Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 21 de decembro de 2022 Páx. 64906

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

ORDE do 14 de decembro de 2022 pola que se amplía a dotación orzamentaria da Orde do 28 de abril de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras de concesión das axudas aos investimentos en sistemas de xestión de estercos en gandaría, á transformación integral e modernización de invernadoiros, aos investimentos en eficiencia enerxética e enerxías renovables e á aplicación de agricultura de precisión e tecnoloxías 4.0 no sector agrícola e gandeiro, e se convocan para o ano 2022 (códigos de procedemento MR406D, MR406E, MR406F e MR406G). Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

Mediante a Orde do 28 de abril de 2022 (DOG núm. 84, do 2 de maio) convocáronse para o ano 2022 as axudas aos investimentos en sistemas de xestión de estercos en gandería, á transformación integral e modernización de invernadoiros, aos investimentos en eficiencia enerxética e enerxías renovables e á aplicación de agricultura de precisión e tecnoloxías 4.0 no sector agrícola e gandeiro.

Esta convocatoria establécese con base no Real decreto 948/2021, do 2 de novembro, polo que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas estatais destinadas á execución de proxectos de investimento dentro do Plan de impulso da sustentabilidade e competitividade da agricultura e a gandaría (III) no marco do Plan de recuperación, transformación y resiliencia (BOE núm. 263, do 3 de novembro).

O anexo IV deste real decreto indica a distribución territorial do orzamento por programas e por Comunidade Autónoma. As cantidades distribuídas neste anexo son as que se incorporaron á orde de convocatoria da Consellería do Medio Rural.

A distribución do crédito correspondente á primeira anualidade, das tres previstas, con cargo ao exercicio orzamentario 2021, aprobouse por acordo da Conferencia Sectorial do día 21 de outubro de 2021. As contías que correspondían a cada comunidade autónoma transferíronse no mes de decembro do ano 2021.

O Real decreto 948/2021, do 2 de novembro, habilita a Dirección Xeral de Producións e Mercados Agrarios do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación para adoptar aquelas medidas que sexan necesarias co fin de garantir unha correcta execución e a eficiencia na utilización do orzamento dispoñible, garantindo o uso dos fondos na súa totalidade, tendo en conta a información recibida nos informes remitidos polos respectivos órganos de xestión das comunidades autónomas.

Polo tanto, a proposta de distribución no 2022 seguiría os seguintes criterios:

– O déficit de crédito en calquera programa de entre os convocados cubrirase en primeiro lugar co remanente dispoñible a favor da Comunidade Autónoma.

– Se a contía anterior non for suficiente para cubrir a totalidade das solicitudes, accederase á repartición de fondos correspondentes á anualidade 2022.

Con base nesta previsión, na Conferencia Sectorial do día 13 de outubro realizouse a repartición da anualidade 2022 ás comunidades autónomas, e a Galicia correspondeulle a cantidade de 18.389.489,82 € que, segundo se indicaba, poden ser utilizados en calquera dos programas da convocatoria, polo que en Galicia o importe territorializado se incorpora aos proxectos de investimentos nos sistemas de xestión de estercos en gandaría e da agricultura de precisión e tecnoloxía 4.0.

En consecuencia, de conformidade co previsto no artigo 30.1.3 do Estatuto de autonomía de Galicia, e en uso das facultades que me confire a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e en uso das competencias que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo 1. Ampliación da dotación orzamentaria

1. Amplíase a dotación orzamentaria na Orde do 28 de abril de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras de concesión das axudas aos investimentos en sistemas de xestión de estercos en gandaría, á transformación integral e modernización de invernadoiros, aos investimentos en eficiencia enerxética e enerxías renovables e á aplicación de agricultura de precisión e tecnoloxías 4.0 no sector agrícola e gandeiro, e se convocan para o ano 2022 (códigos de procedemento MR406D, MR406E, MR406F e MR406G), Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, por importe de 18.389.498,82 euros na anualidade 2022.

2. A dotación orzamentaria increméntase como segue:

a) 14.04.713C 770.3 (CP 2021 00205), para as axudas aos investimentos nos sistemas de xestión de estercos en gandaría en Galicia, 6.889.498,82 euros na anualidade 2022.

b) 14.04.713C 770.3 (CP 2021 00208) para as axudas á aplicación de agricultura de precisión e tecnoloxías 4.0 no sector agrícola e gandeiro, 11.500.000,00 euros na anualidade 2022.

3. A dotación orzamentaria queda como segue:

a) 14.04.713C 770.3 (CP 2021 00205), para as axudas para investimentos nos sistemas de xestión de estercos en gandaría en Galicia.

a. Ano 2022: 9.229.154,82 euros.

b. Ano 2023: 2.114.656,00 euros.

c. Ano 2024: 225.000,00 euros.

b) 14.04.713C 770.3 (CP 2021 00206) para as axudas previstas para a transformación integral e modernización de invernadoiros.

a. Ano 2022: 68.234,00 euros.

b. Ano 2023: 61.234,00 euros.

c. Ano 2024: 7.000,00 euros.

c) 14.04.713C 770.3 (CP 2021 00207) para as axudas previstas para biogás e biomasa agrícola.

a. Ano 2022: 362.336,50 euros.

b. Ano 2023: 327.336,50 euros.

c. Ano 2024: 35.000,00 euros.

d) 14.04.713C 770.3 (CP 2021 00208) para as axudas previstas para a agricultura de precisión e tecnoloxías 4.0 no sector agrícola e gandeiro.

a. Ano 2022: 12.435.768,00 euros.

b. Ano 2023: 845.768,00 euros.

c. Ano 2024: 90.000,00 euros.

Artigo 2. Prazo de solicitudes

A ampliación prevista no artigo 1 desta orde non afecta o prazo de presentación de solicitudes establecido na Orde do 28 de abril de 2022.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2022

José González Vázquez
Conselleiro do Medio Rural