Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Martes, 15 de novembro de 2022 Páx. 59252

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 2022 pola que se declara deserto o proceso selectivo para o ingreso como persoal laboral fixo na categoría de técnico/a medio de actividades aeroespaciais, polo sistema de promoción interna.

Mediante a Resolución do 25 de novembro de 2021, publicada no Diario Oficial de Galicia do 9 de decembro, a Universidade de Vigo convocou un proceso selectivo para o ingreso como persoal laboral fixo do grupo II, na categoría de técnico/a medio de actividades aeroespaciais, polo sistema de promoción interna.

Ao non se presentar ningún candidato ao primeiro exercicio da fase de oposición desta convocatoria, esta reitoría resolve declarar deserto o citado proceso selectivo.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Con todo, as persoas interesadas poderán optar por interpoñer contra esta resolución recurso de reposición, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, ante o mesmo órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se producise a desestimación presunta do recurso de reposición interposto, segundo o previsto no artigo 123.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 7 de novembro de 2022

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo