Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Xoves, 22 de decembro de 2022 Páx. 65111

III. Outras disposicións

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 2022 pola que se amplía a dotación orzamentaria de fondos a cargo da Comunidade Autónoma da Resolución do 23 de decembro de 2021 pola que se convocan distintas liñas de subvencións para actuacións de rehabilitación para o ano 2022 correspondentes ás áreas de rehabilitación integral dos Camiños de Santiago (código de procedemento VI408H) e da Ribeira Sacra (código de procedemento VI408N).

O 30 de decembro de 2021 publicouse no Diario Oficial de Galicia (en diante, DOG) a Resolución do 23 de decembro de 2021 pola que se convocan distintas liñas de subvencións para actuacións de rehabilitación para o ano 2022 (códigos de procedemento VI408H e VI408N) xestionadas polo Instituto Galego da Vivenda e Solo (en diante, IGVS).

O punto un do ordinal décimo segundo da dita resolución determina que «estas subvencións están dirixidas a financiar, no marco do Programa de fomento da rexeneración e renovación urbana e rural do Plan 2018-2021, actuacións de rehabilitación ou renovación de edificios e vivendas situadas nos ámbitos das ARI dos Camiños de Santiago...» (código de procedemento VI408H). No punto dous indícase que as subvencións previstas nesta convocatoria faranse efectivas con cargo á aplicación orzamentaria 08.81.451A.780.6 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, para a anualidade 2022, coa seguinte distribución:

ARI Camiños de Santiago

Proxecto 2018 00007 FFE

564.317,72 €

Proxecto 2018 00003 FCA

161.405,47 €

O punto un do ordinal décimo terceiro da devandita resolución sinala que estas subvencións están dirixidas a financiar, no marco do Programa de fomento da rexeneración e renovación urbana e rural do Plan 2018-2021, actuacións de rehabilitación e renovación de edificios e vivendas situados no ámbito da ARI da Ribeira Sacra (código de procedemento VI408N). No punto dous indícase que as subvencións previstas nesta convocatoria faranse efectivas, na anualidade 2022, con cargo á aplicación orzamentaria 08.81.451A.780.6 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, coa seguinte distribución:

ARI Ribeira Sacra

Proxecto 2018 00007 FFE

473.134,86 €

Proxecto 2018 00003 FCA

95.000,00 €

O punto dous do ordinal terceiro da citada resolución establece que as contías establecidas nestas convocatorias poderán ser obxecto de ampliación por resolución da persoa titular da Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo (en diante, IGVS), e terá efecto logo da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido no artigo 30 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

Tendo en conta a existencia de remanentes, resulta necesario proceder á ampliación da dotación orzamentaria prevista na antedita Resolución do 23 de decembro de 2021.

De conformidade co artigo 30.2 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e co punto dous do ordinal terceiro da Resolución do 23 de decembro de 2021, é competente para ditar esta resolución a persoa titular da Dirección Xeral do IGVS.

Polo exposto,

RESOLVO:

Único. Ampliar a dotación orzamentaria de fondos a cargo da Comunidade Autónoma para a convocatoria de subvencións do Programa de fomento da rexeneración e renovación urbana e rural do Plan 2018-2021, para a anualidade 2022, en 71.251,93 euros, resultando o crédito total da convocatoria co seguinte detalle:

Aplicación orzamentaria: 2022 08.81.451A.780.6 Proxecto: 2018 00003 (FCA)

Crédito inicial 2022

Ampliación de crédito 2022

Crédito total 2022

ARI Camiños de Santiago

161.405,47 €

42.139,91 €

203.545,38 €

ARI Ribeira Sacra

95.000,00 €

29.112,02 €

124.112,02 €

Total importe de ampliación

71.251,93 €

Esta ampliación non implica a apertura do prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio dun novo cómputo do prazo máximo para resolver.

Esta resolución producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2022

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo