áreas de alta prioridade, a través da concesión directa dunha subvención.

26.8.2022

241.310,00 €

ANEXO II

Convenios asinados no terceiro cuadrimestre de 2021

Título

Obxecto

Data de sinatura

Importe (€)

Acordo de prórroga do convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Fundación bancaria La Caixa para o desenvolvemento do Programa Caixaproinfancia.

Acordar a prórroga da colaboración ata o 31 de decembro de 2024 para o desenvolvemento nunha área xeográfica determinada do Programa Caixaproinfancia cuxa finalidade principal é a de facilitar á infancia afectada por unha situación de pobreza e vulnerabilidade social, o seu desenvolvemento integral e o incremento das súas oportunidades.

15.12.2021

Sen custo

Acordo de prórroga do convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude, o Concello da Coruña e a Fundación La Caixa para o desenvolvemento do Programa Caixaproinfancia.

Acordar a prórroga da colaboración ata o 31 de decembro de 2024 para o desenvolvemento nunha área xeográfica determinada dentro do ámbito da cidade da Coruña do Programa Caixaproinfancia cuxa finalidade principal é a de facilitar á infancia afectada por unha situación de pobreza e vulnerabilidade social, o seu desenvolvemento integral e o incremento das súas oportunidades.

15.12.2021

Sen custo

Acordo de prórroga do convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude, o Concello de Lugo e a Fundación La Caixa para o desenvolvemento do programa Caixaproinfancia.

Acordar a prórroga da colaboración ata o 31 de decembro de 2024 para o desenvolvemento nunha área xeográfica determinada dentro do ámbito da cidade de Lugo do Programa Caixaproinfancia cuxa finalidade principal é a de facilitar á infancia afectada por unha situación de pobreza e vulnerabilidade social, o seu desenvolvemento integral e o incremento das súas oportunidades.

30.12.2021

Sen custo

Acordo de prórroga do convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude, o Concello de Ourense e a Fundación La Caixa para o desenvolvemento do Programa Caixaproinfancia.

Acordar a prórroga da colaboración ata o 31 de decembro de 2024 para o desenvolvemento nunha área xeográfica determinada dentro do ámbito da cidade de Ourense do Programa Caixaproinfancia cuxa finalidade principal é a de facilitar á infancia afectada por unha situación de pobreza e vulnerabilidade social, o seu desenvolvemento integral e o incremento das súas oportunidades.

15.12.2021

Sen custo

Acordo de prórroga do convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude, o Concello de Pontevedra e a Fundación La Caixa para o desenvolvemento do Programa Caixaproinfancia.

Acordar a prórroga da colaboración ata o 31 de decembro de 2024 para o desenvolvemento nunha área xeográfica determinada dentro do ámbito da cidade de Pontevedra do Programa Caixaproinfancia cuxa finalidade principal é a de facilitar á infancia afectada por unha situación de pobreza e vulnerabilidade social, o seu desenvolvemento integral e o incremento das súas oportunidades.

15.12.2021

Sen custo

Acordo de prórroga do convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude, o Concello de Ferrol e a Fundación La Caixa para o desenvolvemento do programa Caixaproinfancia.

Acordar a prórroga da colaboración ata o 31 de decembro de 2024 para o desenvolvemento nunha nunha da dentro do ámbito da cidade de Ferrol do Programa Caixaproinfancia cuxa finalidade principal é a de facilitar á infancia afectada por unha situación de pobreza e vulnerabilidade social, o seu desenvolvemento integral e o incremento das súas oportunidades.

15.12.2021

Sen custo

Acordo de prórroga do convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude, o Concello de Santiago de Compostela e a Fundación La Caixa para o desenvolvemento do programa Caixaproinfancia.

Acordar a prórroga da colaboración ata o 31 de decembro de 2024 para o desenvolvemento nunha área xeográfica determinada dentro do ámbito da cidade de Santiago de Compostela do Programa Caixaproinfancia cuxa finalidade principal é a de facilitar á infancia afectada por unha situación de pobreza e vulnerabilidade social, o seu desenvolvemento integral e o incremento das súas oportunidades.

15.12.2021

Sen custo

Acordo de prórroga do convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude, o Concello de Vigo e a Fundación La Caixa para o desenvolvemento do programa Caixaproinfancia.

Acordar a prórroga da colaboración ata o 31 de decembro de 2024 para o desenvolvemento nunha área xeográfica determinada dentro do ámbito da cidade de Vigo do Programa Caixaproinfancia cuxa finalidade principal é a de facilitar á infancia afectada por unha situación de pobreza e vulnerabilidade social, o seu desenvolvemento integral e o incremento das súas oportunidades.

15.12.2021

Sen custo