Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Martes, 18 de outubro de 2022 Páx. 55364

III. Outras disposicións

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

CORRECCIÓN DE ERROS. Extracto da Orde do 13 de setembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras de axudas a centros especiais de emprego (CEE) co fin de promover a integración laboral das persoas con discapacidade e se procede á súa convocatoria para as anualidades 2022-2023. Programa III: axudas ao mantemento do custo salarial nos CEE (código de procedemento TR341M).

BDNS (Identif.): 649081.

Advertido erro no citado extracto, publicado no Diario Oficial de Galicia número 184, do 27 de setembro de 2022, cómpre realizar a seguinte corrección:

Na páxina 51307, no último parágrafo do punto terceiro, onde di: «No suposto de contratos de traballo a tempo parcial, a contía da subvención reducirase proporcionalmente. No suposto de que nun mesmo mes se produzan variacións na duración da xornada, soamente se terá en conta a porcentaxe da xornada laboral inferior para calcular a contía que se concederá nesa mensualidade.», debe dicir: «No suposto de contratos de traballo a tempo parcial, a contía da subvención reducirase proporcionalmente».