Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 7 de febreiro de 2023 Páx. 12105

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN de 6 de febreiro de 2023 pola que se modifican as resolucións de 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 245, do 27 de decembro), polas que se convocan os procesos selectivos extraordinarios de estabilización derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, mediante o sistema de concurso, modificadas pola resolución do 20 de xaneiro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número nº 15, do 23 de xaneiro) e se convocan procesos selectivos, pola quenda de acceso libre, para a escala de axentes de Inspección, especialidade de Consumo, subgrupo C1, para a escala de persoal de mantemento, subgrupo AP e para analista xestor de contidos web (persoal propio do Cixtec).

No DOG núm. 244, de 26 de decembro de 2022 publicáronse as seguintes resolucións:

Resolución do 22 de decembro de 2022 pola que se convoca o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso no corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia; no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1; e para o ingreso nas categorías 19, 32, 38 e 40 do grupo I de persoal laboral da Xunta de Galicia.

Resolución do 22 de decembro de 2022 pola que se convoca o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso no corpo de xestión de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e no corpo facultativo de grado medio de Administración especial da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2 e para o ingreso nas categorías 3, 5, 6, 9, 34, 35 e 39 do grupo II de persoal laboral da Xunta de Galicia.

Resolución do 22 de decembro de 2022 pola que se convoca o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso no corpo administrativo de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia; no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1; para o ingreso no corpo de técnicos de carácter facultativo de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo B e para o ingreso nas categorías 3, 12, 15, 34, 36, 37, 43, 52, 54, 54B, 66, 71, 94, 98, 100, 101, 103 e 104 do grupo III de persoal laboral da Xunta de Galicia.

Resolución do 22 de decembro de 2022 pola que se convoca o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso no corpo auxiliar de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2; no corpo de auxiliares de carácter técnico de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2; e para o ingreso nas categorías 7, 20, 21, 24, 25, 31, 32, 33, 34, 37 e 39 do grupo IV de persoal laboral da Xunta de Galicia.

Resolución do 22 de decembro de 2022 pola que se convoca o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario da Xunta de Galicia, na escala de persoal subalterno da Xunta de Galicia e na escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais da Xunta de Galicia e para o ingreso nas categorías 10B, 10C, 14 e 14A do grupo V de persoal laboral da Xunta de Galicia.

Debido a que a prazas inicialmente convocadas mudaron dun sistema (concurso ou concurso-oposición) a outro como consecuencia das alegacións presentadas, é preciso eliminar da convocatoria determinadas escalas/especialidades ao carecer de obxecto e engadir ao proceso de estabilización a convocatoria de novas escalas/especialidades ou categorías, iniciando exclusivamente para elas un novo prazo de presentación de instancias.

A maiores, incorpóranse prazas de discapacidade para determinadas escalas/especialidades xa convocadas, iniciándose un novo prazo de presentación de instancias exclusivamente pola quenda de discapacidade.

Debido aos cambios producidos na relación de prazas convocadas e en aras de garantir a claridade e seguridade xurídica e para evitar situacións de indefensión sustitúense os anexo I e II das resolucións de 22 de decembro de 2022 (DOG nº 245, de 27 de decembro), polo anexos contidos na presente resolución.

Por conseguinte, de conformidade co establecido no Decreto 79/2022, do 25 de maio (DOG núm. 102, de 30 de maio), polo que se aproba a oferta de emprego público extraordinaria de prazas de persoal funcionario e laboral da Administración xeral e das entidades instrumentais do sector público autonómico da Comunidade Autónoma de Galicia, correspondente ao proceso de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, e de prazas de persoal laboral obxecto de funcionarización, de conformidade coa Lei 5/2022, de 21 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 243, de 23 de decembro), e coa Lei 2/2015, de 29 de abril, do emprego público de Galicia, a Consellería de Facenda e Administración Pública, no uso das competencias que lle atribúe a dita Lei 2/2015, do 29 de abril (en diante, LEPG),

DISPÓN:

1. Para todas as convocatorias dos procesos selectivos extraordinarios de estabilización derivados da Lei 20/2021, de 28 de decembro, convocados mediante o sistema de concurso e publicados no DOG núm. 244, de 26 de decembro de 2022, fanse as seguintes modificacións:

1.1. Na base I.3.4. os parágrafos que se refiren á devolución do importe ingresado en concepto de dereitos de exame, deben entenderse en concepto de dereitos de inscrición ao proceso selectivo.

1.2. Modifícase o último parágrafo do apartado a) da base III.1.1 Experiencia profesional, que queda redactado como segue:

Ao persoal interino, laboral ou indefinido non fixo que se integrou en categorías xenéricas, pero ocupan prazas que son convocadas nas escalas de administración especial, dispoñen da titulación específica e realizan funcións propias das ditas escalas, computaránselle os servizos prestados como realizados na escala en que se convocan as prazas que ocupan.

2. Convócase o proceso selectivo de estabilización para as seguintes escalas/especialidades ou categorías:

– Analista xestor de contidos web (persoal Cixtec), grupo II.

– Escala de axentes de Inspección, especialidade de Consumo, subgrupo C1.

– Escala de persoal de mantemento, subgrupo AP.

O prazo para a presentación de instancias para estos procesos iniciase o 10 de febreiro e remata o día 10 de marzo (inclusive).

As bases da convocatoria que regularán ditos procesos son as que figuran nas resolucións de 22 de decembro de 2022 (DOG nº 244, de 26 de decembro), polas que se convocan os procesos selectivos extraordinarios de estabilización derivados da Lei 20/2021, de 28 de decembro, mediante o sistema de concurso, modificadas pola resolución de 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, de 23 de xaneiro), salvo ao que se refire ao prazo de presentación de instancias.

3. Ábrese un novo prazo de presentación de instancias para as prazas pola quenda de discapacidade dos seguintes procesos selectivos:

– Na escala de Facultativos, especialidade Psicoloxía, subgrupo A1.

– Na escala de Enxeñeiros técnicos, especialidade Enxeñería técnico forestal, subgrupo A2.

– Na escala de persoal de servizos xerais (PSX).

Exclusivamente, para os aspirantes que se presenten pola quenda de discapacidade dos procesos que figuan no parágrafo anterior, o prazo para a presentación de instancias iniciase o 10 de febreiro e remata o día 10 de marzo (inclusive).

As bases da convocatoria que regularán ditos procesos son as que figuran na resolucións de 22 de decembro de 2022 (DOG nº 244, de 26 de decembro), polas que se convocan os procesos selectivos extraordinarios de estabilización derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, mediante o sistema de concurso, modificadas pola resolución de 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, de 23 de xaneiro), salvo ao que se refire ao prazo de presentación de instancias.

4. Modifícase a resolución da convocatoria dos corpos e escalas do grupo A1.

4.1. No anexo I «Prazas convocadas persoal funcionario» elimínase a escala superior de saúde laboral.

As persoas aspirantes afectadas á data de publicación da presente resolución, poderán solicitar a devolución das taxas, a partir do dia seguinte á publicación desta resolución, no termos establecidos na convocatoria.

Neste mesmo anexo I «Prazas convocadas persoal funcionario» convócanse tres (3) prazas pola quenda de discapacidade na escala de Facultativos, especialidade Psicoloxía.

4.2. No anexo IV «Táboa de equivalencias de escalas/categorías», para o proceso selectivo Corpo superior da administración xeral, engádese a categoría 21 como equivalente.

5. Modificase a resolución da convocatoria dos corpos e escalas do grupo A2.

5.1. No anexo I convócanse dúas (2) prazas pola quenda de discapacidade na escala de Enxeñeiros técnicos, especialidade Enxeñería técnico forestal.

5.2. No anexo II «Prazas convocadas persoal laboral» créase a categoría de analista xestor de contidos web (persoal Cixtec).

5.3. No anexo III «Titulacións» modifícase ou créanse as seguintes:

Proceso selectivo

Titulación

Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos

Diplomado ou graduado nunha titulación da rama de artes e humanidades e da rama de ciencias sociais e xurídica

Analista xestor de contidos web

Título universitario oficial de diplomado ou graduado nunha titulación de calquera rama

6. Modifícase a resolución da convocatoria dos corpos e escalas do grupo C1.

6.1. No anexo I «Prazas convocadas persoal funcionario», na escala de Axentes de Inspección, créase a especialidade de Consumo, cunha praza convocada.

6.2. No anexo III «Titulacións» na escala técnica de conducción substitúese o carné de conducir tipo C+ tipo E por carné de conducir tipo C1.

