Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Luns, 28 de novembro de 2022 Páx. 61321

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

EXTRACTO da Orde do 23 de novembro de 2022 pola que amplía o gasto máximo autorizado da Orde do 3 de agosto de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e se convocan para o ano 2022, en réxime de concorrencia competitiva, axudas para accións formativas, financiadas polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), que contribúan ao desenvolvemento da formación profesional, das novas competencias profesionais e da formación permanente do sector pesqueiro (código de procedemento PE610A).

BDNS (Identif.): 644844.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Entidades beneficiarias

As confrarías de pescadores e as súas federacións, as organizacións de produtores, as cooperativas do mar, as asociacións de profesionais do sector e as demais entidades asociativas xuridicamente recoñecidas e constituídas por profesionais do sector, sempre que desenvolvan as súa actividades profesionais no sector pesqueiro e teñan a sede social na Comunidade Autónoma de Galicia. Estas entidades poderán concorrer de xeito individual ou conxuntamente, como unha agrupación de entidades.

Segundo. Obxecto

Accións formativas, financiadas polo FEMP, que contribúan ao desenvolvemento da formación profesional, das novas competencias profesionais e da formación permanente do sector pesqueiro.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 3 de agosto de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e se convocan para o ano 2022, en réxime de concorrencia competitiva, axudas para accións formativas, financiados polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), que contribúan ao desenvolvemento da formación profesional, das novas competencias profesionais e da formación permanente do sector pesqueiro (código de procedemento PE610A).

Cuarto. Contía

O importe máximo das subvencións que se concedan en 2022 será de 707.000,00 euros repartidos en dúas anualidades, correspondéndolle 257.000,00 euros á anualidade 2022 e 450.000,00 euros á anualidade 2023, repartidos nas seguintes anualidades e partidas orzamentarias:

Aplicación orzamentaria

Código proxecto

Anualidade 2022

Anualidade 2023

15.03.422K.770.0

201600289

218.400,00 €

382.500,00 €

15.03.422K.780.0

201600289

38.600,00 €

67.500,00

Logo da ampliación do crédito máximo destinado a financiar estas axudas para accións formativas, con cargo á aplicación orzamentaria 15.03.422K.770.0, código de proxecto 201600289, na anualidade 2023 da convocatoria 2022, por un importe de 119.000,00 euros, o crédito orzamentario queda repartido nas seguintes anualidades e partidas orzamentarias:

Aplicación orzamentaria

Código de proxecto

Anualidade 2022

Anualidade 2023

Total

15.03.422K.770.0

201600289

218.400,00 €

501.500,00 €

719.900,00 €

15.03.422K.780.0

201600289

38.600,00 €

67.500,00 €

106.100,00 €

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Esta modificación non afecta o prazo establecido na referida orde para a presentación de solicitudes.

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2022

Silvia Cortiñas Fernández
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar