Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Xoves, 24 de novembro de 2022 Páx. 61028

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 2022, da Xefatura territorial da Coruña, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello das Pontes de García Rodríguez (expediente-e IN407A 2022/137-1).

Expediente-e: IN407A 2022/137-1.

Solicitante: E-Distribución Redes Digitales, S.L.U.

Denominación: reforma subestación eléctrica Ribeira.

Termo municipal: As Pontes de García Rodríguez.

Feitos:

Primeiro. O 21.4.2022, E-Distribución Redes Digitales, S.L.U. solicitou a esta xefatura territorial o outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción das instalacións do proxecto de execución denominado Reforma subestación eléctrica Ribeira, coa finalidade de mellorar a calidade e a seguridade da evacuación de enerxía eléctrica producida na Central Hidráulica Ribeira propiedade de Endesa Generación, S.A. e mellorar a calidade e continuidade da subministración eléctrica a clientes de zona. Proxéctanse para este fin a substitución da actual subestación eléctrica Ribeira de intemperie (expediente IN407A 2016/1394-1) por unha nova subestación eléctrica de interior en caseta prefabricada e a modificación da acometida en aéreo da liña de distribución de media tensión LMT Tesouro-Ribeira Poboados Novos (IN407A 2016/1408-1) para pasar a ser en soterrado.

Segundo. O promotor achega xunto coa antedita solicitude o proxecto de execución, que inclúe memoria, planos e orzamento, conforme establece o artigo 123 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, que comprende os seguintes documentos:

– Proxecto de execución denominado Reforma subestación eléctrica Ribeira, asinado o 8.3.2022 por Ramón Gómez Morandeira, enxeñeiro industrial (colexiado nº 1.304 do ICOII de Galicia) e visado nº 20221618 do 14.3.2022 do dito órgano colexial.

– Anexo ao proxecto, asinado o 5.10.2022 por Ramón Gómez Morandeira, enxeñeiro industrial (colexiado nº 1.304 do ICOII de Galicia) e visado nº 20222988 do 5.10.2022 do dito órgano colexial.

– Declaración responsable do técnico proxectista, segundo o establecido na alínea 1.b) do artigo 53 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e na Resolución do 19 de febreiro de 2014 da Consellería de Economía e Industria (DOG nº 54, do 19 de marzo).

Terceiro. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, de conformidade co disposto no artigo 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG nº 39, do 26 de febreiro).

En cumprimento do artigo 46.e) da dita lei, o solicitante declara que o proxecto non afecta novos bens e dereitos de propiedade particular.

Cuarto. De acordo co establecido no artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitouse o preceptivo informe ou, de ser o caso, o establecemento do condicionado técnico que considerasen pertinente, ás distintas administracións, organismos, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectadas para o que lles foi remitida unha separata do proxecto que contén as características da instalación e a documentación cartográfica na parte en que a instalación puidera afectar bens e dereitos ao seu cargo. E-Distribución Redes Digitales, S.L.U. presentou separatas para os seguintes organismos: Augas de Galicia.

Quinto. Con data do 27.10.2022, os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron informe sobre a solicitude feita por E-Distribución Redes Digitales, S.L.U.

Consideracións legais e técnicas:

1. O xefe territorial da Coruña da Consellería de Economía, Industria e Innovación é competente para resolver este expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, da Consellería de Economía, Emprego e Industria, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG nº 126, do 4 de xullo).

2. A lexislación de aplicación a este expediente é:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE nº 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE nº 310, do 27 de decembro).

– Real decreto-lei 23/2020, do 23 de xuño, polo que se aproban medidas en materia de enerxía e noutros ámbitos para a reactivación económica (BOE nº 175, do 24 de xuño).

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE nº 68, do 18 de marzo).

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que e aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE nº 139, do 9 de xuño).

– Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG nº 39, do 26 de febreiro).

3. As características máis significativas das instalacións recollidas no proxecto Reforma subestación eléctrica Ribeira, obxecto da solicitude de outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción, son:

• Substitución da actual subestación eléctrica Ribeira de intemperie (expediente IN407A 2016/1394-1) por unha nova subestación eléctrica de interior en caseta prefabricada, composta por:

– Tres (3) celas MT de tipo illadas en SF6.

– Dúas (2) celas de interruptor automático de E/S: unha entrada para LMT Tesouro-Ribeira-Poboados Novos (expediente IN407A 2016/1408-1) e unha entrada para enlace coa caseta da Central Hidráulica Ribeira (Endesa Generación, S.A.) existente.

– Unha (1) cela de protección de trafo.

– Un (1) transformador de distribución, de 400 kVA de potencia e relación de transformación 20/0.4 kV de refrixeración natural.

• LMTS a 20 kV, de 40,98 metros de lonxitude, en condutor tipo RH5Z1-OL 12/20 kV 3 (1 x 150 mm2 Al), con orixe no PA/S proxectado no apoio nº 1 da LMT Tesouro-Ribeira-Poblados Nuevos (expediente IN407A 2016/1408-1) e remate en cela de liña do CT proxectado.

• LMTS a 20 kV, de 7 metros de lonxitude, en condutor tipo RH5Z1-OL 12/20 kV 3 (1 x 150 mm2 Al), con orixe en cela de liña do CT proxectado e remate na caseta da Central Hidráulica Ribeira (Endesa Generación, S.A.) existente.

• Emprazamento: encoro da Ribeira, termo municipal das Pontes de García Rodríguez.

4. Non consta no expediente que durante o trámite de información pública fosen presentadas alegacións en oposición á solicitude de outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción para o proxecto Reforma subestación eléctrica Ribeira feita por E-Distribución Redes Digitales, S.L.U.

5. E-Distribución Redes Digitales, S.L.U. achegou a autorización de Augas de Galicia (clave DH.W15.85268) para que Endesa Distribución Eléctrica, S.L.U. realice as obras indicadas no proxecto de referencia.

6. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

Conceder as autorizacións administrativas previa e de construción das instalacións de media tensión recollidas no proxecto Reforma subestación eléctrica Ribeira de características anteriormente descritas, coas seguintes consideracións:

– Esta autorización outórgase sen prexuízo daquelas concesións e autorizacións que sexan necesarias de acordo con outras disposicións que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e o ambiente, tal e como se dispón no artigo 120.2 do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

– As instalacións executaranse no prazo dun (1) ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

– Para a posta en funcionamento das instalacións, E-Distribución Redes Digitales, S.L.U. solicitará a esta xefatura territorial a súa autorización de explotación, acompañada da seguinte documentación:

a) As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

b) Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.

c) Toda a documentación exixible segundo a ITC LAT-04 do Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, e a ITC RAT-22 do Real decreto 337/2014, do 9 de maio.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que os interesados poidan promover calquera outra acción que consideren pertinente para a defensa dos seus intereses.

Mediante este documento notifícaselle a E-Distribución Redes Digitales, S.L.U. esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236, do 2 de outubro).

A Coruña, 31 de outubro de 2022

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña