Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Martes, 18 de outubro de 2022 Páx. 55368

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 7 de outubro de 2022, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, pola que se dá publicidade dunha encomenda de xestión ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga), para executar durante os anos 2022 e 2023.

De conformidade co artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáse publicidade á seguinte encomenda coas seguintes características:

1. Resolución do 9 de setembro de 2022, da Consellería do Mar, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a realización dos traballos de reinstalación na ría de Ferrol, dos moluscos bivalvos procedentes de zonas de produción declaradas como clase C no litoral norte da Comunidade Autónoma de Galicia, durante os anos 2022 e 2023.

– Actividade: realización dos traballos relativos á reinstalación na ría de Ferrol, dos moluscos bivalvos procedentes de zonas de produción declaradas como clase C no litoral norte da Comunidade Autónoma de Galicia, durante os anos 2022 e 2023.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10 e 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: desde o 10 de setembro de 2022 ata o 30 de xuño de 2023.

– Financiamento: con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022, aplicación orzamentaria 15.03.723A.604.2, con código de proxecto 2016 00255, cofinanciado nun 75 % con fondos FEMP.

Santiago de Compostela, 7 de outubro de 2022

Silvia Cortiñas Fernández
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar