Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Mércores, 9 de novembro de 2022 Páx. 58527

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 18 de outubro de 2022, do Servizo de Mobilidade de Ourense, polo que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres (expediente OU-00618-O-2022 e seis máis).

A persoa titular do Servizo de Mobilidade de Ourense acordou a incoación do expediente sancionador OU-00618-O-2022 e seis máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanselles os acordos de incoación ditados ás persoas interesadas.

Son informadas de que os expedientes sancionadores están á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade de Ourense.

Outorgáselles un prazo quince días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, para alegaren o que consideren conveniente, presentando ou propoñendo as probas que consideren oportunas.

No suposto de que decidan voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.

Ourense, 18 de outubro de 2022

Ángel Míguez López
Xefe do Servizo de Mobilidade de Ourense

ANEXO

Expediente

Matrícula

DNI/CIF denunciado

Infracción denunciada

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

OU-00618-O-2022

PO-5162-BP

44476604D

A utilización do tacógrafo sen realizar a súa calibración ou revisión periódica nos prazos e forma establecidos.

5.4.2022; 19.25; N-525; 187,0

Artigo 140.34 da LOTT

Artigo 197.39 do ROTT

Artigo 143.1.g) da LOTT

1.001 euros

OU-00855-O-2022

0702-CHL

10806743D

A realización de transporte privado carecendo de autorización.

11.5.2022; 18.00; A-52; 202,0

Artigo 141.14 da LOTT

Artigo 198.18 do ROTT

Artigo 201.1.e) do ROTT

Artigo 143.1 da LOTT

601 euros

OU-01140-O-2022

0769-LKG

35601130M

Transportar mercadorías perigosas carecendo dos paneis de cor laranxa ou de calquera outra sinalización exixible relativa ás mercadorías contidas, así como levalos ilexibles.

8.6.2022; 12.45; A-52; 202,0

Artigo 197.16.5 do ROTT

Artigo 140.15.5 da LOTT

Artigo 201.i) do ROTT

Artigo 143.1 da LOTT

4.001 euros

OU-01143-O-2022

0769-LKG

35601130M

Exceso de peso superior ao 5 %.

8.6.2022; 12.15; A-52; 202,0

Artigo 142.2 da LOTT

Artigo 143.1.c) da LOTT

301 euros

OU-01145-O-2022

0769-LKG

35601130M

Transportar mercadorías perigosas carecendo dos extintores ou de calquera outro medio de extinción de incendios que resulte obrigatorio en función do vehículo ou da carga transportada, ou dispoñer duns cuxa correcta utilización non estea garantida.

8.6.2022; 13.15; A-52; 202,0

Artigo 141.5.3 da LOTT

Artigo 198.6.3 do ROTT

Artigo 143.1 da LOTT

Artigo 201.f) do ROTT

801 euros

OU-01147-O-2022

0769-LKG

35601130M

Transportar mercadorías perigosas a granel utilizando un vehículo, contedor ou calquera outro recipiente ou depósito cuxo uso non estea permitido ou que sexa distinto aos prescritos nas normas que regulen o transporte das mercadorías de que se trate.

8.6.2022; 12.58; A-52; 202,0

Artigo 197.16.7 do ROTT

Artigo 140.15.7 da LOTT

Artigo 143.1 da LOTT

Artigo 201.i) do ROTT

4.001 euros

OU-01148-O-2022

0769-LKG

35601130M

Transportar mercadorías perigosas sen levar a bordo do vehículo unha carta de porte (ou calquera outra documentación exixible) que cubra todas as mercadorías transportadas, levala sen consignar cales son estas ou levala ilexible.

8.6.2022; 12.30; A-52; 202,0

Artigo 140.15.8 da LOTT

Artigo 197.16.8 do ROTT

Artigo 143.1 da LOTT

Artigo 201.i) do ROTT

4.001 euros