Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Xoves, 24 de novembro de 2022 Páx. 61033

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 3 de novembro de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Sarria (expediente IN407A 2022/68 AT).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe:

Peticionaria: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: rúa A Batundeira, 2, Velle, Ourense.

Denominación: adecuación CT Oural - 27CD25 (Sarria).

Situación: concello de Sarria.

Características técnicas principais:

• Substitución do CT de caseta de obra civil Oural (27CD25) por un CT de caseta prefabricado de 250 kVA, no cal se instalan dúas celas de liña e unha de proteción cunha relación de transformación de 20.000/400-230 V, demolición e desmontaxe da caseta do CT existente.

• LMT aérea, consistente na desmontaxe do tramo de liña entre o apoio D71-1 ao CT Oural 27CD25, cunha lonxitude de 55 metros, tamén se desmontan o apoio D71-1-1 e o seccionador XS matrícula 27H668, e instalación dun apoio novo de celosía metálica tipo C-14/1000 D71-1/1.

• LMT soterrada a 20 kV, con orixe nun paso aéreo a soterrado proxectado no apoio D71-1/1 e final no CT proxectado, cunha lonxitude de 27 metros en condutor RHZ1-240 mm.

Finalidade da instalación: mellora de instalacións.

Orzamento: 55.173,55 €.

Documentación que se acompaña:

• Separata para o Concello de Sarria.

• Separata para a CHMS.

• Separata para Telefónica.

Esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da consellería, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para a autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia,

RESOLVE:

En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción das ditas instalacións sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, condicionado ao cumprimento das seguintes condicións:

Primeira. As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución, e a dirección de obra deberá realizala un técnico competente.

Segunda. A peticionaria asegurará o mantemento e vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.

Terceira. En todo momento deberán cumprirse as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular, canto establece a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias.

En relación coa instalación de baixa tensión, deberase seguir o disposto no artigo 18 do Real decreto 842/2002 para a súa posta en servizo, así como na súa instrución ITC-BT-04, e deberase achegar, no seu momento, a documentación exixida con carácter previo á posta en servizo da instalación, para a súa revisión por esta Administración e posterior inscrición da instalación no correspondente rexistro.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.

Lugo, 3 de novembro de 2022

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo