Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 7 de febreiro de 2023 Páx. 12103

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 2023 pola que se modifica a Resolución de 20 de decembro de 2022 pola que se aproban os temarios que rexerán nos procesos selectivos para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Administración especial da Administración xeral, subgrupo A2, correspondentes a os procesos de estabilización derivados da Lei 20/2021, de 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución na temporalidade no emprego público.

Advertidos erros na resolución antes citada, publicada no Diario Oficial de Galicia número 242, de 22 de decembro de 2022, é necesario facer as seguintes correccións:

Na páxina 65237, onde di:

«Parte xeral común para os restantes corpos, escalas e especialidades do subgrupo A2».

Debe dicir:

«Parte xeral común para os restantes corpos, escalas e especialidades do subgrupo A2, a excepción da escala técnica de finanzas, que só terá parte específica».

Por outra parte, na páxina 65249, modifícanse os temas 38 e 39 bloque III. Dereito financeiro, orzamentario e tributario da parte específica do temario da escala técnica de finanzas, subgrupo A2, cuxa redacción queda como segue:

38. O imposto sobre determinados servizos dixitais. Imposto sobre as transaccións financeiras. Os impostos ambientais estatais: o imposto sobre o valor da produción da enerxía eléctrica, os impostos sobre a produción de combustible nuclear gastado e residuos radioactivos resultantes da xeración de enerxía nucleoeléctrica e sobre o almacenamento de combustible nuclear gastado e residuos radioactivos en instalacións centralizadas, o imposto sobre os gases fluorados de efecto invernadoiro e o imposto sobre o valor da extracción de gas, petróleo e condensados, o imposto especial sobre os envases de plástico non reutilizables.

39. Os impostos propios da Comunidade Autónoma de Galicia. O imposto sobre o depósito de residuos en vertedoiros, a incineración e a coincineración de residuos. As taxas e prezos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Con esta modificación, queda sen efecto a Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) pola que se fai pública a modificación dos temarios que rexerán nos procesos selectivos para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral, subgrupo A2, correspondentes aos procesos de estabilización derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución na temporalidade no emprego público.

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela as persoas interesadas poderán presentar recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou impugnala directamente ante a sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2023

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública