Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Xoves, 24 de novembro de 2022 Páx. 60920

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ORDE do 15 de novembro de 2022 pola que se autorizan novas especialidades das ensinanzas profesionais de música moderna no centro Presto Vivace, da Coruña.

A titularidade do centro autorizado Presto Vivace, da Coruña, solicita autorización para impartir as ensinanzas profesionais de música, na especialidade de guitarra española, de conformidade co Real decreto 303/2010, do 15 de marzo, que establece os requisitos mínimos dos centros que impartan ensinanzas artísticas.

Logo da tramitación do expediente conforme o Decreto 253/1995, do 29 de setembro, desenvolvido pola Orde do 5 de decembro de 1995, que regula o procedemento para a autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas artísticas, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Autorización de especialidades

Autorizar a nova especialidade de guitarra española, no centro docente cuxos datos se sinalan a seguir:

Denominación xenérica: centro autorizado de ensinanzas artísticas profesionais de música (CEMU).

Denominación específica: Presto Vivace.

Código do centro: 15033125.

Enderezo: rúa Benito Blanco Rajoy, 8, baixo esquerda.

Código postal: 15009.

Localidade: A Coruña.

Concello: A Coruña.

Provincia: A Coruña.

Titular: Cristina Goás Casal.

Composición resultante: ensinanzas artísticas profesionais de música moderna nas especialidades de guitarra eléctrica, baixo eléctrico, percusión, canto, piano, trombón, trompeta, saxofón, clarinete, contrabaixo e guitarra española.

Total postos escolares: 50.

Artigo 2. Inicio da actividade

Antes da posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Coruña, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá a docencia, así como o equipamento axeitado.

Artigo 3. Inscrición no Rexistro de Centros

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 4. Revisión da autorización

O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teñan que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Disposición derradeira primeira. Recursos

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2022

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades