Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Luns, 21 de novembro de 2022 Páx. 60383

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 29 de agosto de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Val do Dubra (expediente IN407A 2022/118-1).

Expediente: IN407A 2022/118-1.

Promotora: Central Eléctrica Industrial, S.L.

Denominación da instalación: CS O Corgo, LBTS e LMTS derivada a Fernande.

Concello: Val do Dubra.

Feitos:

1. O 5.4.2022, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da dita instalación de distribución eléctrica, co fin de mellorar a subministración eléctrica da zona de distribución e executar o plan de investimentos solicitado para o ano 2022 pola Central Eléctrica Industrial, S.L.

Achegan o proxecto que inclúe memoria, planos e orzamento, ao abeiro do artigo 123 do Real decreto 1955/2000, que abrangue os seguintes documentos:

– Proxecto de execución denominado CS O Corgo, LBTS e LMTS derivada a Fernande, asinado por Xosé López Seoane, enxeñeiro industrial con núm. de colexiado 2.745 de Galicia, o 1.4.2022, con núm. de visado 20220893, do 5.4.2022.

2. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, segundo o artigo 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

3. Consonte os artigos 127.1 e 127.2 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, déuselles traslado ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectadas dunha separata do proxecto, na parte en que a instalación puider prexudicar bens e dereitos ao seu cargo, que contén as características da instalación e a documentación cartográfica correspondente, solicitóuselles o preceptivo informe ao Concello de Val do Dubra, a AXI, Augas de Galicia, Deputación Provincial da Coruña e a Patrimonio Cultural. Central Eléctrica Industrial, S.L. manifestou a súa conformidade coas condicións emitidas.

4. Os servizos técnicos da Xefatura Territorial emitiron o informe favorable sobre a devandita solicitude.

Consideracións legais e técnicas:

1. O xefe territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia; no Decreto 73/2022, do 25 de maio, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia, e no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación.

2. A lexislación aplicable a este expediente é a que a seguir se relaciona:

a) A Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

b) O Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

c) O Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 á 09.

d) O Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 á 23.

e) O Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

f) A Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).

3. As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:

– Desmantelamento do tramo da LMTA (LP) O Mercuto-A Ponte Vilariño (DER) (IN407A 2016/1161-1) a 20 kV, de 172 m, condutor tipo LA-56 Al, con orixe no apoio núm. CT-33 de celosía C-2000/16 existente e remate no apoio existente núm. 33-34 de celosía C-500/16, que se substitúe por celosía C-4500/14 e se renomea como núm. A1-34. Mantense o condutor por motivos mecánicos.

– Desmantelamento do treito da LMTA derivación (DER) a Fernande (IN407A 2016/1162-1), a 20 kV, de 186 m, con condutor tipo LA-30 Al, con orixe no apoio que se retirará núm. A5-1 de celosía C-1000/12 e remate no apoio que se retirará núm. 1-2, de formigón HVH-1000/13.

– E/S CS O Corgo proxectado (LMT1): LMTS a 20 kV, de 218 m, con condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, con orixe no CST Fondón (IN407A 2018/189-1), en cela de liña existente e remate no CS proxectado.

– Saída do CS O Corgo proxectado (LMT2): LMTS a 20 kV, de 23 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, con orixe no CS O Corgo proxectado e remate no apoio que se substituirá núm. A1-34 por celosía C-4500/14.

– S/E CS O Corgo proxectado (LMT3): LMTS a 20 kV, de 603 m, con condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, con orixe no CS O Corgo proxectado e remate no apoio que se substituirá núm. A10-1 por celosía C-4500/14.

– CS O Corgo compacto prefabricado, de manobra interior e configuración 1IA+3L.

4. No expediente consta o informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o sinalado,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción á devandita instalación de distribución eléctrica.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada deberá achegar ante esta xefatura territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:

I. As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

II. Un certificado do/da director/a da montaxe no cal se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.

4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren adecuado.

Mediante este documento notifícaselle á empresa promotora esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

A Coruña, 29 de agosto de 2022

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña