Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Mércores, 23 de novembro de 2022 Páx. 60773

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello da Arnoia (expediente IN407A 2022/127-3).

Visto o expediente para o outorgamento da autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe, tal e como se recolle no proxecto asinado polo enxeñeiro técnico industrial José Antonio Fernández González, con número de colexiado 1968 do COETI de Vigo, en xuño de 2022, con visado número 222-1736 do 5.5.2022 do sinalado colexio profesional.

Solicitante: Electra Alto Miño Distribuidora de Energía, S.L.; CIF B-94149515.

Domicilio: polígono industrial Chan da Ponte, 19, Salvaterra de Miño (Pontevedra).

Denominación: reforma do centro de protección e medida de Reza (CPM-punto fronteira).

Situación: lugar de Reza, concello da Arnoia (Ourense).

Orzamento: 226.368 €.

Características técnicas:

– Reforma do CPM actual, proxectado en caseta prefabricada tipo PFU-5, con celas de entrada, protección xeral, saída (3) e medida, con illante e corte en SF6.

– LMTS de acometida ao CPM proxectado, en condutor tipo RHZ1 3×(1×240) Al e unha lonxitude de 37 m, con inicio no paso A/S proxectado no apoio próximo existente de UFD Distribución Electricidad, S.A. da LMTS de 38 m de lonxitude en igual tipo de condutor, de enlace do CPM proxectado á rede de MT actual.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria, do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e de construción á dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto sinalado e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será seis meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, conforme o establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que xulguen pertinente.

Ourense, 27 de outubro de 2022

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense