Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Luns, 14 de novembro de 2022 Páx. 59075

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

ORDE do 11 de novembro de 2022 pola que se modifica a Orde do 28 de xullo de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas por danos nas explotacións forestais, agrícolas ou gandeiras previstas polo Decreto 130/2022, do 21 de xullo, de medidas urxentes de axuda para a reparación de danos causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de xullo de 2022, e se convocan para o ano 2022 (códigos de procedemento MR616A e MR616C).

A Orde do 28 de xullo de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas por danos nas explotacións forestais, agrícolas ou gandeiras previstas polo Decreto 130/2022, do 21 de xullo, de medidas urxentes de axuda para a reparación de danos causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de xullo de 2022, e se convocan para o ano 2022 (códigos de procedemento MR616A e MR616C), debe ser modificada para permitir que as persoas beneficiarias poidan acollerse á ampliación do prazo de xustificación dos traballos subvencionados, tendo en consideración a necesidade de flexibilizar este prazo por mor das dificultades que presenta a xestión dunha subvención outorgada de forma tan urxente para acometer as dificultades de reparación de danos causados de forma imprevista a causa dos incendios.

Consecuentemente con todo o anterior, esta consellería, no exercicio das facultades conferidas polo artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo único. Modificación da Orde do 28 de xullo de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas por danos nas explotacións forestais, agrícolas ou gandeiras previstas polo Decreto 130/2022, do 21 de xullo, de medidas urxentes de axuda para a reparación de danos causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de xullo de 2022, e se convocan para o ano 2022 (códigos de procedemento MR616A e MR616C)

A Orde do 28 de xullo de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas por danos nas explotacións forestais, agrícolas ou gandeiras previstas polo Decreto 130/2022, do 21 de xullo, de medidas urxentes de axuda para a reparación de danos causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de xullo de 2022, e se convocan para o ano 2022 (códigos de procedemento MR616A e MR616C), queda modificada como segue:

Primeiro. O número 1 do artigo 30 queda redactado como segue:

«1. O prazo para executar e xustificar as axudas concedidas neste capítulo remata o día 2 de decembro de 2022 para a anualidade 2022 e o día 31 de xullo de 2023 para a anualidade 2023. Atendendo ao artigo 32 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, poderase conceder unha ampliación do prazo establecido, que non exceda a metade deste, se as circunstancias o aconsellan e con isto non se prexudican dereitos dun terceiro. Esta ampliación deberá solicitarse, como máximo, un mes antes de que acabe o prazo de execución. Os acordos sobre ampliación dos prazos ou sobre a súa denegación non serán susceptibles de recurso.

De conformidade co disposto no artigo 67.4 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e co disposto no artigo 3.4 do Decreto 130/2022, do 21 de xullo, de medidas urxentes de axuda para a reparación dos danos causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de xullo de 2022, no caso de efectuarse pagamentos á conta, as persoas beneficiarias quedarán exentas da obriga de constituír garantías».

Segundo. O número 1 do artigo 47 queda redactado como segue:

«1. O prazo para executar e xustificar as axudas concedidas neste capítulo remata o día 2 de decembro de 2022 para a anualidade 2022 e o día 28 de abril de 2023 para a anualidade 2023. Atendendo ao artigo 32 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, poderase conceder unha ampliación do prazo establecido, que non exceda a metade deste, se as circunstancias o aconsellan e con isto non se prexudican dereitos dun terceiro. Esta ampliación deberá solicitarse, como máximo, un mes antes de que acabe o prazo de execución. Os acordos sobre ampliación dos prazos ou sobre a súa denegación non serán susceptibles de recurso.

De conformidade co disposto no artigo 67.4 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e co disposto no artigo 3.4 do Decreto 130/2022, do 21 de xullo, de medidas urxentes de axuda para a reparación dos danos causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de xullo de 2022, no caso de efectuarse pagamentos á conta, as persoas beneficiarias quedarán exentas da obriga de constituír garantías».

Disposición derradeira única

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2022

José González Vázquez
Conselleiro do Medio Rural