Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 30 de xaneiro de 2023 Páx. 10168

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 2023, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, sobre disolucións e cancelacións de sociedades agrarias de transformación (SAT).

En cumprimento das funcións que lle están atribuídas a esta Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, acórdase publicar a relación das sociedades agrarias de transformación disoltas e canceladas conforme o Real decreto 1776/1981, do 3 de agosto.

a) Os Hermida, SAT, núm. 737 Xuga, disolta polo Acordo adoptado na asemblea xeral do 14 de novembro de 2022 e nomeamento da comisión liquidadora.

b) Bendoiro, SAT, núm. 923 Xuga, cancelación por transformación da entidade en Bendoiro CA, S.L., mediante Acordo aprobado na asemblea xeral do 30 de setembro de 2022, efectuado ante notario.

c) Alvaredo, SAT, núm. 5693, cancelada polo Acordo adoptado na asemblea do 21 de outubro de 2022 finalizada a liquidación.

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2023

Silvestre José Balseiros Guinarte
Director xeral de Gandaría, Agricultura e
Industrias Agroalimentarias