Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 3 de febreiro de 2023 Páx. 11557

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arzúa

ANUNCIO de aprobación da rectificación da oferta de emprego público 2021.

Mediante o Decreto da Alcaldía nº 11/2023, do 11 de xaneiro, adoptouse o acordo de aprobación de rectificación da oferta de emprego público 2021, vista a proposta negociada cos sindicatos para a rectificación da oferta de emprego público 2021 aprobada polo Decreto da Alcaldía 818/2021 o 23 de decembro de 2021, publicada no BOP nº 248 e no DOG nº 250, do 30 de decembro de 2021, rectificación como consecuencia das setenzas xudiciais que se indican, polas cales foron recoñecidos como persoal laboral fixo desta administración:

A) P.O. 0000467/2021. Declárase a técnica local de emprego persoal laboral fixo desta administración, adscrita con carácter provisional, polo Decreto 684/2021, do 1 de decembro, ao posto da RPT co código 1008.

B) P.O. 0000309/2022. Declárase o operario tractorista como personal laboral fixo desta administración, adscrito con carácter provisional, polo Decreto 759/2021, do 3 de decembro, ao posto da RPT co código 9018.

RESOLVO:

Primeiro. Rectificar a aprobación da oferta de emprego público do Concello de Arzúa para o ano 2021, coas seguintes prazas:

A) Prazas de postos de persoal laboral. Taxa de reposición. Efectivos en sector prioritario:

A.1) Laboral.

Posto

Número de prazas

Categoría

Acceso

6008 Encargado polideportivo

1

V

Acceso libre

Taxa 110 % xubilado en 2020

B) Prazas que non computan na taxa de reposición.

B.1) Funcionarios.

Posto

GR/CD

Número de prazas

Escala

Acceso

1004 Auxiliar administrativo Secretaría

C2/16

1

A.X. auxiliar

Promoción interna

4000 Oficial de policía

C1/22

1

A.E. servizos especiais

Promoción interna

B.2) Laborais.

Posto

Número de prazas

Grupo

Acceso

2004 Administrativo urbanismo

1

III

Promoción interna

C) Prazas de postos de persoal en referencia á taxa adicional de estabilización/consolidación de emprego.

C.1) Funcionario.

Posto

GR/CD

Número de prazas

Escala

Acceso

3005 Auxiliar administrativo Intervención

C2/16

1

A.X. auxiliar

Libre

C.2) Laboral.

Denominación

Número prazas

Grupo

Acceso

1005 Auxiliar administrativo arquivo OMIC

1

IV

Recoñecido posto por sentenza xudicial como necesidade estrutural e persoal indefinido non fixo. Libre

5000 Traballadoras sociais

2

II

Libre

5005 Auxiliar administrativo servizos sociais e OMIX

1

IV

Libre

6007 Coidador instalacións deportivas

1

V

Libre

7001 Animador sociocultural

1

III

Libre

9037 Oficial de primeira

1

V

Libre

9038 Operario

3

V

Libre

7012 Profesores conservatorio

8

I

7 Recoñecido por sentenza xudicial como necesidade estrutural e persoal indefinido non fixo.

Acceso libre.

1 Sen recoñecemento praza para consolidar de profesor conservatorio e docencia do director do conservatorio, proponse inicio de modificación na RPT deste posto para que se adapte ao contido íntegro do posto de director de conservatorio e docente que non aparece na RPT, con todas as funcións, e entra en estabilización de emprego temporal a praza que será adscrita a este posto, ao cal se lle outorgará a identificación na RPT de 7012B.

Sen posto na RPT, proponse modificación da RPT para incluír CIM asesora xurídica CIM

1

I

Libre

Sen posto na RPT, proponse modificación da RPT para incluír CIM psicóloga CIM

1

I

Libre

Sen posto na RPT, proponse modificación da RPT para incluír profesor ensino básico para adultos

1

II

Libre

Segundo. Publicar este acordo de rectificación de oferta de emprego público no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia para os efectos establecidos no artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e no artigo 70.2 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público (Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro), e aprobar o gasto en relación coas taxas relacionadas coa publicación deste acordo, cuxa contía queda adxunta ao expediente TEDEC sinalado.

Terceiro. Que os servizos administrativos competentes tramiten modificación do cadro de persoal para incluír as prazas que quedan excluídas da oferta de emprego público 2021 con esta rectificación que afecta a epígrafe de estabilización persoal laboral, que son prazas como persoal laboral fixo que xa non serán ofertadas en estabilización de emprego e que se modifiquen decretos de adscrición a postos na RPT para que a dita adscrición quede reflectida como definitiva.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor alternativamente recurso potestativo de reposición, ante o alcalde, no prazo dun mes desde o día seguinte ao da última publicación deste anuncio no DOG ou BOP, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña ou, á súa elección, o que corresponda ao seu domicilio, no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da última publicación, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. De optar por interpor o recurso potestativo de reposición, non se poderá interpor o contencioso-administrativo ata resolución expresa ou desestimatoria por silencio do primeiro.

Todo isto sen prexuízo de interpor calquera outro recurso que considere oportuno en dereito.

Arzúa, 12 de xaneiro de 2023

José Luis García López
Alcalde