Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 31 de xaneiro de 2023 Páx. 10352

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Xuventude

RESOLUCIÓN do 31 de decembro de 2022, da Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade, pola que se publica a Resolución do 30 de decembro de 2022, pola que finaliza o procedemento de concesión de subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a prestación de servizos no marco da Rede galega de atención temperá nos anos 2022 a 2024, susceptible de ser cofinanciada polo Programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS700A).

No Diario Oficial de Galicia número 207, do 31 de outubro de 2022, publícase a Orde da Consellería de Política Social e Xuventude do 19 de outubro de 2022, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a prestación de servizos no marco da Rede galega de atención temperá nos anos 2022 a 2024, susceptible de ser cofinanciada polo Programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS700A).

A orde recolle que as subvencións se destinarán á consecución das seguintes finalidades:

a) Programa I, destinado á consolidación dos servizos de atención temperá subvencionados pola Xunta de Galicia a través da Orde do 31 de decembro de 2021, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a prestación de servizos no marco da Rede galega de atención temperá, cofinanciadas parcialmente polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020.

b) Programa II, destinado a servizos de atención temperá existentes e actualmente non subvencionados, así como á implantación de novas unidades.

Para o financiamento desta convocatoria destínase crédito por importe total de once millóns oitocentos doce mil douscentos dezanove euros (11.812.219,00 €), que se imputará á aplicación 13.04.312E.460 no código de proxecto 2016 00172. O importe do financiamento desta convocatoria é susceptible de ser cofinanciado nunha porcentaxe do 60 % polo Programa FSE+ Galicia 2021-2027.

O prazo e a forma de presentación de solicitudes regúlase no artigo 12 de Orde do 19 de outubro de 2022 e no artigo 13 determínase a documentación que se deberá xuntar coa solicitude.

Unha vez revisadas as solicitudes presentadas ao abeiro da dita orde de convocatoria polo órgano encargado da instrución do procedemento, segundo establece o seu artigo 18, así como as emendas feitas, comprobado que todas cumprían cos requisitos establecidos e coa documentación necesaria, estas foron remitidas á Comisión de Valoración, órgano creado no artigo 19 da citada orde.

O órgano instrutor, logo da baremación e en vista do informe realizado pola Comisión de Valoración, formulou as propostas de resolución que, como establece o artigo 21, elevou ao órgano competente, a Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade, que en virtude da competencia delegada na disposición adicional terceira para resolver os procedementos de concesión, emite a correspondente resolución.

Por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva e consonte o indicado no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, tal como sinala o artigo 22 da Orde do 31 de decembro de 2021, os actos administrativos e as correspondentes resolucións deste procedemento publicaranse no Diario Oficial de Galicia, isto producirá os efectos da notificación.

Serán igualmente obxecto de publicidade a través da páxina web da Consellería (https://politicasocial.xunta.gal) e de forma complementaria só por medios electrónicos.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 30 de decembro de 2022, ditada no procedemento BS700A de subvencións destinadas a entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a prestación de servizos no marco da Rede galega de atención temperá, nos anos 2022 ao 2024, susceptible de ser cofinanciada polo Programa FSE+ Galicia 2021-2027, e que se xunta á presente resolución no anexo.

Segundo. Comunicar que a Resolución do 30 de decembro de 2022 finaliza o procedemento de concesión das axudas, pon fin á vía administrativa e contra ela poderá interporse o recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que ditou a resolución, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou directamente o recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Non pode interporse o recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto.

Santiago de Compostela, 31 de decembro de 2022

Fernando González Abeijón
Director xeral de Persoas con Discapacidade

ANEXO

Resolución do 30 de decembro de 2022 pola que se finaliza o procedemento de concesión de subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a prestación de servizos no marco da Rede galega
de atención temperá

Convocatoria: Orde do 19 de outubro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a prestación de servizos no marco da Rede galega de atención temperá nos anos 2022 a 2024, susceptible de ser cofinanciada polo Programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS700A).

Antecedentes:

1. A Subdirección Xeral de Programas de Apoio á Discapacidade, unha vez consultada a base de datos do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais dependente da Subdirección Xeral de Autorización e Inspección de Servizos Sociais, comprobou que as entidades solicitantes cumprían cos requisitos establecidos na orde de convocatoria, de estaren inscritas no devandito rexistro, así como o resto dos requisitos específicos establecidos no artigo 7.

2. No suposto de solicitudes individuais, contan cun censo mínimo de 10.000 habitantes, segundo a cifra de poboación na data do 1 de xaneiro de 2021, fonte do Instituto Galego de Estatística.

3. A Comisión de Valoración encargada do estudo das solicitudes para o outorgamento das subvencións realizou a valoración de todas as solicitudes presentadas por cumpriren cos requisitos previos exixidos e emitiu o seu informe.

No dito informe, e logo da aplicación dos criterios de valoración do artigo 20, determina que, en atención ao financiamento previsto no artigo 3 da Orde do 19 de outubro de 2022 (Programa I: 9.949.454,00 € e Programa II: 1.862.765,00 €), e tendo en conta o sinalado no artigo 4.1.b) sobre os importes máximos segundo o tipo de xestión, que se teñen en conta para determinar o importe máximo subvencionable en cada caso, todos os expedientes son susceptibles de proposta de resolución con cargo a cada programa.

4. O órgano instrutor, en vista do informe realizado pola comisión do procedemento e de acordo coa documentación que consta no seu poder, elevou ao órgano competente para resolver a proposta de Resolución do 30 de decembro 2022, para os programas I e II que a seguir se relaciona. Comunicou que todas as solicitudes presentadas cumpren cos requisitos necesarios para acceder ás axudas da presente convocatoria, que resulta acreditado que se atopan ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria e coa da Facenda da Xunta de Galicia e que, así mesmo, se atopan ao día no cumprimento das súas obrigas coa Seguridade Social. Tamén indica que todas as solicitudes foron valoradas segundo os criterios sinalados no artigo 20.

Por todo o anterior, unha vez fiscalizado o gasto de conformidade coa Intervención Delegada, o director xeral de Persoas con Discapacidade, en virtude da competencia delegada na disposición adicional terceira para resolver os procedementos de concesión,

RESOLVE:

Primeiro. Conceder con cargo á aplicación orzamentaria 13.04.312E.460.1 (código de proxecto 2016 00172) as subvencións que se sinalan no anexo da resolución ás entidades que se relacionan, para a prestación de servizos ao abeiro do disposto no Decreto 183/2013, do 5 de decembro, polo que se crea a Rede galega de atención temperá, condicionadas ao cumprimento das obrigas das entidades beneficiarias establecidas nos artigos 11 e 28 da Orde 19 de outubro de 2022 e, en todo caso, as establecidas no artigos 10 e 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Segundo. O importe do financiamento desta convocatoria é susceptible de ser cofinanciado nunha porcentaxe do 60 % polo Programa FSE+ Galicia 2021-2027, dentro do obxectivo político 4: unha Europa máis social e inclusiva mediante a aplicación do piar europeo de dereitos sociais; prioridade 7: garantía Infantil e obxectivo específico k): mellorar a igualdade e a oportunidade do acceso a uns servizos de calidade, sustentables e alcanzables, incluídos os servizos que promoven o acceso á vivenda e a unha atención centrada nas persoas, incluída a asistencia sanitaria; modernizar os sistemas de protección social, tamén fomentando o acceso á protección social, con especial atención aos menores e aos grupos desfavorecidos; mellorar a accesibilidade, tamén para persoas con discapacidade, a efectividade e a resiliencia dos sistemas de asistencia sanitaria e dos servizos de coidados de longa duración e medida 7.k.01: servizo de atención temperá destinado a menores vulnerables con trastornos no seu desenvolvemento.

Terceiro. Co obxecto de seren susceptibles de cofinanciamento polo Programa FSE+ Galicia 2021-2027, nesta convocatoria incorpórase o establecemento de métodos de custos simplificados conforme o disposto no Regulamento (UE) 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, polo que se establecen as disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo Plus, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo de Transición Xusta e ao Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, así como as normas financeiras para os ditos fondos e para o Fondo de Asilo, Migración e Integración, o Fondo de Seguridade Interior e o Instrumento de apoio financeiro á xestión de fronteiras e á política de visados.

O importe da axuda calcularase segundo o sistema de custos simplificados, en función do número de horas de traballo efectivo da totalidade de integrantes do equipo.

Cuarto. Dado que a presente convocatoria é susceptible de ser cofinanciada polo Fondo Social Europeo Plus (FSE+), no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, respectarase, de ser o caso, o previsto no Regulamento (UE) 2021/1057 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, polo que se establece o Fondo Social Europeo Plus (FSE+) e polo que se derroga o Regulamento (UE) 1296/2013; no Regulamento (UE) 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, polo que se establecen as disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo Plus, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo de Transición Xusta ao Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, así como as normas financeiras para os ditos fondos e para o Fondo de Asilo, Migración e Integración, o Fondo de Seguridade Interior e o instrumento de apoio financeiro á xestión de fronteiras e á política de visados; e nas normas de subvencionabilidade ditadas pola autoridade de xestión para o período 2021-2027.

Quinto. A aceptación da subvención implicará a súa aparición na lista de operación que se publicará nos termos establecidos no artigo 49.3 do Regulamento (UE) 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021.

Sexto. Unha vez notificada a resolución da concesión da subvención, as entidades beneficiarias poderán comunicar no prazo de 10 días hábiles a súa aceptación, e comprometerse a executar a acción subvencionada nas condicións establecidas na Orde do 19 de outubro de 2022. No caso de non comunicar o dito aspecto no prazo indicado, entenderase tacitamente aceptada.

A renuncia á subvención poderase formular por calquera medio que permita a súa constancia, de acordo co establecido no artigo 94 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Sétimo. Os pagamentos realizaranse coa seguinte periodicidade:

a) Para a anualidade 2022, realizarase o pagamento do 100 % da contía da subvención concedida en concepto de anticipo, que se fará efectivo unha vez notificada a resolución de concesión.

b) Para a anualidade 2023, realizarase de forma fraccionada un pagamento do 60 % da contía da subvención en concepto de anticipo, que se fará efectivo ao longo do mes de marzo de 2023. O importe restante ou a parte que corresponda aboarase ata o 31 de outubro de 2023, que se librará logo da xustificación por parte da entidade beneficiaria do cumprimento da finalidade para a cal se concedeu a subvención e das demais condicións exixidas.

c) Para a anualidade 2024, realizarase de forma fraccionada un pagamento do 70 % da contía da subvención concedida en concepto de anticipo, que se fará efectivo ao longo do mes de marzo de 2024. O importe restante ou a parte que corresponda aboarase ata o 31 de outubro de 2024, que se librará logo da xustificación por parte da entidade beneficiaria do cumprimento da finalidade para a cal se concedeu a subvención e das demais condicións exixidas.

Oitavo. A xustificación da actuación executada obxecto de subvención realizarase mediante a presentación da seguinte documentación, de conformidade co disposto no artigo 26 da orde:

a) Anexo IV. Solicitude de pagamento e declaración, asinada polo/a representante da entidade ou da agrupación segundo o previsto no artigo 7.1.c).2º. Ademais dos datos identificativos faranse constar as declaracións sobre o cumprimento da finalidade e da normativa, sobre a solicitude ou non doutras subvencións actualizada e sobre a inexistencia de causa que implique prohibición para ser beneficiario. Así mesmo, a relación da documentación complementaria que se xunta.

b) Anexo V. Certificación sobre condicións da execución, asinada polo/a secretario/a da entidade ou o representante da agrupación segundo o previsto no artigo 7.1.c).2º, na cal figure:

1º. Declaración, de ser o caso, sobre o cumprimento da normativa aplicable en materia de publicidade ás axudas financiadas a través de fondos da Unión Europea, así como en materia de subvencións e, se é o caso, en materia de contratación pública e demais normativa aplicable.

2º. Indicación do prazo de execución e do número de horas totais de traballo dedicadas segundo grupos profesionais, suma das cifras correspondentes a todos/as os/as integrantes do equipo.

3º. Datos de cada un dos integrantes do equipo: datos persoais, períodos de desempeño, grupos e perfís profesionais, tipo de vinculación coa entidade, dedicación total ou parcial e número de horas de traballo calculadas segundo o disposto no artigo 10.3. No caso de xestión indirecta, estes datos deberán corresponderse cos indicados nas facturas da entidade prestadora das que se achegará unha copia xunto co xustificante bancario do seu pagamento. Para que as actuacións poidan ser cofinanciadas polo Programa FSE+ Galicia 2021-2027, nestas facturas darase cumprimento ao disposto nas normas de subvencionabilidade dos gastos cofinanciados con FSE+ ditadas pola autoridade de xestión para o período 2021-2027.

Así mesmo, nestas facturas deberán constar os datos persoais de cada un dos integrantes do equipo de traballo, períodos de desempeño, grupos e perfís profesionais, tipo de vinculación coa entidade, dedicación total ou parcial e número total de horas de traballo de cada técnico.

4º. Réxime da prestación en función do horario semanal.

5º. Número de usuarios/as atendidos/as desagregado por sexo, así como totais. Os datos reflectidos na certificación deberán coincidir cos recollidos na aplicación informática referida no artigo 11.

c) Anexo VI. Folla mensual de horas traballadas. Asinadas pola persoa traballadora, así como, no caso de xestión directa, polo/a secretario/a ou persoa designada segundo o previsto no artigo 7.1.c).2º e no de xestión indirecta, pola persoa responsable da entidade prestadora. Achegarase unha por cada traballador/a e mes de desempeño na que figuren as horas diarias efectivamente traballadas dedicadas ao servizo, así como os totais. Deberá cubrirse en función do establecido no artigo 10.3. A suma das horas consignadas en todas as fichas debe ser equivalente ás contías consignadas no anexo V.

d) Documentación xustificativa da publicidade da actuación segundo o establecido nos artigos 11.c) e 28 desta orde: fotografías do lugar ou lugares no/nos que se levou a cabo a prestación nas que se aprecie a situación do cartel ou carteis informativo/s, con indicación da data de colocación, documentos relativos á publicidade na páxina web; por exemplo, capturas de pantalla e na documentación escrita: copia dun exemplar de cada tipo utilizado.

e) Se é o caso, para o suposto de xestión indirecta, copia das facturas referidas na letra b) ordinal 3º, xunto cos xustificantes bancarios de pagamento.

Os datos que se consignen nos respectivos anexos e documentos sinalados neste número 5, serán unicamente os da prestación do servizo que se desenvolva durante o período reflectido na resolución de concesión da subvención.

f) Documentación acreditativa de titulación de cada un dos profesionais que conforman o equipo da respectiva unidade de atención temperá.

Noveno. A falta de presentación da xustificación no prazo establecido levará consigo a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, á exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, segundo o disposto nela e no artigo 45.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

No caso de que a xustificación fose incorrecta e/ou incompleta, requirirase a entidade para que corrixa os erros ou defectos observados e/ou achegue os documentos solicitados no prazo de dez (10) días, advertíndolle que, de non facelo, se procederá, logo de resolución, á revogación da subvención e, de ser o caso, ao reintegro da contía percibida e á exixencia dos xuros de demora.

Décimo. Os órganos competentes poderán solicitar as aclaracións ou informes relativos á xustificación do gasto que consideren convenientes.

Décimo primeiro. As entidades beneficiarias deberán cumprir, en todo caso, cos requisitos e obrigas exixidos nos artigos 10 e 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, así como coas condicións e obrigas establecidas na orde de convocatoria e demais que resulten exixibles segundo a normativa de aplicación e, en particular, as seguintes:

a) Destinar os fondos ao obxecto concreto para o cal foron concedidos, executar e acreditar a realización da actuación que fundamenta a concesión da subvención e o cumprimento dos requisitos e das condicións desta ante o órgano concedente.

b) Para as actuacións que sexan cofinanciadas polo Programa FSE+ Galicia 2021-2027, manter rexistros contables independentes ou empregar códigos de contabilidade apropiados para todas as transaccións relacionadas coa operación, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría suficiente sobre os gastos financiados con fondos do Programa FSE+ Galicia 2021-2027.

c) Para as actuacións que sexan cofinanciadas polo Programa FSE+ Galicia 2021-2027, conservar toda a documentación relativa á subvención e ás persoas participantes ou usuarias e demais documentos xustificativos relacionados coa operación durante un prazo de cinco anos a partir do 31 de decembro do ano en que a autoridade de xestión do Programa FSE+ Galicia 2021-2027 efectúe o último pagamento, nos termos establecidos no artigo 82 do Regulamento (UE) 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021. O comezo deste prazo será oportunamente comunicado polo organismo intermedio do Programa FSE+ Galicia 2021-2027 (a dirección xeral con competencias en materia de Política de Cohesión e Fondos Europeos).

d) Dar cumprimento á obriga da adecuada publicidade do carácter público do financiamento en todas as actuacións que deriven da execución do proxecto, en cumprimento do disposto no artigo 15.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e 20 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

Igualmente, para as actuacións que sexan cofinanciadas polo Programa FSE+ Galicia 2021-2027, cumprir coas medidas de visibilidade, transparencia e comunicación establecidas no Regulamento (UE) 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021.

En todo caso, durante a execución da actuación respectarase o reflectido no artigo 11.c), sen prexuízo de que os carteis deberán permanecer colocados e na páxina web coa correspondente información, cando menos, ata a data na que remata o prazo final de xustificación da subvención establecido no artigo 26.

e) Informar as persoas destinatarias de que as actuacións nas que participan están financiadas pola Xunta de Galicia-Consellería de Política Social e Xuventude. Ademais, no caso de que as actuacións conten con financiamento do FSE+, informar as persoas destinatarias de que as mesmas están cofinanciadas polo Programa FSE+ Galicia 2021-2027, así como dos obxectivos dos fondos.

f) Para as actuacións que sexan cofinanciadas polo Programa FSE+ Galicia 2021-2027, realizar as actuacións precisas para recoller a información suficiente relativa ao desenvolvemento da prestación que permita dar cumprimento aos requisitos de información a través de indicadores de realización e resultados previstos no artigo 17 do Regulamento (UE) 2021/1057. Para estes efectos, seranlle facilitados os oportunos cuestionarios que terán que respectar o principio de integridade dos datos.

Así pois, as entidades beneficiarias consignarán na aplicación informática prevista no artigo 11 os datos referentes aos indicadores de realización e de resultado inmediato e a longo prazo relativos aos/ás usuarios/as, que serán os que a unidade tramitadora do procedemento incorporará, á súa vez, na aplicación informática de rexistro e almacenamento dos datos de indicadores que se poña á súa disposición polo organismo intermedio do Programa FSE+ Galicia 2021-2027:

1º. Os de realización referiranse á situación á data inmediatamente anterior ao inicio da vinculación do/da participante coa operación subvencionada.

2º. Os de resultado inmediato á situación do participante no período que abranga entre o día posterior á finalización da súa vinculación coa operación e ás catro semanas seguintes, no período de xustificación da correspondente subvención.

3º. Os de resultado a longo prazo: situación aos seis meses de finalización da vinculación do participante coa operación subvencionada.

g) Cumprir coa normativa de protección de datos de carácter persoal. Os relativos ás persoas usuarias ou participantes na actuación subvencionada incorporaranse ao rexistro de actividades de tratamento de datos. En todo caso, deberá constar necesariamente a autorización expresa da persoa interesada para o tratamento e incorporación dos seus datos, sendo a entidade beneficiaria da axuda a que deberá recadar e custodiar esta documentación.

h) Comunicarlle ao órgano concedente calquera modificación das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, así como dos compromisos e obrigas asumidas polas entidades beneficiarias e, de ser o caso, a solicitude e/ou a obtención concorrente de subvencións ou axudas para a mesma finalidade procedentes de calquera Administración ou ente público nacional ou internacional. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e sempre con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

i) Someterse ás actuacións de comprobación e facilitar toda a información requirida pola Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade. Ademais, para o caso das actuacións que sexan cofinanciadas polo Programa FSE+ Galicia 2021-2027, someterse ás actuacións de comprobación e control e facilitar toda a información requirida polos órganos verificadores que se establezan en aplicación dos artigos 74 e 81 do Regulamento (UE) 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, que incluirán as correspondentes visitas sobre o terreo, así como pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Consello de Contas, o Tribunal de Contas, e outros órganos de control impostos pola normativa comunitaria no exercicio das súas funcións de fiscalización e control. Entre a información e a documentación que se debe conservar incluirase a seguinte:

1º. No caso de xestión directa do servizo pola propia entidade beneficiaria da subvención, deberán conservarse os contratos laborais ou mercantís, información da situación de alta na Seguridade Social das persoas traballadoras adscritas, das horas dedicadas polos traballadores a cada unha das prestacións e do lugar de impartición, documentación relativa ao control horario, ás verificacións de asistencia e aquela da que se dispoña nos casos nos que a titulación exixida poida ser suplida por coñecementos adquiridos no desempeño da súa profesión e complementados con formación específica.

2º. No caso de xestión indirecta do servizo mediante a concertación con terceiros da execución total ou parcial da actividade subvencionada, deberán conservarse as facturas emitidas pola entidade adxudicataria prestadora do servizo, onde consten os datos persoais de cada un dos integrantes do equipo de traballo, períodos de desempeño, grupos e perfís profesionais, tipo de vinculación coa entidade, dedicación total ou parcial e número total de horas de traballo de cada técnico.

j) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos, total ou parcialmente, no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión ou nos supostos previstos no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

k) Así mesmo, cumprir coa obriga de subministración de información nos termos establecidos no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro.

A presente resolución pon fin á vía administrativa e contra ela poderán interpoñerse os seguintes recursos, sen prexuízo de que as entidades ou agrupacións interesadas poidan exercer calquera outro que proceda en dereito. O recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ante o mesmo órgano que as ditou, de acordo co previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a orde xurisdicional competente, de conformidade co establecido no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto.

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2022. A conselleira de Política Social e Xuventude. P.D. (D.A. terceira da Orde do 19.10.2022; DOG núm. 207, do 31 de outubro). Fernando González Abeijón, director xeral de Persoas con Discapacidade.

ANEXO I

Relación de axudas concedidas ao abeiro da liña do artigo 3.1.a)

A. Período de desempeño da actividade e número de horas máximas subvencionadas:

Expediente

NIF

Entidade

Programa

Grupo profesional

Perfil

Desde

Ata

Número

Horas solicitadas

Horas subv. final

BS700A/2022/0001

P3200025I

Mancomunidade de Concellos da Comarca de Verín

I

I

Pedagoxía

1.11.2022

31.10.2024

2,00

6.880,00

6.880,00

Psicoloxía

1.11.2022

31.10.2024

1,00

3.440,00

3.440,00

Total BS700A/2022/0001

3,00

10.320,00

10.320,00

BS700A/2022/0002

P1500003G

Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes

I

I

Psicoloxía

1.11.2022

31.10.2024

1,00

3.059,00

2.784,05

Psicopedagoxía

1.11.2022

31.10.2024

1,00

3.059,00

2.784,05

II

Logopedia

1.11.2022

30.11.2022

1,00

126,00

114,67

31.10.2024

2,00

6.118,00

5.568,09

1.11.2022

31.10.2024

1,00

2.933,00

2.669,37

Total BS700A/2022/0002

6,00

15.295,00

13.920,24

BS700A/2022/0003

P2700600F

Agrupación de Becerreá, Baralla, As Nogais e Navia de Suarna

I

I

Psicoloxía

1.11.2022

31.10.2024

1,00

2.580,00

2.580,00

II

Logopedia

1.11.2022

31.10.2024

1,00

2.580,00

2.580,00

Maxisterio

1.11.2022

31.10.2024

1,00

1.720,00

1.720,00

Total BS700A/2022/0003

3,00

6.880,00

6.880,00

BS700A/2022/0004

P3600034G

Mancomunidade do Baixo Miño

I

I

Psicoloxía

1.11.2022

31.10.2024

2,00

5.440,00

4.835,75

II

Fisioterapia

1.11.2022

31.10.2024

1,00

3.440,00

3.057,90

Logopedia

1.11.2022

31.10.2024

2,00

6.880,00

6.115,81

Total BS700A/2022/0004

5,00

15.760,00

14.009,46

BS700A/2022/0005

P1505700C

Agrupación de Negreira e Val do Dubra

I

I

Educación social

1.11.2022

31.10.2024

1,00

3.440,00

3.253,29

Logopedia

1.11.2022

31.10.2024

1,00

3.440,00

3.253,29

Maxisterio

2.11.2022

31.10.2024

1,00

3.440,00

3.253,29

Psicopedagoxía

1.11.2022

31.10.2024

1,00

3.440,00

3.253,29

Total BS700A/2022/0005

4,00

13.760,00

13.013,16

BS700A/2022/0006

P2702000G

Agrupación de Friol, Begonte, Rábade, Guntín e Palas de Rei

I

I

Enfermaría

1.11.2022

31.10.2024

1,00

3.440,00

3.253,29

Logopedia

1.11.2022

31.10.2024

1,00

3.440,00

3.253,29

Psicoloxía

1.11.2022

31.10.2024

1,00

3.440,00

3.253,29

Terapia ocupacional

1.11.2022

31.10.2024

1,00

3.440,00

3.253,29

Total BS700A/2022/0006

4,00

13.760,00

13.013,16

BS700A/2022/0007

P1507100D

Concello das Pontes de García Rodríguez

I

I

Psicoloxía

1.11.2022

16.12.2022

1,00

140,00

140,00

17.12.2022

31.10.2024

1,00

2.912,00

2.912,00

II

Logopedia

1.11.2022

16.12.2022

1,00

140,00

140,00

17.12.2022

31.10.2024

1,00

2.912,00

2.912,00

Terapia ocupacional

1.11.2022

16.12.2022

1,00

140,00

140,00

17.12.2022

31.10.2024

1,00

2.912,00

2.912,00

Total BS700A/2022/0007

6,00

9.156,00

9.156,00

BS700A/2022/0008

P3603500D

Concello de Nigrán

I

I

Psicoloxía

1.1.2023

31.10.2024

1,00

3.153,33

3.153,33

II

Fisioterapia

1.1.2023

31.10.2024

1,00

1.576,67

1.576,67

Logopedia

1.1.2023

31.10.2024

1,00

3.153,33

3.153,33

Total BS700A/2022/0008

3,00

7.883,33

7.883,33

BS700A/2022/0009

P1506800J

Agrupación da Pobra do Caramiñal, Ribeira e Boiro

I

I

Pedagoxía

1.11.2022

31.10.2024

1,00

2.800,00

2.714,60

Psicoloxía

1.11.2022

31.10.2024

1,00

2.600,00

2.520,70

II

Logopedia

1.11.2022

31.10.2024

2,00

6.000,00

5.816,99

31.10.2024

1,00

3.000,00

2.908,50

Total BS700A/2022/0009

5,00

14.400,00

13.960,78

BS700A/2022/0010

P1503400B

Agrupación de Dumbría, Camariñas, Carnota, Cee, Corcubión, Fisterra, Mazaricos, Muxía, Zas e Vimianzo

I

I

Psicoloxía

1.11.2022

31.10.2024

1,00

3.440,00

2.921,58

II

Educación infantil/primaria

1.11.2022

31.10.2024

1,00

3.440,00

2.921,58

Logopedia

1.11.2022

31.10.2024

1,00

3.440,00

2.921,58

31.1.2023

31.10.2024

1,00

3.010,00

2.556,38

Terapia ocupacional

1.11.2022

31.10.2024

1,00

3.440,00

2.921,58

Total BS700A/2022/0010

5,00

16.770,00

14.242,68

BS700A/2022/0011

P1505800A

Agrupación de Noia, Lousame, Outes, Muros e Porto do Son

I

I

Pedagoxía

1.11.2022

31.10.2024

3,00

9.365,00

9.365,00

Psicoloxía

1.11.2022

31.10.2024

1,00

850,00

850,00

II

Fisioterapia

1.11.2022

31.10.2024

1,00

1.680,00

1.680,00

Terapia ocupacional

1.11.2022

31.10.2024

1,00

1.080,00

1.080,00

Total BS700A/2022/0011

6,00

12.975,00

12.975,00

BS700A/2022/0012

P2705000D

Agrupación de Quiroga, Folgoso do Courel, Ribas de Sil, Bóveda, Sober, O Saviñao, Pantón e Pobra do Brollón

I

I

Psicoloxía

1.11.2022

31.10.2024

2,00

4.825,00

4.715,43

II

Fisioterapia

1.11.2022

31.10.2024

1,00

2.972,50

2.905,00

Logopedia

1.11.2022

31.10.2024

2,00

4.762,50

4.654,35

Terapia ocupacional

1.11.2022

31.10.2024

1,00

1.790,00

1.749,35

Total BS700A/2022/0012

6,00

14.350,00

14.024,12

BS700A/2022/0013

P3600400J

Concello de Bueu

I

I

Psicoloxía

1.11.2022

31.10.2024

1,00

3.440,00

3.440,00

II

Fisioterapia

1.11.2022

31.10.2024

1,00

3.440,00

3.440,00

Logopedia

1.11.2022

31.10.2024

1,00

3.440,00

3.440,00

Total BS700A/2022/0013

3,00

10.320,00

10.320,00

BS700A/2022/0014

P2703900G

Agrupación de Outeiro de Rei, Castro de Rei e Cospeito

I

I

Psicoloxía

1.11.2022

31.10.2024

1,00

2.670,46

2.670,46

II

Logopedia

1.11.2022

31.10.2024

1,00

3.010,00

3.010,00

Terapia ocupacional

7.11.2022

31.10.2024

1,00

2.670,46

2.670,46

Total BS700A/2022/0014

3,00

8.350,92

8.350,92

BS700A/2022/0015

P1504200E

Concello da Laracha

I

I

Psicoloxía

1.11.2022

31.10.2024

1,00

3.439,92

2.707,41

II

Fisioterapia

1.11.2022

31.10.2024

1,00

3.439,92

2.707,41

Logopedia

1.11.2022

31.10.2024

1,00

3.439,92

2.707,41

Terapia ocupacional

1.11.2022

31.10.2024

1,00

3.439,92

2.707,41

Total BS700A/2022/0015

4,00

13.759,68

10.829,64

BS700A/2022/0016

P3603300I

Concello de Mos

I

I

Psicoloxía

1.11.2022

31.10.2024

1,00

3.440,00

3.281,33

II

Fisioterapia

1.11.2022

31.10.2024

1,00

3.440,00

3.281,33

Logopedia

1.11.2022

31.10.2024

1,00

3.440,00

3.281,33

17.09.2023

31.10.2024

1,00

960,00

915,72

Total BS700A/2022/0016

4,00

11.280,00

10.759,72

BS700A/2022/0017

P3601500F

Agrupación de Cuntis, Barro, Caldas de Reis, Catoira, Moraña e Portas

I

I

Psicopedagoxía

1.11.2022

31.10.2024

1,00

3.440,00

3.440,00

II

Fisioterapia

1.11.2022

31.10.2024

1,00

1.720,00

1.720,00

Logopedia

1.11.2022

31.10.2024

1,00

3.440,00

3.440,00

15.3.2023

31.10.2024

1,00

1.398,00

1.398,00

Maxisterio

15.1.2023

31.10.2024

1,00

1.541,00

1.541,00

Total BS700A/2022/0017

5,00

11.539,00

11.539,00

BS700A/2022/0018

P1503200F

Agrupación dos Concellos de Curtis, Sobrado, Aranga, Boimorto e Coirós

I

I

Psicoloxía

1.11.2022

31.10.2024

1,00

3.440,00

3.440,00

Terapia ocupacional

1.11.2022

31.10.2024

1,00

3.440,00

3.440,00

II

Logopedia

1.11.2022

31.10.2024

1,00

3.440,00

3.440,00

Total BS700A/2022/0018

3,00

10.320,00

10.320,00

BS700A/2022/0019

P3603900F

Concello do Porriño

I

I

Psicoloxía

1.11.2022

31.10.2024

1,00

3.440,00

3.440,00

II

Fisioterapia

1.11.2022

31.10.2024

1,00

3.440,00

3.440,00

Logopedia

1.11.2022

31.10.2024

1,00

3.440,00

3.440,00

Total BS700A/2022/0019

3,00

10.320,00

10.320,00

BS700A/2022/0020

P3601700B

Concello da Estrada

I

I

Psicoloxía

1.11.2022

31.10.2024

1,00

2.080,00

2.080,00

II

Logopedia

1.11.2022

31.10.2024

1,00

2.080,00

2.080,00

Terapia ocupacional

1.11.2022

31.10.2024

1,00

2.080,00

2.080,00

Total BS700A/2022/0020

3,00

6.240,00

6.240,00

BS700A/2022/0021

P3600100F

Agrupación dos Concellos de Arbo, Salvaterra de Miño e Crecente

I

I

Psicoloxía

1.11.2022

31.10.2024

1,00

3.440,00

3.440,00

II

Logopedia

1.11.2022

31.10.2024

1,00

3.440,00

3.440,00

Terapia ocupacional

1.11.2022

31.10.2024

1,00

3.440,00

3.440,00

Total BS700A/2022/0021

3,00

10.320,00

10.320,00

BS700A/2022/0022

P3600800A

Concello de Cangas

I

I

Pedagoxía

1.11.2022

31.10.2024

1,00

3.440,00

3.440,00

II

Fisioterapia

1.11.2022

31.10.2024

1,00

2.832,50

2.832,50

Logopedia

1.11.2022

31.10.2024

1,00

3.440,00

3.440,00

Total BS700A/2022/0022

3,00

9.712,50

9.712,50

BS700A/2022/0023

P1507800I

Agrupación de Santa Comba e A Baña

I

II

Fisioterapia

1.11.2022

31.10.2024

1,00

1.970,00

1.970,00

Logopedia

1.11.2022

31.10.2024

2,00

1.972,00

1.972,00

Terapia ocupacional

1.11.2022

31.10.2024

1,00

2.462,00

2.462,00

Total BS700A/2022/0023

4,00

6.404,00

6.404,00

BS700A/2022/0024

P2703000F

Agrupación de Mondoñedo, Abadín, Barreiros, Lourenzá, Pastoriza,

A Pontenova, Riotorto, Trabada, Meira e Pol

I

I

Psicopedagoxía

1.11.2022

31.10.2024

1,00

3.440,00

3.217,72

II

Educación social

1.11.2022

31.10.2024

1,00

3.440,00

3.217,72

Fisioterapia

8.11.2022

31.10.2024

1,00

1.720,00

1.608,86

Logopedia

1.11.2022

31.10.2024

2,00

5.160,00

4.826,58

Terapia ocupacional

1.3.2023

31.10.2024

1,00

1.428,00

1.335,73

Total BS700A/2022/0024

6,00

15.188,00

14.206,60

BS700A/2022/0025

P2705700I

Agrupación de Sarria, Láncara, Triacastela, O Páramo, Paradela, Samos e O Incio

I

I

Pedagoxía

1.11.2022

31.10.2024

1,00

3.440,00

3.440,00

Psicoloxía

1.11.2022

31.10.2024

1,00

3.440,00

3.440,00

II

Logopedia

1.11.2022

31.10.2024

1,00

3.440,00

3.440,00

Maxisterio

1.11.2022

31.10.2024

1,00

3.440,00

3.440,00

Total BS700A/2022/0025

4,00

13.760,00

13.760,00

BS700A/2022/0026

P2706800F

Agrupación dos Concellos de Burela, Viveiro, Xove, Cervo, O Vicedo, Foz, Ribadeo e O Valadouro

I

I

Pedagoxía

1.11.2022

31.10.2024

1,00

3.000,00

3.000,00

Psicoloxía

1.11.2022

31.10.2024

1,00

3.000,00

3.000,00

II

Logopedia

1.11.2022

31.10.2024

1,00

3.000,00

3.000,00

Total BS700A/2022/0026

3,00

9.000,00

9.000,00

BS700A/2022/0027

P1500900D

Agrupación dos Concellos de Betanzos, Oza-Cesuras e Paderne

I

I

Psicoloxía

1.11.2022

31.10.2024

1,00

3.440,00

3.440,00

II

Logopedia

1.11.2022

31.10.2024

1,00

3.440,00

3.440,00

Terapia ocupacional

1.11.2022

31.10.2024

1,00

3.440,00

3.440,00

Total BS700A/2022/0027

3,00

10.320,00

10.320,00

BS700A/2022/0028

P3200022F

Mancomunidade de Concellos da Comarca do Carballiño

I

I

Logopedia

1.11.2022

31.10.2024

1,00

3.228,00

3.228,00

Psicoloxía

1.11.2022

31.10.2024

2,00

6.299,00

6.299,00

II

Maxisterio

29.11.2022

31.10.2024

1,00

3.157,50

3.157,50

Total BS700A/2022/0028

4,00

12.684,50

12.684,50

BS700A/2022/0029

P3600900I

Agrupación dos Concellos da Cañiza, Mondariz, Mondariz-Balneario, Covelo e Melón

I

I

Psicoloxía

1.11.2022

31.10.2024

1,00

3.440,00

3.440,00

II

Fisioterapia

1.11.2022

31.10.2024

1,00

3.440,00

3.440,00

Logopedia

1.11.2022

31.10.2024

1,00

3.440,00

3.440,00

Total BS700A/2022/0029

3,00

10.320,00

10.320,00

BS700A/2022/0030

P2701400J

Agrupación O Corgo, Castroverde e Baleira

II

I

Pedagoxía

1.4.2023

31.10.2024

1,00

2.723,27

2.723,27

II

Fisioterapia

1.4.2023

31.10.2024

1,00

2.723,27

2.723,27

Logopedia

1.4.2023

31.10.2024

1,00

2.723,27

2.723,27

Total BS700A/2022/0030

3,00

8.169,81

8.169,81

BS700A/2022/0031

P1501700G

Concello de Cambre

I

I

Psicoloxía

1.3.2023

31.10.2024

1,00

1.570,00

1.570,00

II

Logopedia

1.3.2023

31.10.2024

1,00

1.570,00

1.570,00

Terapia ocupacional

1.3.2023

31.10.2024

1,00

1.570,00

1.570,00

Total BS700A/2022/0031

3,00

4.710,00

4.710,00

BS700A/2022/0032

P2700300C

Agrupación dos Concellos de Antas de Ulla, Portomarín e Monterroso

I

I

Pedagoxía

1.11.2022

31.10.2024

1,00

3.440,00

3.440,00

Psicopedagoxía

1.11.2022

31.10.2024

1,00

3.440,00

3.440,00

II

Logopedia

1.11.2022

31.10.2024

1,00

3.440,00

3.440,00

Total BS700A/2022/0032

3,00

10.320,00

10.320,00

BS700A/2022/0033

P3604900E

Agrupación de Salceda de Caselas e

As Neves

I

I

Psicoloxía

1.11.2022

31.10.2024

1,00

3.440,00

3.440,00

II

Fisioterapia

1.11.2022

31.10.2024

1,00

3.440,00

3.440,00

Logopedia

1.11.2022

31.10.2024

2,00

6.880,00

6.880,00

Total BS700A/2022/0033

4,00

13.760,00

13.760,00

BS700A/2022/0034

P1500002I

Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol

I

I

Psicoloxía

1.11.2022

31.10.2024

2,00

6.356,00

6.356,00

II

Logopedia

1.11.2022

31.10.2024

1,00

3.178,00

3.178,00

1.2.2023

31.10.2024

1,00

1.820,00

1.820,00

Total BS700A/2022/0034

4,00

11.354,00

11.354,00

BS700A/2022/0035

P2702100E

Agrupación de Vilalba, Guitiriz e Xermade

I

I

Psicoloxía

1.11.2022

31.10.2024

1,00

3.440,00

2.728,11

II

Fisioterapia

1.1.2023

31.10.2024

1,00

1.650,00

1.308,54

Logopedia

1.11.2022

31.10.2024

1,00

3.440,00

2.728,11

1.1.2023

31.10.2024

1,00

3.153,00

2.500,50

Terapia ocupacional

1.1.2023

31.10.2024

2,00

6.306,00

5.001,00

Total BS700A/2022/0035

6,00

17.989,00

14.266,25

BS700A/2022/0036

P2701600E

Agrupación de Chantada, Carballedo e Taboada

I

I

Psicoloxía

1.11.2022

31.10.2024

1,00

3.345,00

3.345,00

1.1.2024

31.10.2024

1,00

740,00

740,00

II

Educación infantil/primaria

1.11.2022

31.10.2024

1,00

2.705,00

2.705,00

Logopedia

1.11.2022

31.10.2024

1,00

3.345,00

3.345,00

Terapia ocupacional

1.4.2023

31.10.2024

1,00

2.632,50

2.632,50

Total BS700A/2022/0036

5,00

12.767,50

12.767,50

BS700A/2022/0037

P1500500B

Concello de Arteixo

I

I

Fisioterapia

1.3.2023

31.10.2024

1,00

2.866,00

2.366,10

Psicoloxía

1.11.2022

31.10.2024

1,00

3.300,00

2.724,40

II

Fisioterapia

1.11.2022

28.2.2023

1,00

434,00

358,30

Logopedia

1.11.2022

31.10.2024

1,00

3.300,00

2.724,40

1.3.2023

31.10.2024

1,00

2.866,00

2.366,10

Total BS700A/2022/0037

5,00

12.766,00

10.539,30

BS700A/2022/0038

P1508300I

Agrupación de Teo e Ames

I

I

Psicoloxía

1.11.2022

31.10.2024

1,00

3.440,00

3.440,00

II

Logopedia

1.11.2022

31.10.2024

1,00

3.440,00

3.440,00

1.1.2023

31.10.2024

1,00

1.650,00

1.650,00

Terapia ocupacional

1.11.2022

31.10.2024

1,00

3.440,00

3.440,00

Total BS700A/2022/0038

4,00

11.970,00

11.970,00

BS700A/2022/0039

P1507600C

Concello de Sada

I

I

Psicoloxía

1.11.2022

31.5.2023

1,00

1.003,41

1.003,41

1.6.2023

31.10.2024

1,00

2.436,61

2.436,61

II

Logopedia

1.11.2022

31.10.2024

1,00

4.081,00

3.440,00

Terapia ocupacional

1.11.2022

31.10.2024

1,00

4.081,00

3.440,00

Total BS700A/2022/0039

4,00

11.602,02

10.320,02

BS700A/2022/0040

P1500100A

Agrupación dos Concellos de Abegondo, Bergondo e Carral

I

I

Psicoloxía

1.11.2022

31.10.2024

1,00

3.440,00

3.440,00

II

Logopedia

1.11.2022

31.10.2024

1,00

3.440,00

3.440,00

Terapia ocupacional

1.11.2022

31.10.2024

1,00

3.440,00

3.440,00

Total BS700A/2022/0040

3,00

10.320,00

10.320,00

BS700A/2022/0041

P1508400G

Agrupación dos Concellos de Toques, Melide, Arzúa, Santiso e Vilasantar

I

I

Psicoloxía

1.11.2022

31.10.2024

1,00

3.440,00

3.440,00

II

Terapia ocupacional

1.11.2022

31.10.2024

1,00

3.440,00

3.440,00

Total BS700A/2022/0041

2,00

6.880,00

6.880,00

Total

163,00

463.756,26

444.181,69

B. Puntuación obtida e importes máximos das accións subvencionadas:

P

Expediente

NIF

Entidade

Profesionais

Puntuación

2022

2023

2024

Importe total

I

BS700A/2022/0001

P3200025I

Mancomunidade de Concellos da Comarca de Verín

3

60

21.309,33 €

106.545,37 €

127.854,49 €

255.708,96 €

BS700A/2022/0002

P1500003G

Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes

6

60

29.191,75 €

133.294,66 €

159.953,59 €

322.440,00 €

BS700A/2022/0003

P2700600F

Agrupación de Becerreá, Baralla, As Nogais e Navia de Suarna

3

47

13.241,78 €

66.208,89 €

79.450,67 €

158.901,34 €

BS700A/2022/0004

P3600034G

Mancomunidade do Baixo Miño

5

57

26.870,00 €

134.350,00 €

161.220,00 €

322.440,00 €

BS700A/2022/0005

P1505700C

Agrupación de Negreira e Val do Dubra

4

40

26.767,23 €

134.396,71 €

161.276,06 €

322.440,00 €

BS700A/2022/0006

P2702000G

Agrupación de Friol, Begonte, Rábade, Guntín e Palas de Rei

4

51

26.870,00 €

134.350,00 €

161.220,00 €

322.440,00 €

BS700A/2022/0007

P1507100D

Concello das Pontes de García Rodríguez

6

11

13.823,96 €

89.371,61 €

107.245,94 €

210.441,50 €

BS700A/2022/0008

P3603500D

Concello de Nigrán

3

9

- €

83.002,15 €

99.602,57 €

182.604,72 €

BS700A/2022/0009

P1506800J

Agrupación da Pobra do Caramiñal, Ribeira e Boiro

5

59

26.870,00 €

134.350,00 €

161.220,00 €

322.440,00 €

BS700A/2022/0010

P1503400B

Agrupación de Dumbría, Camariñas, Carnota, Cee, Corcubión, Fisterra, Mazaricos, Muxía, Zas e Vimianzo

5

65

22.164,77 €

135.022,18 €

165.253,05 €

322.440,00 €

BS700A/2022/0011

P1505800A

Agrupación de Noia, Lousame, Outes, Muros e Porto do Son

6

61

26.172,28 €

130.861,41 €

157.033,70 €

314.067,39 €

BS700A/2022/0012

P2705000D

Agrupación de Quiroga, Folgoso do Courel, Ribas de Sil, Bóveda, Sober, O Saviñao, Pantón e Pobra do Brollón

6

54

26.870,00 €

134.350,00 €

161.220,00 €

322.440,00 €

BS700A/2022/0013

P3600400J

Concello de Bueu

3

8

19.766,24 €

98.831,20 €

118.597,44 €

237.194,88 €

BS700A/2022/0014

P2703900G

Agrupación de Outeiro de Rei, Castro de Rei e Cospeito

3

38

15.515,07 €

80.053,60 €

96.064,31 €

191.632,98 €

BS700A/2022/0015

P1504200E

Concello da Laracha

4

5

20.540,00 €

102.700,00 €

123.240,00 €

246.480,00 €

BS700A/2022/0016

P3603300I

Concello de Mos

4

10

18.854,54 €

96.475,48 €

131.149,98 €

246.480,00 €

BS700A/2022/0017

P3601500F

Agrupación de Cuntis, Barro, Caldas de Reis, Catoira, Moraña e Portas

5

69

16.600,44 €

109.979,22 €

137.539,28 €

264.118,93 €

BS700A/2022/0018

P1503200F

Agrupación dos Concellos de Curtis, Sobrado, Aranga, Boimorto e Coirós

3

51

20.537,66 €

102.688,30 €

123.225,96 €

246.451,92 €

BS700A/2022/0019

P3603900F

Concello do Porriño

3

11

19.766,24 €

98.831,20 €

118.597,44 €

237.194,88 €

BS700A/2022/0020

P3601700B

Concello da Estrada

3

12

11.951,68 €

59.758,40 €

71.710,08 €

143.420,16 €

BS700A/2022/0021

P3600100F

Agrupación dos Concellos de Arbo, Salvaterra de Miño e Crecente

3

49

19.766,24 €

98.831,20 €

118.597,44 €

237.194,88 €

BS700A/2022/0022

P3600800A

Concello de Cangas

3

13

18.648,09 €

93.240,43 €

111.888,51 €

223.777,03 €

BS700A/2022/0023

P1507800I

Agrupación de Santa Comba e A Baña

4

44

11.787,10 €

58.935,48 €

70.722,57 €

141.445,15 €

BS700A/2022/0024

P2703000F

Agrupación de Mondoñedo, Abadín, Barreiros, Lourenzá, Pastoriza, A Pontenova, Riotorto, Trabada, Meira e Pol

6

60

24.091,69 €

134.003,66 €

164.344,66 €

322.440,00 €

BS700A/2022/0025

P2705700I

Agrupación de Sarria, Láncara, Triacastela, O Páramo, Paradela, Samos e O Incio

4

61

26.869,27 €

134.346,33 €

161.215,60 €

322.431,20 €

BS700A/2022/0026

P2706800F

Agrupación dos Concellos de Burela, Viveiro, Xove, Cervo, O Vicedo, Foz, Ribadeo e O Valadouro

3

66

17.910,75 €

89.553,75 €

107.464,50 €

214.929,00 €

BS700A/2022/0027

P1500900D

Agrupación dos Concellos de Betanzos, Oza-Cesuras e Paderne

3

48

19.766,24 €

98.831,20 €

118.597,44 €

237.194,88 €

BS700A/2022/0028

P3200022F

Mancomunidade de Concellos da Comarca do Carballiño

4

55

22.896,62 €

128.592,31 €

154.310,77 €

305.799,71 €

BS700A/2022/0029

P3600900I

Agrupación dos Concellos da Cañiza, Mondariz, Mondariz-Balneario, Covelo e Melón

3

57

19.766,24 €

98.831,20 €

118.597,44 €

237.194,88 €

BS700A/2022/0031

P1501700G

Concello de Cambre

3

12

- €

43.301,86 €

64.952,78 €

108.254,64 €

BS700A/2022/0032

P2700300C

Agrupación dos Concellos de Antas de Ulla, Portomarín e Monterroso

3

43

20.537,66 €

102.688,30 €

123.225,96 €

246.451,92 €

BS700A/2022/0033

P3604900E

Agrupación de Salceda de Caselas e As Neves

4

46

26.097,85 €

130.489,23 €

156.587,08 €

313.174,16 €

BS700A/2022/0034

P1500002I

Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol

4

65

18.973,45 €

112.095,13 €

136.811,21 €

267.879,79 €

BS700A/2022/0035

P2702100E

Agrupación de Vilalba, Guitiriz e Xermade

6

49

10.654,39 €

141.720,73 €

170.064,88 €

322.440,00 €

BS700A/2022/0036

P2701600E

Agrupación de Chantada, Carballedo e Taboada

5

38

18.042,40 €

107.966,32 €

166.979,79 €

292.988,51 €

BS700A/2022/0037

P1500500B

Concello de Arteixo

5

10

14.698,26 €

101.409,90 €

130.371,84 €

246.480,00 €

BS700A/2022/0038

P1508300I

Agrupación de Teo e Ames

4

56

19.766,24 €

115.396,45 €

138.475,74 €

273.638,43 €

BS700A/2022/0039

P1507600C

Concello de Sada

4

9

19.766,78 €

98.832,14 €

118.596,45 €

237.195,38 €

BS700A/2022/0040

P1500100A

Agrupación dos Concellos de Abegondo, Bergondo e Carral

3

47

19.766,24 €

98.831,20 €

118.597,44 €

237.194,88 €

BS700A/2022/0041

P1508400G

Agrupación dos Concellos de Toques, Melide, Arzúa, Santiso e Vilasantar

2

54

13.434,63 €

67.173,17 €

80.607,80 €

161.215,60 €

Total

160

1.660

766.922,84 €

4.220.490,40 €

5.153.684,45 €

10.141.097,70 €

II

BS700A/2022/0030

P2701400J

Agrupación do Corgo, Castroverde e Baleira

3

43

- €

69.180,23 €

118.594,68 €

187.774,91 €

Total

3

43

- €

69.180,23 €

118.594,68 €

187.774,91 €

Total

163

1.703

766.922,84 €

4.289.670,63 €

5.272.279,13 €

10.328.872,61 €