6.3. No anexo IV «Táboa de equivalencias de escalas/categorías» modifícanse as seguintes:

Proceso selectivo

Escala ou categorías equivalentes

Corpo administrativo da administración xeral

- As escalas establecidas no apartado C do anexo do Decreto 91/1991, do 20 de marzo, sobre integración de funcionarios procedentes doutras Administracións Públicas ou como empregado público na mesma categoría sempre que se inclúa dentro do mesmo grupo de titulación.

- As categorías 2, 5, 32, 33, 38, 40, 48 e 62 do grupo III do V Convenio Colectivo Único para o persoal laboral da Xunta de Galicia.

- Posto base (subgrupo C1) no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

Especialidade mobilidade

A categoría profesional 49 do grupo III do V Convenio Colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia.

Escala técnica de recursos naturais e forestais. Especialidade capataz

As categorías profesionais 11, 68 e 80 do grupo III do V Convenio Colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia.

7. Modificase a resolución da convocatoria dos corpos e escalas do grupo C2.

7.1. No anexo I, na escala auxiliar do servizo de prevención e defensa contra incendios forestais, elimínanse as especialidades de emisorista/vixiante/a fixo/a e de bombeiro/a forestal-condutor/a motobomba.

As persoas aspirantes afectadas á data de publicación da presente resolución, poderán solicitar a devolución das taxa, a partir do día seguinte á publicación desta resolución, no termos establecidos na convocatoria.

Neste mesmo anexo I, convócanse dez (10) prazas pola quenda de discapacidade na escala de persoal de servizos xerais (PSX).

7.2. No anexo IV «Táboa de equivalencias de escalas/categorías», para o proceso selectivo Corpo auxiliar, engádese a categoría 17 como equivalente.

8. Modifícase a resolución da convocatoria dos corpos e escalas do grupo Agrupación Profesional:

8.1. No anexo I, créase a escala de persoal de mantemento.

8.2. No anexo III «Táboas de equivalencias de escalas/categorías» engádese a seguinte:

Proceso selectivo

Escala ou categorías equivalentes

Escala de persoal de mantemento

As categorías 2 e 12 do grupo V do V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela as persoas interesadas poderán presentar recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou impugnala directamente ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2023

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8 .1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO I

Subgrupo A1

Prazas convocadas persoal funcionario

Corpo/escalas

Quenda de discapacidade

Acceso libre

Total

Corpo superior

I. Corpo superior da Administración Xeral:

(Inclúe prazas das categorías 1, 4, 9, 14, 23, 29 e 31 do grupo I de persoal laboral, postos base subgrupo A1 e técnicos superiores de inclusión sociolaboral do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar)

5

172 (*g)

177 (*g)

II. Escala sistemas e tecnoloxía da información:

(Inclúe as prazas da categoría 18 do grupo I de persoal laboral).

6

6

III. Escala superior de finanzas.

3 (*a)

3 (*a)

IV. Escala superior de estatísticos.

5

5

Corpo facultativo superior

V. Escala de enxeñeiros:

Especialidade enxeñaría de camiños, canles e portos.

(Inclúe prazas da categoría 4 do grupo I de persoal laboral).

9

9

Especialidade enxeñaría agronómica:

(Inclúe prazas da categoría 4 do grupo I de persoal laboral).

7(*b)

7(*b)

Especialidade enxeñaría industrial:

(Inclúe prazas da categoría 4 e 37 do grupo I de persoal laboral).

11 (*c)

11 (*c)

Especialidade enxeñaría de minas:

(Inclúe prazas da categoría 4 do grupo I de persoal laboral).

5

5

Especialidade enxeñaría de montes:

(Inclúe prazas da categoría 4 do grupo I de persoal laboral).

1

22 (*d)

23 (*d)

Especialidade enxeñaría telecomunicación.

1

2

3

Especialidade enxeñaria química

(Inclúe unha praza da categoría 3 do grupo I de persoal laboral).

1

1

VI. Escala de arquitectos.

(Inclúe prazas da categoría 4 do grupo I de persoal laboral).

8 (*e)

8 (*e)

VII. Escala de veterinarios:

(Inclúe prazas da categoría 5 do grupo I de persoal laboral).

3

54(*h)

57 (*h)

VIII. Escala de ciencias:

Especialidade bioloxía:

(Inclúe prazas das categorías 4, 10 e 37 do grupo I de persoal laboral).

17

17

Especialidade química:

(Inclúe as prazas da categoría 3 do grupo I de persoal laboral).

6 (*f)

6 (*f)

Especialidade ciencias del mar:

(Inclúe prazas da categoría 4 do grupo I de persoal laboral).

1

1

Especialidade física:

(Inclúe prazas da categoría 4 do grupo I de persoal laboral).

8

8

IX. Escala de arqueólogos:

(Inclúe prazas da categoría 4 do grupo I de persoal laboral).

8

8

X. Escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos:

Especialidade arquivos. (Inclúe prazas da categoría 4 do grupo I de persoal laboral).

5

5

Especialidade bibliotecas:

(Inclúe prazas da categoría 17 do grupo I de persoal laboral).

3

3

XI. Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros.

Especialidade navegación marítima

9

9

Especialidade pesca marítima

1

1

Especialidade bioloxía pesqueira

1

1

Especialidade máquinas e instalacións mariñas

10

10

Especialidade lexislación marítima

2

2

Especialidade inglés marítimo

2

2

Especialidade formación e orientación laboral

1

1

Especialidade procesos de cultivo acuícola

6

6

Especialidade intervencións subacuáticas e hiperbáricas

1

1

XII. Escala de inspección urbanística.

Especialidade xurídica.

1

6

7

XIII. Escala técnica do servizo de gardacostas de Galicia.

1

1

XIV.Escala de facultativos:

Especialidade medicina:

(Inclúe as prazas da categoría 2 do grupo I de persoal laboral).

1

7

8

Especialidade psicoloxía:

(Inclúe as prazas da categoría 6 do grupo I de persoal laboral e de titulado/a superior psicólogo do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar).

3

59

62

Especialidade pedagoxía:

(Inclúe as prazas da categoría 11 do grupo I de persoal laboral e de pedagogo do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar).

1

17

18

XV. Escala de expertos/as lingüístas:

1

11

12

XVI. Escala de restauración:

Especialidade de bens artísticos e arqueolóxicos.

2

2

XVII. Escala superior de sistemas de información xeográfica

(Inclúe prazas da categoría 4 do grupo I de persoal laboral)

2

2

(*) Inclúense as prazas de estabilización convocadas en procesos anteriores á entrada en vigor da Lei 20/2021, do 28 de decembro e que no momento da presente convocatoria estiveran aínda sen rematar e que ao final do mesmo, quedaran sen adxudicar, sempre que cumpran os requisitos da disposición adicional sexta de dita lei. Do total de prazas ofertadas inicialmente poderían estar afectadas o seguinte número de prazas:

(*a)= 3 prazas; (*b)= 4 prazas; (*c)= 2 prazas; (*d)= 19 prazas; (*e)= 6 prazas; (*f)= 3 prazas; (*g)= 35 prazas; (*h)= 12

De conformidade coa disposición adicional primeira do Decreto 79/2022, todas as prazas publicadas de categorías de persoal laboral dependentes de función pública e que polo disposto na Lei 2/2015, de 29 de abril, teñan unha equivalencia nos corpos e nas escalas de carácter funcionarial convocaranse nun proceso selectivo único acumuladas ás escalas que lles corresponda de personal funcionario, de acordo co sinalado no Decreto 165/2019, de 26 de decembro.

ANEXI II

Grupo I

Prazas convocadas persoal laboral

Categoría profesional

Quenda de discapacidade

Acceso libre

Total

Cat. 19. Titulado/a superior especialista, titulado/a superior farmacéutico/a

6

6

Cat. 32. Técnico/a superior en centros de arte.

9

9

Cat. 38. Técnico/a superior defensa contra incendios forestais.

1

1

Cat. 40. Titulado/a superior lingüista

11

11

ANEXO I

Subgrupo A2

Prazas convocadas persoal funcionario

Corpo/escalas

Quenda de discapacidade

Acceso libre

Total

Corpo de xestión

I. Corpo xestion da Administración Xeral:

(Inclúe prazas das categorías 1, 7, 21, e 37 do grupo II de persoal laboral e da escala técnica de facultativos, especialidade educadores e postos base subgrupo A2 e técnicos medios de inclusión sociolaboral do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar).

5

66 (*g)

71 (*g)

II. Escala de xestión de sistemas de informática:

(Inclúe prazas da categoría 27 do grupo II de persoal laboral).

19 (*a)

19 (*a)

III. Escala técnica de finanzas.

21 (*b)

21 (*b)

IV. Escala de inspectoras e inspectores de consumo.

1

1

Corpo facultativo de grao medio

V. Escala de enxeñeiros técnicos.

Especialidade enxeñaría técnica obras públicas

2

2

Especialidade enxeñaría técnica industrial.

(Inclúe prazas da categoría 7 do grupo II de persoal laboral)

16 (*c)

16 (*c)

Especialidade enxeñaría técnica forestal:

(Inclúe prazas das categorías 7, 39 e 41 do grupo II de persoal laboral).

2

40 (*d)

42 (*d)

Especialidade enxeñaría técnica agrícola.

(Inclúe prazas da categoría 7 do grupo II de persoal laboral)

5

57 (*e)

62 (*e)

Especialidade enxenaría técnica de minas.

1

1

Especialidade enxeñaría técnica en topografía.

1

1

VI. Escala de arquitectos técnicos

6 (*f)

6 (*f)

VII. Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos.

Especialidade arquivos.

1

1

Especialidade bibliotecas.

1

1

Especialidade museos.

1

1

VIII. Escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo – pesqueiros

(Inclúe prazas da categoría 4 do grupo II de persoal laboral)

Especialidade servizos ao buque

2

2

Especialidade máquinas e produción

7

7

Especialidade traballos técnicos de mergullo

2

2

IX. Escala de axentes de extensión pesqueira.

1

1

X. Escala de subinspección urbanística.

3

3

XI. Escala técnica de facultativos:

Especialidade enfermaría:

(Inclúe prazas da categoría 2 do grupo II de persoal laboral e as de enfermeiro/a do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar).

33

33

Especialidade fisioterapia;

(Inclúe prazas da categoría 11 do grupo II de persoal laboral e as de fisioterapeuta do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar).

12

12

Especialidade traballo social:

(Inclúe prazas das categorías 2 e 17 do grupo II de persoal laboral e de traballador social do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar).

4

57 (*h)

61 (*h)

Especialidade de terapia ocupacional:

(Inclúe prazas da categoría 20 do grupo II de persoal laboral e de terapeuta ocupacional do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar).

22

22

Especialidade de educador social:

(Inclúe prazas da escala técnica de facultativos, especialidade educadores, da categoría 6 do grupo II de persoal laboral e de educador social do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar).

5

45

50

Especialidade educador infantil:

(Inclúe prazas das categorías 8 e 40 do grupo II de persoal laboral e de educador infantil do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar).

20

184

204

XII. Escala técnica de restauración:

Especialidade bens artísticos e arqueolóxicos:

(Inclúe prazas da categoría 31 do grupo II de persoal laboral).

1

2

3

(*) Inclúense as prazas de estabilización convocadas en procesos anteriores á entrada en vigor da Lei 20/2021, do 28 de decembro e que no momento da presente convocatoria estiveran aínda sen rematar e que ao final do mesmo, quedaran sen adxudicar, sempre que cumpran os requisitos da disposición adicional sexta de dita lei. Do total de prazas ofertadas inicialmente poderían estar afectadas o seguinte número de prazas:

(*a)= 9 prazas; (*b)= 21 prazas; (*c)= 6 prazas; (*d)= 30 prazas; (*e)= 40 prazas; (*f)= 5 prazas; (*g)=5 prazas; (*h)=2 prazas

De conformidade coa disposición adicional primeira do Decreto 79/2022, todas as prazas publicadas de categorías de persoal laboral dependentes de función pública e que polo disposto na Lei 2/2015, de 29 de abril, teñan unha equivalencia nos corpos e nas escalas de carácter funcionarial convocaranse nun proceso selectivo único acumuladas á escala que lles corresponda de persoal funcionario, de acordo co sinalado no Decreto 165/2019, de 26 de decembro.

ANEXO II

Grupo II

Prazas convocadas persoal laboral

Categoría profesional

Quenda de discapacidade

Acceso libre

Total

Cat. 3. Estimulador/a. Psicomotricista.

1

1

Cat. 4. Mestre/a instrutor/a. Instrutor/a. Mestre/a taller da C. de Educación FP. Monitor/a de actividades docentes. Monitor/a (titulado/a medio/a).

1

1

Cat. 5. Profesor/a. Profesor/a titular. Profesor/a EXB. Mestre. Profesor/a de educación física. Profesor/a de matemáticas.

1

1

Cat. 6. Educador/a. Profesor/a especial.

1

1

Cat. 9. Axudante/a de desenvolvemento rural.

1

1

Cat. 35. Pianista.

1

1

Cat. 39 Técnico/a forestal defensa contra incendios forestais.

5

5

Analista programador (Persoal Cixtec)

3

3

Analista xestor de contidos web (Persoal Cixtec)

1

1

ANEXO I

Subgrupo C1

Prazas convocadas persoal funcionario

Corpo/escalas

Quenda de discapacidade

Acceso libre

Total

Corpo administrativo

I. Corpo administrativo da Administración xeral:

(Inclúe as prazas das categorías 2, 5 e 62 do grupo III de persoal laboral e postos base subgrupo C1, do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar).

22

22

II. Escala técnica auxiliar de informática:

(Inclúe prazas das categorías 30 e 91 do grupo III de persoal laboral).

5

54 (*a)

59 (*a)

III. Escala de axentes de inspección:

Especialidade consumo

1

1

Especialidade mobilidade

(Inclúe prazas da categoría 49 do grupo III de persoal laboral)

1

1

Especialidade vixilancia de estradas:

(Inclúe prazas das categorías 7, 60, 64 e 67 do grupo III de persoal laboral).

10

10

Corpo de axudantes de carácter facultativo

IV. Escala operativa do Servizo de gardacostas de Galicia.

Especialidade patrón

1

1

Especialidade mecánico

2

2

V. Escala de axentes do Servizo de gardacostas de Galicia.

6

6

VI. Escala técnica de mantemento de servizos:

(Inclúe as prazas das categorías 1, 6, 69 e 82 do grupo III de persoal laboral).

1

20

21

VII. Escala técnica de recursos naturais e forestais

Especialidade capataz

(Inclúe prazas das categorías 11, 68, e 80 do grupo III de persoal laboral).

6

6

Especialidade mecánico naval

(Inclúe prazas ocupadas por persoal transferido do parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas, categoría pendente de definir 998A)

2

2

Especialidade patrón embarcación

(Inclúe prazas das categoría 55 do grupo III de persoal laboral e prazas ocupadas por persoal transferido do parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas, categoría pendente de definir 998A)

2

2

Especialidade guia intérprete de patrimonio natural

(Inclúe prazas ocupadas por persoal transferido do parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas, categoría pendente de definir 998A)

6

6

VIII. Escala técnica de cociña:

(Inclúe as prazas das categorías 14 e 65 do grupo III de persoal laboral).

21

21

IX. Escala técnica de condución:

(Inclúe as prazas da categoría 63 do grupo III de persoal laboral).

18

18

X. Escala técnica de análise de laboratorio:

(Inclúe as prazas da categoría 17 do grupo III de persoal laboral).

2

23

25

XI. Escala técnica en reprodución cartográfica

(Inclúe prazas da categoría 91 do grupo III de persoal laboral)

5

5

XII. Escala técnica de gobernantes/as

Especialidade gobernante/a

(Inclúe prazas das categorías 4 e 78 do grupo III de persoal laboral)

1

17

18

Corpo de técnicos de carácter facultativo

XIII. Escala técnica de delineantes:

(Inclúe as prazas da categoría 29 do grupo III de persoal laboral).

6

6

XIV. Escala de axentes técnicos en xestión medioambiental.

2

2

XV. Escala técnica do Servizo de prevención e defensa contra incendios forestais:

Especialidade bombeiro/a forestal xefe de brigada:

(Inclúe as prazas da categoría 100 do grupo III de persoal laboral).

17

17

XVI. Escala de axentes técnicos facultativos:

Especialidade educación infantil

(Inclúe as prazas da categoría 50 do grupo III de persoal laboral e de técnicos superiores en educación infantil do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar).

49

508

557

Especialidade animación sociocultural:

(Inclúe prazas das categorías 30 do grupo II e 90 do grupo III de persoal laboral).

5

5

(*) Inclúense as prazas de estabilización convocadas en procesos anteriores á entrada en vigor da Lei 20/2021, do 28 de decembro e que no momento da presente convocatoria estiveran aínda sen rematar e que ao final do mesmo, quedaran sen adxudicar, sempre que cumpran os requisitos da disposición adicional sexta de dita lei. Do total de prazas ofertadas inicialmente poderían estar afectadas o seguinte número de prazas:

(*a)= 17 prazas

De conformidade coa disposición adicional primeira do Decreto 79/2022, todas as prazas publicadas de categorías de persoal laboral dependentes de función pública e que polo disposto na Lei 2/2015, de 29 de abril, teñan unha equivalencia nos corpos e nas escalas de carácter funcionarial convocaranse nun proceso selectivo único acumuladas á escala que lles corresponda de persoal funcionario, de acordo co sinalado no Decreto 165/2019, de 26 de decembro.

Consonte á disposición derradeira quinta da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, mentres non se leve a cabo o desenvolvemento regulamentario do Grupo B, o persoal das escalas do corpo de técnicos de carácter facultativo quedará encadrado no subgrupo C1.

ANEXO II

Grupo III

Prazas convocadas persoal laboral

Categoría profesional

Quenda de discapacidade

Acceso libre

Total

Cat. 3. Controlador/a pecuario/a. Axudante/a técnico/a pecuario/a.

1

8

9

Cat. 12 Mestre/a de taller

4

4

Cat. 15. Experto/a en exposicións.

2

2

Cat. 34. Especialista de oficios (debuxante).

2

2

Cat. 36. Experto/a audiovisuais.

1

1

Cat. 37. Técnico/a de son.

1

1

Cat. 43. Encargado/a estrutura escénica. Encargado/a de taller de escenografía. Técnico/a de máquinas do IGAEM.

1

1

Cat. 52. Tradutor/a. Intérprete da Administración de Xustiza.

1

1

Cat. 54. Técnico/a especialista en radioloxía (TER).

5

5

Cat. 54B. Hixienista dental.

2

2

Cat. 66. Axudante taller. Adxunto/a taller.

1

1

Cat. 71. Oficial/a de primeira xardineiro/a.

1

1

Cat. 94. Técnico/a auxiliar en imaxe e son.

2

2

Cat. 98. Auxiliar de luces.

1

1

Cat. 100. Bombeiro/a forestal xefe/a de brigada

52

52

Cat. 101. Proxeccionista.

1

1

Cat. 103. Entrevistador/a. Enquisador/a.

3

3

Cat. 104. Intérprete de linguaxe de signos

33

33

Operador/a de ordenador/Programador/a (Persoal Cixtec)

2

2

ANEXO I

Subgrupo C2

Prazas convocadas persoal funcionario

Corpo/escalas

Quenda de discapacidade

Acceso libre

Total

Corpo auxiliar

I. Corpo auxiliar da Administración Xeral:

(Inclúe prazas das categorías 1, 22, 30 e 32 do grupo IV de persoal laboral, postos base subgrupo C2 do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e oficial de xestión de recursos comúns transferido do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas).

14

194 (*a)

208 (*a)

II. Escala de persoal de servizos xerais (PSX):

(Inclúe prazas de persoal de servizos xerais (PSX) do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar).

10

149

159

Corpo de auxilares de carácter técnico

III. Escala de auxiliares de clínica:

(Inclúe prazas da categoría 3 do grupo IV de persoal laboral).

17

196 (1)

213 (1)

IV. Escala de xerocultor/a:

(Inclúe prazas de xerocultor/a do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar).

150

150

V. Escala auxiliar do servizo de prevención e defensa contra incendios forestais:

Especialidade bombeiro/a forestal:

(Inclúe prazas das categorías 14 e 14A do grupo V de persoal laboral).

154 (1)

154 (1)

VI. Escala de gardas de recursos naturais:

(Inclúe prazas da categoría 9 do grupo V de persoal laboral).

10

10

VII. Escala auxiliar de coidadores:

(Inclúe prazas da categoría 99 do grupo III e da categoría 4 do grupo IV de persoal laboral).

56

311

367

VIII. Escala auxiliar de cociña:

(Inclúe prazas da categoría 5 do grupo IV de persoal laboral).

5

98

103

IX. Escala auxiliar de mantemento:

(Inclúe prazas das categorías 6 e 18 do grupo IV de persoal laboral).

1

14

15

X. Escala de auxiliar de laboratorio:

(Inclúe prazas da categoría 11 do grupo IV de persoal laboral).

2

37

39

XI. Escala auxiliar de condución:

(Inclúe prazas da categoría 16 do grupo IV de persoal laboral, de auxiliar de condución do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e de condutor/a transferido do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas).

10

10

XII. Escala auxiliar de recursos naturais e forestais:

Especialidade oficial

(Inclúe prazas ocupadas por persoal laboral do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas atlánticas do grupo IV do convenio con categorías 18, 40 e outras sen definir)

1

16

17

Especialidade mariñeiro vixilante

(Inclúe prazas ocupadas por persoal laboral transferido do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas)

2

2

XIII. Escala auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos:

Especialidade arquivos e bibliotecas:

(Inclúe as prazas da categoría 35 do grupo IV de persoal laboral).

