Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Xoves, 29 de decembro de 2022 Páx. 66573

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 2022 pola que se convocan, mediante tramitación anticipada de gasto, subvencións para a execución de proxectos ao abeiro da submedida 19.2 (apoio para a realización de operacións conforme á estratexia de desenvolvemento local participativo), da medida Leader do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, para as anualidades 2023 e 2024, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (código de procedemento MR701D).

A programación para a medida Leader correspondente ao período 2014-2020 réxese polo disposto nos artigos 32 ao 35 do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, sobre disposicións comúns referidas aos fondos Feader, Feder, Fondo de Cohesión, FSE e FEMP, e polo disposto nos artigos do 42 ao 44 do Regulamento (UE) nº 1305/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (en diante, Feader). Os citados artigos regulan o desenvolvemento local participativo a través dos grupos Leader de desenvolvemento rural (en adiante, GDR).

O Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR), aprobado mediante a Decisión de execución da Comisión Europea, do 18 de novembro de 2015 (CCI:2014ES06RDRP011) e modificado pola Decisión de execución da Comisión C (2017) 5420 final, do 26 de xullo de 2017, pola Decisión de execución da Comisión C (2018) 5236 final,do 30 de xullo de 2018, pola Decisión de execución da Comisión C (2019) 1707 final, do 26 de febreiro de 2019, pola Decisión de execución da Comisión C (2020) 8432 final, do 25 de novembro de 2020 e pola Decisión da Comisión C (2021) 4527 final, do 17 de xuño de 2021; prevé na ficha correspondente á medida 19 (Leader) a tramitación de subvencións a través das estratexias de desenvolvemento local elaboradas polos GDR.

Neste contexto, a Dirección Xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, mediante a Resolución do 11 de febreiro de 2016 publica o Acordo do Consello de Dirección da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, do 10 de febreiro de 2016, polo que se aproban as bases reguladoras para a selección de estratexias de desenvolvemento local, para a selección e recoñecemento dos grupos de desenvolvemento rural como entidades colaboradoras na xestión da medida Leader de Galicia e para a concesión da axuda preparatoria, cofinanciada co Feader no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e se convoca o correspondente proceso de selección (DOG nº 42, do 2 de marzo).

Ao abeiro das bases reguladoras citadas no parágrafo anterior, mediante Acordo do Consello de Dirección da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, do 16 de novembro de 2016, seleccionáronse 24 estratexias de desenvolvemento local presentadas por outras tantas asociacións que obtiveron o recoñecemento de GDR como entidades colaboradoras de Axencia Galega de Desenvolvemento Rural na xestión da medida Leader.

A colaboración entre a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e os GDR na xestión da medida Leader regúlase, conforme ao previsto no artigo 13 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (en diante, LSG) (DOG nº 121, do 25 de xuño), mediante o convenio de colaboración que o Consello da Xunta autorizou o 4 de agosto de 2016 e as partes asinaron o 13 de decembro de 2016.

Por outra parte, mediante o Acordo do Consello de Dirección da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, do 13 de decembro de 2019, aprobáronse as bases reguladoras das axudas que se tramiten ao abeiro da medida Leader (submedidas 19.2 e 19.4), cofinanciadas con Feader no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e publicáronse mediante a Resolución do director xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural do 13 de decembro de 2019 (DOG núm. 246, do 27 de decembro). Mediante Acordo do Consello de Dirección da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, do 10 de marzo de 2021, modificáronse as citadas bases reguladoras (DOG núm. 53, do 18 de marzo).

As bases reguladoras sinaladas no parágrafo anterior establecen as regras para a xestión das axudas correspondentes tanto á submedida 19.2 (apoio para a realización de operacións conforme á estratexia de desenvolvemento local) como ás regras de xustificación correspondentes aos gastos da submedida 19.4 (custes correntes da estratexia de desenvolvemento local e animación e promoción territorial) da medida Leader.

Esta convocatoria está sometida ás bases reguladoras anteriores e refírese unicamente ao importe dispoñible na submedida 19.2 da medida Leader do PDR de Galicia 2014-2020 para as anualidades 2023 e 2024.

