Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 3 de febreiro de 2023 Páx. 11560

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Irixoa

ANUNCIO de notificación dos requirimentos para lembrar o cumprimento da obriga de xestión da biomasa vexetal e da retirada de especies arbóreas na Ventosa-A Viña (expediente 2022/V001/5) e O Salgueiral-Mántaras (expediente 2022/X998/43).

Unha vez incoados os expedientes de xestión da biomasa e de retirada de árbores nas parcelas de referencia catastral que se citan, conforme a Lei galega 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, tentouse a notificación ás persoas indicadas con resultado infrutuoso.

Expediente: 2022/V001/000005.

Persoa responsable e título: Regueiro y Z, propietario.

Referencia catastral: 15040A030010800000PL.

Localización: Pedrón (A Ventosa-Viña).

Uso e cualificación urbanística: agrario-rústico de protección agropecuaria.

Actuación infractora: incumprimento por parte da persoa responsable da obriga de xestión da biomasa e de retirada de especies arbóreas prohibidas en relación coa delimitación do núcleo rural da Ventosa e coa vivenda da denunciante.

Obriga incumprida: a imposta polo artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Contido do requirimento: xestión da biomasa vexetal e retirada de árbores da franxa de protección afectada de 50 m arredor da delimitación do núcleo rural da Ventosa e da vivenda da denunciante (A Ventosa nº 3).

Observacións: denuncia de Carmen de Miguel Conde.

Expediente: 2022/X998/000043.

Persoa responsable e título: Rivero y Z, propietario.

Referencia catastral: 15040A039009990000PU.

Localización: Botella (O Salgueiral-Mántaras).

Uso e cualificación urbanística: agrario-rústico de protección agropecuaria.

Actuación infractora: incumprimento por parte da persoa responsable da obriga de xestión da biomasa e de retirada de especies arbóreas prohibidas en relación coas franxas de protección da vivenda do denunciante e da estrada provincial DP-0905.

Obriga incumprida: a imposta polo artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Contido do requirimento: xestión da biomasa vexetal e retirada de árbores da franxa de protección afectada de 50 m arredor da vivenda do denunciante (O Salgueiral, 10), así como na franxa de 10 m paralela á vía provincial DP-0905.

Observacións: denuncia de Constantino Castrillón Vázquez.

Conforme o establecido no artigo 22 da citada lei, neste suposto procede a publicación de cadanseu anuncio no BOE e DOG; en consecuencia, comunícaselles ás persoas responsables a súa obriga de xestión da biomasa e, se é o caso, da retirada de especies arbóreas prohibidas, concedéndolles un prazo de quince (15) días naturais, contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOE, co apercibimento e a advertencia de que:

1º. En caso de persistencia no incumprimento transcorrido o devandito prazo, este concello procederá sen máis trámites á execución subsidiaria con repercusión dos custos de xestión da biomasa e, se é o caso, ao comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas no artigo 22 da precitada Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda. A persoa titular do terreo ou do dereito de aproveitamento deste ten a obriga legal de facilitar o acceso ao suxeito que realice os traballos de execución subsidiaria, coa facultade deste último de acceder sen necesidade de consentimento da persoa titular, agás no suposto excepcional de inmoble coa cualificación de domicilio para os efectos do artigo 18.2 da Constitución.

2º. No caso de proceder a execución subsidiaria, o Concello procederá á liquidación provisional dos custos a que previsiblemente dará lugar, coa advertencia de que se procederá á súa exacción inmediata en caso de persistencia no incumprimento, logo do transcurso do prazo outorgado, sen prexuízo da liquidación definitiva unha vez rematados, de ser o caso, os traballos. A liquidación provisional consiste no establecemento dunha cantidade estimada por hectárea dos traballos necesarios para xestionar a biomasa. Sen prexuízo do axuste que corresponda polo estado vexetativo e as condicións físicas da parcela, indícase que se considera que os traballos de execución subsidiaria correspondentes terán un importe que non baixará de 800 euros/hectárea (no caso de asinar un contrato de xestión da biomasa con Seaga, o importe reduciríase ata 350 euros/hectárea/ano).

3º. En caso de persistencia no incumprimento logo do transcurso do prazo outorgado, iniciarase tamén o correspondente procedemento sancionador:

a) Administración competente para sancionar (artigo 54 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia):

– O Concello de Irixoa, nos supostos de incumprimento das obrigas de xestión da biomasa vexetal e de retirada de especies arbóreas nas redes de faixas secundarias de xestión da biomasa e arredor das novas instalacións, urbanizacións e edificacións, sempre que se atopen en solo urbano, urbanizable ou de núcleo rural.

– A Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia en todos os demais casos (solo rústico).

b) Cualificación da infracción: infracción leve (51.3.a) da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia).

c) Contía máxima da sanción pecuniaria que se poida impoñer: 1.000 euros (artigo 74.a) da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, en relación co disposto no artigo 50.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia).

d) Procederase ao comiso cautelar da madeira resultante da corta das especies arbóreas que deban ser retiradas.

Contra estas resolucións, que poñen fin á vía administrativa, pode interporse alternativamente:

a) Recurso potestativo de reposición ante a Alcaldía deste concello no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación no BOE, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

b) Interpor directamente o recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña, no prazo de dous meses, contado desde o día seguinte ao da publicación da presente notificación no BOE, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se se opta por interpor o recurso de reposición potestativo, non poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que o primeiro se resolva expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio administrativo.

Irixoa, 13 de xaneiro de 2023

Antonio Deibe Sanmartín
Alcalde