Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Xoves, 10 de novembro de 2022 Páx. 58652

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 2022, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación de aspirantes definitivamente seleccionados/as no concurso-oposición para o ingreso na categoría de médico/a de admisión e documentación clínica e se inicia o prazo para a elección de destino.

Mediante a Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, do 13 de xuño de 2022 (Diario Oficial de Galicia núm. 119, do 22 de xuño) habilitouse o prazo dun mes para que os/as aspirantes seleccionados/as no proceso selectivo para o acceso á categoría de médico/a de admisión e documentación clínica, convocado pola Resolución do 13 de decembro de 2019 (Diario Oficial de Galicia núm. 246, do 27 de decembro), modificada pola Resolución do 21 de decembro de 2020, presentasen a documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos da convocatoria.

A base novena da Resolución do 13 de decembro de 2019 (Diario Oficial de Galicia núm. 246, do 27 de decembro), de convocatoria do proceso, dispón que os/as aspirantes que dentro do prazo fixado non presentasen a documentación ou do exame dela se deducise que carecen dalgún dos requisitos para participar no presente proceso selectivo non poderán ser nomeados/as persoal estatutario fixo e quedarán anuladas as súas actuacións.

A mesma base dispón que, comprobada a documentación de todos/as os/as aspirantes aprobados/as, a Dirección Xeral de Recursos Humanos publicará no Diario Oficial de Galicia a relación de aspirantes definitivamente seleccionados/as, as prazas que se lles oferten e o procedemento e o prazo para que estes/as manifesten a súa opción polos destinos ofertados.

En virtude do exposto, comprobada a documentación dos/das aspirantes e finalizados os prazos de impugnación administrativa contra a Resolución do 13 de xuño de 2022 pola que se fai público o acordo do tribunal da categoría de médico/a de admisión e documentación clínica, relativos á baremación definitiva da fase de concurso, esta dirección, como órgano convocante do proceso,

RESOLVE:

Primeiro. Publicar como anexo I, a relación de aspirantes definitivamente seleccionados/as no concurso-oposición para o ingreso na categoría de médico/a de admisión e documentación clínica segundo a orde que, en aplicación das bases da convocatoria, se deberá seguir para os efectos da adxudicación de destino.

Segundo. Aprobar a relación de destinos que se ofertan aos/ás aspirantes seleccionados/as neste proceso, e que figura como anexo II desta resolución.

Terceiro. Abrir un prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao desta publicación para que os/as aspirantes que constan nesta resolución seleccionen telematicamente, a través do sistema de información Fides/expedient-e, os destinos ofertados por orde de prelación.

No procedemento de selección de destinos resultarán de aplicación as bases aprobadas pola Resolución desta dirección do 28 de maio de 2020 (Diario Oficial de Galicia núm. 109, do 5 de xuño).

Os/as aspirantes que, neste prazo e conforme o procedemento establecido, non seleccionen ningún destino ou non resulten adxudicatarios/as de ningún polos que optasen, non poderán ser nomeados/as persoal estatutario fixo e quedarán sen efecto todas as súas actuacións neste proceso.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante este órgano directivo, no prazo dun mes a partir do día seguinte á súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderase impugnar directamente na xurisdición contencioso-administrativa nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2022

Ana María Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde

ANEXO I

Relación de aspirantes definitivamente seleccionados/as

Médico/a de admisión e documentación clínica

DNI

Apelidos e nome

Acceso

Nota OPE

Formación

Experiencia

Docencia, investigación e innovación

Total

1

***8401**

Pérez García, Margarita

PI

37,250

6,975

11,710

2,725

58,660

2

***8286**

Sanz Falque, Iván

LI

55,625

4,410

6,428

0,000

66,463

3

***3533**

Díaz López, Enrique

LI

42,750

6,550

16,350

0,400

66,050

4

***8714**

Herranz Urbasos, María

LI

41,375

6,600

14,865

1,184

64,024

5

***0475**

Pérez Cachafeiro, Santiago

LI

41,375

7,090

8,560

4,000

61,025

Acceso: LI: libre; PI: promoción interna.

(*) Ocúltase parcialmente o número de documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro.

ANEXO II

Destinos que se ofertan

Médico/a de admisión e documentación clínica

Centro directivo

Centro/s

Quenda

Concello

Núm. prazas

A.S. de Ferrol

Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol

-

Ferrol

1

A.S. de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos

Complexo Hospitalario Universitario de Lugo

-

Lugo

1

A.S. de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos

Hospital Público de Monforte

-

Monforte de Lemos

1

A.S. de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

Complexo Hospitalario Universitario de Ourense

-

Ourense

1

A.S. de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

Hospital Público de Valdeorras

-

Barco de Valdeorras, O

1