Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 2 de febreiro de 2023 Páx. 10896

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 2023 pola que se resolven as solicitudes de subvención destinadas á prestación de servizos de asesoramento a persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións agrícolas ou gandeiras, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020 (código de procedemento MR616B).

Orde do 3 de outubro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas á prestación de servizos de asesoramento a persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións agrícolas ou gandeiras, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020 e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento MR616B) (DOG núm. 195, do 13 de outubro de 2022).

De conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os actos administrativos vinculados á fase de instrución publicaranse no Diario Oficial de Galicia. A devandita publicación producirá os efectos da notificación e a súa data será a única válida para o cómputo dos prazos.

A Comisión avaliou as solicitudes e elaborou unha relación de solicitudes coa puntuación que lle corresponde a cada unha, nos termos previstos no artigo 7 destas bases.

As xefaturas territoriais da Consellería do Medio Rural ditaron as propostas de resolución con base neste procedemento a partir da relación de solicitudes puntuadas, e elevaron a proposta de resolución á Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, que resolverá a concesión das subvencións por delegación da persoa titular da consellería.

Por outra parte, de conformidade co establecido no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e crédito orzamentario a que se imputen, beneficiario, cantidade concedida e finalidade ou finalidades da subvención.

Por todo o indicado,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder as subvencións para la prestación de servizos de asesoramento a persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións agrícolas ou gandeiras, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020 (código de procedemento MR616B), aos solicitantes que se relacionan no anexo I, como consecuencia da aplicación dos criterios de valoración establecidos no artigo 7 da convocatoria, polas contías que se reflicten no anexo, e con cargo á aplicación orzamentaria 14.04.712B.772.4, código de proxecto 2016 00187, para os anos 2022 e 2023.

Esta axuda ten por finalidade:

A prestación de servizos de asesoramento a persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións agrícolas ou gandeiras no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo. Denegar as solicitudes de subvención que se relacionan no anexo II por non acadaren a puntuación mínima de 4 puntos necesaria para a concesión da subvención (tal e como se establece no artigo 7 da orde), por non cumpriren os requisitos exixidos (como se establece no artigo 4) ou como resultado da aplicación do réxime de concorrencia competitiva establecido no punto 7.a) do cadro de especificacións da orde, establecido o punto de corte en 6 puntos. No caso de empate en puntos, darase prioridade ás situacións indicadas no punto 7.b) do cadro de especificacións da orde de convocatoria. De persistir o empate, logo de aplicados estes criterios, prevalecerá a solicitude cuxa data de inscrición no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia sexa máis antiga.

Terceiro. Informar os beneficiarios que figuran no anexo I desta resolución do seguinte:

a) As condicións de aplicación a estas axudas son, con carácter xeral, as establecidas na Orde desta consellería do 3 de outubro de 2022 que regula estas axudas e, supletoriamente, as establecidas na normativa autonómica, estatal e comunitaria aplicable.

b) Para a concesión desta axuda e o establecemento das súas características tivéronse en conta a información e a documentación incluídas coa solicitude de axuda. Toda alteración das condicións iniciais para a concesión das axudas previstas na orde de convocatoria e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

c) O prazo de xustificación destas axudas é do 1 ao 15 de outubro de 2023.

d) O período dentro do cal deben realizarse os gastos subvencionables é despois da solicitude e ata o 30 de setembro de 2023.

e) Para proceder ao pagamento da subvención, o beneficiario deberá cumprir as condicións establecidas na Orde do 3 de outubro de 2022 e presentar a documentación indicada no seu artigo 28, todo iso sen superar as datas máximas de xustificación indicadas anteriormente.

f) Se o beneficiario da axuda cumpre as condicións establecidas na resolución de concesión, cumprindo cos requisitos da resolución de concesión, aboarase a totalidade da subvención concedida. De non ser así, procederase conforme o establecido no artigo 29 da Orde do 3 de outubro de 2022, relativo a incumprimentos.

g) As obrigas das empresas e das persoas traballadoras autónomas beneficiarias están relacionadas no artigo 26 da orde.

h) Conforme o disposto no artigo 26.g) da orde de convocatoria, o beneficiario da axuda deberá manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable axeitado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionados, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría suficiente sobre os gastos financiados con este tipo de fondos de recuperación.

i) Estas axudas proceden do Fondo/programa operativo: Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader)

Plan: Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020.

Encaixe estrutural no plan:

Eixe: submedida 2.10 usos de servizos de asesoramento.

Prioridade/prioridade de investimento:

Esta submedida contribúe directamente á área focal 1A (fomentar a innovación, cooperación e o desenvolvemento da base de coñecemento das zonas rurais).

i) Estas axudas son incompatibles con calquera outra axuda da mesma natureza, concedida coa mesma finalidade ou para os mesmos investimentos e/ou gastos, con excepción das axudas correspondentes a garantías para préstamos ou derivadas doutros instrumentos financeiros comunitarios nas condicións establecidas no artigo 37 do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello.

Conforme iso, se para os mesmos investimentos se solicita ou se concede un préstamo garantido e unha subvención non reembolsable, aplicaranse os límites establecidos no punto 8.a) do cadro de especificacións da orde de convocatoria.

j) O beneficiario deberá cumprir coa normativa sobre información e publicidade das axudas do Feader establecida no artigo 21 da orde de convocatoria e no anexo III do Regulamento de execución (UE) nº 808/2014.

Cuarto. Os solicitantes relacionados nos anexos I e II disporán de información máis detallada da axuda aprobada ou denegada na súa carpeta cidadá.

Quinto. Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse potestativamente recurso de reposición perante o conselleiro do Medio Rural, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, ou directamente recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da súa notificación, consonte o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro dereito que consideren pertinente.

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2023

O conselleiro do Medio Rural
P.D. (Orde do 17.11.2015; DOG núm. 223, do 23 de novembro)
Silvestre José Balseiros Guinarte
Director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

ANEXO I

Aprobacións

Expediente

Beneficiaria

NIF

Subvención concedida (Importe)

152022000001

Agroenxeñería Galega, C.B.

E70450960

800,0000

152022000002

Celtia Agroenxeñería, S.L.

B32458564

74.800,0000

152022000003

Censea, S.C.

J70560313

67.800,0000

152022000004

Central de Frades, S. Coop. Galega

F15018534

37.600,0000

152022000005

Tecnia Rural, S.C.

J70476924

24.800,0000

152022000006

Asociación Labregas e Labregos Terras Valcarce

G70153945

27.000,0000

152022000007

Cooperativas Lácteas Unidas Clun, S. Coop. Galega

F70509096

334.000,0000

152022000008

Unións Agrarias-UPA

G15115322

948.600,0000

152022000009

Cooperativa Agraria Provincial de A Coruña, S. Coop. Galega

F15000177

79.200,0000

152022000010

Unión de Cooperativas Asociación Galega de Cooperativas Agrarias, Agaca

F15156557

169.000,0000

152022000011

Axiña

F10906568

8.400,0000

152022000012

Viña Costeira, S. Coop. Galega

F32002230

1.600,0000

272022000001

Inloga Enxeñeiros, S.L.

B27348481

73.600,0000

272022000002

Asociación de Criadores Raza Porcina Celta

G27243500

24.800,0000

272022000003

Xister, S. Coop. Galega

F27453299

14.200,0000

272022000004

O Xeixo, S. Coop. Galega

F27207323

14.600,0000

272022000005

Taxo Asesogal, S.L.

B27383876

337.800,0000

272022000006

Gabinete Técnico Agropecuario Terra Chá, S. Coop. Galega

F27268580

26.600,0000

272022000008

Pintas e Rubias Asesoramento e Xestión Integral, S. Coop. Galega

F27473636

35.200,0000

272022000009

Adsgestión, S. Coop. Galega

F27381631

169.600,0000

272022000010

Argo Xestión Agrogandeira, S.L.

B27467737

3.400,0000

272022000011

Arvitot, S.L.

B27243294

4.800,0000

272022000012

Agrotecnia Friol, S.L.

B27461649

28.200,0000

272022000013

Aira, S. Coop. Galega

F27317593

240.000,0000

272022000014

Isagal, S. Coop. Galega

F27466101

4.800,0000

272022000015

Xestega, Enxeñería Agroforestal, S.L.

B27382431

19.800,0000

272022000016

Asociación de Gandeiros A Fonsagrada

G27368455

58.400,0000

272022000017

Asociación Xestión Agrogandeira Galega, Xeagro

G27465095

64.800,0000

272022000018

Lemos, S. Coop. Galega

F27013739

60.600,0000

272022000019

Asociación de Gandeiros Agriña

G27385277

12.000,0000

272022000020

Asociación de Criadores de Ovino e Caprino de Galicia, Ovica

G15476286

13.600,0000

272022000021

Xelda Eido Rural, S.L.

B27389303

28.000,0000

272022000022

Agrupación de Productores e Productoras de Carne de Alta Montaña, Aprocam

G27256494

24.600,0000

272022000023

Agronovo Ecoloxía, S.L.

B27301092

46.200,0000

322022000001

Verín Biocoop, S. Coop. Galega

F32237505

22.400,0000

322022000002

Asociación Cultural Labrega Terras de Ourense

G32286783

16.000,0000

322022000003

Asociación Agromacen Agroandeira do Macizo Central

G32442204

51.200,0000

322022000004

Federación de Razas Autóctonas de Galicia

G32280729

13.600,0000

362022000002

Asociación Montes Baixos

G36332625

18.200,0000

362022000003

Asociación Agraria de Galicia

G94114675

49.000,0000

ANEXO II

Denegacións

Expediente

Beneficiaria

NIF

Motivo de denegación

272022000007

Asociación Gandeiros A Canle

G70473863

Incumpre o punto 5.g) do cadro de especificacións Subcontratación. Límite máximo 50 % do servizo de asesoramento

272022000024

Beealia, S.C.

J27431501

Incumpre o punto 5.g) do cadro de especificacións Subcontratación. Límite máximo 50 % do servizo de asesoramento

362022000001

Xestión Rural de Galicia

G94111689

Incumpre o punto 5.g) do cadro de especificacións Subcontratación. Límite máximo 50 % do servizo de asesoramento