Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 31 de xaneiro de 2023 Páx. 10349

III. Outras disposicións

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 20 de xaneiro de 2023, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2022.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade nos meses de setembro a decembro de 2022, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2023

José Ramón Pardo Cabarcos
Secretario xeral técnico da Consellería de Promoción
do Emprego e Igualdade

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2022

Convenio

Data de sinatura

Importe total

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a Universidade de Santiago de Compostela para o fomento do emprendemento a través do programa Explorer 2022.

3.10.2022

15.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a Universidade da Coruña para o fomento do emprendemento a través do programa Explorer 2022.

5.10.2022

15.000,00 €

Convenio entre o Ministerio de Traballo e Economía Social, a Xunta de Galicia e o Concello de Santiago de Compostela para o desenvolvemento de actividades no marco da Capitalidade Española da Economía Social para o ano 2022.

2.11.2022

260.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, a Axencia Turismo de Galicia e o Foro pola Economía Social Galega para a promoción da designación de Santiago de Compostela como capital española da economía social durante o ano 2022.

9.11.2022

55.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, a unión de cooperativas Espazocoop e a unión de cooperativas Asociación Galega de Cooperativas Agrarias (Agaca) para a posta en marcha dun programa ES-Mentoring en economía social, durante o ano 2022.

16.12.2022

90.750,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a Fundación Juana de Vega para o financiamento dun polo de emprendemento e apoio ao emprego, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia. Financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

13.12.2022

120.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a Fundación Roberto Rivas para o financiamento dun polo de emprendemento e apoio ao emprego, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia. Financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

30.12.2022

120.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a Federación de Escolas Familiares Agrarias de Galicia para o financiamento dun polo de emprendemento e apoio ao emprego, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia. Financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

30.12.2022

120.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a Fundación Juana de Vega para o financiamento da coordinación dos polos de emprendemento e apoio ao emprego, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia. Financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

30.12.2022

120.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia e a Asociación Empresarial para a Discapacidade Intelectual e do Desenvolvemento de Galicia (Aedigal) para a formación en materia de igualdade dirixida ás persoas traballadoras para entidades de atención a persoas con discapacidade.

5.10.2022

------------

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia e a Asociación para a Promoción de Actividades de Integración Sociolaboral en Centros Especiais de Emprego para a formación en materia de igualdade dirixida ás persoas traballadoras para entidades de atención a persoas con discapacidade.

29.11.2022

----------

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia e a Asociación Profesional e Empresarial Galega de Centros Especiais de Emprego e Entidades do Ámbito da Discapacidade Intelectual e/ou afíns (IN-RED) para a formación en materia de igualdade dirixida ás persoas traballadoras para entidades de atención a persoas con discapacidade.

29.11.2022

----------

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, a Unión Profesional de Galicia e Agaxen (Asociación Galega de Profesionais da Auditoría Sociolaboral de Xénero e da Prevención do Acoso e da Violencia de Xénero nas Organizacións) para a prevención do acoso sexual no ámbito laboral.

1.12.2022

----------

Convenio de colaboración educativa entre a Universidade de Santiago de Compostela e a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade para a realización de prácticas externas curriculares ou extracurriculares do alumnado do grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos da Universidade de Santiago de Compostela.

7.12.2022

----------

Addenda de prórroga e modificación do convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción del Emprego e Igualdade e a Fundación Monte do Gozo para a realización dun programa experimental de emprego baseado na formación en restauración que se impartirá na comunidade terapéutica Proxecto Home Galicia dentro das políticas activas de emprego dirixidas a colectivos vulnerables no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

29.12.2022

92.000,00 €