Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Luns, 21 de novembro de 2022 Páx. 60376

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 14 de novembro de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, coa necesidade de urxente ocupación, a autorización administrativa de construción, o proxecto de interese autonómico e o estudo de impacto ambiental do parque eólico Lamas II, situado nos concellos de Baltar, Calvos de Randín e Os Blancos, na provincia de Ourense (expediente IN408A 2021/004).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental; na Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia; no artigo 33 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, e nas demais normas de aplicación vixentes, sométese a información pública a solicitude relacionada coas instalacións que se describen a seguir:

Solicitante: Greenalia Wind Power Lamas II, S.L.U.; CIF: B70615059.

Denominación do proxecto: parque eólico Lamas II.

Concellos afectados: Baltar, Calvos de Randín e Os Blancos (Ourense).

Potencia que se vai instalar: 15 MW.

Número de aeroxeradores: 3×5 MW de potencia nominal unitaria.

Produción neta estimada: 47.334 MWh/ano.

Prazo de execución: 8 meses.

Orzamento de execución material: 11.476.452,50 €.

Localización: (coordenadas UTM, fuso 29 ETRS89).

As coordenadas que definen a poligonal do parque eólico son:

Vértice

X

Y

V1

601.015

4.645.357

V2

597.098

4.645.357

V3

596.876

4.646.282

V4

597.397

4.647.120

V5

598.268

4.647.466

V6

601.723

4.647.292

A área que define a poligonal anterior ten unha superficie de 858,48 ha.

As coordenadas previstas en proxecto para os aeroxeradores e para o centro de seccionamento e control (CSC) do parque son:

X

Y

AE 01

598.520

4.647.113

AE 02

600.667

4.646.075

AE 03

601.122

4.646.562

CSC

598.563

4.645.719

Características técnicas recollidas no proxecto:

– 3 aeroxeradores modelo Siemens Gamesa SG145 de 5 MW de potencia unitaria, cunha altura de buxa de 127,5 m, diámetro de rotor de 145 m, cos seus correspondentes centros de transformación, situados na propia góndola dos aeroxeradores, con potencia unitaria de 6.000 kVA e relación de transformación de 0,69/30 kV.

– Rede eléctrica soterrada a 30 kV, de interconexión en serie entre os centros de transformación dos aeroxeradores e o centro de seccionamento e control (CSC) do parque eólico, composta por dous circuítos con condutores de aluminio tipo RHZ1-OL 18/30 kV de 240 mm2 de sección, o circuíto 1 para a interconexión do aeroxerador AE 01 co CSC e o circuíto 2 para os AE 03 a AE 02 co CSC.

– Centro de seccionamento e control (CSC) do parque eólico cos seguintes elementos: unha posición con transformador de SS.AA. de 50 kVA 0,4/30 kV; unha posición de medida; dúas posicións de liña para a conexión dos aeroxeradores; e unha posición de saída de liña de protección xeral á subestación do parque eólico Lamas de Feás (expediente IN661A 2011/05-3 AT).

– Circuíto de evacuación soterrado a 30 kV, de interconexión entre o centro de seccionamento e control do parque eólico Lamas II e as celas de entrada da subestación do parque eólico Lamas de Feás, composto por un circuíto con condutores de aluminio tipo RHZ1-OL 18/30 kV de 500 mm2 de sección.

O obxecto da información pública será a autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, a necesidade de urxente ocupación que iso implica, a autorización administrativa de construción, o proxecto de interese autonómico e o estudo de impacto ambiental do parque eólico. A declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, a necesidade da urxente ocupación para os efectos da expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.

Documentación que se expón:

1. O proxecto de execución, visado o 7.11.2022.

2. A relación concreta e individualizada dos propietarios de bens e de dereitos afectados (RBDA), asinada o 10.11.2022.

3. O estudo de impacto ambiental (EIA), asinado o 30.11.2021.

4. O proxecto de interese autonómico, visado o 7.11.2022.

O que se fai público, de conformidade co artigo 33.10 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, para o coñecemento xeral e, se for o caso, presentar as alegacións ou observacións que se coiden oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.

Órgano competente: o órgano competente para autorizar o proxecto da referida instalación eléctrica é a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais.

Procedemento de avaliación ambiental: o proxecto da referida instalación eléctrica está suxeito a avaliación de impacto ambiental ordinaria, segundo o establecido no artigo 7.1.a) da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

Toda a documentación se poderá examinar na Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación en Ourense, rúa Curros Enríquez, nº 1, 32003 Ourense, nos concellos afectados e na seguinte ligazón web da Consellería:

https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-de-xeracion

Ourense, 14 de novembro de 2022

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados polo parque eólico Lamas II (IN408A 2021/004)
nos concellos de Baltar, Calvos de Randín e Os Blancos

Predio

Propietario/a

Parcela

Afeccións (m2)

Titularidade proposta

Datos catastrais

Pleno domino

Serv. de paso

Serv.
de voo

O.T. (provisións)

Pol.

Parc.

Ref. catastral

Lugar

Cultivo

Cim.

Plat.

