Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Venres, 28 de outubro de 2022 Páx. 56887

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ORDE do 19 de outubro de 2022 pola que se convocan procedementos selectivos extraordinarios de estabilización para o ingreso, mediante concurso de méritos, aos corpos de profesores de ensino secundario, profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas, catedráticos de música e artes escénicas, profesores de música e artes escénicas, profesores de artes plásticas e deseño, mestres de taller de artes plásticas e deseño e de mestres da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento ED001B).

A Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, estableceu no artigo 2.1 que, adicionalmente ao establecido nos artigos 19.un.6 da Lei 3/2017, do 27 de xuño, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2017, e 19.un.9 da Lei 6/2018, do 3 de xullo, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2018, se autoriza unha taxa adicional para a estabilización de emprego temporal que incluirá as prazas de natureza estrutural que, estean ou non dentro das relacións de postos de traballo, cadro de persoal ou outra forma de organización de recursos humanos que estean previstas nas distintas administracións públicas e estando dotadas orzamentariamente, estivesen ocupadas de forma temporal e ininterrompidamente polo menos nos tres anos anteriores ao 31 de decembro de 2020.

Na disposición adicional sexta da mesma lei prevese unha convocatoria excepcional de estabilización de emprego temporal de longa duración, polo sistema de concurso, daquelas prazas que estivesen ocupadas con carácter temporal de forma ininterrompida con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2016. Así mesmo, a disposición adicional oitava engade ás prazas vacantes de natureza estrutural ocupadas de forma temporal por persoal, cunha relación desta natureza, anterior ao 1 de xaneiro de 2016.

Mediante o Real decreto 270/2022, do 12 de abril, modifícase o Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de ingreso, accesos e adquisición de novas especialidades nos corpos docentes a que se refire a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, e se regula o réxime transitorio de ingreso a que se refire a disposición transitoria décimo sétima da citada lei. Nesta modificación engádese unha disposición transitoria quinta ao Real decreto 276/2007, que regula a convocatoria excepcional de estabilización de emprego temporal de longa duración a que se refiren as disposicións adicionais sexta e oitava da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público.

Mediante o Real decreto 800/2022, do 4 de outubro, polo que se regula a integración do profesorado do corpo, a extinguir, de profesores técnicos de formación profesional, no corpo de profesores de ensino secundario, e se modifican diversos reais decretos relativos ao profesorado de ensinanzas non universitarias, modifícase o Regulamento de ingreso, accesos e adquisición de novas especialidades nos corpos docentes a que se refire a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, e de regulación do réxime transitorio de ingreso a que se refire a disposición transitoria décimo sétima da citada lei, aprobado polo Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, establecéndose as titulacións que se declaran equivalentes para os efectos de docencia para o ingreso nos corpos de profesores de ensino secundario e no corpo de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional, nas especialidades que se corresponden coas do extinguido corpo de profesores técnicos de formación profesional. Así mesmo, engádese un novo parágrafo 5 ao número 2 (II. Formación académica) do anexo I do Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, coa finalidade de valorar os certificados que acrediten unha competencia lingüística de nivel C1 ou C2 nun idioma estranxeiro expedidos por outras entidades acreditadas conforme o que se determina nas correspondentes convocatorias.

A disposición adicional cuarta da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, tamén establece que as administracións públicas deberán asegurar o cumprimento do prazo establecido para a execución dos procesos selectivos mediante a adopción das medidas apropiadas para o desenvolvemento áxil dos procesos selectivos, tales como a redución de prazos, a dixitalización dos procesos ou a acumulación de probas nun mesmo exercicio, entre outras. Resulta razoable, para garantir os prazos previstos na propia lei, incluír nas bases da convocatoria a posibilidade de que a Comisión de Selección non avalíe aquelas solicitudes de participación que, á vista da puntuación que consta no documento de autobaremo, carezan de posibilidades de obter unha das prazas convocadas. Por esa razón, establécese na convocatoria un algoritmo para determinar o número mínimo de solicitudes que serán avaliadas en cada especialidade en función do número de prazas convocadas por quenda.

Ao tratarse dun concurso de méritos, está claro que no procedemento selectivo non poden realizarse probas eliminatorias. A epígrafe 5 da disposición transitoria quinta do Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de ingreso, accesos e adquisición de novas especialidades nos corpos docentes a que se refire a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, e se regula o réxime transitorio de ingreso a que se refire a disposición transitoria décimo sétima da citada lei, incorporada polo Real decreto 270/2022, do 12 de abril, establece que nas comunidades autónomas con lingua cooficial, as administracións educativas establecerán a forma de acreditar o coñecemento da respectiva lingua cooficial. E o artigo 16 do citado Real decreto 276/2007, recolle que nas convocatorias que inclúan prazas situadas en comunidades autónomas cuxa lingua propia teña carácter cooficial, cando o coñecemento desta lingua constitúa un requisito para o ingreso ou o acceso ás ditas prazas, poderán establecerse os procedementos adecuados para acreditar o seu coñecemento. Este procedemento de acreditación do coñecemento da lingua cooficial non forma parte do sistema de ingreso, senón que é unha forma máis de acreditar que se posúe un requisito que a propia convocatoria exixe para participar no concurso de méritos. Así que nesta convocatoria, como vén sendo habitual nas convocatorias dos procedementos selectivos para o ingreso nos corpos docentes que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica de educación, establécese a posibilidade de acreditación do coñecemento do galego para aquelas persoas que non poidan facelo a través da achega dunha das certificacións relacionadas na base terceira.

Pola súa vez, no referente ao baremo do concurso de méritos, na epígrafe 2.1 do baremo, sobre a valoración da nota media do título alegado para o ingreso no corpo, valorarase, de ser o caso, a nota media das titulacións declaradas equivalentes para os efectos de docencia de conformidade coa Sentenza do Tribunal Supremo número 856/2018, do 24 de maio, Sala do Contencioso-Administrativo, Sección 4ª (recurso de casación 3379/2015).

Na subepígrafe 2.3.2 do baremo inclúese a valoración do título de grao. É certo que no anexo I do Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, non consta esta titulación, pero iso débese a que no momento de aprobarse o real decreto non estaba aprobada a reforma na estrutura e organización das ensinanzas universitarias realizada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, baseada en tres ciclos: grao, máster e doutoramento. As administracións educativas vimos valorando este título de grao nas convocatorias dos procedementos selectivos de ingreso e acceso nos corpos docentes que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica de educación, coa finalidade de evitar o agravio comparativo que suporía valorar as titulacións que se extinguen e non facelo coas novas titulacións do plan de estudos vixente.

Na epígrafe 2.4.b) do baremo, relativa aos certificados de nivel avanzado ou equivalente das escolas oficiais de idiomas, valoraranse as certificacións das escolas oficiais de idiomas de nivel avanzado C1 e C2 de acordo co Real decreto 1041/2017, do 22 de decembro, así como as equivalencias establecidas no anexo II do dito real decreto. Ademais, valoraranse as certificacións dun nivel de competencia lingüística C1 e C2 segundo o Marco común europeo de referencia para as linguas (MCERL) na epígrafe 2.5 do baremo.

Así mesmo, consonte a xurisprudencia sentada na Sentenza da Sala Segunda do Tribunal Constitucional de 12 de setembro de 2022, ditada no recurso de amparo número 4042/2018, debe considerarse acreditada a formación e capacidade de tutela nas investigacións propias das ensinanzas artísticas a aquelas persoas aspirantes que desempeñasen temporalmente as funcións de catedrático de música e artes escénicas. Así, acollemos o criterio xa establecido noutras ocasións, como no suposto da acreditación da formación pedagóxica e didáctica, de ter impartido docencia durante dous cursos académicos completos ou, na súa falta, durante 12 meses exercidos en períodos continuos ou descontinuos.

Finalmente, o persoal interino do corpo de mestres pode ser nomeado para prestar servizos en orientación, que non existe como especialidade neste corpo, desde as listas de todas e cada unha das especialidades do corpo de mestres, sempre que se posúa algunha das titulacións recollidas no artigo 4.a) do Decreto 120/1998, polo que se regula a orientación educativa e profesional na Comunidade Autónoma de Galicia. Procede, en consecuencia, computar os servizos prestados en orientación dos centros de educación infantil e primaria como servizos prestados na especialidade da lista desde que a que se é nomeado ou nomeada. No mesmo sentido, o persoal funcionario interino da especialidade de Servizos á Comunidade pode solicitar prazas de Servizos á Comunidade e de Prácticas e Actividades, pola súa orde de preferencia. Procede tamén computar os servizos prestados en Prácticas e Actividades como servizos prestados na especialidade de Servizos á Comunidade ao persoal funcionario interino procedente desta especialidade de Servizos á Comunidade. Así mesmo, os servizos prestados como persoal especialista serán valorados no corpo correspondente como servizos prestados noutra especialidade.

Mediante o Decreto 80/2022, do 25 de maio, aprobouse a oferta de emprego público correspondente a prazas de estabilización previstas na Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, de persoal funcionario dos corpos docentes que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, da Comunidade Autónoma de Galicia.

En aplicación do citado decreto, esta Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades acorda anunciar as seguintes convocatorias e correspondentes bases:

– Convocatoria do procedemento selectivo para ingreso ao corpo de profesores de ensino secundario.

– Convocatoria do procedemento selectivo para ingreso ao corpo de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional.

– Convocatoria do procedemento selectivo para ingreso no corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas.

– Convocatoria do procedemento selectivo para ingreso no corpo de catedráticos de música e artes escénicas.

– Convocatoria do procedemento selectivo para ingreso no corpo de profesores de música e artes escénicas.

– Convocatoria do procedemento selectivo para ingreso ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño.

– Convocatoria do procedemento selectivo para ingreso no corpo de mestres de taller de artes plásticas e deseño.

– Convocatoria do procedemento selectivo para ingreso ao corpo de mestres.

Base primeira. Normas xerais

1.1. Prazas convocadas.

Convócanse procedementos selectivos extraordinarios de estabilización para o ingreso, mediante concurso de méritos, para cubrir 595 prazas no corpo de profesores de ensino secundario, 44 no corpo de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional, 63 prazas no corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, 9 prazas no corpo de catedráticos de música e artes escénicas, 78 prazas no corpo de profesores de música e artes escénicas, 26 prazas no corpo de profesores de artes plásticas e deseño, 8 prazas no corpo de mestres de taller de artes plásticas e deseño e 333 prazas no corpo de mestres, situadas no ámbito de xestión da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia (código de procedemento ED001B), coa desagregación por especialidades e quendas que a seguir se indican:

Corpo de profesores de ensino secundario (590)

Código/especialidade

Reserva persoas con discapacidade

Libres

Total

001

Filosofía

1

5

6

002

Grego

--

4

4

003

Latín

1

10

11

004

Lingua Castelá e Literatura

--

29

29

005

Xeografía e Historia

--

32

32

006

Matemáticas

1

43

44

007

Física e Química

1

28

29

008

Bioloxía e Xeoloxía

2

24

26

009

Debuxo

1

6

7

010

Francés

2

10

12

011

Inglés

--

31

31

012

Alemán

--

2

2

016

Música

--

2

2

017

Educación Física

2

14

16

018

Orientación Educativa

2

16

18

019

Tecnoloxía

2

20

22

053

Lingua Galega e Literatura

---

15

15

061

Economía

1

14

15

101

Administración de Empresas

--

11

11

102

Análise e Química Industrial

--

9

9

103

Asesoría e Procesos de Imaxe Persoal

--

9

9

104

Construcións Civís e Edificacións

--

4

4

105

Formación e Orientación Laboral

1

16

17

106

Hostalaría e Turismo

--

5

5

107

Informática

--

5

5

108

Intervención Sociocomunitaria

--

3

3

109

Navegación e Instalacións Mariñas

--

5

5

110

Organización e Xestión Comercial

2

8

10

111

Organización e Procesos de Mantemento de Vehículos

1

5

6

112

Organización e Proxectos de Fabricación Mecánica

--

5

5

113

Organización e Proxectos de Sistemas Enerxéticos

--

8

8

115

Procesos de Produción Agraria

--

6

6

116

Procesos na Industria Alimentaria

--

7

7

117

Procesos Diagnósticos Clínicos e Produtos Ortoprotésicos

--

5

5

118

Procesos Sanitarios

--

11

11

119

Procesos e Medios de Comunicación

--

7

7

120

Procesos e Produtos de Téxtil, Confección e Pel

--

2

2

122

Procesos e Produtos en Artes Gráficas

--

3

3

123

Procesos e Produtos en Madeira e Moble

--

12

12

124

Sistemas Electrónicos

--

14

14

125

Sistemas Electrotécnicos e Automáticos

--

7

7

205

Instalación e Mantemento de Equipos Térmicos e de Fluídos

1

3

4

206

Instalacións Electrotécnicas

--

4

4

208

Laboratorio

--

4

4

210

Máquinas, Servizos e Produción

--

3

3

214

Operacións e Equipamentos de Elaboración de Produtos Alimentarios

--

13

13

215

Operacións de Procesos

--

2

2

216

Operacións e Equipos de Produción Agraria

--

4

4

219

Procedementos de Diagnóstico Clínico e Ortoprotésico

--

3

3

220

Procedementos Sanitarios e Asistenciais

1

7

8

221

Procesos Comerciais

--

12

12

222

Procesos de Xestión Administrativa

--

17

17

225

Servizos á Comunidade

--

8

8

227

Sistemas e Aplicacións Informáticas

--

5

5

229

Técnicas e Procedementos de Imaxe e Son

1

7

8

231

Equipos Electrónicos

--

8

8

Total

23

572

595

Corpo de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional (598)

Código/especialidade

Reserva persoas con discapacidade

Libre

Total

001

Cociña e Pastelaría

--

2

2

002

Estética

--

9

9

003

Fabricación e Instalación de Carpintaría e Moble

1

4

5

004

Mantemento de Vehículos

--

3

3

005

Mecanizado e Mantemento de Máquinas

--

2

2

006

Patronaxe e Confección

--

5

5

007

Peiteado

1

5

6

008

Produción de Artes Gráficas

2

6

8

009

Servizos de Restauración

--

1

1

010

Soldadura

--

3

3

Total

4

40

44

Corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas (592)

Código/especialidade

Reserva persoas con discapacidade

Libre

Total

001

Alemán

--

2

2

002

Árabe

--

3

3

004

Chinés

--

10

10

006

Español

--

1

1

008

Francés

--

3

3

009

Galego

--

1

1

011

Inglés

--

31

31

012

Italiano

--

4

4

013

Xaponés

--

7

7

015

Portugués

--

1

1

Total

--

63

63

Corpo de catedráticos de música e artes escénicas (593)

Código/especialidade

Reserva persoas con discapacidade

Libre

Total

010

Composición

--

1

1

023

Dirección de Orquestra

--

1

1

035

Guitarra

--

1

1

051

Musicoloxía

--

1

1

066

Saxofón

--

1

1

090

Gaita

--

1

1

091

Guitarra Eléctrica

--

1

1

092

Instrumentos de Corda Pulsada do Renacemento e Barroco

--

1

1

102

Viola de Gamba

--

1

1

Total

--

9

9

Corpo de profesores de música e artes escénicas (594)

Código/especialidade

Reserva persoas con discapacidade

Libre

Total

007

Caracterización

--

1

1

118

Dramaturxia e Escritura Dramática

--

2

2

124

Interpretación no Teatro do Texto

--

5

5

120

Estética e Historia da Arte

--

1

1

129

Técnicas Gráficas para a Escena

--

1

1

130

Teoría das Artes do Espectáculo

--

4

4

401

Acordeón

--

1

1

403

Canto

--

3

3

406

Contrabaixo

--

2

2

411

Frauta de Bico

--

1

1

412

Fundamentos de Composición

--

2

2

414

Guitarra

--

2

2

417

Instrumentos de Corda Pulsada do Renacemento e o Barroco

--

1

1

420

Órgano

--

1

1

422

Percusión

--

2

2

423

Piano

--

5

5

424

Saxofón

--

1

1

426

Trombón

--

2

2

427

Trompa

--

1

1

428

Trompeta

--

2

2

431

Viola

--

1

1

432

Viola de Gamba

--

1

1

433

Violín

--

2

2

434

Violoncello

--

2

2

435

Danza Española

--

1

1

436

Danza Clásica

--

2

2

437

Danza Contemporánea

--

1

1

441

Canto Aplicado á Arte Dramática

--

1

1

443

Danza Aplicada á Arte Dramática

--

1

1

444

Dicción e Expresión Oral

--

3

3

445

Dirección Escénica

--

4

4

448

Espazo Escénico

--

3

3

449

Expresión Corporal

1

3

4

450

Iluminación

--

1

1

455

Literatura Dramática

--

2

2

456

Técnicas Escénicas

--

1

1

460

Linguaxe Musical

1

7

8

Total

2

76

78

Corpo de profesores de artes plásticas e deseño (595)

Código/especialidade

Reserva persoas con discapacidade

Libre

Total

503

Conservación e Restauración de Obras Escultóricas

--

2

2

504

Conservación e Restauración de Obras Pictóricas

--

1

1

507

Debuxo Artístico e Cor

--

1

1

509

Deseño de Interiores

--

3

3

510

Deseño de Moda

--

3

3

512

Deseño Gráfico

--

4

4

515

Fotografía

--

2

2

516

Historia da Arte

--

1

1

517

Xoiaría e Ourivaría

--

1

1

520

Materiais e Tecnoloxía: Deseño

--

2

2

521

Medios Audiovisuais

--

2

2

522

Medios Informáticos

--

3

3

525

Volume

--

1

1

Total

--

26

26

Corpo de mestres de taller de artes plásticas e deseño (596)

Código/especialidade

Reserva persoas con discapacidade

Libre

Total

604

Dourado e Policromía

--

2

2

608

Fotografía e Procesos de Reprodución

--

1

1

612

Talla en Pedra e Madeira

--

2

2

614

Técnicas en Gravado e Estampación

--

2

2

618

Técnicas do Metal

--

1

1

Total

--

8

8

Corpo de mestres (597)

Código/especialidade

Reserva persoas con discapacidade

Libre

Total

031

Educación Infantil

3

69

72

032

Lingua Estranxeira: Inglés

1

24

25

033

Lingua Estranxeira: Francés

2

24

26

034

Educación Física

--

11

11

035

Música

--

19

19

036

Pedagoxía Terapéutica

5

48

53

037

Audición e Linguaxe

1

54

55

038

Educación Primaria

2

70

72

Total

14

319

333

Os códigos dos corpos son os seguintes:

Mestres

597

Profesores de ensino secundario

590

Profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional

598

Profesores de escolas oficiais de idiomas

592

Corpo de catedráticos de música e artes escénicas

593

Profesores de música e artes escénicas

594

Profesores de artes plásticas e deseño

595

Mestres de taller de artes plásticas e deseño

596

1.2. Acumulación das prazas da quenda de reserva de persoas con discapacidade na modalidade de acceso xeral.

As prazas reservadas para as persoas con discapacidade que resulten sen adxudicar acumularanse á modalidade de acceso xeral do mesmo corpo e da mesma especialidade.

1.3. Non acumulación das prazas noutro corpo nin noutra especialidade.

As prazas que poidan quedar vacantes nalgunha especialidade non serán acumulables a outras especialidades do mesmo corpo nin ás que se oferten noutro corpo agás, se é o caso, a través da resolución estimatoria de recurso de reposición.

1.4. Normativa aplicable.

A estes procedementos selectivos seranlles de aplicación:

– A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

– A Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa.

– A Lei orgánica 3/2020, do 29 de decembro, pola que se modifica a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

– O Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público.

– A Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

– A Lei 17/1993, do 23 de decembro, sobre o acceso a determinados sectores da función pública dos nacionais dos demais Estados membros da Unión Europea.

– O Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de ingreso, accesos e adquisición doutras especialidades nos corpos docentes a que se refire a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, e se regula o réxime transitorio a que se refire a disposición transitoria décimo sétima da citada lei.

– A Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.

– O Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social.

– A Lei 26/2015, do 28 de xullo, de modificación do sistema de protección á infancia e á adolescencia.

– Lei orgánica 8/2021, do 4 de xuño, de protección integral á infancia e a adolescencia fronte á violencia.

– O Real decreto 1137/2002, do 31 de outubro, polo que se regulan os diplomas de español como lingua estranxeira.

– O Real decreto 240/2007, do 16 de febreiro, sobre entrada, libre circulación e residencia en España de cidadáns dos Estados membros da Unión Europea e doutros Estados parte no Acordo sobre o Espazo Económico Europeo.

– O Real decreto 1834/2008, do 8 de novembro, polo que se definen as condicións de formación para o exercicio da docencia na educación secundaria obrigatoria, o bacharelato e a formación profesional e as ensinanzas de réxime especial, e se establecen as especialidades dos corpos docentes de ensino secundario.

– O Real decreto 665/2015, do 17 de xullo, polo que se desenvolven determinadas disposicións relativas ao exercicio da docencia na educación secundaria obrigatoria, no bacharelato, na formación profesional e nas ensinanzas de réxime especial, á formación inicial do profesorado e ás especialidades dos corpos docentes de ensino secundario.

– O Decreto 70/2017, do 13 de xullo, polo que se regula a formación en igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero do persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, e demais disposicións de aplicación xeral, así como o disposto nesta convocatoria.

– A Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público.

– O Real decreto 270/2022, do 12 de abril, polo que se modifica o Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de ingreso, accesos e adquisición doutras especialidades nos corpos docentes a que se refire a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, e se regula o réxime transitorio a que se refire a disposición transitoria décimo sétima da citada lei.

– A Lei orgánica 3/2022, do 31 de marzo, de ordenación e integración da formación profesional.

– O Real decreto 800/2022, do 4 de outubro, polo que se regula a integración do profesorado do corpo, a extinguir, de profesores técnicos de formación profesional, no corpo de profesores de ensino secundario, e se modifican diversos reais decretos relativos ao profesorado de ensinanzas non universitarias.

– O Decreto 80/2022, do 25 de maio, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario dos corpos docentes que imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, da Comunidade Autónoma de Galicia, derivadas da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público.

Base segunda. Requisitos que debe reunir o persoal aspirante

Para seren admitidas ao proceso selectivo as persoas aspirantes deberán posuír e xustificar, nos termos sinalados nesta convocatoria, os seguintes requisitos xerais e específicos de participación:

2.1. Requisitos xerais.

a) Ter nacionalidade española ou ter a nacionalidade doutro Estado membro da Unión Europea ou de calquera outro dos Estados aos cales, en virtude dos tratados internacionais realizados pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores e traballadoras.

Tamén poderán participar as persoas, calquera que sexa a súa nacionalidade, descendentes de persoas que posúan a nacionalidade española ou doutros Estados membros da Unión Europea, sempre que sexan menores de vinte e un anos ou maiores da devandita idade dependentes.

Tamén poderán participar as persoas, calquera que sexa a súa nacionalidade, que sexan cónxuxes de persoas que posúan a nacionalidade española ou doutros Estados membros da Unión Europea, sempre que non estean separadas de dereito.

Así mesmo, poderán participar as persoas, calquera que sexa a súa nacionalidade, descendentes do/da cónxuxe non separado de dereito de persoas que posúan a nacionalidade española ou doutros Estados membros da Unión Europea, sempre que sexan menores de vinte e un anos ou maiores da devandita idade dependentes.

b) Ter feitos os dezaseis anos e non ter alcanzado a idade establecida, con carácter xeral, para a xubilación forzosa.

c) Posuír as titulacións que, para cada corpo, se especifican nesta base.

No caso de que as ditas titulacións universitarias se obtivesen no estranxeiro, deberá terse concedida a correspondente credencial de homologación, segundo o Real decreto 967/2014, do 21 de novembro (BOE do 22 de novembro), e o Real decreto 1837/2008, do 8 de novembro, polo que se incorporan ao ordenamento xurídico español a Directiva 2005/36/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de setembro, e a Directiva 2006/100/CE do Consello, do 20 de novembro, relativa ao recoñecemento de cualificacións profesionais, así como a determinados aspectos da profesión de avogado (BOE do 20 de novembro). No caso de títulos e estudos estranxeiros de educación non universitaria deberá aterse ao Real decreto 104/1988, do 29 de xaneiro, sobre homologación e validación de títulos e estudos estranxeiros de educación non universitaria, e demais normativa concordante e de desenvolvemento.

d) Non padecer enfermidade nin estar afectado/a por limitación física ou psíquica incompatible co desempeño das funcións correspondentes ao corpo e especialidade a que se opta.

e) Non ter sido separado/a, mediante expediente disciplinario, do servizo de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se trate de acceder ao corpo ou escala de persoal funcionario do cal a persoa foi separada ou inhabilitada.

No caso de nacionais doutros Estados, non estar inhabilitado/a ou en situación equivalente, nin ter sido sometido/a a sanción disciplinaria ou equivalente que impida no Estado de procedencia o acceso ao emprego público nos termos anteriores.

f) Non ter sido condenado/a por sentenza firme por algún delito contra a liberdade e indemnidade sexual, conforme dispón o artigo 57 da Lei orgánica 8/2021, do 4 de xuño, de protección integral á infancia e a adolescencia fronte á violencia.

O persoal participante cuxa nacionalidade sexa distinta da española deberá acreditar, ademais da certificación negativa do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais referidos ao Estado español, a certificación negativa de condenas penais expedida polas autoridades do seu país de orixe ou de onde sexan nacionais, respecto dos delitos relacionados no apartado 1 do artigo 3 do Real decreto 1110/2015, do 11 de decembro, polo que se regula o Rexistro Central de Delincuentes Sexuais.

g) Non ser persoal funcionario de carreira, en prácticas ou estar pendente do correspondente nomeamento do mesmo corpo ao que se aspira a ingresar. Para estes únicos efectos, entenderase como o mesmo corpo o corpo de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional e o corpo a extinguir de profesores técnicos de formación profesional.

h) Acreditar o coñecemento do galego.

i) Acreditar, de ser o caso, o coñecemento do castelán.

2.2. Requisitos específicos para participar no procedemento selectivo, que inclúe a quenda para persoas con recoñecemento legal de discapacidade.

2.2.1. Para os corpos de profesores de ensino secundario e profesores de escolas oficiais de idiomas.

a) Posuír o título de doutoramento, licenciatura, enxeñaría, arquitectura ou título de grao correspondente ou outros títulos equivalentes para os efectos de docencia ou ter superado todos os estudos conducentes para a súa obtención e ter satisfeitos os dereitos de expedición del.

De conformidade co establecido na disposición adicional única do Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, para ingreso no corpo de profesores de ensino secundario, para as especialidades que se detallan no anexo V deste, poderán ser admitidas as persoas que, aínda carecendo da titulación exixida con carácter xeral, posúan algunha titulación de diplomatura universitaria, arquitectura técnica ou enxeñaría técnica.

b) Posuír a formación pedagóxica e didáctica a que se refire o artigo 100.2 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. Con carácter xeral, reunirá este requisito quen posúa o título oficial de máster universitario que habilite para o exercicio das profesións de profesor de ensinanza secundaria obrigatoria e bacharelato, formación profesional ou escolas oficiais de idiomas. A especialidade que conste no citado título facultará para a presentación do persoal aspirante en calquera especialidade.

Estará dispensado da posesión do citado título o persoal aspirante que acredite ter, con anterioridade ao 1 de outubro de 2009, algún dos seguintes requisitos:

– Posuír o título profesional de especialización didáctica, o certificado de aptitude pedagóxica ou o certificado de cualificación pedagóxica.

– Posuír o título de mestre/a, diplomatura en Profesorado de Educación Xeral Básica, mestre/a de ensino primario, licenciatura en Pedagoxía ou en Psicopedagoxía. Así mesmo, tamén estará exento o persoal que estivese cursando algunha das tres anteriores titulacións e tivese cursados e superados 180 créditos destas na citada data do 1 de outubro de 2009.

– Ter impartido docencia durante dous cursos académicos completos ou, na súa falta, durante 12 meses exercidos en períodos continuos ou descontinuos, en centros públicos ou privados de ensino regrado debidamente autorizados, nas ensinanzas de educación secundaria obrigatoria, ou de bacharelato, ou de formación profesional, ou de escolas oficiais de idiomas, conforme o previsto na disposición transitoria cuarta do Real decreto 1834/2008, do 8 de novembro.

2.2.2. Para o corpo de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional.

a) Posuír a titulación de diplomatura, arquitectura técnica, enxeñaría técnica ou o título de grao, licenciatura, enxeñaría ou arquitectura correspondente, ou outros títulos de técnico superior de formación profesional declarados equivalentes, para os efectos de docencia.

Para o ingreso no corpo de profesores especialistas en sectores singulares de formación profesional para as especialidades que se detallan no anexo VI do Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, poderán ser admitidas as persoas que, aínda carecendo da titulación exixida con carácter xeral, posúan algunha titulación de técnico superior da familia profesional ou familias profesionais para cuxas titulacións teña atribución docente a especialidade pola que se concursa. Os títulos declarados equivalentes a técnico superior para efectos académicos e profesionais serán tamén equivalentes para efectos de docencia.

b) Posuír a formación pedagóxica e didáctica a que se refire o artigo 100.2 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, ou a establecida para a capacitación pedagóxica e didáctica dos técnicos superiores ou equivalente. Con carácter xeral, reunirá este requisito quen posúa o título oficial de máster universitario que habilite para o exercicio das profesións de profesor de ensino secundario obrigatorio e bacharelato, formación profesional ou escolas oficiais de idiomas. A especialidade que conste no citado título facultará para a presentación do persoal aspirante en calquera especialidade.

Estará dispensado da posesión do citado título o persoal aspirante que acredite ter, con anterioridade ao 1 de outubro de 2009, algún dos seguintes requisitos:

– Posuír o título profesional de especialización didáctica, o certificado de aptitude pedagóxica ou o certificado de cualificación pedagóxica.

– Posuír o título de mestre/a, diplomatura en Profesorado de Educación Xeral Básica, mestre/a de ensino primario, licenciatura en Pedagoxía ou en Psicopedagoxía. Así mesmo, tamén estará exento o persoal que estivese cursando algunha das tres anteriores titulacións e tivese cursado 180 créditos destas na citada data do 1 de outubro de 2009.

– Ter impartido docencia durante dous cursos académicos completos ou, na súa falta, durante 12 meses exercidos en períodos continuos ou descontinuos, en centros públicos ou privados de ensino regrado debidamente autorizados, nas ensinanzas de educación secundaria obrigatoria, ou de bacharelato, ou de formación profesional, ou de escolas oficiais de idiomas, conforme o previsto na disposición transitoria cuarta do Real decreto 1834/2008, do 8 de novembro.

Ademais, estarán dispensadas da posesión do citado título aquelas persoas que, con anterioridade ao 1 de setembro de 2014, impartisen docencia durante dous cursos académicos completos ou, na súa falta, durante 12 meses exercidos en períodos continuos ou descontinuos, en centros públicos ou privados de ensino regrado debidamente autorizados, nas ensinanzas de formación profesional.

2.2.3. Para o corpo de catedráticos e de profesores de música e artes escénicas.

Posuír o título de doutoramento, licenciatura, enxeñaría, arquitectura ou título de grao correspondente ou outros títulos equivalentes para os efectos de docencia ou ter superado todos os estudos conducentes para a súa obtención e ter satisfeitos os dereitos de expedición del.

Para o acceso ao corpo de catedráticos de música e artes escénicas e para as especialidades do corpo de profesores de música e artes escénicas, referidas á arte dramática (códigos 441 a 459), o persoal aspirante deberá acreditar, ademais, a formación e capacidade de tutela nas investigacións propias das ensinanzas artísticas.

Para estes efectos, deberá acreditarse indistintamente este requisito, polo menos, por algún dos seguintes medios:

a) Posuír un título de doutoramento.

b) Posuír un título universitario oficial de máster, distinto do requirido para o ingreso á función pública docente, para cuxa obtención se exixan, cando menos, 60 créditos, e que capacite para a práctica da investigación educativa ou da investigación propia das ensinanzas artísticas.

c) Posuír o recoñecemento de suficiencia investigadora ou o certificado/diploma acreditativo de estudos avanzados.

d) Para o corpo de catedráticos de música e artes escénicas, ter impartido docencia durante dous cursos académicos completos ou, na súa falta, durante 12 meses exercidos en períodos continuos ou descontinuos, en centros públicos ou privados de ensino regrado debidamente autorizados, nas ensinanzas superiores de música.

e) Para o corpo de profesores de música e artes escénicas, nas especialidades propias da arte dramática, ter impartido docencia durante dous cursos académicos completos ou, na súa falta, durante 12 meses exercidos en períodos continuos ou descontinuos, en centros públicos ou privados de ensino regrado debidamente autorizados, nas ensinanzas de arte dramática.

De conformidade coa disposición adicional única do Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, para ingreso no corpo de profesores de música e artes escénicas decláranse equivalentes para os efectos de docencia as titulacións que se relacionan no anexo III da presente orde.

De acordo co que se establece na disposición transitoria primeira do citado Real decreto 276/2007, ata que se regule para cada ensinanza a formación pedagóxica e didáctica establecida no artigo 100.2 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, non se exixe esta formación ao persoal aspirante ao ingreso nestes corpos.

2.2.4. Para o corpo de profesores de artes plásticas e deseño.

Posuír o título de doutoramento, licenciatura, enxeñaría, arquitectura ou título de grao correspondente ou outros títulos equivalentes para os efectos de docencia ou ter superado todos os estudos conducentes para a súa obtención e ter satisfeitos os dereitos de expedición del.

De conformidade co establecido na disposición adicional única do Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, para ingreso no corpo de profesores de artes plásticas e deseño, nas especialidades de Conservación e Restauración de Obras Escultóricas, Conservación e Restauración de Obras Pictóricas, Deseño de Interiores, Deseño de Moda e Deseño Gráfico, serán admitidas as persoas que, aínda carecendo da titulación exixida con carácter xeral, posúan unha das titulacións que se relacionan no anexo IV da presente orde.

De acordo co que se establece na disposición transitoria primeira do citado Real decreto 276/2007, ata que se regule para cada ensinanza a formación pedagóxica e didáctica establecida no artigo 100.2 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, non se exixe esta formación ao persoal aspirante ao ingreso neste corpo.

No caso das especialidades propias das ensinanzas artísticas de Conservación e Restauración de Obras Escultóricas e Conservación e Restauración de Obras Pictóricas que atenden exclusivamente as ensinanzas artísticas superiores deberase acreditar, ademais, a formación e capacidade de tutela nas investigacións propias das ensinanzas artísticas. As persoas aspirantes terán acreditada esta formación e capacidade se cumpren algunha das seguintes condicións:

– Posuír o título de doutoramento.

– Posuír un título universitario oficial de máster, distinto do requirido para o ingreso á función pública docente, para cuxa obtención se exixan, polo menos, 60 créditos, e que capacite para a práctica da investigación educativa ou da investigación propia das ensinanzas artísticas.

– Posuír o recoñecemento de suficiencia investigadora ou o certificado diploma acreditativo de estudos avanzados.

– Ter impartido docencia durante dous cursos académicos completos ou, na súa falta, durante 12 meses exercidos en períodos continuos ou descontinuos, en centros públicos ou privados de ensino regrado debidamente autorizados, nestas ensinanzas.

2.2.5. Para o corpo de mestres de taller de artes plásticas e deseño.

Posuír o título de doutoramento, licenciatura, enxeñaría, arquitectura ou título de grao correspondente, ou título de diplomatura universitaria, arquitectura técnica, enxeñaría técnica ou título de grao correspondente ou outros títulos equivalentes para os efectos de docencia ou ter superado todos os estudos conducentes para a súa obtención e ter satisfeitos os dereitos de expedición del. De conformidade co establecido na disposición adicional única do Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, para ingreso no corpo de mestres de taller de artes plásticas e deseño, nas especialidades de Dourado e Policromía, Fotografía e Procesos de Reprodución, Talla en Pedra e Madeira, Técnicas de Gravado e Estampación e Técnicas de Metal serán admitidas as persoas que, aínda carecendo da titulación exixida con carácter xeral, posúan unha das titulacións declaradas equivalentes para os efectos de docencia que se relacionan no anexo V da presente orde.

De acordo co que se establece na disposición transitoria primeira do citado Real decreto 276/2007, ata que se regule para cada ensinanza a formación pedagóxica e didáctica establecida no artigo 100.2 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, non se exixe esta formación ao persoal aspirante ao ingreso neste corpo.

2.2.6. Para o corpo de mestres.

Posuír ou ter superado todos os estudos conducentes para a súa obtención e ter satisfeitos os dereitos de expedición dalgún dos seguintes títulos:

– Título de mestre/a ou o título de grao en mestre/a de educación infantil ou de educación primaria.

– Título de diplomado/a en profesorado de educación xeral básica.

– Título de mestre/a de ensino primario.

2.3. Requisitos específicos para participar pola quenda para persoas con recoñecemento legal de discapacidade en todos os corpos.

De conformidade co establecido no artigo 48 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e o Decreto 80/2022, do 25 de maio, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario dos corpos docentes da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022 (DOG núm. 102, do 30 de maio), derivadas da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, resérvase unha cota do 7 % do total das prazas ofertadas no decreto ás cales poderán concorrer as persoas que teñan a condición legal de discapacidade, sempre que reúnan as condicións xerais establecidas nesta convocatoria e, no seu momento, acrediten un grao de discapacidade de, polo menos, o 33 % e a compatibilidade entre a discapacidade e o desenvolvemento das tarefas e funcións docentes propias do corpo a que accedan, na correspondente especialidade, mediante certificación dos órganos competentes da Comunidade Autónoma de Galicia, doutras comunidades autónomas ou, se é o caso, da Administración central do Estado.

A opción por esta quenda formularase na solicitude de participación e acreditarase de conformidade co establecido nesta convocatoria.

O recoñecemento dunha discapacidade con posterioridade á finalización do prazo de presentación de solicitudes, aínda cando se fixese con efectos retroactivos, non supoñerá en ningún caso a admisión polo procedemento de reserva.

2.4. Prazo en que se deben de reunir os requisitos.

Todas as condicións e requisitos de participación relacionados nesta base deberán posuírse no día en que remate o prazo de presentación de solicitudes e manterse ata o momento da toma de posesión como persoal funcionario de carreira.

2.5. Incompatibilidades.

O persoal aspirante que concorra pola reserva de persoas con discapacidade non poderá presentarse á mesma especialidade pola quenda libre.

Base terceira. Acreditación do coñecemento da lingua galega

3.1. As persoas aspirantes deberán acreditar o coñecemento da lingua galega co certificado de competencia en lingua galega Celga 4 ou equivalente, curso de perfeccionamento da lingua galega, validación do curso de perfeccionamento en lingua galega realizada polo órgano competente, o título de licenciatura en Filoloxía Galego-Portuguesa, certificado de aptitude ou nivel avanzado de galego da escola oficial de idiomas ou certificado de ter o curso de especialización en lingua galega.

3.2. As persoas que non poidan acreditar o coñecemento do galego de acordo co establecido no parágrafo anterior poderán ser admitidas condicionalmente no concurso de méritos e deberán realizar unha proba eliminatoria.

Esta proba, que se realizará de forma escrita, consistirá na resposta a varias cuestións sobre o temario de lingua galega que figura como anexo VI e nunha tradución do castelán para o galego.

A proba terá lugar no día e na hora que se determine por resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, que se publicará no enderezo web www.edu.xunta.gal

3.3. Tribunal de valoración.

A valoración da proba realizaraa o tribunal ou tribunais designados por resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, composto por:

– Unha presidencia, designada directamente pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

– Catro vogais, designados/as por sorteo público mediante aplicación informática entre o persoal funcionario de carreira do corpo de catedráticos de ensino secundario ou de profesores de ensino secundario, da especialidade de Lingua Galega e Literatura, e que estean destinados nesta.

Da mesma maneira, designaranse dous tribunais suplentes por cada tribunal.

3.4. Valoración da proba.

O tribunal ou tribunais valorarán esta proba coa cualificación de apto/a e non apto/a. Quedarán excluídas do procedemento selectivo as persoas cualificadas como non aptas.

Rematada a realización da proba, o tribunal ou tribunais publicarán a valoración das persoas aspirantes no enderezo web www.edu.xunta.gal/oposicions e elevaraa á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, para a súa incorporación ao expediente.

Base cuarta. Acreditación do coñecemento da lingua castelá

As persoas aspirantes que non posúan a nacionalidade española e non teñan como idioma oficial o español deberán acreditar o coñecemento do castelán co diploma superior de español como lingua estranxeira, certificado de aptitude ou nivel avanzado de español expedido polas escolas oficiais de idiomas, título de licenciatura, ou de grao equivalente, en Filoloxía Hispánica ou Románica ou outros títulos homologados, ou certificación académica en que conste que se realizaron no Estado español estudos conducentes á titulación alegada para ingreso no corpo.

Base quinta. Solicitudes e pagamento de taxas

5.1. Solicitudes.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado accesible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, que se deberá cubrir na páxina web da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, www.edu.xunta.gal/oposicions

Así mesmo, deberá procederse o pagamento da taxa vixente no momento da presentación electrónica da solicitude de acordo co establecido na base 5.10 desta orde.

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.

Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

As titulacións exixidas pola base segunda desta orde como requisito específico para o ingreso aos corpos de persoal funcionario docente, así como as funcións que desenvolve este persoal, presupoñen que as persoas aspirantes posúen capacidade técnica suficiente para o acceso e dispoñibilidade dos medios electrónicos necesarios, no sentido do que establece o artigo 14.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o artigo 10.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, como xustificación da obrigatoriedade de presentar as solicitudes exclusivamente por medios electrónicos.

Non poderá presentarse máis dunha solicitude de participación para un mesmo corpo, salvo que se opte por máis dunha especialidade. No suposto de presentar varias solicitudes para o mesmo corpo e especialidade, soamente se admitirá a última presentada neste procedemento normalizado na sede electrónica da Xunta de Galicia.

O persoal aspirante deberá cubrir todos os campos habilitados para estes efectos na solicitude, nomeadamente os datos persoais, o corpo e a especialidade a que aspira, a forma de acceso, taxas e a titulación que alega e xustifica para o ingreso ao corpo, así como o autobaremo que se inclúe no corpo desta. No que se refire á autobaremación, o persoal participante deberá cubrir na epígrafe de experiencia docente previa o número de anos e meses que alegue, segundo o establecido nas bases desta convocatoria, e a aplicación web calculará automaticamente a puntuación que se lle outorga de conformidade co período temporal declarado responsablemente polo persoal aspirante. A aplicación web tamén calculará automaticamente a puntuación correspondente á epígrafe de formación unha vez que o persoal participante cubra o número de cursos que posúe de acordo cos requisitos exixidos polas bases desta convocatoria. No resto das epígrafes será o persoal aspirante o que deberá cubrir a puntuación que lle corresponda segundo a nota media que posúa, o número e tipo de titulacións que posúa e as fases de oposición da mesma especialidade do corpo a que opta superadas nun procedemento selectivo de ingreso a corpos da función pública docente desde o ano 2012, segundo o establecido nesta convocatoria. A aplicación web non permitirá que se superen os máximos establecidos para cada epígrafe e subepígrafe, así como a puntuación total máxima establecida nesta convocatoria.

Unha vez finalizado o prazo de presentación de solicitudes, a solicitude de participación será vinculante para a persoa aspirante, de forma que calquera erro ou omisión nesta pode determinar que non se obteña praza da especialidade solicitada ou se obteña unha praza non desexada. Así mesmo, a autobaremación realizada polo persoal aspirante quedará supeditada á posterior verificación desta pola Comisión de Selección.

O persoal participante declarará responsablemente na solicitude de participación que todos os datos contidos nesta e, en particular na autobaremación, son certos, que reúne os requisitos exixidos para participar neste concurso de méritos e que os documentos achegados son veraces. No caso de falsidade nos datos consignados, en particular na autobaremación, así como na documentación achegada coa solicitude de participación ou coa solicitude de actualización e/ou modificación do expediente persoal, o persoal aspirante poderá ser excluído da súa participación neste procedemento con independencia das responsabilidades que procederen. O órgano convocante poderá solicitar, en calquera momento do procedemento administrativo, os orixinais a través dos cales se xeraron todos os arquivos electrónicos incorporados á solicitude de participación, así como á solicitude de actualización e/ou modificación do expediente persoal docente co fin de contrastar a súa validez e concordancia. Así mesmo, reserva para si o dereito de proceder legalmente contra quen consigne datos falsos, en particular na autobaremación, modifique ou altere os documentos orixinais para xerar os arquivos electrónicos incluídos nalgunha destas solicitudes.

5.2. Participación por máis dunha especialidade do mesmo corpo.

No suposto de participar no concurso de méritos por máis dunha especialidade do mesmo corpo presentarase unha solicitude por cada especialidade. Sen prexuízo do anterior, a solicitude de actualización do expediente persoal e a documentación xustificativa dos méritos alegados realizarase unha única vez mediante o procedemento normalizado establecido pola Orde do 2 de xuño de 2021 pola que se regulan o contido, uso e acceso ao expediente do persoal funcionario dos corpos docentes e do persoal laboral docente que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006 (código de procedemento ED011A).

5.3. Participación por máis dun corpo.

No suposto de participar no concurso de méritos por máis dun corpo presentarase unha solicitude por cada corpo e especialidade polo que se participa. Sen prexuízo do anterior, a solicitude de actualización do expediente persoal e a documentación xustificativa dos méritos alegados realizarase unha única vez mediante o procedemento normalizado establecido pola Orde do 2 de xuño de 2021 pola que se regulan o contido, uso e acceso ao expediente do persoal funcionario dos corpos docentes e do persoal laboral docente que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006 (código de procedemento ED011A).

5.4. Documentación complementaria.

5.4.1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

a) No caso de non dispor do título, certificación académica oficial que acredite que se realizaron todos os estudos para a obtención deste, xunto co recibo acreditativo conforme se efectuou o pagamento correspondente dos dereitos de expedición. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberá presentarse a credencial da súa homologación ou ben a credencial de recoñecemento da titulación para exercer a profesión de profesor de educación secundaria obrigatoria e bacharelato, formación profesional e ensino de idiomas, mestre en educación primaria ou en educación infantil.

b) Documentación acreditativa de posuír a formación pedagóxica e didáctica a que se refire o artigo 100.2 da Lei 2/2006, do 3 de maio, de educación, ou, cando sexa o caso, da formación equivalente.

Cando en substitución do máster universitario que habilita para o exercicio das profesións de profesor de educación secundaria obrigatoria e bacharelato, formación profesional e ensinanzas de idiomas se alegue docencia efectiva, con anterioridade ao 1 de outubro de 2009, durante dous cursos completos ou doce meses continuos ou descontinuos, en ensinanzas regradas dos niveis e ensinanzas cuxas especialidades se regulan no Real decreto 1834/2008, do 8 de novembro, non será necesario presentar ningunha documentación se a docencia se impartiu en centros públicos dependentes desta Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e os servizos prestados constan na aplicación informática de persoal. Nestes supostos a certificación será expedida e incorporada de oficio ao expediente correspondente pola Subdirección Xeral de Recursos Humanos.

Noutro caso xustificarase do seguinte xeito:

– Se se trata dun centro público, mediante certificación, na cal conste a data de inicio e fin, o nivel do ensino impartido e a especialidade, expedida pola secretaría do centro, co visto e prace da dirección e o contrato ou nomeamento expedido polo organismo correspondente.

– Se se trata dun centro privado debidamente autorizado, mediante certificación, en que conste a data de inicio e fin, o nivel do ensino impartido e a materia, expedida pola dirección do centro, co visto e prace dos servizos de inspección educativa correspondente, ou copia dos contratos de traballo xunto con certificado da vida laboral.

c) Certificado de Celga 4 ou equivalente non expedido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, curso de perfeccionamento da lingua galega, validación do curso de perfeccionamento en lingua galega feita polo órgano competente, o título de licenciatura en Filoloxía Galego-Portuguesa, certificado de aptitude ou nivel avanzado de galego da escola oficial de idiomas ou certificado de ter o curso de especialización en lingua galega.

d) As persoas que non posúan a nacionalidade española e non teñan como idioma oficial o español, diploma superior de español como lingua estranxeira, certificado de aptitude ou nivel avanzado de español expedido polas escolas oficiais de idiomas, título de licenciatura, ou de grao equivalente, en Filoloxía Hispánica ou Románica ou outros títulos homologados, ou certificación académica en que conste que se realizaron no Estado español estudos conducentes á titulación alegada para ingreso no corpo.

e) Persoal aspirante que solicite exención ou bonificación das taxas:

– Xustificación de ser membro de familia numerosa de categoría xeral ou especial, só no caso de non estar recoñecida pola Comunidade Autónoma de Galicia.

– Xustificación de ter un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %, só no caso de non estar recoñecida pola Comunidade Autónoma de Galicia.

– As vítimas do terrorismo, entendendo por tales, para estes efectos, as persoas que sufriron danos físicos ou psíquicos como consecuencia da actividade terrorista e así o acrediten mediante sentenza xudicial firme ou en virtude de resolución administrativa pola que se recoñeza tal condición, o seu cónxuxe ou persoa que convivise con análoga relación de afectividade, o cónxuxe da persoa falecida e os fillos das persoas feridas e falecidas.

f) Persoal aspirante que non teña a nacionalidade española:

– O persoal aspirante que non teña a nacionalidade española, incluído no primeiro parágrafo da epígrafe 2.1.a), que resida en España, deberá presentar unha copia do documento de identidade ou pasaporte e da tarxeta de residente comunitario ou de familiar de residente comunitario ou, se é o caso, de tarxeta temporal de residente comunitario ou de persoal traballador comunitario fronteirizo, en vigor.

– O persoal aspirante incluído no segundo parágrafo da epígrafe 2.1.a) deberá presentar unha copia do pasaporte ou do visado e, se é o caso, do xustificante de ter solicitado a tarxeta ou a exención do visado e da dita tarxeta. No caso contrario, deberá presentar os documentos expedidos polas autoridades competentes que acrediten o vínculo de parentesco e unha declaración responsable ou promesa da persoa con que existe este vínculo, de que non está separada de dereito do/da cónxuxe e, se é o caso, de que o persoal aspirante vive ás súas expensas ou está ao seu cargo.

5.4.2. En relación coa documentación xustificativa dos méritos alegados no concurso, o persoal participante deberá proceder do modo que se indica a seguir:

a) Persoal participante con expediente persoal actualizado:

De conformidade co establecido no artigo 4.3 da Orde do 2 de xuño de 2021 pola que se regulan o contido, uso e acceso ao expediente do persoal funcionario dos corpos docentes e do persoal laboral docente que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006 (código de procedemento ED011A), todos os datos, tanto de identificación como académicos e profesionais que consten no expediente, serán empregados na tramitación e valoración de requisitos e méritos nos correspondentes procesos, entre outros, de selección de persoal, de xeito que non é necesaria a súa xustificación se xa constan no expediente da persoa participante.

O persoal participante poderá verificar todos os méritos que constan no seu expediente mediante a lapela que permite o acceso ao expediente persoal desde a solicitude de participación no concurso de méritos.

De estar conforme cos méritos que constan no seu expediente, o persoal concursante unicamente deberá presentar a solicitude de participación no concurso de méritos (código de procedemento ED001B) de acordo co establecido na base 5.1 desta orde.

b) Persoal participante sen expediente persoal ou co expediente persoal sen actualizar.

No prazo de presentación de solicitudes establecido na base 5.9 desta orde, o persoal que participe no concurso de méritos e non teña expediente ou non o teña actualizado, ademais de presentar a solicitude de participación no concurso por medios electrónicos (código de procedemento ED001B), deberá presentar a solicitude de actualización e/ou modificación do expediente xunto coa documentación xustificativa, de acordo co establecido no artigo 7 da Orde do 2 de xuño de 2021 pola que se regulan o contido, uso e acceso ao expediente do persoal funcionario dos corpos docentes e do persoal laboral docente que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006 (código de procedemento ED011A). Presentarase unha única solicitude de actualización e/ou modificación do expediente xunto coa documentación xustificativa aínda no suposto de que se participe por máis dunha especialidade do mesmo ou distinto corpo.

No suposto de presentar varias solicitudes de actualización e/ou modificación do expediente, soamente se admitirá a última presentada neste procedemento normalizado na sede electrónica da Xunta de Galicia.

5.4.3. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente pola persoa interesada a calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

5.4.4. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

5.4.5. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

5.5 Incorporación das novas alegacións ao expediente persoal.

A Comisión de Selección a que se fai referencia na base 9.1 será a competente para a verificación da documentación presentada no procedemento con código ED011A e posterior incorporación ao expediente.

5.6. Comprobación de datos.

5.6.1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI/NIE da persoa solicitante ou representante.

b) Títulos oficiais universitarios que dean acceso á función docente e que consten no Rexistro Central do Ministerio de Educación e Formación Profesional.

c) Títulos oficiais non universitarios que dean acceso á función docente e que consten no Rexistro Central do Ministerio de Educación e Formación Profesional.

d) Consulta da inexistencia de antecedentes penais por delitos sexuais.

e) Certificado de Celga 4 ou equivalente expedido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Consultaranse ademais os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:

a) Acreditación da condición de familia numerosa só no caso de estar recoñecida pola Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Acreditación da condición de discapacidade só no caso de estar recoñecida pola Comunidade Autónoma de Galicia.

c) Estar inscrito/a como demandante de emprego desde, polo menos, seis meses antes da data da publicación no DOG da convocatoria das probas selectivas nas cales solicite a súa participación.

d) Non estar a percibir prestación ou subsidio por desemprego na data da publicación no DOG da convocatoria das probas selectivas.

5.6.2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos. Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

5.6.3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

5.7. Solicitudes cursadas no estranxeiro.

As solicitudes efectuadas polas persoas que residan no estranxeiro e que non dispoñan de certificado electrónico ou do sistema de usuario e clave Chave365 deberán cursarse no prazo sinalado na epígrafe 5.9 a través das representacións diplomáticas ou oficinas consulares españolas, que as remitirán seguidamente á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos. O pagamento da taxa de inscrición neste procedemento realizarase de acordo co establecido na epígrafe 5.10 desta convocatoria.

5.8. Requirimento para emendas.

O requirimento establecido para emendar defectos, conforme o previsto no artigo 68.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, efectuarase mediante a resolución provisional pola que se publica a relación de persoal aspirante admitido e excluído para participar no procedemento selectivo.

Finalizado o prazo concedido para a emenda da solicitude, a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos publicará na páxina web www.edu.xunta.gal a resolución pola que se terá por desistido da súa petición o persoal aspirante que, no prazo concedido para estes efectos, non emende a solicitude de participación.

5.9. Prazo de presentación de solicitudes.

O prazo de presentación de solicitudes será de quince (15) días hábiles computados a partir do día seguinte ao da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia.

5.10. Taxa correspondente á inscrición no concurso de méritos.

O pagamento da taxa realizarase de forma electrónica.

Os códigos que se deben empregar son os seguintes:

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades:

código 07

Delegación de servizos centrais:

código 13

Servicio de Secretaría Xeral:

código 01

Taxa denominación: inscrición nos procesos de selección de persoal da Administración xeral da Comunidade Autónoma:

código 300302

Os importes da taxa serán os seguintes:

– Corpo:

Profesores de ensino secundario

44,17 €

Profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional

38,02 €

Profesores de escolas oficiais de idiomas

44,17 €

Catedráticos de música e artes escénicas

44,17 €

Profesores de música e artes escénicas

44,17 €

Profesores de artes plásticas e deseño

44,17 €

Mestres de taller de artes plásticas e deseño

38,02 €

Mestres

38,02 €

Estarán exentas do pagamento da taxa:

a) Persoas con discapacidade igual ou superior ao 33 %.

b) Persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría especial.

Aplicaráselle unha bonificación do 50 % á inscrición solicitada por:

a) Persoas que sexan membros de familias numerosas de categoría xeral.

b) Persoas que figurasen como demandantes de emprego desde, polo menos, seis meses antes da publicación no DOG da data da convocatoria das probas selectivas nas cales soliciten a súa participación e non estean a percibir prestación ou subsidio por desemprego nesa mesma data.

c) As vítimas do terrorismo, entendendo por tales, para estes efectos, as persoas que sufriron danos físicos ou psíquicos como consecuencia da actividade terrorista e así o acrediten mediante sentenza xudicial firme ou en virtude de resolución administrativa pola que se recoñeza tal condición, o seu cónxuxe ou persoa que convivise con análoga relación de afectividade, o cónxuxe da persoa falecida e os fillos das persoas feridas e falecidas.

Non será obrigatorio presentar o xustificante de pagamento electrónico da taxa, que será verificado pola propia Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

Base sexta. Notificacións

6.1. As notificacións de resolucións e actos administrativos que non vaian ser obxecto de publicación, de conformidade co previsto nesta orde, practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

6.2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal

Este sistema remitiralles ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

6.3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e polas entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán de oficio crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento por parte das persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

6.4. As notificacións entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido e entenderanse rexeitadas cando transcorran dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

6.5. Se o envío da notificación electrónica non é posible por problemas técnicos, practicarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Base sétima. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Base oitava. Admisión de persoal aspirante

8.1. Lista provisoria de persoal admitido e excluído.

Transcorrido o prazo de presentación de solicitudes, a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos publicará na páxina web da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades no enderezo electrónico www.edu.xunta.gal, mediante resolución asinada electronicamente, a lista provisoria de persoas admitidas e excluídas, por corpos, reservas e, se é o caso, especialidades. Nesta lista aparecerán, cando menos, apelidos, nome e catro números aleatorios do número de documento nacional de identidade do persoal aspirante, e se está exento ou non da realización da proba de coñecementos de lingua galega. No caso do persoal aspirante excluído, especificarase a causa de exclusión.

8.2. Reclamación contra a lista provisoria.

Contra a lista provisoria, o persoal interesado poderá formular por medios electrónicos e dirixido á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades as reclamacións que coide oportunas, no prazo máximo de dez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da súa publicación na páxina web da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades no enderezo electrónico www.edu.xunta.gal

8.3. Lista definitiva do persoal admitido e excluído.

As reclamacións presentadas serán aceptadas ou rexeitadas na resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos asinada electronicamente pola que se aprobe a lista definitiva de persoas admitidas e excluídas. Esta resolución publicarase na páxina web da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades no enderezo electrónico www.edu.xunta.gal

O feito de figurar na relación de persoal admitido non prexulga que se lle recoñeza ao persoal interesado a posesión dos requisitos exixidos nos procedementos que se convocan mediante esta orde. Cando da documentación que debe presentarse, no caso de ser aprobado/a, se desprenda que non posúe algún dos requisitos, o persoal interesado decaerá de todos os dereitos que poidan derivar da súa participación nestes procedementos.

8.4. Recurso contra a lista definitiva.

Contra a resolución que aprobe a lista definitiva de persoas admitidas e excluídas o persoal interesado poderá formular por medios electrónicos recurso de reposición ante a persoa titular da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da súa publicación na páxina web da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, no enderezo electrónico www.edu.xunta.gal, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro.

8.5. Reintegro da taxa correspondente á inscrición no concurso de méritos.

O importe da taxa seralle reintegrado, por petición do persoal interesado, unicamente ao persoal aspirante que fose excluído definitivamente da realización dos procedementos selectivos, por falta dalgún dos requisitos para tomar parte neste.

Base novena. Órgano de selección

9.1. Comisión de Selección.

A selección do persoal aspirante será realizada por unha Comisión de Selección que estará integrada por persoal funcionario de carreira dos servizos centrais da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, e será nomeada mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.

9.2. Categoría da Comisión de Selección.

Para os efectos previstos no artigo 26.2 do Decreto 144/2001, do 7 de xuño (DOG do 25 de xuño), a Comisión de Selección considerarase incluída na categoría primeira.

Base décima. Competencias da Comisión de Selección

Serán competencias da Comisión de Selección:

a) A baremación dos méritos do concurso de méritos.

b) A Comisión de Selección, unha vez ordenadas as solicitudes de cada especialidade por orde de maior a menor puntuación do autobaremo da solicitude, baremará un número mínimo de solicitudes por especialidade e quenda igual ao que resulte da aplicación do seguinte algoritmo:

Nº de prazas da especialidade

Algoritmo

30 ou máis

Número de prazas × 3

Entre 20 e 29

Número de prazas × 4

Entre 10 e 19

Número de prazas × 6

Entre 5 e 9

Número de prazas × 8

Entre 3 e 4

Número de prazas × 10

Entre 1 e 2

Número de prazas × 15

En todas as especialidades se valorará a solicitude de todo o persoal aspirante que teña a mesma puntuación no autobaremo que a última persoa que teña que ser baremada ao aplicar o algoritmo da táboa. Pola súa vez, para o caso de que o número de solicitudes presentadas nunha especialidade sexa menor que o número que resulte de aplicar o algoritmo, valoraranse soamente as solicitudes presentadas no prazo establecido na base 5.9 desta convocatoria sen que, en ningún caso, supoña a apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes.

c) Custodiar a documentación xustificativa dos méritos ata a finalización do proceso selectivo.

d) A publicación da puntuación mínima necesaria no autobaremo en cada especialidade e quenda para que a solicitude sexa valorada.

e) A publicación das puntuacións provisionais dos méritos do persoal aspirante.

f) A resolución das reclamacións presentadas ás puntuacións provisionais.

g) A publicación das puntuacións definitivas dos méritos do persoal aspirante.

h) A declaración da proposta do persoal aspirante que superou o procedemento selectivo e resulta seleccionado, a publicación das listas correspondentes a eles, así como a súa elevación á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.

Base décimo primeira. Sistema de selección

11.1. Concurso de méritos.

De conformidade co establecido na disposición adicional sexta da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, e a disposición transitoria quinta do Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, o sistema de ingreso consiste nun concurso en que se valorarán unicamente os méritos que xa consten no expediente persoal da persoa aspirante e/ou os que sexan alegados e xustificados polo persoal aspirante de conformidade co procedemento establecido na base 5.4.2 da presente convocatoria e que se relacionan no anexo II coa puntuación que neste se indica. Un mesmo mérito non poderá ser valorado en máis dunha epígrafe do baremo.

11.2. Prazo de perfeccionamento e de xustificación dos méritos.

Todos os méritos alegados deberán estar perfeccionados no día de publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Así mesmo, todos os méritos alegados deberán estar xustificados no día en que remate o prazo de presentación de solicitudes.

11.3. Comisión de Selección.

A valoración do baremo será realizada pola Comisión de Selección regulada na base novena.

11.4. Publicación da puntuación mínima do autobaremo en cada especialidade e quenda.

En aplicación do establecido na base décima desta convocatoria, a Comisión de Selección publicará na páxina web da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades a puntuación mínima necesaria no autobaremo en cada especialidade e quenda para que a solicitude sexa valorada.

11.5. Puntuación máxima.

O persoal aspirante non poderá ter máis de 15 puntos pola valoración dos seus méritos.

11.6. Puntuacións provisionais.

As puntuacións provisionais, por corpos e especialidades, e por epígrafes do baremo faranse públicas na páxina web www.edu.xunta.gal

11.7. Reclamacións contra as puntuacións provisionais.

O persoal concursante poderá presentar reclamación á puntuación provisional por medios electrónicos mediante o trámite activado para este efecto no procedemento normalizado código ED001B na Carpeta cidadá no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da súa publicación na páxina web da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades (www.edu.xunta.gal).

Base décimo segunda. Baremación definitiva

A Comisión de Selección resolverá as reclamacións contra as puntuacións provisionais e publicará as puntuacións definitivas na páxina web da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades (www.edu.xunta.gal).

Base décimo terceira. Superación do procedemento selectivo

13.1. Persoas aspirantes seleccionadas.

A Comisión de Selección publicará na páxina web da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades (www.edu.xunta.gal) as puntuacións definitivas das solicitudes por ela baremadas.

Resultará seleccionado e ingresará no corpo e especialidade que proceda o persoal candidato que, ao ser ordenado segundo a puntuación do concurso, obteña un número de orde igual ou inferior ao número de prazas convocadas no corpo e especialidade correspondente, tendo en conta o que se establece a seguir para cubrir as prazas de reserva.

13.2. Forma de cubrir as prazas de reserva.

A comisión baremadora, para os efectos de cubrir as prazas obxecto desta convocatoria pola reserva de persoas con discapacidade, axustaranse ás seguintes normas:

a) Se houber un número suficiente de persoal aspirante que concorra ás prazas reservadas para persoas con discapacidade, a totalidade destas prazas adxudicaráselles ás persoas que participen por esta quenda, calquera que sexa a súa puntuación.

b) As persoas que concorran ás prazas reservadas para persoas con discapacidade e que excedan o número de prazas asignadas na convocatoria para esta reserva concorrerán, en igualdade de condicións, á formación da lista de persoas que concorren pola quenda de ingreso xeral coa súa puntuación.

c) No caso de que existan prazas da reserva de persoas con discapacidade que non poidan ser cubertas por non existir un número suficiente de persoas aspirantes, estas acumularanse ás de acceso xeral do correspondente corpo e especialidade.

13.3. Resolución dos empates.

Os posibles empates resolveranse atendendo sucesivamente aos seguintes criterios:

a) Maior puntuación en cada unha das epígrafes do baremo, pola orde en que aparecen no anexo II da presente convocatoria.

b) Maior puntuación nas epígrafes do baremo, pola orde en que aparecen no anexo II da presente convocatoria.

c) Maior puntuación nas subepígrafes do baremo, pola orde en que aparecen no anexo II da presente convocatoria.

d) Maior tempo de servizos na especialidade pola que se participa computados en anos, meses e días.

13.4. En ningún caso a Comisión de Selección poderá propoñer que superen o procedemento selectivo máis persoas que prazas convocadas por corpo e especialidade.

13.5. Publicación da listaxe provisional de persoas propostas para superar o procedemento selectivo.

A Comisión de Selección publicará na páxina web da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades (www.edu.xunta.gal) a relación provisional de persoas propostas para superar o procedemento selectivo, por corpos e especialidades.

13.6. Imposibilidade de ingresar por máis dunha especialidade no mesmo corpo.

De acordo coa publicación da listaxe provisional de persoas propostas para superar o procedemento selectivo, aquelas persoas aspirantes que acaden a puntuación para ingresar por máis dunha especialidade do mesmo corpo deberán optar por ingresar nunha delas no prazo de cinco (5) días hábiles computados a partir da publicación provisional das persoas que ingresan, na páxina web da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades (www.edu.xunta.gal). De non facer opción entenderase que acceden pola última especialidade na que prestaron servizos, cando sexa o caso, e, na súa falta, pola especialidade con menor código de identificación.

13.7. Publicación definitiva da lista de persoas propostas que superan o procedemento selectivo.

Rematado o prazo de renuncias previsto na subepígrafe anterior, a Comisión de Selección publicará na páxina web da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades (www.edu.xunta.gal) a relación definitiva de persoas propostas para superar o procedemento selectivo, por corpos e especialidades e reservas.

A renuncia aos dereitos derivados do procedemento selectivo con anterioridade ao 31 de maio de 2023 dará lugar a que se declare aprobada a persoa que lle corresponda conforme os criterios establecidos nesta base. En ningún caso se declarará aprobada unha persoa que xa teña esa condición noutra especialidade do mesmo corpo.

Base décimo cuarta. Publicación da relación de persoas que superan o procedemento selectivo

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades publicará no Diario Oficial de Galicia as listas de persoas que acceden, por corpos e especialidades e reservas.

Base décimo quinta. Presentación de documentos

15.1. Presentación de documentos.

No prazo de 20 días hábiles contados desde o día seguinte a aquel en que se fan públicas as listas de persoas que acceden no Diario Oficial de Galicia, o persoal que supera o procedemento selectivo deberá presentar os seguintes documentos por medios electrónicos mediante o trámite Achega de documentación separada da solicitude, activado para estes efectos no procedemento con código ED001B:

a) Informe médico acreditativo de non padecer enfermidade nin estar afectado ou afectada por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co exercicio da docencia.

A persoa aspirante que fixese valer a súa condición de persoa con discapacidade deberá, se se opuxo á consulta deste dato, presentar certificación dos órganos competentes da Consellería de Política Social e Xuventude que acredite tal condición, e tamén terá que presentar certificado dos citados órganos ou da Administración sanitaria, acreditativo da compatibilidade co desempeño das tarefas e funcións correspondente.

b) Declaración responsable de que non foron separados ou separadas, mediante expediente disciplinario, do servizo do corpo a que se pretende ingresar en ningunha Administración pública e de non estar inhabilitados ou inhabilitadas para o exercicio de funcións públicas, conforme o modelo que figura como anexo VII a esta convocatoria e que estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia no procedemento normalizado ED001B como anexo asociado á fase posterior á presentación.

Igualmente, o persoal aspirante que non posúa a nacionalidade española deberá presentar declaración responsable de non estar sometido a sanción disciplinaria ou condena penal que impida no seu Estado o acceso á función pública, segundo o mesmo modelo do anexo VII e que estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia no procedemento normalizado ED001B como anexo asociado á fase posterior á presentación.

c) Certificado de non ter antecedentes por delitos sexuais, só no caso de opoñerse expresamente á consulta de datos do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais na solicitude de participación.

O persoal participante cuxa nacionalidade sexa distinta da española deberá acreditar o requisito establecido no segundo parágrafo da base 2.1.f) mediante certificado redactado en lingua castelá. En caso contrario, o certificado deberá acompañarse da súa tradución oficial ou xurada realizada por tradutor xurado ou validada polo consulado ou oficina diplomática correspondente.

15.2. Quen, dentro do prazo fixado e salvo os casos de forza maior, non presente a documentación ou, se do exame dela, se deduce que carece dalgún dos requisitos xerais establecidos na base segunda non poderá ser nomeado persoal funcionario de carreira, sen prexuízo da responsabilidade en que incorrese por falsidade na solicitude inicial.

Base décimo sexta. Destino provisional

As persoas aspirantes que superen o procedemento selectivo tanto pola quenda libre como pola de reserva de persoas con discapacidade quedan obrigadas a incorporarse aos destinos que a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos lles adxudique. No caso de non se incorporaren aos citados destinos no prazo que se estableza, entenderase que renuncian ao proceso selectivo.

Se se incorporan e reúnen as condicións para o ingreso no corpo respectivo, será nomeado persoal funcionario de carreira.

Coa finalidade da adxudicación de destino de carácter provisorio para o curso académico 2023/24, o persoal aspirante que supere o procedemento selectivo estará obrigado a formular unha solicitude de participación ordinaria no concurso de adxudicación de destinos provisionais (código de procedemento ED002B) no prazo de presentación de solicitudes que se estableza mediante resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, de conformidade co establecido no artigo 37 da Orde do 7 de xuño de 2018.

No suposto de que a lista de persoas propostas para superar o procedemento selectivo se publique con posterioridade á finalización do prazo de presentación de solicitudes no concurso de adxudicación de destinos provisionais, o persoal aspirante deberá formular a solicitude no prazo de dous días hábiles contados desde o día seguinte ao desta publicación na páxina web da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

Base décimo sétima. Destino definitivo

O persoal aspirante que supere o procedemento selectivo deberá obter o seu primeiro destino definitivo nun dos centros directamente xestionado pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e está obrigado, para estes efectos, a participar nos sucesivos concursos ordinarios de traslados que se convoquen, na forma que determinen as convocatorias.

Base décimo oitava. Nomeamento de persoal funcionario de carreira

As persoas que superen o procedemento selectivo convocado pola presente orde non terán que realizar unha fase de prácticas. Verificado que as persoas reúnen os requisitos xerais e específicos de participación establecidos nesta convocatoria, a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades aprobará o expediente do proceso selectivo e remitirá as listas do persoal ingresado no correspondente corpo e especialidade ao Ministerio de Educación e Formación Profesional, para o nomeamento e expedición dos títulos de persoal funcionario de carreira, coa efectividade do 1 de setembro de 2023.

Base décimo novena. Actividades de formación

O persoal aspirante seleccionado deberá realizar:

– Un curso de formación de lingua de galega de 20 horas de duración. Este curso, que será programado polo Servizo de Innovación e Programas Educativos, consistirá nunha formación específica sobre a terminoloxía, os estilos, os aspectos sociolingüísticos e a linguaxe propia da especialidade que lle permita ao persoal funcionario desenvolver correctamente en galego as súas funcións e tarefas.

– Un curso de formación en igualdade, prevención e loita contra a violencia de xénero para a obtención do nivel básico de coñecemento regulado no Decreto 70/2017, do 13 de xullo, polo que se regula a formación en igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero do persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

Base vixésima. Non inclusión nas listas de interinidades e substitucións

Ao non realizarse ningunha proba selectiva, o persoal participante no concurso de méritos convocado pola presente orde non accederá ás listas de interinidades e substitucións reguladas no Acordo do 20 de xuño de 1995.

Disposición derradeira primeira. Recursos

De conformidade co establecido nos artigos 112, 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e 10, 14 e 46 da Lei reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a presente orde, que pon fin á vía administrativa, poderá ser impugnada potestativamente en reposición ante a persoa titular da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia ou poderá formularse directamente recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira segunda. Execución

Facúltase a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos para adoptar e executar todas as medidas precisas para o correcto desenvolvemento desta orde.

Disposición derradeira terceira. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2022

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO II

Baremo do concurso de méritos

I. Experiencia docente previa: máximo 7 puntos.

1.1. Por cada ano de experiencia docente na especialidade do corpo a que opta a persoa aspirante, en centros públicos dependentes das administracións educativas.

No caso de persoas aspirantes que exercesen nalgunha das especialidades atribuídas ao extinguido corpo de profesores técnicos de formación profesional, valorarase a experiencia nestas especialidades para o ingreso ás mesmas especialidades no corpo de que se trate.

0,7000 puntos

Folla de servizos da Administración educativa correspondente, en que debe constar a data de toma de posesión e cesamento na especialidade, así como os documentos xustificativos do nomeamento ou copia deles en que conste a data de toma de posesión e do cesamento e a especialidade.

Cando os servizos alegados nesta epígrafe fosen prestados en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades serán achegados de oficio pola consellería de acordo coa documentación que figure no expediente do persoal aspirante.

Cando os servizos fosen prestados noutras Administracións educativas, deberán ser acreditados polo persoal aspirante na forma sinalada no parágrafo primeiro.

1.2. Por cada ano de experiencia docente noutras especialidades do mesmo corpo a que opta a persoa aspirante, en centros públicos dependentes de administracións educativas.

0,3500 puntos

Folla de servizos da Administración educativa correspondente, en que debe constar a data de toma de posesión e cesamento e a especialidade, así como os documentos xustificativos do nomeamento ou copia deles, en que conste a data de toma de posesión e do cesamento e a especialidade.

Cando os servizos alegados nesta epígrafe fosen prestados en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades serán achegados de oficio pola consellería de acordo coa documentación que figure no expediente do persoal aspirante.

Cando os servizos fosen prestados noutras administracións educativas, deberán ser acreditados polo persoal aspirante na forma sinalada no parágrafo primeiro.

1.3. Por cada ano de experiencia docente noutras especialidades doutros corpos diferentes ao que opta a persoa aspirante, en centros públicos dependentes de administracións educativas.

0,1250 puntos

Folla de servizos da Administración educativa correspondente, en que debe constar a data de toma de posesión e cesamento e a especialidade, así como os documentos xustificativos do nomeamento ou copia deles, en que conste a data de toma de posesión e do cesamento e a especialidade.

Cando os servizos alegados nesta epígrafe fosen prestados en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades serán achegados de oficio pola consellería de acordo coa documentación que figure no expediente do persoal aspirante.

Cando os servizos fosen prestados noutras administracións educativas, deberán ser acreditados polo persoal aspirante na forma sinalada no parágrafo primeiro.

1.4. Por cada ano de experiencia docente en especialidades do mesmo nivel ou etapa educativa que o impartido polo corpo a que opta a persoa aspirante, noutros centros.

0,1000 puntos

Certificación da dirección do centro co visto e prace do Servizo de Inspección Técnica, en que conste data de toma de posesión e cesamento, área ou materia impartida e nivel ou etapa educativa ou copia dos contratos de traballo xunto coa certificación da vida laboral.

Non serán válidas, para os efectos de determinar a duración dos servizos prestados, as referencias a curso académico se non se especifica a súa data de comezo e fin ou, no caso de prestación servizos en que exista unha solución de continuidade, se faga constar que os servizos foron prestados desde unha data de inicio ata o momento da emisión do certificado de maneira ininterrompida, agás que se achegue ademais a vida laboral do persoal aspirante.

A experiencia en centros que non se atopen actualmente en funcionamento poderá xustificarse mediante un certificado emitido pola Inspección Educativa de acordo cos datos que figuren na unidade competente.

Enténdese por centros públicos os centros a que se refire o capítulo II do título IV da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, integrados na rede pública de centros creados e sostidos polas administracións educativas. Consideraranse como centros públicos os centros de titularidade do Estado español no exterior.

Entenderase por outros centros aqueles cuxo titular é unha persoa física ou xurídica de carácter privado, cuxa apertura e funcionamento están sometidos ao principio de autorización administrativa, logo da constatación do cumprimento dos requisitos establecidos, conforme o disposto no artigo 23 da Lei orgánica 8/1985, do 3 de xullo, reguladora do dereito á educación, ou no título IV, capítulos III e IV, da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Para os efectos desta epígrafe terase en conta un máximo de dez anos, cada un dos cales deberá ser avaliado nunha soa das subepígrafes anteriores, debendo computarse aqueles anos cuxa valoración resulte máis favorable para o persoal interesado.

Cando a prestación de servizos se realizou por períodos inferiores a un mes, considerarase como mes a acumulación dos servizos prestados por períodos de 30 días.

Non será necesario xustificar os méritos das epígrafes 1.1, 1.2 e 1.3 cando os servizos fosen prestados en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

II. Formación académica: máximo 3 puntos.

2.1. Expediente académico no título alegado, sempre que o título alegado se corresponda co nivel de titulación exixido con carácter xeral para ingreso no corpo (doutoramento, licenciatura, enxeñaría ou arquitectura, para corpos docentes do subgrupo A1, ou diplomatura universitaria, enxeñaría técnica ou arquitectura técnica para corpos docentes do subgrupo A2); valorarase exclusivamente a nota media do expediente académico, do modo que a continuación se indica:

Escala de 0 a 10 puntos:

Desde 6,00 ata 7,50

Desde 7,51 ata 10

1,000 punto

1,500 puntos

Certificación académica persoal, en que consten as puntuacións obtidas en todas as disciplinas e cursos exixidos para a obtención do título alegado, con indicación expresa da nota media.

No suposto de titulacións non universitarias declaradas equivalentes para os efectos de docencia, se procede a súa valoración, título ou certificación académica persoal con indicación expresa da nota media (ver disposición complementaria terceira).

Escala en créditos, de 1 a 4:

Desde 1,50 a 2,25

Desde 2,26 a 4

1,000 punto

1,500 puntos

2.2. Posgraos, doutoramento e premios extraordinarios:

2.2.1. Polo certificado-diploma acreditativo de estudos avanzados ou título oficial de máster (Real decreto 822/2021, do 28 de setembro, polo que se establece a organización das ensinanzas universitarias e do procedemento de aseguramento da súa calidade, BOE do 29 de setembro), suficiencia investigadora ou calquera outro título equivalente sempre que non sexan requisito para o ingreso na función pública docente:

1,000 punto

Certificación académica ou título ou, se é o caso, o pagamento dos dereitos de expedición, conforme o Real decreto 1002/2010, do 5 de agosto (BOE do 6 de agosto).

2.2.2. Por posuír o título de doutoramento:

1,000 punto

Certificación académica ou copia do título de doutoramento ou, se é o caso, do pagamento dos dereitos de expedición, conforme o Real decreto 1002/2010, do 5 de agosto (BOE do 6 de agosto).

2.2.3. Por obter premio extraordinario no doutoramento:

0,500 puntos

Documento xustificativo

2.3. Outras titulacións universitarias:

As titulacións universitarias de carácter oficial, no caso de que non fosen as alegadas como requisito para o ingreso na función pública docente, valoraranse da forma seguinte:

2.3.1. Titulacións de primeiro ciclo:

Por cada diplomatura, enxeñaría técnica, arquitectura técnica ou títulos declarados legalmente equivalentes e polos estudos correspondentes ao primeiro ciclo dunha licenciatura, arquitectura ou enxeñaría:

1,000 punto

Certificación académica ou copia do título alegado para o ingreso no corpo, así como de cantos presente como mérito ou, se é o caso, certificación do pagamento dos dereitos de expedición conforme o Real decreto 1002/2010, do 5 de agosto (BOE do 6 de agosto). No caso de estudos correspondentes ao primeiro ciclo, certificación académica en que se acredite a súa superación.

No caso de persoas aspirantes a corpos de persoal funcionario docente, subgrupo A2, non se valorará por esta subepígrafe, en ningún caso, o primeiro título ou estudos desta natureza que presente a persoa aspirante.

No caso de persoas aspirantes a corpos de persoal funcionario docente, subgrupo A1, non se valorará por esta subepígrafe, en ningún caso, o título ou estudos desta natureza que fose necesario superar para a obtención do primeiro título de licenciatura, enxeñaría ou arquitectura que presente a persoa aspirante.

2.3.2. Titulacións de segundo ciclo:

Polos estudos correspondentes ao segundo ciclo de licenciaturas, enxeñarías, arquitecturas ou títulos declarados legalmente equivalentes:

1,000 punto

Certificación académica ou copia do título alegado para o ingreso no corpo, así como de cantos presente como mérito ou, se é o caso, certificación do pagamento dos dereitos de expedición conforme o Real decreto 1002/2010, do 5 de agosto (BOE do 6 de agosto). No caso de estudos correspondentes ao segundo ciclo, certificación académica en que se acredite a súa superación.

No caso de persoas aspirantes a corpos de persoal funcionario docente, subgrupo A1, non se valorarán por esta subepígrafe, en ningún caso, os estudos que fose necesario superar (primeiro ciclo, segundo ciclo ou, se é o caso, ensinanzas complementarias), para a obtención do primeiro título de licenciatura, enxeñaría ou arquitectura que presente a persoa aspirante.

Valorarase nesta epígrafe posuír o título de grao.

2.4. Titulacións de ensinanzas de réxime especial e da formación profesional específica:

Valoraranse en caso de non ser alegadas como requisito para ingreso na función pública docente ou cando se acredite que non foron utilizadas para a obtención do título alegado, da forma seguinte:

a) Por cada título profesional de música ou danza:

0,500 puntos

Certificación académica ou copia do título alegado para ingreso no corpo, así como de cantos presente como mérito ou, se é o caso, certificación do pagamento dos dereitos de expedición conforme o Real decreto 1002/2010, do 5 de agosto (BOE do 6 de agosto), así como, excepto na subepígrafe 2.4.b), copia daquelas titulacións que foron utilizadas para a obtención do título alegado para o ingreso.

b) Por cada certificado de nivel avanzado ou equivalente de escolas oficiais de idiomas:

0,500 puntos

c) Por cada título de técnico superior de artes plásticas e deseño:

0,200 puntos

d) Por cada título de técnico superior de formación profesional:

0,200 puntos

e) Por cada título de técnico deportivo superior:

0,200 puntos

2.5. Dominio de idiomas estranxeiros.

Por aqueles certificados de coñecemento dunha lingua estranxeira, expedidos por entidades acreditadas de conformidade co establecido nesta convocatoria que acrediten a competencia lingüística nun idioma estranxeiro de nivel avanzado C1 ou C2, segundo a clasificación do Marco común europeo de referencia para as linguas.

Os certificados de nivel avanzado C1 ou C2 dun mesmo idioma, acreditados de acordo coa epígrafe 2.4 ou ben 2.5, valoraranse por unha soa vez nunha ou noutra epígrafe.

0,500 puntos

Certificación dun nivel de competencia lingüística C1 ou C2 segundo o Marco común europeo de referencia para as linguas (MCERL) de conformidade coa Orde do 21 de xuño de 2016 pola que se modifica a Orde do 18 de febreiro de 2011 pola que se establece o procedemento de acreditación de competencia en idiomas do profesorado para impartir nunha lingua estranxeira áreas, materias ou módulos non lingüísticos nos centros docentes públicos dependentes desta consellería.

III. Outros méritos: máximo 5 puntos.

3.1.Pola superación da fase de oposición na mesma especialidade do corpo a que opta a persoa aspirante, nun procedemento selectivo de ingreso en corpos da función pública docente, ata un máximo de dous procedementos, nas convocatorias realizadas desde 2012, incluído.

No caso de aspirantes que superasen a fase de oposición nalgunha das especialidades atribuídas ao extinguido corpo de profesores técnicos de formación profesional, valorarase este mérito para o ingreso ás mesmas especialidades no corpo de que se trate, de conformidade co disposto nesta epígrafe.

2,500 puntos por cada oposición superada

Certificación emitida pola autoridade competente da Administración educativa, en que conste o ano de convocatoria, a especialidade e a superación da fase de oposición ou cualificacións obtidas.

Cando a superación da fase de oposición tivo lugar nesta consellería, o devandito mérito será achegado de oficio pola consellería de acordo coa documentación que figure no expediente do persoal aspirante. Noutro caso, deberá achegarse a certificación de conformidade co parágrafo anterior.

3.2. Formación permanente: máximo 2,000 puntos.

Por cada curso de formación permanente e perfeccionamento superado, relacionado coa especialidade a que se opta ou coa organización escolar, as novas tecnoloxías aplicadas á educación, á didáctica, a psicopedagoxía ou socioloxía da educación, convocado por administracións públicas con plenas competencias educativas ou por universidades, ou actividades incluídas no plan de formación permanente organizadas por entidades colaboradoras coas administracións educativas, ou actividades recoñecidas pola administración educativa correspondente:

a) Non inferior a 3 créditos.

b) Non inferior a 10 créditos.

Exclusivamente para a especialidade de Música, valoraranse nos mesmos termos os cursos organizados polos conservatorios de música.

Para os efectos desta epígrafe, poderanse acumular os cursos non inferiores a 2 créditos que cumpran os requisitos que se especifican nesta epígrafe, puntuándose cada dous cursos con 0,200 puntos.

0,200 puntos

0,500 puntos

Copia do certificado destas expedido pola entidade organizadora en que conste de modo expreso o número de horas de duración da actividade. No caso das organizadas polas institucións sen ánimo de lucro deberase ademais acreditar dun xeito fidedigno o recoñecemento ou homologación das devanditas actividades pola Administración educativa correspondente ou certificado de inscrición no rexistro de formación da Administración educativa.

Disposición complementaria primeira

Unicamente serán baremados aqueles méritos que estean perfeccionados no día de publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia e xustificados ata a data de finalización do prazo de presentación de solicitudes, sen que un mesmo mérito poida ser valorado en máis dunha epígrafe do baremo.

O persoal participante responsabilízase expresamente da veracidade da documentación presentada, sen prexuízo de que, en calquera momento, se poidan requirir ao persoal aspirante os documentos orixinais desa documentación para o seu cotexo. Calquera diferenza entre o documento orixinal e a súa copia comportará a non validez do mérito alegado, sen prexuízo da posible responsabilidade que poida derivar.

Disposición complementaria segunda. Baremación da epígrafe 1 (Experiencia docente previa)

1. Para os efectos desta epígrafe teranse en conta os dez anos de límite que lle resulten máis favorables a cada persoa participante.

2. A valoración da experiencia docente non se verá reducida aínda cando os servizos se prestasen nunha xornada de traballo inferior á completa.

3. Os servizos prestados nun centro docente público non dependente dunha Administración educativa no mesmo nivel ou etapa educativa que o impartido polo corpo a que opta a persoa aspirante baremaranse na epígrafe 1.4.

4. Non se baremarán os servizos prestados nun centro docente público non dependente dunha Administración educativa ou nun centro privado nun nivel ou etapa educativa distinto que o impartido polo corpo a que opta a persoa aspirante.

5. Non se baremarán os servizos prestados na universidade pública ou privada.

6. Considerarase que educación infantil e educación primaria son a mesma etapa educativa.

7. Para os efectos deste, non se poderán acumular as puntuacións cando os servizos fosen prestados simultaneamente en máis dun centro docente.

8. Os servizos prestados como persoal laboral docente de Relixión baremaranse como servizos prestados noutra especialidade polas epígrafes 1.2, 1.3 ou 1.4, segundo corresponda.

9. Os servizos prestados como persoal especialista serán valorados no corpo correspondente como servizos prestados noutra especialidade.

10. Os servizos prestados con nomeamento de orientación no corpo de mestres nos centros de educación infantil, centros de educación infantil e primaria, centros de educación primaria ou centros de educación especial, computaranse na epígrafe 1.1 se se opta á especialidade da lista de procedencia.

11. Os servizos prestados como profesor técnico de formación profesional na especialidade de Prácticas e Actividades polo persoal interino procedente da especialidade de Servizos á Comunidade computaranse na epígrafe 1.1 se se opta á especialidade de Servizos á Comunidade.

12. Os servizos prestados como mestre en escolas infantís, no primeiro ciclo de educación infantil baremaranse a partir do curso académico 2008/09, polas epígrafes 1.3 ou 1.4, segundo corresponda.

13. Os servizos prestados no estranxeiro acreditaranse mediante certificacións expedidas polos ministerios de Educación dos respectivos países ou autoridades públicas competentes, en que deberán constar o tempo de prestación de servizos, con data de inicio e de fin do nomeamento, e o carácter de centro público ou privado, o nivel educativo e a materia impartida. Cando non se acredite o nivel educativo ou este non coincida co da convocatoria entenderanse como servizos prestados en diferente nivel educativo. Os ditos certificados deberán presentarse traducidos para o castelán ou galego.

14. Nas seguintes epígrafes, por cada mes súmanse as seguintes puntuacións:

– Na epígrafe 1.1: 0,0583 puntos.

– Na epígrafe 1.2: 0,0291 puntos.

– Na epígrafe 1.3: 0,0104 puntos.

– Na epígrafe 1.4: 0,0083 puntos.

15. A experiencia docente previa como profesor do Programa de profesores visitantes do Ministerio de Educación e Formación Profesional computarase como servizos docentes, sempre que se acredite mediante certificación do órgano competente en que conste o tipo de centro, a especialidade, o nivel educativo e a duración exacta dos servizos prestados, con data de inicio e de fin do nomeamento.

16. Non se valorará a experiencia como:

– Monitor/a.

– Bolseiro/a.

– Educador/a.

– Profesor/a invitado/a.

– Auxiliar de conversa.

– Lector/a.

– Nin outras actividades similares realizadas nos centros.

17. A experiencia docente no corpo de profesores de música e artes escénicas, especialidades de Caracterización e Indumentaria, Dramaturxia, Interpretación, Técnicas Gráficas, Teoría e Historia da Arte e Teoría Teatral computarase no corpo de profesores de música e artes escénicas, especialidades Caracterización, Dramaturxia e Escritura Dramática, Interpretación no Teatro do Texto, Técnicas Gráficas para a Escena, Estética e Historia da Arte e Teoría das Artes do Espectáculo, respectivamente.

18. O persoal participante que posúa experiencia docente nas especialidades que figuran na columna esquerda poderá optar por que lles sexa computada nunha das especialidades que figuran na columna dereita da seguinte táboa:

Especialidade anterior

Especialidade actual

Tecnoloxía de Electricidade

Sistemas Electrotécnicos e Automáticos

Organización e Proxectos de Sistemas Enerxéticos

Tecnoloxía Delineación

Construcións Civís e Edificación

Organización e Proxectos de Fabricación Mecánica

Organización e Proxectos de Sistemas Enerxéticos

Tecnoloxía Administrativa e Comercial

Administración de Empresas

Organización e Xestión Comercial

Tecnoloxía Química

Análise e Química Industrial

Procesos na Industria Alimentaria

Tecnoloxía Sanitaria

Procesos de Diagnóstico Clínico e Produtos Ortoprotésicos

Procesos Sanitarios

19. O persoal participante que posúa experiencia docente nas especialidades que figuran na columna esquerda poderá optar por que lles sexa computada nunha das especialidades que figuran na columna dereita da seguinte táboa:

Especialidade anterior

Especialidade actual

Prácticas do Metal

Mecanizado e Mantemento de Vehículos

Soldadura

Prácticas de Electricidade

Instalacións Electrotécnicas

Instalacións e Mantemento de Equipos Térmicos e Fluídos

Prácticas Administrativas e Comerciais

Procesos de Xestión Administrativa

Procesos Comerciais

Prácticas de Química

Laboratorio

Operacións de Procesos

Operacións e Equipamentos de Elaboración de Produtos Alimentarios

Prácticas Sanitarias

Procedementos de Diagnóstico Clínico e Ortoprotésico Procedementos Sanitarios e Asistenciais

Taller de Peiteado e Estética

Peiteado

Estética

Prácticas Agrarias

Operacións e Equipamento de Produción Agraria

Prácticas Hostalaría e Turismo

Cociña e Pastelaría

Servizos de Restauración

Disposición complementaria terceira. Baremación da epígrafe 2 (Formación académica)

1. A nota media da certificación académica persoal deberá estar calculada conforme ao disposto no Real decreto 1125/2003 do 5 de setembro (BOE núm. 224, do 18 de setembro). No caso de que non se remita a certificación académica persoal na que consten as puntuacións obtidas en todas as disciplinas e cursos esixidos para a obtención do título alegado, con indicación expresa da nota media numérica e, no seu defecto, se presente copia do título ou da certificación do pagamento dos dereitos de expedición, conforme ao Real decreto 1002/2010 do 5 de agosto (BOE núm. 190, do 6 de agosto), considerarase que a persoa aspirante obtivo a nota media de cinco (5,00 puntos).

No caso de que a titulación alegada corresponda a ensinanzas artísticas superiores, na certificación académica persoal achegada deberá constar a nota media numérica do expediente académico, e deberá estar calculada conforme ao disposto no artigo 5.3 do Real Decreto 1614/2009, de 26 de outubro, polo que se establece a ordenación das ensinanzas artísticas superiores reguladas pola Lei orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación.

No caso de que as titulacións alegadas sexan o Título de Profesor ou Título de Profesor Superior, expedidos ao abeiro do Decreto 2618/1966, do 10 de setembro, e o Diploma de cantante de ópera, expedido ao abeiro do Decreto 313/1970, do 29 de xaneiro, a nota media numérica do expediente académico deberá estar calculada conforme o sistema de cálculo establecido na Resolución do 15 de setembro de 2011, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (DOG nº 188, do 30 de setembro).

No caso de que non se remita a certificación académica persoal ou non figure a nota media de acordo co establecido nesta disposición, considerarase que a persoa aspirante obtivo a nota media de cinco (5,00 puntos).

A nota media das titulacións declaradas equivalentes só se computará cando a persoa aspirante alegue a dita titulación para o ingreso ao corpo e non posúa a titulación exixida con carácter xeral. Neste caso, se a titulación declarada equivalente non é unha titulación universitaria, non será de aplicación o real decreto a que se fai referencia no primeiro inciso deste punto e deberá achegarse expediente académico ou título no cal conste expresamente a nota media numérica obtida.

No caso de que non se remita o título ou a certificación académica persoal de acordo co establecido nesta disposición considerarase que a persoa aspirante obtivo a nota media de cinco (5,00 puntos).

Se no título ou na certificación académica non consta a nota media por tratarse dun título expedido ao abeiro da Lei 14/1970, do 4 de agosto, xeral de educación e financiamento da reforma educativa, procederase do seguinte xeito:

A certificación expedida polo centro educativo deberá expresar a nota media aritmética das cualificacións numéricas expresada con dúas cifras decimais, que se arredondarán á alza (maior ou igual ao 0,5). Se as cualificacións das materias veñen expresadas de forma cualitativa, a conversión para expedir a certificación da nota media numérica realizarase segundo a seguinte táboa de equivalencias:

Suficiente: 5,5.

Ben: 6,5.

Notable: 7,5.

Sobresaínte ou sobresaínte (matrícula de honra): 9.

No caso de que non se remita a certificación académica persoal con indicación expresa da nota media, calcularase a nota media numérica de conformidade coas equivalencias establecidas no parágrafo anterior, de ser o caso.

As persoas aspirantes con título obtido no estranxeiro deberán achegar a certificación expedida pola Administración educativa do país en que obtivo o título que indique a nota media deducida das cualificacións obtidas na carreira e exprese, ademais, a cualificación máxima e mínima que se pode obter de acordo co sistema académico correspondente para os efectos de determinar a súa equivalencia co sistema de cualificación español e ademais deberá achegar a correspondente Declaración de equivalencia da nota media de expedientes académicos universitarios realizados en centros estranxeiros, que poderá obterse de conformidade co disposto pola Resolución da Dirección Xeral de Política Universitaria do 21 de marzo de 2016, de forma gratuíta na sede electrónica do Ministerio de Educación e Formación Profesional mediante a seguinte ligazón: https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/gestion-titulos/estudios-universitarios/titulos-extranjeros/equivalencia-notas-medias.html

2. Nas subepígrafes 2.2.1 e 2.2.2 non se pode obter máis de 1 punto de xeito que unicamente se baremará un máster universitario oficial e un título de doutoramento. Na subepígrafe 2.2.3 unicamente se baremará un premio extraordinario de doutoramento.

3. O máster que habilita para o exercicio das profesións de profesor de educación secundaria obrigatoria e bacharelato, formación profesional e ensino de idiomas unicamente se valorará naqueles corpos en que non é exixible.

4. Para poder obter puntuación por outras titulacións universitarias de carácter oficial, deberá presentarse copia de cantos títulos se posúan, incluído o alegado para ingreso no corpo.

5. Na epígrafe 2.3 unicamente se valorarán as titulacións universitarias de carácter oficial que non fosen alegadas como requisito para o ingreso no corpo.

6. Non se valorarán na epígrafe 2.3 as ensinanzas propias universitarias (títulos propios) que se expidan conforme o artigo 36 do Real decreto 822/2021, do 28 de setembro, polo que se establece a organización das ensinanzas universitarias e do procedemento de aseguramento da súa calidade, e os estudos universitarios propios que sexan expedidos polas universidades no uso da súa autonomía.

7. Na subepígrafe 2.3.1 outorgarase 1 punto por cada diplomatura, enxeñaría técnica, arquitectura técnica ou títulos declarados equivalentes e polos estudos do primeiro ciclo dunha licenciatura, arquitectura ou enxeñaría, que non fosen alegados como requisito para ingreso no corpo.

8. Na subepígrafe 2.3.2 outorgarase 1 punto por cada un dos estudos correspondente ao segundo ciclo de licenciaturas, enxeñarías, arquitecturas ou títulos declarados legalmente equivalentes, que non fosen alegados como requisito para ingreso no corpo.

9. Valoraranse na subepígrafe 2.3.2 os seguintes títulos, sempre que non fosen presentados como requisito de ingreso ao corpo:

– Os títulos superiores de música, danza e arte dramática.

– Os títulos superiores das ensinanzas artísticas equivalentes a grao.

– Os títulos de grao.

10. Non se valorarán as declaracións de correspondencia de títulos oficiais aos niveis do Marco español de cualificacións para a educación superior, emitidos ao abeiro do disposto no Real decreto 967/2014, do 21 de novembro.

11.Os títulos obtidos no estranxeiro deberán estar homologados ou ter sido declarados equivalentes a titulación e nivel universitario oficial, de conformidade co establecido polo Real decreto 967/2014, do 21 de novembro.

No caso de títulos e estudos estranxeiros de educación non universitaria, deberá aterse ao Real decreto 104/1988, do 29 de xaneiro, sobre homologación e validación de títulos e estudos estranxeiros de educación non universitaria, e demais normativa concordante e de desenvolvemento.

12. As mencións correspondentes a un mesmo título non se valorarán como un novo título de grao.

13. Non se considerarán como títulos distintos as diferentes especialidades asentadas nunha mesma titulación.

14. As titulacións alegadas nas epígrafes 2.4.a), 2.4.c), 2.4.d) e 2.4.e) soamente se valorarán cando se acredite, a través da documentación xustificativa (título de bacharelato ou outros títulos) que non foron utilizadas para a obtención do título alegado para o ingreso ao corpo.

15. Na epígrafe 2.4.b) unicamente se baremarán as certificacións das escolas oficiais de idiomas de nivel avanzado C1 e C2 de acordo co Real decreto 1041/2017, do 22 de decembro, así como as equivalencias a elas establecidas no anexo II deste.

Na epígrafe 2.5 valoraranse as certificacións dun nivel de competencia lingüística C1 e C2 segundo o Marco común europeo de referencia para as linguas (MCERL) de conformidade coa Orde do 21 de xuño de 2016 pola que se modifica a Orde do 18 de febreiro de 2011 pola que se establece o procedemento de acreditación de competencia en idiomas do profesorado para impartir nunha lingua estranxeira áreas, materias ou módulos non lingüísticos nos centros docentes públicos dependentes desta consellería (DOG núm. 128, do 7 de xullo).

Na epígrafe 2.4.b) e na 2.5 valorarase un só certificado por cada nivel de idioma que se acredite. Non se valorará nesta epígrafe os certificados das escolas oficiais de idiomas que acrediten un nivel de lingua galega C1 toda vez que constitúe un requisito de ingreso aos corpos docentes nesta Administración.

Disposición complementaria cuarta. Outros méritos

1. Se no mesmo ano de convocatoria se concorrese a máis dun procedemento selectivo da mesma especialidade, poderá valorarse nesta epígrafe a superación da fase de oposición en máis dun procedemento selectivo o mesmo ano.

2. En ningún caso serán valorados aqueles cursos que teñan como finalidade a obtención dun título académico.

3. Non se valorarán os cursos cuxa finalidade sexa a obtención dos títulos ou certificacións que habilitan para a adquisición da formación pedagóxica e didáctica, necesaria para o exercicio da docencia, a que se refire o artigo 100.2 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

4. O curso de aptitude pedagóxica que habilita para o exercicio das profesións de profesor de educación secundaria obrigatoria e bacharelato, formación profesional e ensino de idiomas unicamente se valorará naqueles corpos en que non é exixible.

5. Para os efectos da epígrafe 3.2, valoraranse como cursos de formación as cinco modalidades de formación recollidas no artigo 8.1 da Orde do 14 de maio de 2013 pola que se regula a convocatoria, o recoñecemento, a certificación e o rexistro das actividades de formación permanente do profesorado en Galicia: cursos, seminarios, grupos de traballo, proxectos de formación en centros e congresos. Así mesmo, valoraranse os títulos propios que se expidan conforme o artigo 36 do Real decreto 822/2021, do 28 de setembro, polo que se establece a organización das ensinanzas universitarias e do procedemento de aseguramento da súa calidade.

6. Nas certificacións dos cursos organizados polas universidades deberá figurar a sinatura da súa reitoría ou vicerreitoría competente ou persoa en quen delegue. Non son válidas as certificacións asinadas polos departamentos ou polas persoas relatoras destes.

7. Cando os cursos ou actividades viñesen expresados en horas e créditos, atenderase ao número de horas considerando que cada dez (10) horas equivalen a un (1) crédito. Para o suposto de que algunha persoa aspirante presente algún curso ou actividade de formación en créditos ECTS (European Credit Transfer System) sen que figure o número de horas, considerarase que cada crédito ECTS equivale a 25 horas.

Os certificados en que non conste a duración en horas ou créditos non serán valorados, aínda que aparezan nestes os días ou meses durante os que tiveron lugar.

8. Non se baremarán os cursos de iniciación e perfeccionamento da lingua galega nin as validacións destes por ser un dos requisitos para acreditar o coñecemento da lingua galega.

9. Os cursos organizados polos conservatorios serán baremados na especialidade de Música do corpo de profesores de ensino secundario e en todas as especialidades do corpo de catedráticos e profesores de música e artes escénicas.

Disposición complementaria quinta. As persoas aspirantes non poderán ter máis de 15 puntos pola valoración dos seus méritos.

ANEXO III

Corpo de profesores de música e artes escénicas

Especialidades

Titulacións

Música

Título de profesor, expedido ao abeiro do Decreto 2618/1966, do 10 de setembro.

Diploma de cantante de ópera, expedido ao abeiro do Decreto 313/1970, do 29 de xaneiro.

Danza

Documentos acreditativos da completa superación de estudos oficiais de danza expedidos de conformidade co disposto no Real decreto 600/1999, do 16 de abril.

ANEXO IV

Corpo de profesores de artes plásticas e deseño

Especialidades

Titulacións

Conservación e Restauración de Obras Escultóricas

Título superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais, especialidade de Escultura.

Títulos recollidos no artigo 2 do Real decreto 440/1994, do 11 de marzo, correspondentes á sección de Escultura.

Conservación e Restauración de Obras Pictóricas

Título superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais, especialidade de Pintura.

Títulos recollidos no artigo 2 do Real decreto 440/1994, do 11 de marzo, correspondentes á sección de Pintura.

Deseño de Interiores

Título de Deseño, especialidade Deseño de Interiores.

Deseño de Moda

Título de Deseño, especialidade Deseño de Moda.

Deseño Gráfico

Título de Deseño, especialidade Deseño Gráfico.

ANEXO V

Corpo de mestres de taller de artes plásticas e deseño

Especialidades

Título de técnico superior de artes plásticas e de deseño e título declarado equivalente conforme o Real decreto 440/1994, do 11 de marzo, e a Orde do 14 de maio de 1999

Dourado e Policromía

Artes Aplicadas da Madeira

Fotografía e Procesos de Reprodución

Gráfica Publicitaria

Ilustración

Fotografía Artística

Talla en Pedra e Madeira

Artes Aplicadas da Escultura

Artes Aplicadas da Madeira

Artes Aplicadas da Pedra

Técnicas de Gravado e Estampación

Edición de Arte

Gravado e Técnicas de Estampación

Ilustración

Técnicas do Metal

Artes Aplicadas da Escultura

Artes Aplicadas do Metal

ANEXO VI

Lingua galega

Tema 1. Formación da lingua galega. Niveis de lingua e tratamento escolar.

Tema 2. A realidade actual da lingua: status legal e escolar. A normalización lingüística no ensino.

Tema 3. Particularidades fonéticas, morfosintácticas e léxicas do galego en relación coas linguas limítrofes. Tratamento escolar das interferencias.

Tema 4. Vocalismo e consonantismo.

Tema 5. O texto. Temas e subtemas. Esquema oracional. Oración simple e composta. Coordinación e subordinación.

Tema 6. O substantivo e o adxectivo. Oracións subordinadas substantivas. Oracións subordinadas adxectivas.

Tema 7. Pronomes persoais. Formas, funcións e colocación con respecto ao verbo.

Tema 8. Artigos, posesivos, demostrativos, numerais, indefinidos e interrogativos.

Tema 9. O verbo. Verbos irregulares. A perífrase.

Tema 10. Adverbios, preposicións, conxuncións e interxeccións. As oracións subordinadas adverbiais.

missing image file