Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Venres, 28 de outubro de 2022 Páx. 56883

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ORDE do 19 de outubro de 2022 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería.

De conformidade co disposto no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no artigo 25 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico, e en uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2 c) da citada lei, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro

Anunciar a convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, o posto de traballo que se indica no anexo I desta orde.

Segundo

Poderán concorrer a ela os/as funcionarios/as que reúnan as condicións que para o posto de traballo se sinalan no anexo I desta orde.

Terceiro

As solicitudes para participar na presente convocatoria dirixiranse á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade e presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos, no prazo de quince (15) días, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, segundo o modelo que se inclúe como anexo II. Para achegar a dita solicitude na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, está dispoñible o formulario normalizado conrrespondente ao procedemento PR004A, e poderase empregar para a presentación electrónica calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.

Cuarto

As persoas aspirantes deberán xuntar coa petición un curriculum vitae e xustificar mediante certificación ou copia compulsada os méritos que aleguen.

Os méritos alegados e non probados da maneira que se sinala no punto anterior non serán tidos en conta.

Quinto

No caso de que resulte seleccionado para ocupar o posto de traballo que se relaciona no anexo I desta orde persoal funcionario con destino noutra Administración, requirirase o informe favorable do órgano competente da súa Administración de orixe, e considerase favorable de non emitirse no prazo de quince (15) días, segundo o disposto no artigo 67 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo. Unha vez autorizado o seu traslado a esta Administración, adxudicaráselle o posto para o cal foi seleccionado.

Se no prazo de dous meses a partir da publicación da resolución no DOG o/a funcionario/a seleccionado/a non puidese incorporase ao posto de traballo por non estar resolto o seu traslado á Comunidade Autónoma de Galicia, considerarase deserto o posto e poderase realizar de novo á súa provisión.

Sexto

Esta convocatoria será resolta pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade. A resolución farase pública no Diario Oficial de Galicia e poderá, de considerarse oportuno, declararse deserta.

Sétimo

O prazo para tomar posesión do novo destino obtido será de tres (3) días hábiles se non implica cambio de residencia ou de sete (7) días hábiles se comporta cambio de residencia. Cando o/a adxudicatario/a do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será dun (1) mes.

O prazo de toma de posesión comezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento, que deberá efectuarse na data que se determine xustificadamente mediante orde da persoa titular da consellería convocante, publicada no Diario Oficial de Galicia, ou desde a data en que se comunique a resolución do traslado á Comunidade Autónoma, para o caso de funcionarios doutras administracións públicas. Se a resolución comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión deberá computarse desde a dita data.

Oitavo

Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpor recurso potestativo de reposición ante a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, no prazo dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous (2) meses, contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2022

Ethel Mª Vázquez Mourelle
Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade

ANEXO I

Denominación do posto de traballo: xefe/a territorial.

Código do posto de traballo: IV.C99.10.000.32001.001.

Centro directivo: Servizos Periféricos da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade.

Localidade: Ourense.

Corpo/escala: xeral/especial.

Grupo: A1/A2.

Nivel: 28.

Complemento específico: 21.011,06 euros.

Tipo de adscrición: adscrición indistinta a funcionarios da Xunta de Galicia, Estado e CC.AA. e Administración local.

Titulación:

Formación específica: 640-para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego (R.I.).

missing image file