Csc

Vía

Gabia

Concello de Calvos de Randín

1

CMVMC Aguioncha Cebreiro e Gorveliña

046

00428

32017A04600428

Cebreiro

Matogueira

48

22

Concello dos Blancos

2

Comunidade de Montes de Fonte Arcada

066

00637

32013A06600637

Esperón

Pastos/labor/carballos

2.792

511

3

Comunidade de Montes de Fonte Arcada

066

00686

32013A06600686

Serra Ladeiras

Pastos/labor/carballos/matogueira

391

6.110

2.184

1.046

11.767

4

Lama Lama, Margarita

066

00661

32013A06600661

O Pesón

Matogueira

43

5

Loureiro Salinas, José

066

00662

32013A06600662

O Pesón

Matogueira

6

57

6

Barrio Gómez, José Ramón

Barrio Gómez, Julio

066

00663

32013A06600663

O Pesón

Matogueira

33

63

7

Comunidade de Montes de Fonte Arcada

Comunidade de Montes Veciñais en Man Común Esperón Serra Ladei

066

09017

32013A06609017

Estrada

VT vía de comunicación

126

4.594

963

8

García Cuquejo, María

García Cuquejo, Rosa

066

00664

32013A06600664

O Pesón

Matogueira

165

108

9

Lama Lama, Margarita

066

00263

32013A06600263

O Pesón

Matogueira

25

10

Loureiro Salinas, José

066

00264

32013A06600264

O Pesón

Matogueira

25

11

Barrio Gómez, José Ramón

Barrio Gómez, Julio

066

00265

32013A06600265

O Pesón

Matogueira

41

12

Olmos González, Rosa María

Olmos Mourin, Jesús

Olmos Mourin, Elena

Olmos González, María Teresa

Olmos González, José

Olmos González, Porfirio (herdeiros de)

066

00665

32013A06600665

O Pesón

Matogueira

170

90

13

Galante Barja, Rogelio

066

00266

32013A06600266

Fonte de Vellas

Matogueira

160

14

Olmos González, Rosa María

Olmos Mourin, Jesús

Olmos Mourin, Elena

Olmos González, María Teresa

Olmos González, José

Olmos González, Porfirio (herdeiros de)

066

00267

32013A06600267

O Pesón

Matogueira

260

15

Opazo Otero, Josefa

Opazo Otero, Rosa

066

00666

32013A06600666

O Pesón

Matogueira

202

101

16

Opazo Otero, Josefa

Opazo Otero, Rosa

066

00268

32013A06600268

O Pesón

Matogueira

284

17

Descoñecido

066

00690

32013A06600690

O Corno

Prados ou pradarías

343

18

Gil Casal, Camilo (herdeiros de)

066

00667

32013A06600667

O Pesón

Matogueira

146

19

Gil Casal, Camilo (herdeiros de)

066

00269

32013A06600269

O Pesón

Matogueira

281

20

Lama Molinos, Isolina (herdeiros de)

066

00270

32013A06600270

O Pesón

Matogueira

461

21

Lama Molinos, Isolina (herdeiros de)

066

00668

32013A06600668

O Pesón

Matogueira

113

22

Lama Molinos, María

066

00271

32013A06600271

O Pesón

Matogueira

379

23

Comunidade de Montes Veciñais en Man Común Esperón Serra Ladei

066

00636

32013A06600636

Serra Ladeiras

Pastos/improdutivo/carballeira

1.105

24

Cdade. de Montes Veciñais en Man Común de Covas

066

00646

32013A06600646

O Seixo

Matogueira/carballeira

1.530

25

Comunidade de Montes de Fonte Arcada

066

00699

32013A06600699

Esperón

Pastos/labor/carballos

81

26

Comunidade de Montes de Fonte Arcada

Cdade. de Montes Veciñais en Man Común de Covas

066

09008

32013A06609008

Camiño

VT vía de comunicación

12.579

396

Concello de Baltar

27

Veciños de Tosende

027

00282

32006A02700282

Montes Lazpedo, Cebr.

Matogueira/improdutivo

1

Concello dos Blancos

28

Cdade. de Montes Veciñais en Man Común de Covas

066

00640

32013A06600640

O Seixo

Carballeira/improdutivo

13.935

5.665

29

Cdade. de Montes Veciñais en Man Común de Covas

041

09010

32013A04109010

Camiño

VT vía de comunicación

156

5

30

Cdade. de Montes Veciñais en Man Común de Covas

066

00641

32013A06600641

O Seixo

Matogueira/carballeira/improdutivo

1.837

31

Cdade. de Montes Veciñais en Man Común de Covas

041

00570

32013A04100570

Anguela

Carballeira/improdutivo

44

32

Cdade. de Montes Veciñais en Man Común de Covas

046

01155

32013A04601155

O Asperón

Matogueira/improdutivo

1.663

810

33

Cdade. de Montes Veciñais en Man Común de Covas

041

00562

32013A04100562

Anguela

Matogueira

83

34

Cdade. de Montes Veciñais en Man Común de Covas

041

09005

32013A04109005

Camiño

VT vía de comunicación

1.644

119

35

Cdade. de Montes Veciñais en Man Común de Covas

046

01336

32013A04601336

Asperos

Matogueira

658

608

551

36

Cdade. de Montes Veciñais en Man Común de Covas

046

09015

32013A04609015

Camiño

VT vía de comunicación

1.678

169

1.171

37

Cdade. de Montes Veciñais en Man Común de Covas

046

01335

32013A04601335

O Asperón

Matogueira/carballeira/improdutivo

391

6.778

4.940

2.680

8.849

1.800

38

Veciños de Covas

046

1154

32013A04601154

O Asperón

Improdutivo/matogueira

391

4.753

399

12.017