26

26

(*) Inclúense as prazas de estabilización convocadas en procesos anteriores á entrada en vigor da Lei 20/2021, do 28 de decembro e que no momento da presente convocatoria estiveran aínda sen rematar e que ao final do mesmo, quedaran sen adxudicar, sempre que cumpran os requisitos da disposición adicional sexta de dita lei. Do total de prazas ofertadas inicialmente poderían estar afectadas o seguinte número de prazas:

(*a)= 22 prazas

(1) As prazas afectadas pola disposición adicional sexta da Lei 20/2021 e ocupadas por interinos ou persoal laboral que aproben os procesos selectivos en curso, da mesma escala/especialidade ou categoría, incluídos neste epígrafe, descontaránse do cómputo total de prazas convocadas na mesma escala ou categoría que figura no anexo I.

De conformidade coa disposición adicional primeira do Decreto 79/2022, todas as prazas publicadas de categorías de persoal laboral dependentes de función pública e que polo disposto na Lei 2/2015, de 29 de abril, teñan unha equivalencia nos corpos e nas escalas de carácter funcionarial convocaranse nun proceso selectivo único acumuladas á escala que lles corresponda de persoal funcionario, de acordo co sinalado no Decreto 165/2019, de 26 de decembro.

ANEXO II

Grupo IV

Prazas convocadas persoal laboral

Categoría profesional

Quenda de discapacidade

Acceso libre

Total

Cat. 7. Garda xuramentado/a fluvial. Garda explotación.

1

1

Cat. 20. Conserxe (cando teñan ao seu cargo persoal subalternos ou ordenanza).

1

1

Cat. 21. Oficial/a 2ª carpinteiro/a. Auxiliar carpintaría.

1

1

Cat. 24. Xastre/a.

1

1

Cat. 25. Cargador/a. Tremoista.

2

2

Cat. 31. Legoeiro/a.

1

18

19

Cat.32. Operador/codificador datos defensa contra incendios

5

5

Cat. 33 Condutor/a autobomba defensa contra incendios forestais

221

221

Cat. 34. Axudante de restauración e proxección cinematográfica.

1

1

Cat. 37. Oficial 2ª mecánico máquinas de defensa contra incendios forestais.

1

1

Cat. 39. Auxiliar de autopsia.

6

6

ANEXO I

Agrupación profesional

Prazas convocadas persoal funcionario

Corpo/escalas

Quenda de discapacidade

Acceso libre

Total

Agrupación profesional

I. Escala de persoal subalterno:

(Inclúe as prazas das categorías 3 e 10E do grupo V de persoal laboral).

115 (1)

115 (1)

II. Escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais:

Especialidade persoal de limpeza e cociña:

(Inclúe as prazas das categorías 1 e 11 do grupo V de persoal laboral).

129

678

807

Especialidade persoal de recursos naturais e forestais:

(Inclúe as prazas das categorías 8 e 10F do grupo V de persoal laboral).

13

13

III. Escala de persoal de mantemento

(Inclúe as prazas das categorías 2 e 12 do grupo V de persoal laboral).

16

16

(1) As prazas afectadas pola disposición adicional sexta da Lei 20/2021 e ocupadas por interinos ou persoal laboral que aproben os procesos selectivos en curso, da mesma escala/especialidade ou categoría, incluídos neste epígrafe, descontaránse do cómputo total de prazas convocadas na mesma escala ou categoría que figura no anexo I.

De conformidade coa disposición adicional primeira do Decreto 79/2022, todas as prazas publicadas de categorías de persoal laboral dependentes de función pública e que polo disposto na Lei 2/2015, de 29 de abril, teñan unha equivalencia nos corpos e nas escalas de carácter funcionarial convocaranse nun proceso selectivo único acumuladas á escala que lles corresponda de persoal funcionario, de acordo co sinalado no Decreto 165/2019, de 26 de decembro.

ANEXO II

Grupo V

Prazas convocadas persoal laboral

Categoría profesional

Quenda de discapacidade

Acceso libre

Total

Cat. 10B. Vixilante fixo/a de defensa contra incendios forestais

5

47

52

Cat. 10C. Emisorista de defensa contra incendios forestais. Escoita incendios.

5

56

61

Cat. 14. Bombeiro/a forestal

63

63

Cat. 14A. Bombeiro/a forestal condutor/a

41

41