Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Venres, 28 de outubro de 2022 Páx. 57062

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO do 1 de setembro de 2022 de requirimento de xestión da biomasa.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación co artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, notifícanselles por medio deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, Diario Oficial de Galicia e taboleiro de anuncios do Concello de Vigo aos interesados que resultan descoñecidos, dos cales se ignora o lugar da notificación ou ben, intentada a notificación persoal, non se puido efectuar, as resolucións dos procedementos que se citan a continuación.

Para os efectos do cómputo de prazos nos correspondentes procedementos administrativos que se citan, computaranse desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

As resolucións que se notifican cos datos que figuran no anexo teñen o seguinte texto íntegro:

En cumprimento da Lei do Parlamento de Galicia 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (LPDIFG), particípolle que o concelleiro da Área de Parques, Xardíns, Comercio, Distritos e Festas Especiais, por delegación de competencias do alcalde, do 4 de setembro de 2020, ditou con data do (véxase o anexo) a seguinte resolución:

«Número de expediente: (véxase o anexo).

Resolución de requirimento en que se lembra a obriga de execución de xestión da biomasa incluída e, de ser o caso, a retirada de especies arbóreas prohibidas.

Datos da parcela:

– Referencia catastral: (véxase o anexo).

– Superficie: (véxase o anexo).

– Enderezo: (véxase o anexo).

Datos do/dos responsable/s.

Titular/es do predio: (véxase o anexo).

I. Antecedentes.

1. O Concello de Vigo constatou no ano 2022 que na parcela sinalada no encabezamento, da cal se descoñecen os datos do titular catastral e, polo tanto, do titular do dereito de aproveitamento sobre a dita parcela, está sen xestionar a biomasa –maleza– e sen retirar as especies arbóreas prohibidas, tales coma piñeiros, mimosas, acacias e eucaliptos.

II. Fundamentos de dereito.

1. O titular do dereito de aproveitamento sobre a dita parcela é responsable e ten a obriga de xestionar a biomasa vexetal, de acordo cos criterios estipulados na Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (LPDIFG), e na súa norma de desenvolvemento (Orde do 31 de xullo de 2007, criterios de xestión da biomasa; DOG do 7 de agosto de 2007), antes de que remate o mes de maio de cada ano, ao abeiro do establecido nos artigos 21, 21.ter, 22, disposición adicional terceira da citada lei e ao estar incluída a citada parcela, total ou parcialmente, na rede secundaria de faixa de xestión da biomasa do Plan municipal de prevención e defensa contra os incendios forestais do Concello de Vigo –PMPDIF– aprobado definitivamente pola Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo (XGL) do 2 de abril de 2020 (BOPPO do 24 de abril de 2020), e que pode consultar nas dependencias da casa do concello de Vigo e na web municipal no enderezo: http://www.vigo.org/faixas

Tamén, con carácter xeral, ten a obriga de retirar as seguintes especies arbóreas prohibidas: piñeiros, mimosas, acacias e eucaliptos, sen prexuízo do establecido na disposición transitoria terceira.2. da citada lei.

2. Tal e como comprobou a Administración municipal, non cumpriu coas referidas obrigas de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas na dita parcela, polo que procede efectuar o requirimento e as advertencias que sinala o artigo 22 da citada norma legal.

3. É competente para ditar esta resolución o alcalde, ao abeiro dos artigos 7 e 16.5 da LPDIFG. Non obstante, a dita competencia delegouna no concelleiro delegado da Área de Parques, Xardíns, Comercio, Distritos e Festas Especiais, segundo a Resolución do 4 de setembro de 2020.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Requirir os propietarios para que procedan á xestión da biomasa vexetal e á retirada das especies arbóreas prohibidas na parcela situada en (véxase o anexo) Vigo, con referencia catastral (véxase anexo), no prazo de quince días naturais desde o seguinte ao da notificación desta resolución (artigo 22.2 da LPDIFG).

A corta do arboredo prohibido está suxeita á presentación de declaración responsable previa perante a Xefatura Territorial da consellería competente en materia de montes da Xunta de Galicia, ao abeiro do artigo 5.4.c) da Orde do 20 de abril de 2018 da Consellería do Medio Rural (DOG do 26 de abril de 2018).

Os traballos deberanse realizar conforme o establecido na lexislación de aplicación e, en especial, as máquinas e os equipamentos que se utilicen deberán cumprir co establecido no artigo 39 da LPDIFG.

Segundo. Apercibilo/la de que, transcorrido o citado prazo sen que leve a cabo a xestión da biomasa vexetal ou a retirada das especies arbóreas prohibidas, o Concello de Vigo procederá á execución forzosa de forma susidiaria da referida actuación, por si ou por persoa que determine e á custa do obrigado, e que repercutirán a el/ela os custos da xestión da biomasa e, de ser o caso, o comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración nas condicións legalmente establecidas (artigo 22.2 da LPDIFG). Así mesmo, advírteselle tamén que, ante a falta de atención deste apercibimento, as obrigas de xestión para os anos seguintes deberán estar completadas antes do primeiro día de abril e, transcorrida esta data e comprobado polos servizos técnicos da Administración competente a falta de xestión, poderá procederse de modo inmediato, sen máis trámite, á execución subsidiaria desta.

Terceiro. No suposto de execución forzosa de forma subsidiaria, está obrigado/a a facilitar os accesos necesarios para realizar os traballos de xestión da biomasa ou retirada das especies arbóreas prohibidas, sen que sexa preciso o seu consentimento, salvo naqueles supostos excepcionais en que o acceso afecte, dentro da parcela, espazos físicos susceptibles de merecer a cualificación de domicilio para os efectos do artigo 18.2 da Constitución, caso en que se deberá pedir a correspondente autorización xudicial para a entrada neles se non se conta coa súa autorización (artigo 22.6 da LPDIFG).

Cuarto. Cando non se poida determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa vexetal ou a retirada das especies arbóreas prohibidas, cando se ignore o lugar de notificación ou cando, intentada esta, non se poida efectuar a notificación da comunicación, esta farase por medio dun anuncio publicado no DOG, no BOE e no taboleiro de anuncios do Concello. Nestes supostos, o prazo para o cumprimento computarase desde a publicación do anuncio no BOE (artigo 22.3 da LPDIFG).

Quinto. Advertirlle tamén que, no caso de que persista no incumprimento, logo do transcurso do prazo indicado no punto primeiro desta resolución, é constitutivo dunha infracción administrativa de carácter leve, e que o órgano competente para incoar e resolver o procedemento sancionador é o titular da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia. Na resolución de incoación do procedemento sancionador adoptarase a medida cautelar de comiso das especies arbóreas prohibidas, cuxo destino será o seu alleamento pola Administración municipal (artigos 22.4, 50 a 54 da LPDIFG e 67 a 80 da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes).

Sexto. Tamén, simultaneamente, outorgarlle un trámite de audiencia polo prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución, con carácter previo á resolución da orde de execución forzosa de forma subsidiaria que proceda conforme o establecido no punto segundo desta resolución, ben entendido que este trámite de audiencia non suspende o prazo que sinala no punto primeiro desta resolución.

Sétimo. No momento en que proceda á limpeza da parcela (xestión da biomasa) nos termos establecidos nesta resolución, prégaselle que o comunique de inmediato a esta administración municipal mediante escrito que poderá presentar no Concello de Vigo a través do Rexistro Xeral, do Rexistro electrónico no enderezo https://sede.vigo.org/expedientes/sede/?lang=ga#2 ou noutra forma das legalmente previstas.

Vigo, 1 de setembro de 2022

O alcalde
P.D. (Resolución do 4.9.2020)
Ángel Rivas González
Concelleiro delegado da Área de Parques, Xardíns, Comercio,
Distritos e Festas Especiais

Información adicional:

– Os datos indicados sobre a parcela son os que resultan da información contida no Catastro de bens inmobles do Ministerio de Facenda; tal e como establece a lexislación aplicada. Para calquera aclaración ou rectificación de erro sobre os datos da parcela deberase dirixir á correspondente delegación do Catastro (Oficina Catastro en Vigo, rúa Lalín, 2, 36271 Vigo), sen prexuízo da posterior comunicación ao Concello de Vigo no enderezo de correo abaixo indicadado, achegando copia do documento presentado na oficina catastral.

– Para calquera consulta, aclaración, información complementaria ou cita poderase dirixir ao Servizo de Montes, Parques e Xardíns do Concello de Vigo a través do seguinte enderezo de correo electrónico: faixassecundarias@vigo.org

ANEXO

O anexo cos datos catastrais das parcelas pódese consultar na seguinte ligazón:

https://www.boe.es/boe_n/dias/2022/08/25/not.php?id=BOE-N-2022-951439