De conformidade coa proposta elevada pola Comisión nomeada para xulgar o concurso para a provisión de prazas dos corpos docentes universitarios, convocados mediante a Resolución desta universidade do 5 de xullo de 2022 (BOE do 18 de xullo), e presentada pola persoa interesada a documentación a que fai referencia a base novena da convocatoria.
Esta reitoría, en uso das atribucións conferidas polo artigo 65 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril (BOE do 13 de abril), e o artigo 85 dos estatutos da Universidade de Santiago de Compostela, aprobados polo Decreto 14/2014, do 30 de xaneiro (DOG do 12 de febreiro), e demais disposicións concordantes, resolveu efectuar o nomeamento da persoa que se relaciona no anexo.
O citado nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión pola persoa interesada, que se deberá efectuar no prazo máximo de vinte (20) días contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante o órgano que ditou o acto, sen que neste caso se poida interpoñer o recurso contencioso-administrativo mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, conforme o previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2023
Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela
ANEXO
Nº de concurso |
Nome |
Apelidos |
DNI |
Corpo docente |
Área de coñecemento |
Departamento |
Localidade |
Código da praza |
100T/22 |
María del Carmen |
Díaz Ruiz |
***0219** |
Profesor/a titular de universidade |
Anatomía e Embrioloxía Humana |
Ciencias Morfolóxicas |
Santiago de Compostela |
C01930 |