Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Venres, 25 de novembro de 2022 Páx. 61140

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ORDE do 17 de novembro de 2022 pola que se resolve a convocatoria da Orde do 2 de maio de 2022 pola que se convocan axudas dirixidas a escolas de música privadas dependentes de institucións sen ánimo de lucro.

Mediante a Orde do 2 de maio de 2022 (DOG do 30 de maio) publicouse a convocatoria de axudas dirixidas a escolas de música privadas dependentes de institucións sen ánimo de lucro.

Tras valorar a comisión as solicitudes e a documentación presentadas e elevada a proposta definitiva de concesión destas axudas, segundo prevén os puntos noveno e décimo da orde de convocatoria, e en virtude das atribucións que ten conferidas a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades,

DISPOÑO:

Primeiro. Concederlles as axudas, nas contías que se sinalan, ás escolas de música dependentes de asociacións ou fundacións sen ánimo de lucro que se relacionan no anexo I desta orde.

Segundo. O pagamento da subvención realizarase unha vez que o órgano concedente comprobe a xustificación presentada polo/a beneficiario/a da realización da actividade subvencionada. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención poderá dar lugar á modificación desta resolución de concesión.

Terceiro. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ante a persoa titular da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, segundo o disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben presentar directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, conforme se establece na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 17 de novembro de 2022

O conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
P.D. (Orde do 29.7.2022; DOG núm. 151, do 9 de agosto)
Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación,
Formación Profesional e Universidades

ANEXO I

Concello

Código do centro

Escola de música

Importe

Agolada

36025074

EMUSPR de Agolada

2.901,63 €

Antas de Ulla

27016561

EMUSPR de Antas de Ulla

1.088,11 €

Barro

36025086

EMUSPR de Barro

1.783,29 €

Cambre

15032856

EMUSPR Sementeira de Cambre

5.470,78 €

Cangas

36025131

EMUSPR Staccato

2.327,35 €

Celanova

32020859

EMUSPR EMBC

5.410,33 €

Chantada

27020975

EMUSPR Casa da Música de Chantada

6.921,60 €

Coruña, A

15032947

EMUSPR Compañía de María

5.984,61 €

Gondomar

36024896

EMUSPR Agrupación Musical de Vincios

5.017,40 €

Lalín

36019967

EMUSPR Banda de Lalín

3.657,26 €

Lalín

36025025

EMUSPR Escola de Música de Vilatuxe

3.959,52 €

Mos

36024501

EMUSPR de Mos

12.362,15 €

Neves, As

36024321

EMUSPR Popular de Rubiós

2.750,50 €

Ponteareas

36001562

EMUSPR Unión de Guláns

1.722,84 €

Ponteareas

36024021

EMUSPR de Xinzo

6.407,77 €

Pontevedra

36024033

EMUSPR A Tempo

3.596,81 €

Pontevedra

36024732

EMUSPR de Salcedo

2.871,41 €

Redondela

36024941

EMUSPR de Chapela

6.679,80 €

Rianxo

15033083

EMUSPR de Rianxo

7.223,85 €

Ribadavia

32020847

EMUSPR Mestre Veneroni

2.810,96 €

Ribadumia

36025098

EMUSPR Escola de Música de Ribadumia

4.866,28 €

Rosal, O

36000843

EMUSPR Agrupación Musical do Rosal

7.284,30 €

Salceda de Caselas

36020222

EMUSPR Asociación Amigos da Música

7.163,40 €

Santiso

15027824

EMUSPR de Visantoña

2.569,15 €

Soutomaior

36024549

EMUSPR Artística de Arcade

1.360,14 €

Teo

15027769

EMUSPR de Calo-Teo

2.962,08 €

Tomiño

36025141

EMUSPR Escola de Música Goián

4.654,70 €

Vigo

36000867

EMUSPR Atlántida

6.649,57 €

Vigo

36019943

EMUSPR de Beade

5.289,43 €

Vigo

36024379

EMUSPR Unión Musical de Coruxo

3.234,11 €

Vigo

36024744

EMUSPR de Valadares

6.135,74 €

Vigo

36025116

EMUSPR Escola de Música Ateneo Musical de Bembrive

4.956,95 €

Vilaboa

36024999

EMUSPR de Vilaboa

5.682,36 €

Vilanova de Arousa

36024719

EMUSPR de Vilanova

5.501,01 €

Xinzo de Limia

32020902

EMUSPR da Limia

5.742,81 €

Total

165.000,00 €