A Comunidade Autónoma de Galicia, ao abeiro do artigo 149.1.28 da Constitución e segundo o disposto no artigo 27 do Estatuto de autonomía, asumiu a competencia exclusiva en materia de patrimonio cultural, e aprobou no seu exercicio a Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia (en diante, LPCG).
O Concello de Vigo solicita, o 18.6.2021, a inclusión no Catálogo do patrimonio cultural de Galicia dun conxunto de 166 obras do artista Manuel Colmeiro Guimarás, cedido polos herdeiros do pintor en réxime de comodato ao Concello de Vigo.
O 20 de abril de 2022, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural resolve incoar o procedemento de inclusión no Catálogo do patrimonio cultural de Galicia da Colección Comodato Colmeiro no Concello de Vigo (Pontevedra) (DOG núm. 84, do 2 de maio).
Nesta disposición establecíase un período de información pública dun mes, para que calquera persoa física ou xurídica puidese achegar as alegacións e informacións que considerase oportunas. Non se presentaron alegacións.
Á vista dos documentos que forman parte do expediente en que se acredita a concreción da presunción dos valores culturais legalmente recoñecidos, en especial o seu valor artístico, no exercicio da competencia para a inclusión dun ben no Catálogo do patrimonio cultural, prevista no artigo 28 da Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia, e a delegación destes asuntos na Secretaría Xeral Técnica desta consellería pola Orde do 29 de xullo de 2022,
RESOLVO:
Primeiro. Acordar a inclusión no Catálogo do patrimonio cultural de Galicia da Colección Comodato Colmeiro no Concello de Vigo, consonte a descrición que figura no anexo I e a relación de obras detalladas no anexo II.
Segundo. Publicar esta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Terceiro. Notificar esta resolución ás persoas interesadas.
Cuarto. Segundo o disposto no artigo 28.4 da LPCG, esta inclusión de bens mobles no Catálogo do patrimonio cultural de Galicia comunicaráselle ao Inventario Xeral de Bens Mobles da Administración xeral do Estado.
Disposición derradeira. Esta resolución producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2023
O conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
P.D. (Orde do 29.7.2022; DOG núm. 151, do 9 de agosto)
Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación, Formación Profesional e Universidades
ANEXO I
Descrición do ben
1. Denominación.
Colección Comodato Colmeiro no Concello de Vigo.
2. Localización actual.
• Pinacoteca Francisco Fernández del Riego, rúa Abeleira Menéndez, núm. 8 (Vigo).
• Almacéns de arte do Concello de Vigo no museo MARCO, rúa do Príncipe, núm. 54 (Vigo).
3. Descrición do ben.
3.1. Descrición xeral:
• Tipo: colección de bens mobles. Patrimonio artístico.
• Interese: artístico e histórico.
• Bens: conxunto de 166 obras, relacionadas no anexo II.
• Técnica: óleo sobre tea, táboa ou cartón e debuxos sobre papel realizados en técnicas diversas, como lapis, acuarela, pastel, carbón, etc.
• Autor: Manuel Colmeiro Guimarás.
• Datación: desde 1924 a 1976.
3.2. Descrición histórico-artística.
A colección de 166 obras (21 óleos e 145 debuxos) abrangue practicamente toda a vida creativa do pintor; a obra máis temperá dátase en 1924 e a última en 1976. As obras na colección preséntanse cronoloxicamente e, deste xeito, relaciónanse as obras que conforman o comodato coa biografía do pintor.
Manuel Colmeiro Guimarás naceu no ano 1901 en Chapa, Silleda (Pontevedra) e abandonou a súa terra natal con doce anos, rumbo a Bos Aires para reencontrarse cos seus pais, emigrados alí desde o ano 1910. Na capital arxentina, nun contorno de grande efervescencia cultural e creativa, Colmeiro, aínda un rapaz novo, recibe a súa primeira formación artística, primeiro de carácter académico, na Asociación Estímulo de Bellas Artes e logo, de xeito libre e autodidacta, no obradoiro que comparte con outros artistas como Urruchúa, Planas ou Audivert.
As súas primeiras obras documentadas presentan unha temática portuaria dominante, imbuídas xa da inquedanza progresista e da denuncia que durante a súa futura carreira será característica. A este primeiro momento corresponden dúas obras realizadas en debuxo a lapis, nos anos 1924 e 1925, que mostran vistas, aparentemente do porto bonaerense.
O pintor regresa a Galicia en 1926 para instalarse en San Fiz de Margaride, aldea de Silleda próxima ao seu lugar de nacemento, alternando a súa residencia entre a dita aldea e Vigo. Nesta cidade será onde, dous anos máis tarde, presente a súa primeira exposición individual nos salóns de Faro de Vigo e onde acabará desenvolvendo unha estreita relación coas coleccións municipais de arte ao longo da súa traxectoria.
Entre 1928 e 1930 o pintor desfruta dunha bolsa de estudos da Deputación de Pontevedra que lle permite viaxar por España (Madrid, Barcelona) e Europa (Holanda). A súa obra, desde este momento ata o inicio da Guerra Civil, plasma o compromiso social e carga crítica presente nos primeiros traballos arxentinos. Pertencen a esta etapa os óleos incluídos na colección «A morte», «Mineiros», «Campesiños», «A sega» e «Labranza», cadro que mesmo chega a ser reproducido con fotografía na revista Nós.
No cambio de década Colmeiro realiza para o Concello de Santiago, con ese mesmo espírito vindicativo, un dos seus primeiros ensaios murais que tamén compón a colección: «Todos os homes somos irmáns e debemos traballar para que o esforzo seia por igoal e contribuír a facer unha vida máis humán». A dita obra parece relacionarse no formal e na temática cun bosquexo contemporáneo realizado en 1931.
En xeral, abondan na colección obras deste momento referidas ao traballo das clases populares, tales como algúns debuxos a lapis que abordan o traballo das fiandeiras, realizados en 1928. Tamén encontramos algún que retoma en 1933 o asunto portuario tratado en Arxentina, esta vez tomando como marco vital o propio do artista, que agora é Vigo.
Con todo, na temática de todo este período dominarán o agro galego e os seus campesiños e campesiñas e, moi particularmente, unha muller que se converterá na grande protagonista da obra colmeirá. Moitos papeis da colección realizados entre os anos 1930 e 1936 mostran a captación das súas escenas e ambientes diversos, pero é moi coñecido o óleo titulado «O soño», que representa unha faceta da muller recorrente na obra de Colmeiro: a maternidade. A figuración feminina na obra do artista terá un papel protagonista; a partir dos anos 30 desenvolverá tamén a temática da muller espida, a miúdo como bañista. A dita temática das bañistas, nalgúns casos nenos e moi raramente homes, acapara grande parte dos debuxos da colección producidos nos anos inmediatamente anteriores á Guerra civil.
Nos anos da Guerra civil exíliase, partindo cara á Arxentina en xaneiro de 1937. Durante este tempo, o traballo de Colmeiro diríxese en gran medida cara á temática bélica; de feito, unha das seccións máis destacadas da colección constitúea a que denominaremos «Serie da guerra», formada por 32 papeis, realizados maiormente a tinta nos anos 1937 e 1938, con algúns exemplos mesmo do ano de inicio da contenda (1936), e dous finalizada esta, en 1940. O artista recolle con intensidade o seu compromiso ético de denuncia, debuxando a traxedia con trazo expresionista. A este período pertencen tamén os tres únicos autorretratos do pintor da colección, pintados sucesivamente nos anos 1936, 1937 e 1938.
A guerra e o exilio supuxeron unha convulsión persoal para Colmeiro, que cristaliza na súa obra coa saudade pola terra perdida, caracterizando así toda a súa obra do exilio. Porén, a chegada a Bos Aires fixo máis doada a súa recuperación persoal grazas ás conexións que antano tiña na capital arxentina e o encontro cun tecido cultural moi activo onde outros exiliados desenvolvían proxectos en clave antifascista nos cales Colmeiro se involucra. Significativas neste sentido son as «mans orfas» da colección, pero tamén os rostros tristes e meditabundos de muller realizados na década dos 40, para os que nalgún caso utiliza de modelo a súa muller, Emilia.
Nos anos 40 do pasado século, tras os seus ensaios anteriores, Colmeiro consolida a temática da figura feminina espida presentada frecuentemente como bañista xunto ao río, enlazando coa iconografía clásica das tres grazas, representada na colección nun óleo e en dous debuxos a lapis posteriores.
A finais da década dos 40, o artista retorna a Europa para afincarse en París desde 1949 e durante os 40 anos posteriores, pero con visitas cada vez máis frecuentes a Galicia, onde tamén establece residencia desde 1957. Na capital francesa Colmeiro intégrase e participa activamente na que se denominou Escola de París, con compañeiros artísticos da altura de Pablo Picasso, Francisco Bores, Óscar Domínguez, Manuel Ángeles Ortiz, etc. Os exemplos máis temperáns desta nova etapa reúnense na colección nunha curiosa serie de tintas, producida entre 1949 e 1951, cuxo tema é a muller con mantilla, asunto tratado en múltiples variacións que non parece ter precedente na obra de Colmeiro nin tampouco repetirse despois.
A partir do ano 1950 espertan o interese de Colmeiro os traballos de estudio e as naturezas mortas, que mostran a evolución da súa pintura logo do contacto coas influencias parisienses. Esta pintura, caracterizada cada vez en maior medida polo abandono da rotundidade formal e o acrecentamento do lirismo, ten exemplos na colección: son algúns lapis e varios óleos notables como «Floreiros», «Rincón do estudio» e, moi especialmente, «O pan», cun tratamento plástico mediante o cal Colmeiro dota o esencial alimento dun carácter transcendente, case que sacro. O pan chegará a converterse en motivo recorrente da súa obra e nel, dalgún xeito, o pintor parece concentrar a evocación da súa anhelada Galicia.
A partir de 1950 o pintor retorna esporadicamente a Galicia e establece relación directa co armazón cultural do país, especialmente a través de Francisco Fernández del Riego, intelectual e político defensor da cultura galeguista durante o franquismo e cofundador da Editorial Galaxia. É agora cando Colmeiro desenvolve o xénero que anteriormente apuntara, a paisaxe, tanto parisiense como galega e mesmo castelá.
Desde ese momento Colmeiro implícase na innovación plástica de toda a súa temática previa, pero conservando a congruencia cos seus principios. Así pois, nas seguintes décadas comeza unha fase de experimentación e reelaboración en que a figuración humana, particularmente a feminina, segue a ser protagonista en diversidade de formas, pero moi particularmente en relación coa natureza, do cal son exemplo destacado o coñecido óleo «Paisaxe con figura», o tema das bañistas no río, xunto ao mar ou mesmo o tema das tres grazas, que aparece incluso ao final da década dos 60 no óleo «Tres Gracias». Tamén veremos a muller nos seus traballos e oficios, enmarcada dentro do tema popular, asuntos que lle permiten a Colmeiro a experimentación formal da que xorden óleos tan emblemáticos da súa carreira como «Panadeiras». Por último, neste período ata 1976, última data da colección, Colmeiro fará unha incursión no tema mitolóxico, onde predominan a figuración masculina, as representacións que fai o pintor de si mesmo a xeito de «autorretratos» no estudio, dous óleos de carácter vindicativo nos cales Colmeiro evoca o drama vivido de «A guerra» e a denuncia do sufrimento do seu pobo coa forzada saída da terra: «A fuxida».
As décadas que seguirán ata o falecemento do pintor en 1999, e das cales a colección xa non presenta ningún exemplo, significan o regreso definitivo de Colmeiro a Galicia e o seu recoñecemento no ámbito nacional. Sucédense numerosos premios e exposicións no panorama nacional e autonómico.
Desaparecido o artista, seguirán as súas mostras antolóxicas probando a vixencia da súa obra; entre as recentes destacan «Manuel Colmeiro 1901-1999», levada a cabo no Museo de Belas Artes da Coruña en 2014, e «Manuel Colmeiro. Espazos e encadramentos», celebrada no Museo MARCO de Vigo durante 2020.
4. Estado de conservación.
O conxunto das obras atópase nun estado de conservación bo.
5. Valoración cultural.
O artigo 83 da LPCG establece que integran patrimonio artístico de Galicia as manifestacións pictóricas, escultóricas, cinematográficas, fotográficas, musicais e das restantes artes plásticas de especial relevancia, de interese para Galicia.
A identidade cultural sempre está a enriquecerse de moitas fontes, entre elas a arte, que co seu carácter social transmite aspectos esenciais da realidade en forma de imaxes artísticas. O artista Manuel Colmeiro produciu a súa obra mirando a Galicia e a súa cultura popular, e representounas cun estilo vangardista que fusiona a identidade cultural e as súas creacións artísticas.
Na documentación que se xunta á solicitude achéganse as fichas de catalogación de cada unha das 166 obras que forman a colección seleccionada polos herdeiros de Manuel Colmeiro, formada exclusivamente por obras da súa autoría. A dita colección representa unha mostra da evolución pictórica do artista natural de Silleda, en que se poden atopar os seus temas máis recorrentes: o nu, a paisaxe, a natureza morta, a muller campesiña ou o autorretrato, e constitúe unha oportunidade para descubrir e admirar a obra e para afondar no coñecemento e no estudo da vida de Colmeiro, un dos máis destacados representantes do movemento vangardista da pintura galega, que contribuíu a revolucionar a plástica galega da primeira metade do século XX.
Manuel Colmeiro, un dos artistas máis importantes da arte do pasado século, cunha raíz profundamente galega e cunha proxección excepcional no ámbito internacional, está considerado unha das figuras máis relevantes da historia da arte galega. Foi membro senlleiro do grupo Os Novos e participou activamente na renovación que experimentou a plástica galega durante os anos 30 do pasado século XX. Ao longo de toda a súa carreira, o pintor amosou unha marcada personalidade artística que, en permanente e coherente evolución, o levou a converterse en referencia ineludible da arte galega contemporánea.
A colección, constituída por 166 obras, 21 óleos sobre tea, táboa e cartón e 145 debuxos sobre papel, ofrece unha completa mostra das diversas técnicas e temáticas empregadas polo artista e comprende practicamente toda a vida creativa do pintor. As obras, consideradas individualmente ou mesmo en series, representan verdadeiros fitos da creación do artista e, conseguintemente, da arte galega contemporánea.
Os herdeiros de Manuel Colmeiro seleccionaron da súa colección persoal este legado para cedelo ao Concello de Vigo, en réxime de comodato primeiro e posible doazón posterior, co obxectivo de que se dean as axeitadas condicións de coidado, exhibición e promoción tanto das obras como da figura do seu creador. Deste xeito, a sociedade en xeral poderá desfrutar de forma permanente do traballo dun dos pintores galegos máis relevantes do século XX.
En conclusión, a documentación que se atopa no expediente administrativo acredita un notable valor cultural do dito conxunto de 166 obras do artista Manuel Colmeiro, en canto testemuño do patrimonio artístico representado por un dos membros máis senlleiros do denominado grupo Os Novos ou Renovadores, formado por artistas galegos que innovaron as formas plásticas da arte galega na década dos anos 30 do pasado século XX.
6. Organización da colección.
A colección de 166 obras do artista Manuel Colmeiro depositadas no Concello de Vigo, verdadeiros fitos da creación colmeirá, representan practicamente toda a carreira do pintor desenvolta entre os anos 1924 e 1976, así como das súas principais temáticas, técnicas e soportes empregados.
Así pois, parece axeitado estruturar a colección atendendo a un criterio cronolóxico, seguindo as etapas do artista ordenadas na súa liña do tempo, de xeito que se presenta cada etapa coas súas correspondentes obras contidas no anexo II e identificadas cos seus números de rexistro no catálogo. Quedan sen enmarcar en ningunha etapa os rexistros 164, 165 e 166, correspondentes a obras sen datar. As etapas son as seguintes:
• Primeira formación en Arxentina (1913-1925): núm. 1 e 2.
• En Galicia, no movemento renovador da arte galega (1926-1936): núm. 3 ao 53.
• A Guerra Civil: núm. 54 ao 86.
• O exilio arxentino (1937-1948): núm. 87 ao 96.
• O retorno a Europa. París (1949-1986) e final en Galicia: núm. 97 ao 163.
7. Réxime de protección.
O nivel de protección dos bens mobles inscritos no Catálogo do patrimonio cultural de Galicia debe garantir a súa integridade e a salvagarda dos seus valores culturais, mantendo o seu estado orixinal para que o ben perdure e poida transmitirse ás xeracións futuras.
A colección, como elemento singular do patrimonio artístico protexido, rexerase polos ditados do réxime de protección e conservación que definen os títulos II e III da Lei 5/2016, do 5 de maio, do patrimonio cultural de Galicia, sen prexuízo do que determine a Lei 7/2021, do 17 de febreiro, de museos e outros centros museísticos de Galicia; en concreto, pode resumirse en:
• Autorización: a protección do ben implica que as intervencións que se pretenda realizar terán que ser autorizadas pola consellería competente en materia de patrimonio cultural e que a súa utilización quedará subordinada a que non se poñan en perigo os valores que aconsellan a súa protección.
• Deber de conservación: as persoas propietarias, posuidoras ou arrendatarias e, en xeral, as titulares de dereitos reais sobre bens protexidos integrantes do patrimonio cultural de Galicia están obrigadas a conservalos, mantelos e custodialos debidamente e a evitar a súa perda, destrución ou deterioración.
• Acceso: as persoas físicas e xurídicas propietarias, posuidoras ou arrendatarias e demais titulares de dereitos reais sobre bens integrantes do patrimonio cultural de Galicia están obrigadas a permitirlle o acceso aos ditos bens ao persoal habilitado para a función inspectora, nos termos previstos no capítulo I do título X, ao persoal investigador acreditado pola Administración e ao persoal técnico designado pola Administración para a realización dos informes necesarios. O acceso a estes por parte das persoas acreditadas para a investigación poderase substituír, por petición das persoas propietarias, posuidoras, arrendatarias e titulares de dereitos reais sobre o ben, polo seu depósito na institución ou entidade que sinale a consellería competente en materia de patrimonio cultural.
• Deber de comunicación: as persoas propietarias, posuidoras ou arrendatarias e, en xeral, as titulares de dereitos reais sobre bens catalogados están obrigadas a comunicarlle á consellería competente en materia de patrimonio cultural calquera dano ou prexuízo que sufrisen e que afecte de forma significativa o seu valor cultural. Este deber corresponderalles tamén aos concellos en cuxo territorio se encontren os bens no momento en que teñan constancia de tal estado.
• Proxectos de intervención e habilitación técnica: as intervencións que se realicen sobre bens integrantes do patrimonio artístico catalogados, autorizadas pola consellería competente, deberán ser dirixidas e, de ser o caso, executadas por persoas coa oportuna capacitación ou habilitación técnica ou profesional, segundo proxectos de intervención.
• Traslados: respecto do réxime de traslado de bens mobles catalogados, a lei prevé que quen promova o traslado de bens mobles catalogados deberá realizar unha comunicación previa á consellería competente en materia de patrimonio cultural. A dita comunicación conterá a información relativa á orixe e ao destino dos bens mobles catalogados e ao motivo e tempo de desprazamento, así como ás condicións de conservación, seguridade, transporte e aseguramento.
ANEXO II
Enumeración e descrición individual de cada un dos elementos
integrantes da colección
N º orde dentro da colección |
Referencia Comodato |
Título |
Técnica |
Medidas |
Data |
1 |
5426 |
Sen título |
Lapis |
30×38 cm |
1924 |
2 |
5419 |
Sen título |
Lapis |
30×39 cm |
1925 |
3 |
0069 |
Campesiños |
Óleo sobre táboa |
119×48 cm |
1928 |
4 |
0138 |
A morte |
Óleo sobre táboa |
128,5×78,5 cm |
1928 |
5 |
5105 |
Fiandeiras |
Lapis |
50×45 cm |
1928 |
6 |
5437 |
Fiando |
Lapis |
32,5×31 cm |
1928 |
7 |
6075 |
Sen título |
Carbón |
33×25,3 cm |
1928 |
8 |
0137 |
Mineiros |
Óleo sobre táboa |
98×121 cm |
1929 |
9 |
0145 |
A sega |
Óleo sobre lenzo |
81×100 cm |
1930 |
10 |
5220 |
Sen título |
Lapis/papel |
29×37,7 cm |
1930 |
11 |
5912 |
Proxecto para mural |
Acuarela e tinta/papel |
21×93 cm |
1930 |
12 |
5926 |
Sen título |
Carbón |
22,2×27 cm |
1930 |
13 |
0265 |
Labranza |
Óleo sobre táboa |
101×132 cm |
1931 |
14 |
5293 |
Sen título |
Lapis |
23,7×33,6 cm |
1931 |
15 |
5477 |
Sen título |
Carbón |
30×23 cm |
1931 |
16 |
6178 |
Sen título |
Tinta |
23,5×65,5 cm |
1931 |
17 |
6116 |
Sen título |
Tinta chinesa |
33×25,3 cm |
1932 |
18 |
0159 |
O soño |
Óleo sobre táboa |
66×82 cm |
1933 |
19 |
5296 |
Maternidade |
Lapis |
32,2×23,5 cm |
1933 |
20 |
5487 |
Porto de Vigo |
Lapis |
22×32 cm |
1933 |
21 |
5881 |
Sen título |
Tinta |
47×67 cm |
1933 |
22 |
5892 |
Sen título |
Lapis |
26,5×23,5 cm |
1933 |
23 |
5302 |
Sen título |
Lapis |
25,5×34,4 cm |
1934 |
24 |
5474 |
Sen título |
Técnica mixta |
47×65 cm |
1934 |
25 |
5943 |
A vaca |
Carbón |
22,8×27 cm |
1934 |
26 |
6032 |
Sen título |
Carbón |
52×60 cm |
1934 |
27 |
5178 |
Sen título |
Tinta |
34×23,5 cm |
1935 |
28 |
5180 |
Paisaxe la 2 |
Tinta |
33, 5×46,5 cm |
1935 |
29 |
5182 |
Sen título |
Tinta |
33,5×47 cm |
1935 |
30 |
5190 |
Sen título |
Tinta |
29,5×44 cm |
1935 |
31 |
5196 |
Sen título |
Tinta |
33×47 cm |
1935 |
32 |
5001 |
Sen título |
Acuarela/papel |
26,5×37 cm |
1936 |
33 |
5179 |
Sen título |
Tinta |
30×44 cm |
1936 |
34 |
5181 |
Sen título |
Tinta |
30×44 cm |
1936 |
35 |
5183 |
Sen título |
Tinta |
29,5×44,5 cm |
1936 |
36 |
5184 |
Sen título |
Tinta |
30×44,5 cm |
1936 |
37 |
5185 |
Sen título |
Tinta |
30×44,5 cm |
1936 |
38 |
5186 |
Bañistas |
Tinta |
30×44,5 cm |
1936 |
39 |
5187 |
Sen título |
Tinta |
30×44 cm |
1936 |
40 |
5188 |
Sen título |
Tinta |
30×44 cm |
1936 |
41 |
5189 |
Sen título |
Tinta |
29×44,5 cm |
1936 |
42 |
5191 |
Sen título |
Tinta |
29,5×44 cm |
1936 |
43 |
5192 |
Sen título |
Tinta |
30×44 cm |
1936 |
44 |
5193 |
Sen título |
Tinta |
30×44 cm |
1936 |
45 |
5194 |
Sen título |
Tinta |
30×44 cm |
1936 |
46 |
5195 |
Sen título |
Tinta |
30×44 cm |
1936 |
47 |
5197 |
Sen título |
Tinta |
30×44 cm |
1936 |
48 |
5198 |
Sen título |
Tinta |
29,5×44 cm |
1936 |
49 |
5199 |
Sen título |
Tinta |
29,5×44 cm |
1936 |
50 |
5200 |
Sen título |
Tinta |
29,5×44 cm |
1936 |
51 |
5201 |
Sen título |
Tinta |
29,5×44 cm |
1936 |
52 |
5202 |
Primavera |
Tinta chinesa |
30,5×44,3 cm |
1936 |
53 |
5210 |
O baño |
Tinta chinesa |
30,5×44,3 cm |
1936 |
54 |
5253 |
A guerra. Sen título |
Lapis |
28×21 cm |
1936 |
55 |
5266 |
A guerra. Terror en Galicia |
Tinta |
13,5×8,5 cm |
1936 |
56 |
5267 |
A guerra. Terror en Galicia |
Tinta |
10,5×15,8 cm |
1936 |
57 |
5268 |
A guerra. Terror en Galicia |
Tinta/papel |
10,5×15,8 cm |
1936 |
58 |
5269 |
A guerra. Galicia |
Tinta |
32×24,2 cm |
1936 |
59 |
5271 |
A guerra. Galicia |
Tinta/papel |
32×40 cm |
1936 |
60 |
5272 |
A guerra Sen título |
Tinta |
24,2×14,2 cm |
1936 |
61 |
0318 |
Autorretrato |
Óleo sobre tea |
46×38 cm |
1937 |
62 |
5223 |
Autorretrato |
Carbón/papel |
55×37 cm |
1937 |
63 |
5228 |
A guerra Sen título |
Tinta |
32,6×25 cm |
1937 |
64 |
5230 |
A guerra Sen título |
Tinta |
36,5×26,9 cm |
1937 |
65 |
5246 |
A guerra Sen título |
Tinta |
27×36,5 cm |
1937 |
66 |
5247 |
A guerra Sen título |
Tinta |
38×28 cm |
1937 |
67 |
5248 |
A guerra Sen título |
Tinta |
27×36,5 cm |
1937 |
68 |
5249 |
A guerra Sen título |
Tinta |
26,5×36,5 cm |
1937 |
69 |
5251 |
A guerra Sen título |
Tinta |
21,5×27,5 cm |
1937 |
70 |
5252 |
A guerra Sen título |
Tinta |
31,5×25 cm |
1937 |
71 |
5254 |
A guerra Sen título |
Tinta |
21,5×22,5 cm |
1937 |
72 |
5255 |
A guerra Sen título |
Tinta/papel |
21,5×22 cm |
1937 |
73 |
5258 |
A guerra Sen título |
Tinta/papel |
32,5×24,5 cm |
1937 |
74 |
5260 |
A guerra Sen título |
Tinta/papel |
27×36,5 cm |
1937 |
75 |
5261 |
A guerra Sen título |
Lapis/papel |
36,7×33,5 cm |
1937 |
76 |
5262 |
A guerra Sen título |
Tinta |
36,5×26,9 cm |
1937 |
77 |
5265 |
A guerra Sen título |
Tinta |
26,5×39 cm |
1937 |
78 |
6243 |
A guerra Sen título |
Carbón |
23,5×31 cm |
1937 |
79 |
5263 |
A guerra Sen título |
Tinta/papel |
25×32,7 cm |
Sen data. Ca.1937 |
80 |
5237 |
A guerra Sen título |
Tinta |
26,5×22,5 cm |
1938 |
81 |
5243 |
A guerra Sen título |
Tinta |
25×36 cm |
1938 |
82 |
5244 |
A guerra Sen título |
Tinta |
25×16,3 cm |
1938 |
83 |
5256 |
A guerra Sen título |
Lapis |
16×15,5 cm |
1938 |
84 |
5373 |
Autorretrato |
Carbón |
47×33,5 cm |
1938 |
85 |
5238 |
A guerra. Sen título |
Tinta/papel |
27,5×21,5 cm |
1940 |
86 |
5245 |
A guerra. Horrores da guerra |
Tinta |
25×32,3 cm |
Sen data. Ca.1940 |
87 |
0121 |
Mans |
Óleo sobre cartón |
22×78 cm |
1938 |
88 |
0169 |
Tres grazas |
Óleo sobre táboa |
50×65 cm |
1941 |
89 |
5285 |
Estudo para a ofrenda |
Lapis |
25,5×22,2 cm |
1942 |
90 |
5008 |
Sen título |
Lapis |
32×24 cm |
1944 |
91 |
5317 |
Sen título |
Tinta |
21,2×23 cm |
1944 |
92 |
5005 |
Sen título |
Tinta |
24×34 cm |
1945 |
93 |
5024 |
Muller |
Tinta |
35×25 cm |
1946 |
94 |
5051 |
Sen título |
Lapis |
38×28 cm |
1946 |
95 |
5009 |
Sen título |
Lapis |
24×32 cm |
1947 |
96 |
5472 |
Emilia |
Lapis/bolígrafo |
63,5×48 cm |
1947 |
97 |
0140 |
Mulleres e mar |
Óleo sobre lenzo |
80×100 cm |
1947-50 |
98 |
5018 |
Sen título |
Tinta |
47×57 cm |
1949 |
99 |
5019 |
Sen título |
Tinta |
45×56 cm |
1949 |
100 |
5021 |
Muller con mantilla |
Tinta |
57×45 cm |
1949 |
101 |
5043 |
Costela, O Relo, Galicia |
Lapis |
48×69 cm |
1949 |
102 |
5089 |
Muller con mantilla |
Tinta |
56,5×45 cm |
1949 |
103 |
5147 |
Muller con mantilla |
Mixta |
62×47 cm |
1949 |
104 |
5148 |
Muller con mantilla |
Mixta |
56×45 cm |
1949 |
105 |
5149 |
Muller con mantilla |
Tinta |
65×50 cm |
1949 |
106 |
5150 |
Muller con mantilla |
Mixta |
62,5×48 cm |
1949 |
107 |
5151 |
Muller con mantilla |
Tinta |
56,5×45 cm |
1949 |
108 |
5152 |
Muller con mantilla |
Tinta |
57×45 cm |
1949 |
109 |
5153 |
Muller con mantilla |
Lapis |
56,5×45,5 cm |
1949 |
110 |
5154 |
Muller con mantilla |
Mixta |
56,5×45 cm |
1949 |
111 |
5155 |
Muller con mantilla |
Mixta |
62×49 cm |
1949 |
112 |
5161 |
Muller con mantilla |
Tinta |
57×45 cm |
1949 |
113 |
5384 |
Muller con mantilla |
Tinta |
56×45 cm |
1949 |
114 |
5388 |
Muller con mantilla |
Tinta |
55,5×45 cm |
1949 |
115 |
5460 |
Sen título |
Tinta |
47,5×63 cm |
1949 |
116 |
5531 |
Muller con mantilla |
Tinta |
56×45 cm |
1949 |
117 |
5532 |
Muller con mantilla |
Tinta |
56×45 cm |
1949 |
118 |
0080 |
Paisaxe con figura |
Óleo sobre lenzo |
60×74 cm |
1949-50 |
119 |
0160 |
Paisaxe de París |
Óleo sobre táboa |
27×35 cm |
1950 |
120 |
5016 |
Sen título |
Tinta |
55×38 cm |
1950 |
121 |
5017 |
Muller con mantilla |
Tinta |
56×45 cm |
1950 |
122 |
5042 |
Paisaxe da Costela (O Relo) |
Lapis |
47×69 cm |
1950 |
123 |
5062 |
Sen título |
Mixta |
50,5×66,5 cm |
1950 |
124 |
5325 |
Rapto Europa |
Tinta |
50,2×32,5 cm |
1950 |
125 |
5329 |
Sen título |
Tinta |
46,2×32,5 cm |
1950 |
126 |
5338 |
Orfeo |
Tinta |
33×25 cm |
1950 |
127 |
5351 |
Júpiter |
Tinta |
43,5×32,5 cm |
1950 |
128 |
5959 |
Paisaxe de Galicia |
Tinta |
56,5×45,5 cm |
1950 |
129 |
5973 |
Muller con mantilla |
Tinta |
63,5×48 cm |
1950 |
130 |
5156 |
Muller con mantilla |
Tinta |
57×45 cm |
1951 |
131 |
5393 |
Pont Royal, París |
Lapis/papel |
45×56,5 cm |
1951 |
132 |
5972 |
Sen título |
Técnica mixta |
37,5×55,5 cm |
1951 |
133 |
0003 |
Paisaxe de Castela |
Óleo sobre táboa |
36×56 cm |
1952 |
134 |
5103 |
Estudo de pedras |
Tinta |
52×65 cm |
1952 |
135 |
5172 |
Minotauro |
Mixta |
32×46,5 cm |
1953 |
136 |
5537 |
O Minotauro |
Mixta |
58×43,5 cm |
1953 |
137 |
0092 |
Floreiros |
Óleo sobre lenzo |
61×50 cm |
1953-60 |
138 |
5047 |
Muller con froita |
Bolígrafo |
31×21 cm |
1954 |
139 |
5083 |
Sen título |
Lapis |
23×28 cm |
1954 |
140 |
5176 |
Minotauro |
Tinta |
22,5×28 cm |
1954 |
141 |
5324 |
Muller con floreiro |
Lapis |
32×23 cm |
1954 |
142 |
0004 |
O pan |
Óleo sobre táboa |
33×42 cm |
1955-58 |
143 |
5015 |
Sen título |
Tinta |
32×47 cm |
1958 |
144 |
6057 |
Sen título |
Tinta china |
56×46,5 cm |
1958 |
145 |
0237 |
Recuncho do estudo |
Óleo sobre lenzo |
100×65 cm |
1959 |
146 |
5010 |
Sen título |
Técnica mixta |
47×34 cm |
1960 |
147 |
5095 |
Sen título |
Tinta |
51×44 cm |
1960 |
148 |
5869 |
Sen título |
Tinta |
62×48 cm |
1960 |
149 |
0105 |
Panadeiras |
Óleo sobre lenzo |
131×181 cm |
1960-62-64 |
150 |
5071 |
Notre Dame, París |
Tinta |
28×38 cm |
Sen data.Ca.1960 |
151 |
5014 |
Sen título |
Tinta |
48×32 cm |
1961 |
152 |
5955 |
Panadeiras |
Tinta |
52×64 cm |
1961 |
153 |
0323 |
A guerra |
Óleo sobre lenzo |
114×146 cm |
1963-70 |
154 |
5717 |
Muller con floreiro |
Técnica mixta |
22×15,5 cm |
1964 |
155 |
6058 |
Sen título |
Tinta |
46,5×69,5 cm |
1967 |
156 |
0097 |
Tres grazas |
Óleo sobre táboa |
65×81 cm |
1968-70 |
157 |
5380 |
Sen título |
Tinta |
51×65,5 cm |
Ca. 1969 |
158 |
0101 |
A fuxida |
Óleo sobre lenzo |
100×130 cm |
1970-76 |
159 |
5025 |
Sen título |
Pastel |
56×45 cm |
1970-76 |
160 |
5381 |
Sen título |
Tinta |
50×65,5 cm |
1971 |
161 |
6052 |
Sen título |
Acuarela |
47×67,8 cm |
1971 |
162 |
5409 |
O pintor e a modelo |
Técnica mixta/papel |
50×60 cm (Nota) |
1973 |
163 |
0290 |
O pintor e a modelo |
Óleo sobre lenzo |
81×100 cm |
1974-76 |
164 |
5257 |
A guerra Sen título |
Tinta |
24×31,6 cm |
Sen data |
165 |
5956 |
Sen título |
Tinta |
50×65 cm |
Sen data |
166 |
6242 |
A guerra Sen título |
Lapis |
22×30 cm |
Sen data |