Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Luns, 26 de decembro de 2022 Páx. 65727

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cenlle

ANUNCIO de corrección de erros da oferta de emprego público para a estabilización do emprego temporal.

Mediante Acordo da Xunta de Goberno Local deste concello, do 9 de maio de 2022, aprobouse a oferta de emprego público para a estabilización de emprego temporal, que cumpre co disposto no artigo 2 da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público.

Mediante a Resolución da Alcaldía deste concello, do 15 de decembro de 2022, aprobouse a rectificación de erros seguinte:

Detectouse un erro na clasificación de prazas:

Persoal laboral: Peón forestal; persoal laboral fixo; grupo clasificación V; forma de provisión: concurso. Unha praza.

Cando, en realidade, debería ser:

Peón; persoal laboral fixo; grupo clasificación V; forma de provisión: concurso. Unha praza.

Visto o artigo 109.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, que dispón: «As administracións públicas poderán, así mesmo, rectificar en calquera momento, de oficio ou por instancia dos interesados, os erros materiais, de feito ou aritméticos existentes nos seus actos».

Polos motivos expostos, esta alcaldía resolveu:

Primeiro. Avocar a competencia, por razón de urxencia, delegada na Xunta de Goberno Local, exclusivamente para o proceso de estabilización do emprego temporal, conforme o disposto no artigo 10 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

Segundo. Corrixir o erro na clasificación das prazas, por definir por nomenclatura o posto de peón forestal e debería colocarse categoría do posto-clasificación grupo, por tanto:

Onde di: «Peón forestal», debe dicir: «Peón».

Terceiro. Publicar esta corrección de erros no BOP de Ourense e no Diario Oficial de Galicia, en cumprimento do artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e do artigo 70.2 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer alternativamente recurso potestativo de reposición, ante a alcaldesa, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense ou, á súa elección, o que corresponda ao seu domicilio, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da recepción des ta notificación, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Se se opta por interpoñer o recurso potestativo de reposición, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou sexa desestimado por silencio. Todo isto sen prexuízo da posibilidade de interpoñer calquera outro recurso que se considere máis pertinente en dereito.

Cenlle, 15 de decembro de 2022

Rebeca Sotelo Fernández
Alcaldesa