Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 30 de xaneiro de 2023 Páx. 10166

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Xuventude

ANUNCIO do 30 de novembro de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican os actos administrativos ditados no procedemento BS210A (expediente SC-0000011155 e un máis).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentada a notificación das propostas de resolución de reintegro das prestacións económicas indebidamente percibidas ditadas pola xefatura territorial no último domicilio das persoas interesadas, sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, notifícaselles ás persoas citadas no anexo, ou a través das persoas que as representen, debidamente acreditadas, para que no prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, acudan ao Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social e Xuventude, na rúa Concepción Arenal, núms. 7 e 9 da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para teren coñecemento do contido íntegro dos ditos actos administrativos.

A notificación entenderase producida o día da comparecencia e, no caso de non se presentaren, desde a finalización do prazo de dez (10) días indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

As propostas que se notifican outórganlles ás persoas interesadas un prazo de quince (15) días, contados a partir do día seguinte a aquel en que teña lugar a notificación, efectuada por comparecencia, para presentaren as alegacións ou os documentos que consideren convenientes.

A Coruña, 30 de novembro de 2022

María Blanco Aller
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Procedemento BS210A

Número de expediente

DNI

Contido do acto

Data

documento

SC-0000011155

35873932G

Proposta de resolución de reintegro da prestación

5.5.2022

SAAD12-15/6400662/2008

76967600D

Proposta de resolución de reintegro da prestación

31.5.2022