A persoa representante da titularidade do Centro Privado (CPR) Montegrande, da Coruña, solicita a autorización de 1 unidade de educación especial.
Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,
DISPOÑO:
Artigo 1. Modificación da autorización
Modificar a autorización para unha unidade de educación especial, quedando o centro configurado como se detalla a seguir:
Denominación xenérica: centro privado (CPR).
Denominación específica: Montegrande.
Código do centro: 15022000.
Enderezo: avenida Nova York, 162.
Código postal: 15008.
Localidade: A Coruña.
Concello: A Coruña.
Provincia: A Coruña.
Titular: Colegio Montegrande, S.L.
Composición resultante:
a) Educación infantil: 3 unidades.
b) Educación primaria: 6 unidades.
c) Educación secundaria obrigatoria: 4 unidades.
d) Bacharelato: 4 unidades, das modalidades de Ciencias da natureza e da saúde, e Humanidades e ciencias sociais.
e) Educación especial: 1 unidade.
f) Formación profesional:
Ciclos formativos de grao superior (CS):
• 1 CS Asistencia á dirección (2 unidades para 30 alumnos/as cada unha).
• 1 CS Administración de sistemas informáticos en rede (2 unidades para 30 alumnos/as cada unha).
• 1 CS Saúde ambiental (2 unidades para 30 alumnos/as cada unha).
• 1 CS Integración social (2 unidades para 30 alumnos/as cada unha).
g) Educación para persoas adultas: ensinanzas básicas iniciais.
Artigo 2. Inicio da actividade
Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Coruña, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia.
Artigo 3. Inscrición no Rexistro de Centros
Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.
Artigo 4. Revisión da autorización
O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando se teña que modificar calquera dos datos que se sinalan nesta orde.
Disposición derradeira primeira. Recursos
Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2022
Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades