Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 31 de xaneiro de 2023 Páx. 10375

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 2023, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 21 de setembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2022 para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos colectivos, financiados polo FEMP, que contribúan á protección e recuperación da biodiversidade mariña a través dunha mellor xestión e conservación dos recursos mariños e dos seus ecosistemas, así como ao fomento da sensibilización ambiental (código de procedemento PE209C).

De conformidade co establecido no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17, punto 1.b), da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario a que se imputen, beneficiario, cantidade concedida e finalidade ou finalidades da subvención.

En consecuencia,

RESOLVO:

Ordenar a publicación, no Diario Oficial de Galicia, das axudas concedidas con cargo á Orde do 21 de setembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2022 para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos colectivos, financiados polo FEMP, que contribúan á protección e recuperación da biodiversidade mariña a través dunha mellor xestión e conservación dos recursos mariños e dos seus ecosistemas, así como ao fomento da sensibilización ambiental (código de procedemento PE209C).

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2023

Susana Rodríguez Carballo
Directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro

ANEXO

1. Finalidade: axudas a proxectos colectivos, financiados polo FEMP, que contribúan á protección e recuperación da biodiversidade mariña a través dunha mellor xestión e conservación dos recursos mariños e dos seus ecosistemas, así como ao fomento da sensibilización ambiental.

2. Financiamento: aplicación orzamentaria 15.03.723A.770.1, proxecto contable 2016.00293; cofinanciada nun 75 % polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) e o 25 % pola Comunidade Autónoma.

3. Beneficiarios e axudas concedidas:

Expediente

NIF

Solicitante

Anualidade 2022

Anualidade 2023

Total

PE209C_2022F_001

V36016962

Confraría de pescadores San Telmo de Pontevedra

16.977,24 €

34.398,48 €

51.375,72 €

PE209C_2022F_002

G15038516

Confraría de pescadores de Lira

00,00 €

15.586,78 €

15.586,78 €

PE209C_2022F_003

G15338593

Confraría de pescadores de Camelle

0,00 €

4.276,00 €

4.276,00 €