Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Martes, 25 de outubro de 2022 Páx. 56327

III. Outras disposicións

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

ORDE do 19 de outubro de 2022 pola que se publica a ampliación de crédito da Orde do 21 de outubro de 2021, modificada pola Orde do 8 de agosto de 2022, pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de subvencións para a concesión directa de bolsas e axudas para persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas de formación profesional para o emprego correspondentes aos exercicios 2021 e 2022 (código de procedemento TR301V).

A Orde do 21 de outubro de 2021, publicada no DOG núm. 209, do 29 de outubro, estableceu os principios xerais contidos na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no relativo á concesión de bolsas e axudas para persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas de formación profesional para o emprego.

O seu obxecto é regular o réxime da concesión directa de subvencións, por parte da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, en concepto de bolsas e axudas para as persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas no marco da formación profesional para o emprego, código de procedemento TR301V, e concretar aquelas tipoloxías de formación que quedan fóra do marco regulador da norma, como é o caso dos programas integrados de emprego, os obradoiros de emprego e as accións formativas financiadas con fondos procedentes do Mecanismo de recuperación e resiliencia.

O artigo 2.5 da dita orde establece que se poderá ampliar a contía máxima dos créditos dispoñibles para esta convocatoria. O incremento do crédito estará condicionado á declaración de dispoñibilidade do crédito como consecuencia dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito, ou da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo.

A publicación da Orde do 8 de agosto de 2022 autorizou unha primeira ampliación do importe total dos créditos destinados ás bolsas e axudas previstos na Orde do 21 de outubro de 2021.

Dado o elevado volume de solicitudes de bolsas e axudas presentadas e resoltas, cómpre ampliar, con crédito incorporado e coa finalidade de facer partícipe da subvención ao maior número de beneficiarios posibles, o importe dos créditos destinados á concesión directa de bolsas e axudas para o alumnado desempregado participante en accións formativas de formación profesional para o emprego.

Consecuentemente con todo o anteriormente exposto, no exercicio das facultades que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro (DOG núm. 23, do 21 de marzo), reguladora da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo único. Ampliación de crédito

Amplíase o importe total dos créditos destinados ás bolsas e axudas que se concederán ao abeiro da Orde do 21 de outubro de 2021, modificada pola Orde do 8 de agosto de 2022, nas seguintes contías e con créditos incorporados procedentes de fondos finalistas da seguinte aplicación e proxectos:

Crédito

Aplicación

Proxecto

Importe

2021

2022

Inicial

11.05.323A.480.0

2013 00545

100.000,00 €

600.000,00 €

2021 00149

400.000,00 €

5.900.000,00 €

Primeira ampliación

11.05.323A.480.0

2013 00545

2021 00149

600.000,00 €

Segunda ampliación

11.05.323A.480.0

2013 00545

2021 00149

452.000,00 €

Total

11.05.323A.480.0

500.000,00 €

7.552.000,00 €

Disposición derradeira. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día hábil seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2022

María Jesús Lorenzana Somoza
Conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade