Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 2 de febreiro de 2023 Páx. 11001

III. Outras disposicións

Axencia Galega das Industrias Culturais

EXTRACTO da Resolución do 21 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións ás actividades de distribución para industrias culturais, e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento CT402C).

BDNS (Identif.): 673114.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Primeiro. Persoas beneficiarias

1. Poden obter a condición de beneficiarias das subvencións as persoas físicas (autónomas) e persoas xurídicas privadas, con domicilio ou sucursal en Galicia ou nun territorio membro da Unión Europea ou asociado ao Espazo Económico Europeo, dedicadas profesionalmente á actividade de produción e distribución de espectáculos de artes escénicas ou musicais que desenvolvan maioritariamente a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Tamén poden ser beneficiarias as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas privadas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo as actividades obxecto da subvención, con domicilio ou sucursal en Galicia ou nun territorio membro da Unión Europea ou asociado ao Espazo Económico Europeo, dedicadas profesionalmente á actividade de produción e distribución de espectáculos de artes escénicas ou musicais que desenvolvan maioritariamente a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo. Finalidade

Determinar as condicións que regularán a concesión de subvencións para promover a distribución exterior e interior de bens e servizos culturais producidos por empresas vinculadas ás artes escénicas e/ou musicais, e proceder á súa convocatoria para o ano 2023.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 21 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións ás actividades de distribución para industrias culturais e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento CT402C).

Cuarto. Importe

O crédito destinado ao financiamento destas axudas é de 460.000 euros, con cargo á aplicación orzamentaria 10.A1.432B. 470.0, dos orzamentos xerais da Agadic para o exercicio 2023 (código de proxecto 2015-0003), distribuídos como segue:

Artes escénicas

Importe

Música

Importe

Modalidade A.1

150.000 €

Modalidade B.1

190.000 €

Modalidade A.2

Modalidade B.2

Modalidade A.3

Modalidade B.3

40.000 €

Modalidade A.4

80.000 €

Total

230.000 €

Total

230.000 €

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación das solicitudes será de tres meses desde o día seguinte ao da publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2022

Román Rodríguez González
Presidente do Consello Reitor da Axencia Galega das Industrias Culturais