Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Martes, 18 de outubro de 2022 Páx. 55363

III. Outras disposicións

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 13 de setembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras de axudas a centros especiais de emprego (CEE) co fin de promover a integración laboral das persoas con discapacidade e se procede á súa convocatoria para as anualidades 2022-2023 (códigos de procedemento TR341K, TR341E, TR341N e TR341M).

Advertidos erros na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 184, do 27 de setembro de 2022, cómpre realizar as seguintes correccións:

Na páxina 51223, no punto 3 do artigo 3, onde di: «A acreditación, por parte das entidades solicitantes, de que cumpren as condicións sinaladas nas letras a), b), c) e d) do punto 3 deste artigo para poder obter a condición de beneficiarias das axudas, realizarase mediante declaracións responsables que se inclúen nos anexos de solicitude de cada procedemento (anexos I, II, III e IV).», debe dicir: «A acreditación, por parte das entidades solicitantes, de que cumpren as condicións sinaladas nas letras a), b), c) e d) do punto 2 deste artigo para poder obter a condición de beneficiarias das axudas realizarase mediante declaracións responsables que se inclúen nos anexos de solicitude de cada procedemento (anexos I, II, III e IV)».

Na páxina 51231, no segundo guión do punto 4 do artigo 13, onde di: «O Servizo de Emprego e Economía Social das xefaturas territoriais da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade para o programa III de subvencións ao custo salarial (procedemento TR341M).», debe dicir: «O Servizo de Apoio ao Emprego, Emprendemento e Economía Social das xefaturas territoriais da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade para o programa III de subvencións ao custo salarial (procedemento TR341M)».