Por outra banda, a Orde, do 11 de febreiro de 1998, pola que se regula a tramitación anticipada dos expedientes de gasto, modificada pola Orde do 27 de novembro de 2000 e pola Orde do 25 de outubro de 2001, posibilita a tramitación anticipada dos expedientes de gasto imputables ao capítulo VII no exercicio inmediatamente anterior ao dos orzamentos con cargo aos cales se vaian imputar os correspondentes gastos, sempre que exista crédito adecuado e suficiente no proxecto de Lei de orzamentos xerais aprobado polo Consello da Xunta de Galicia.

De acordo con esa normativa, a tramitación anticipada poderá chegar como máximo ata o momento anterior ao da disposición ou compromiso do gasto. Todos os actos de trámite ditados en desenvolvemento da orde citada enténdense condicionados a que, unha vez aprobada a Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023 subsistan as mesmas circunstancias de feito e de dereito existentes no momento da aprobación desta convocatoria.

O 18 de outubro de 2022 o Consello da Xunta aprobou o proxecto de Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023, no que está consignado crédito, a favor da submedida 19.2 do PDR, por importe de 3.056.886,80 €.

Con respecto á anualidade 2024, ten previsto un importe de 12.227.547,20 €.

Desde o punto de vista da normativa de axudas de estado, conforme ao previsto no capítulo VII (fichas de elixibilidade) das bases reguladoras que rexen esta convocatoria, esta amparárase na seguinte normativa:

a) No Regulamento (UE) nº 1305/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Feader.

b) No Regulamento (UE) nº 1407/2013, da Comisión, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis.

Esta convocatoria de axudas está cofinanciada co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) nunha porcentaxe do 75 %.

O Consello de Dirección da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, en virtude do acordo do 13/12/2019, delegou na persoa titular da Dirección Xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural a competencia para realizar esta convocatoria.

Tendo en conta o anterior,

RESOLVO:

Artigo 1. Obxecto

1. Esta resolución ten como obxecto convocar, mediante tramitación anticipada de gasto, en relación coa medida 19 (Leader) do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR), con cargo ás anualidades 2023 e 2024, en réxime de concorrencia competitiva, as subvencións que corresponden coa submedida 19.2 do PDR (apoio para a realización de operacións conforme á estratexia de desenvolvemento local).

2. Esta convocatoria está sometida ás bases reguladoras das axudas que se tramiten ao abeiro da medida Leader (submedida 19.2), cofinanciadas con Feader no marco do PDR de Galicia 2014-2020, que aprobou o Consello de Dirección da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, mediante o Acordo do 13 de decembro de 2019, e se publicaron mediante a Resolución do director xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural do 13 de decembro de 2019 (DOG núm. 246, do 27 de decembro). Mediante Acordo do Consello de Dirección da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, do 10 de marzo de 2021, modificáronse as citadas bases reguladoras (DOG núm. 53, do 18 de marzo).

3. Os proxectos que se encadren na tipoloxía de formación, coa finalidade de incrementar a empregabilidade da poboación rural e que estean promovidos directamente polos GDRs no ámbito da submedida 19.2 do PDR, non participan na concorrencia competitiva por non estar sometidos a criterios de selección e puntuación.

4. O código do procedemento que corresponde a esta convocatoria é MR701D.

Artigo 2. Finalidade, tipoloxía de proxectos subvencionables e requisitos xerais

1. Serán subvencionables os proxectos que teñan encadramento na estratexia de desenvolvemento local de cada GDR, de forma que respondan ás prioridades e aos obxectivos especificamente recollidos na estratexia, sempre e cando cumpran as condicións de subvencionabilidade que se especifiquen nas fichas de elixibilidade recollidas no capítulo VII das bases reguladoras.

Coas particularidades que se indican nas citadas fichas de elixibilidade das bases reguladoras, os proxectos poderán clasificarse en produtivos e non produtivos. Con carácter xeral terán a consideración de proxectos produtivos os que supoñan a realización dunha actividade económica con fin lucrativo tendentes á produción de bens e/ou servizos e que supoñan unha creación e/ou mantemento do nivel de emprego. Pola contra, terán a consideración de proxectos non produtivos os que teñan un interese público ou colectivo e non supoñan o inicio ou desenvolvemento dunha actividade económica con finalidade lucrativa.

2. Con carácter xeral, os proxectos deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Estar localizados no ámbito territorial elixible de aplicación da estratexia de desenvolvemento local do GDR.

b) Ser viables técnica, económica e financeiramente, para os proxectos de natureza produtiva, e técnica e financeiramente para os non produtivos.

c) Axustarse á normativa sectorial (comunitaria, estatal e autonómica) que resulte de aplicación para cada tipo de proxecto.

d) Non estar iniciados na data da presentación da solicitude de axuda. Para estes efectos, considérase como inicio do investimento o comezo dos traballos de construción, ou ben o primeiro compromiso en firme para o pedido dos equipos ou outro compromiso que faga o investimento irreversible e que vincule xuridicamente ao solicitante, se esta data é anterior. Sen embargo, a compra de terreos e os traballos preparatorios, como a obtención de permisos e a realización de estudos de viabilidade, non terán a consideración de inicio dos traballos.

e) Ser finalistas, é dicir, que á data da xustificación final dos investimentos ou gastos subvencionados cumpran os obxectivos e funcións para os que foron aprobados os proxectos. Non poderán subvencionarse fases dun proxecto que non constitúan unha actividade finalista.

Artigo 3. Persoas beneficiarias da axuda, requisitos para solicitar a subvención e forma de acreditalos

1. Con carácter xeral, e tendo en conta as particularidades que se establecen nas fichas de elixibilidade incluídas no capítulo VII das bases reguladoras, poderán ser beneficiarias das axudas tramitadas ao abeiro deste réxime de axudas:

a) As persoas físicas ou xurídicas de carácter privado.

b) As entidades públicas de carácter local ou comarcal: concellos, mancomunidades, consorcios e entidades dependentes das anteriores.

c) As comunidades de montes veciñais en man común e as súas mancomunidades.

2. As persoas beneficiarias deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Estar ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social, e non ter débedas pendentes de ningunha natureza coa Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Non estar incursa en ningún dos supostos previstos nos parágrafos 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (LSG) e en particular, non ter sido condenado mediante sentenza firme coa perda da posibilidade de obter subvencións públicas.

c) Cumprir os requisitos de pequena empresa, nos termos regulados no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014, do 17 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior, en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea:

1º. Empregar a menos de 50 persoas.

2º. Ter un volume de negocio anual ou un balanzo xeral anual que non supere os 10 millóns de euros.

Para a definición de empresa, así como para o cálculo dos efectivos e importes financeiros da mesma, tomarase en consideración o disposto no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014.

De ser o caso, a cualificación de pequena empresa tomará en consideración os datos das empresas asociadas e vinculadas para o cálculo de efectivos e importes financeiros, nos termos previstos no artigo 3 do citado anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014.

Este requisito exceptúase para as entidades públicas locais, así como para os beneficiarios das axudas a proxectos non produtivos que sexan elixibles ao abeiro do disposto no capítulo VII das bases reguladoras (fichas de elixibilidade).

d) Cumprir os demais requisitos que, en función da tipoloxía de proxectos, se especifican nas fichas de elixibilidade do capítulo VII das bases reguladoras.

3. Cando a persoa beneficiaria sexa unha persoa xurídica, os membros asociados da mesma que se comprometan a efectuar, en nome e por conta desta, a totalidade ou parte das actividades que fundamenten a concesión da subvención, terán igualmente a consideración de beneficiarios da subvención, polo que tamén deberán cumprir e acreditar os requisitos esixidos para cada tipo de persoa beneficiaria.

4. Non poderán ser beneficiarias as agrupacións de persoas xurídicas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade que careza de personalidade xurídica propia.

Non se concederán axudas a empresas en crise, de acordo coa definición e condicións establecidas nas Directrices comunitarias sobre as axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas non financeiras en crise (2014/C 249/01). Para verificar o cumprimento deste requisito, as empresas presentarán coa solicitude de axuda unha declaración de non atoparse en situación de crise conforme a normativa comunitaria.

Tampouco poderán ser beneficiarias de axudas as empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación de axudas como consecuencia dunha decisión previa da Comisión Europea que as declare ilegais e incompatibles co mercado común.

Non poderán ser beneficiarias das axudas previstas nas bases reguladoras as empresas que operen no sector da pesca, da acuicultura e/ou da transformación e comercialización de produtos pesqueiros.

5. A valoración dos requisitos, así como dos feitos e aspectos puntuables a través dos criterios de selección das respectivas estratexias de desenvolvemento rural dos GDR, estarán referidos ao último día de prazo de presentación das solicitudes que vaian concorrer en cada período de selección.

Artigo 4. Solicitudes de axuda

1. As solicitudes de axuda dirixiranse ao GDR correspondente ao territorio en que vaia executarse o proxecto de que se trate, segundo modelo normalizado (anexo II das bases reguladoras) que, en todo caso, estará ao dispor dos interesados na sede electrónica da Xunta de Galicia e nas respectivas sedes dos GDR. A relación dos GDR de Galicia consta na páxina web da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365 )

2. Segundo o establecido no artigo 8 das bases reguladoras, o prazo de presentación de solicitudes estará aberto durante todo o período de execución da medida Leader, coa data límite que determine cada GDR en función da dispoñibilidade de fondos.

3. Segundo o establecido no artigo 16 das bases reguladoras, concorrerán a esta convocatoria as solicitudes de axuda presentadas ata o 31 de xaneiro de 2023.

Artigo 5. Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Acreditación, no caso de persoas xurídicas, da súa personalidade, a través dun certificado expedido polo Rexistro Mercantil ou outros rexistros públicos que correspondan en función da personalidade xurídica de que se trate, en que se identifique a constitución e a representación correspondente, con indicación do seu alcance e vixencia.

De non achegarse dito certificado, deberán presentar copia das correspondentes escrituras de constitución e do poder de representación, debidamente inscritas no rexistro público que corresponda segundo o tipo de personalidade xurídica de que se trate. Así mesmo, deberanse presentar as modificacións posteriores dos documentos indicados, así como a fotocopia do NIF, no caso de denegar expresamente a súa consulta.

b) Declaración censual tributaria (modelo 036 ou 037), ou compromiso de comunicar o inicio de actividade á AEAT cando o proxecto supoña o inicio dunha actividade empresarial.

c) Documentación acreditativa de que se cumpre co requisito de ser pequena empresa: últimas contas depositadas no rexistro correspondente e última memoria anual de actividades aprobada pola entidade, na que figure o número de persoas empregadas do último exercicio pechado, o volume de negocio e o balance anual.

d) Informe da plantilla media de traballadores en situación de alta na empresa, correspondente aos 12 meses anteriores á data de presentación da solicitude de axuda, expedido pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

e) Informe de vida laboral da/s conta/s de cotización da empresa e/ou dos traballadores autónomos, correspondente aos 12 meses anteriores á data de presentación da solicitude de axuda.

f) Memoria e resumo do proxecto en documento normalizado (anexos das bases reguladoras: III. Plan de empresa, para proxectos produtivos e IV. Plan de xestión, para proxectos non produtivos), no cal se reflicta a situación de partida, os obxectivos que se perseguen coa súa posta en marcha e a metodoloxía de traballo, así como as explicacións necesarias para a correcta comprensión do proxecto. O solicitante debe ter en conta que esta información vai ser tomada en consideración para valorar o cumprimento dos requisitos dos proxectos e para aplicar os criterios de selección que o GDR teña aprobados. Para proxectos de natureza produtivos, a memoria resumo do proxecto deberá incluír unha previsión do plan de empresa que abranguerá polo menos 5 anos, coa xustificación da súa viabilidade económica financeira. Para proxectos de natureza non produtivos, a memoria resumo do proxecto deberá incluír unha previsión do plan de xestión da actividade e/ou do investimento que abranguerá polo menos 5 anos.

g) Orzamento de gastos, desagregados por partidas, necesarios para a execución do proxecto (anexo V das bases reguladoras).

h) Relación de ofertas solicitadas e elixidas, nos termos indicados no artigo 10 das bases reguladoras, segundo os documentos normalizados (anexo VI A das bases reguladoras e declaración segundo modelo normalizado do anexo VI B das bases reguladoras).

i) De ser o caso, documentación acreditativa da non suxeición ou exención do IVE, de modo que se constate que é efectivamente soportado polo beneficiario e non recuperable.

j) No suposto de investimentos en explotacións agrarias, código de explotación agraria, ou no seu defecto, rexistro oficial que corresponda á explotación agraria.

k) No suposto de proxectos de diversificación de explotacións agrarias cara actividades non agrarias (ficha de elixibilidade IV) deberá achegarse a acreditación do grao de parentesco. Neste suposto deberá achegarse tamén o certificado de empadroamento, só no caso de denegar expresamente á Axencia Galega de Desenvolvemento Rural a súa consulta.

l) Plano do Sixpac indicando as coordenadas da localización da operación. .

m) No caso de empresas xa existentes, licenza de actividade do concello ou de ser o caso acreditación da presentación da comunicación previa establecida no artigo 24 da Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia.

n) No caso de que unha operación inclúa obra civil, anteproxecto ou memoria valorada, asinado por técnico competente na materia.

ñ) Calquera outra documentación ou información adicional que o interesado considere de interese para unha mellor análise e valoración do proxecto.

Os modelos normalizados necesarios para a presentación da documentación referida, incorpóranse ás bases reguladoras como anexos II a XIV e estarán tamén ao dispor dos interesados na sede do GDR.

3. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente pola persoa interesada a calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recabados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados ao efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se puideran obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

4. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se dispón del.

5. No caso de que algún dos documentos a presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivera un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no artigo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 6. Notificacións

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta a disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderá de oficio crear o indicado enderezo, aos efectos de asegurar o cumprimento polas persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

4. As notificacións entenderanse practicadas no momento no que se produza o acceso ao seu contido, entendéndose rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta a disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non fose posible por problemas técnicos practicarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 7. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI/NIE da persoa física solicitante.

b) NIF da entidade solicitante.

c) DNI/NIE da persoa representante.

d) Certificado de residencia con data da última variación padroal da persoa solicitante.

f) Certificado de estar ao día do cumprimento das obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.

g) Certificado de estar ao día do cumprimento das obrigas fronte á Seguridade Social.

h) Certificado acreditativo de non ter pendente de pagamento débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o esixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 8. Instrución do procedemento

1. Os actos de instrución do procedemento en virtude dos que deba ditarse a resolución de concesión corresponderán ao equipo xestor do GDR e á Subdirección de Relacións cos GDR, segundo o disposto no presente capítulo destas bases reguladoras.

2. En relación coa solicitude de axuda, o equipo xestor do GDR comprobará que a operación cumpre cos requisitos da estratexia de desenvolvemento local aprobada, co disposto nestas bases reguladoras, no Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 e na restante normativa comunitaria e nacional que sexa de aplicación. En particular, verificarase:

a) A admisibilidade do beneficiario.

b) Os criterios de admisibilidade da acción proposta.

c) A localización do investimento en territorio elixible.

d) A xustificación da viabilidade técnica, económica (no seu caso) e financeira.

e) A elixibilidade dos investimentos propostos.

f) Os compromisos e obrigas que debe cumprir a operación para a que se solicita a axuda.

g) O cumprimento dos criterios de selección.

h) A verificación da moderación dos custos propostos.

Artigo 9. Análise da solicitude de axuda e da documentación

1. No suposto de defectos na solicitude ou na documentación complementaria, o equipo xestor do GDR requiriralle ao interesado para que no prazo máximo e improrrogable de 10 días corrixa a falta ou acompañe os documentos preceptivos, nos termos previstos no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

2. Así mesmo, logo da presentación da solicitude de axuda e durante a instrución do procedemento, non se admitirá ningunha modificación dos investimentos para os cales se solicita a axuda que supoñan un incremento do seu importe, nin a inclusión de novos elementos ou gastos.

Artigo 10. Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar trala presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 11. Resolución

1. A persoa titular da Dirección Xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, por delegación do Consello de Dirección da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, resolverá sobre a concesión ou denegación das axudas, nos termos contidos na proposta de resolución efectuada pola xunta directiva ou órgano decisorio similar do GDR, sempre que no caso das resolucións de concesión de axuda, se constate a existencia de dispoñibilidades financeiras.

2. Nos casos nos que se constaten erros ou defectos de legalidade na proposta de resolución, Axencia Galega de Desenvolvemento Rural devolverá a proposta de resolución ao GDR para os efectos de adecuar a citada proposta á legalidade vixente ou, de ser o caso, corrixir os erros detectados.

3. A resolución de concesión expresará:

a) A identificación do proxecto para o que se concede a axuda.

b) O orzamento aceptado, desagregado por partidas de gasto.

c) A porcentaxe e importe de axuda pública, desagregado por fontes financeiras, distribuído por anualidades, así como a puntuación e baremación do proxecto.

d) Prazo máximo de execución e xustificación dos gastos e investimentos, que non excederá de 18 meses e respectará as datas límite previstas no calendario de xestión do artigo 34 das bases reguladoras.

e) A posibilidade de concesión de prórrogas.

f) As condicións específicas de execución e xustificación.

g) A compatibilidade ou incompatibilidade con outras axudas ou subvencións para a mesma finalidade.

h) Regulamento comunitario no que se ampare, no seu caso, a concesión da axuda.

i) Prazos e modos de xustificación da subvención, posibilidade de pagamentos anticipados, pagamentos parciais, así como o réxime de garantías.

j) Compromisos asumidos polo beneficiario.

k) Réxime de recursos.

l) Que a subvención está encadrada na medida 19 (Leader) do PDR, que está cofinanciada polo fondo Feader e que se encadra na prioridade ou área focal 6B (promover o desenvolvemento local nas zonas rurais).

4. A resolución de denegación, expresará:

a) A identificación do proxecto para o que se denega a axuda.

b) Causas de denegación e motivación.

c) Réxime de recursos.

5. Publicaranse no DOG as subvencións concedidas ao abeiro destas bases reguladoras, así como no taboleiro de anuncios da sede de Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (lugar da Barcia, nº 56, Laraño, 15897 Santiago de Compostela), nas webs dos GDR e na web de Axencia Galega de Desenvolvemento Rural http://agader.xunta.es

Ademais, a resolución notificarase individualmente a cada interesado. Así mesmo, remitiráselle unha copia ao GDR.

Notificada a resolución, e sen prexuízo dos recursos que procedan, transcorridos 10 días naturais desde a notificación sen que o interesado comunicase expresamente a súa renuncia á subvención entenderase que a acepta, e adquirirá desde ese momento a condición de beneficiario.

6. O prazo máximo para resolver e notificar a resolución do procedemento será 9 meses, a contar desde a data da presentación da solicitude de axuda. O promotor poderá entender desestimada a súa solicitude por silencio administrativo transcorrido o dito prazo sen que se teña notificado a resolución expresa.

7. Contra a resolución de concesión ou non concesión de axuda, que pon fin á vía administrativa, poderá interporse recurso potestativo de reposición ante o Consello de Dirección da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da notificación, ou ben directamente recurso contencioso administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados igualmente desde o día seguinte ao da notificación. Tamén poderá interpoñerse calquera outro recurso que se estime oportuno.

Artigo 12. Prazo de xustificación da subvención

1. A data límite para executar e xustificar os investimentos vinculados aos proxectos subvencionados será a que estableza cada unha das resolucións de concesión de axuda no marco do calendario xeral previsto no artigo 34 das bases reguladoras, así como nas resolucións de modificación do citado calendario de xestión, que en amparo do punto 2 do citado artigo dite a persoa titular da Dirección Xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.

No caso de concesión de subvencións de carácter plurianual, as resolucións de concesión de axuda establecerán a data límite para executar os investimentos imputables a cada un dos exercicios nos que se distribúa a axuda. Polo tanto, a persoa beneficiaria da axuda, deberá adecuar o ritmo de execución da acción subvencionada ao calendario de execución acordado na resolución de concesión, podendo imputar, non obstante, os gastos nos que incorra no último trimestre de cada exercicio á conta xustificativa correspondente ao exercicio seguinte.

En liña co disposto no apartado d) do citado artigo 34.1 das bases reguladoras, a data final de xustificación de investimentos será o 15 de outubro de cada ano.

2. O réxime de xustificación regúlase no artigo 24 das bases reguladoras ás que está sometida esta convocatoria.

Artigo 13. Criterios de selección

Compételle ao equipo xestor de cada GDR emitir un informe control de elixibilidade (ICE), segundo modelo normalizado que facilitará Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, e que reflectirá o resultado da avaliación e baremación do proxecto, ao abeiro da estratexia de desenvolvemento local aprobada, destas bases reguladoras e da normativa que resulte de aplicación. A baremación do proxecto realizarase segundo os criterios obxectivos de adxudicación das subvencións que cada GDR teña establecidos na súa estratexia de desenvolvemento local. A puntuación que obteña cada proxecto será a que determine a contía individualizada da axuda que lle corresponde, de acordo coas regras que cada GDR teña establecidas na súa estratexia de desenvolvemento local.

Os criterios de selección aplicables para cada un dos GDR son os aprobados por resolución da persoa titular da Dirección Xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e que figuran na páxina web oficial da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural no enderezo electrónico correspondente a cada GDR, segundo se indica no artigo 13.1 das bases reguladoras polas que se rexe esta convocatoria.

Artigo 14. Financiamento

1. O financiamento desta convocatoria no ano 2023 será de 3.056.886,80 € con cargo ás aplicacións orzamentarias da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural 14.A1.712A.7600, 14.A1.712A.7700, 14.A1.712A.7810 (aplicación orzamentaria 14.05.712A.732.09 da Consellería do Medio Rural, proxecto 2016-00221 da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural).

Para atender os compromisos derivados desta convocatoria con cargo á anualidade 2024, prevese un importe de 12.227.547,20 €, que se imputarán con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia da citada anualidade 2024.

A concesión de subvencións ao abeiro desta convocatoria está sometida á condición suspensiva de existencia de crédito axeitado e suficiente no momento da resolución.

2. No marco da medida 19 (Leader), submedida 19.2 (apoio para a realización de operacións conforme á estratexia de desenvolvemento local), do PDR de Galicia 2014-2020, o crédito indicado está cofinanciado nun 75 % polo Feader, nun 2,5 % pola Administración xeral do Estado e nun 22,5 % pola Comunidade Autónoma de Galicia.

3. As contías indicadas poderán incrementarse en función das solicitudes presentadas, sempre que teña lugar unha xeración, ampliación ou incorporación de crédito ou existan remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa, segundo prevé o artigo 31 da LSG e o artigo 30 do Regulamento da dita lei, que se aprobou mediante o Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro (DOG nº 20, do 29 de xaneiro), debéndose publicar no DOG o aludido incremento de contía.

4. A distribución dos importes para as anualidades 2023 e 2024 sinálanse, globalmente e por cada un dos GDR, nos anexos I e II, respectivamente, desta resolución.

5. En relación cos importes consignados no citado anexo II, no que se recolle a distribución económica por GDR, cómpre sinalar que ditos importes poderán ser obxecto de redistribución entre os distintos GDR nos supostos de non rexistrarse solicitudes suficientes nalgún ou nalgúns GDR ou se a calidade dos proxectos presentados nos mesmos non acadase a puntuación mínima esixida para ser subvencionables.

6. Os actos de trámite ditados en desenvolvemento desta resolución enténdense condicionados á aprobación da sétima modificación do PDR de Galicia 2014-20, actualmente en fase de tramitación.

Artigo 15. Devolución de axudas

Conforme ao previsto no artigo 64 do regulamento da LSG, os beneficiarios poderán devolver voluntariamente na conta da entidade financeira Abanca nº ES19 2080 0388 2831 1000 1396, as axudas percibidas. No concepto da transferencia indicarase «Devolución da convocatoria Leader 2023-24» e mais o «Nº de expediente».

Artigo 16. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrarlles á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, a que estean vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

Disposición adicional primeira. Recursos

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, cabe interpor potestativamente recurso de reposición ante o Consello de Dirección da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, ou ben recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela que corresponda, no prazo de dous meses contados igualmente desde o día seguinte ao da citada publicación no DOG.

Disposición adicional segunda. Información

Sobre este procedemento administrativo poderase obter documentación normalizada ou información adicional a través dos seguintes medios:

a) Na páxina web da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural http://Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.xunta.es

b) Na Guía de procedementos e servizos, no enderezo:

https://sede.xunta.es/guia-de-procedementos

c) No teléfono 981 54 73 62 (Axencia Galega de Desenvolvemento Rural).

d) De xeito presencial, na Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Lugar da Barcia, nº 56, Laraño. 15897 Santiago de Compostela), con cita previa no teléfono 981 54 73 62.

e) Páxina web e sede dos GDR de Galicia. A relación dos GDR está publicada na antedita páxina web da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.

Disposición derradeira primeira. Habilitación para a xestión da convocatoria

A persoa titular da Dirección Xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural poderá ditar os actos necesarios para asegurar a correcta aplicación desta convocatoria.

Disposición derradeira segunda. Actualización de modelos normalizados

Os modelos normalizados previstos nas bases reguladoras e aplicables na tramitación do procedemento regulado na presente disposición poderán ser modificados co obxecto de mantelos actualizados e adaptados á normativa vixente. A estes efectos, será suficiente a publicación destes modelos adaptados ou actualizados na sede electrónica da Xunta de Galicia, onde estarán permanentemente accesibles para todas as persoas interesadas.

Disposición derradeira terceira. Eficacia da convocatoria

Esta resolución será aplicable desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG.

Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2022

Inés Santé Riveira
Directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANEXO I

Subvencións para a execución de proxectos ao abeiro da submedida 19.2 de Leader (apoio para a realización de operacións conforme á estratexia
de desenvolvemento local)

Aplicacións-proxectos da convocatoria 2023-2024

Aplicacións- proxectos para a anualidade 2023:

Acción

(submedida)

Aplicación Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural

Proxecto Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural

Aplicación Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

Proxecto Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

Presuposto Inicial GPT

Presuposto inicial Feader

01/19/20

14.05.712A.732.09

2016-00221

14.A1.712A.7600

2016 00001

764.221,70 €

573.166,28 €

01/19/20

14.05.712A.732.09

2016-00221

14.A1.712A.7700

2016 00001

1.986.976,42 €

1.490.232,32 €

01/19/20

14.05.712A.732.09

2016-00221

14.A1.712A.7810

2016 00001

305.688,68 €

229.266,51 €

Total

3.056.886,80 €

2.292.665,10 €

Aplicacións-proxectos para a anualidade 2024:

Acción

(submedida)

Aplicación Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural

Proxecto Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural

Aplicación Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

Proxecto Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

Presuposto Inicial GPT

Presuposto inicial Feader

01/19/20

14.05.712A.732.09

2016-00221

14.A1.712A.7600

2016 00001

3.056.886,80 €

2.292.665,10 €

01/19/20

14.05.712A.732.09

2016-00221

14.A1.712A.7700

2016 00001

7.947.905,68 €

5.960.929,26 €

01/19/20

14.05.712A.732.09

2016-00221

14.A1.712A.7810

2016 00001

1.222.754,72 €

917.066,04 €

Total

12.227.547,20 €

9.170.660,40 €

ANEXO II

Distribución por GDR para o financiamento da submedida 19.2 de Leader (apoio para a realización de operacións conforme á estratexia de desenvolvemento local)

Convocatoria 2023-2024:

Número e nome do GDR

Anualidade 2023 (€)

Anualidade 2024 (€)

Suma anualidades 2023 e 2024 (€)

GDR 01: Terras de Miranda

111.605,48

446.421,92

558.027,40

GDR 02: Terra Cha

148.452,08

593.808,32

742.260,40

GDR 03: Montes e Vales Orientais

172.829,06

691.316,24

864.145,30

GDR 04: Comarca de Lugo

113.397,85

453.591,41

566.989,27

GDR 05: Miño Ulla

130.087,21

520.348,85

650.436,07

GDR 06: Ribeira Sacra Courel

162.699,36

650.797,45

813.496,82

GDR 07: Valdeorras

132.266,47

529.065,87

661.332,34

GDR 08: Sil Bibei Navea

168.558,16

674.232,64

842.790,80

GDR 09: Monteval

128.148,88

512.595,53

640.744,41

GDR 10: A Limia Arnoia

142.078,58

568.314,34

710.392,92

GDR 11: Adercou

113.397,85

453.591,41

566.989,27

GDR 12: Carballiño Ribeiro

120.921,21

483.684,83

604.606,03

GDR 13: Condado Paradanta

111.605,48

446.421,92

558.027,40

GDR 14: Galicia Suroeste Eurural

112.861,25

451.445,01

564.306,26

GDR 15: Pontevedra Morrazo

116.716,01

466.864,05

583.580,07

GDR 16: Pontevedra Norte

137.807,69

551.230,74

689.038,43

GDR 17: Salnés Ulla Umia

111.605,48

446.421,92

558.027,40

GDR 18: Deloa

111.605,48

446.421,92

558.027,40

GDR 19: Terras de Compostela

111.605,48

446.421,92

558.027,40

GDR 20: Ulla Tambre Mandeo

121.129,28

484.517,10

605.646,38

GDR 21: Ordes

112.105,63

448.422,53

560.528,16

GDR 22: Costa Morte

126.320,06

505.280,25

631.600,31

GDR 23: Mariñas Betanzos

117.252,61

469.010,45

586.263,07

GDR 24: Seitura 22

121.830,14

487.320,57

609.150,71

Importes totais

3.056.886,80

12.227.547,20

15.284.434,00