Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 7 de febreiro de 2023 Páx. 12123

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 2023 pola que se modifican as resolucións de 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia núm. 245, do 27 de decembro), polas que se convocan os procesos selectivos extraordinarios de estabilización derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, mediante o sistema de concurso-oposición, modificadas pola resolución do 20 de xaneiro de 2023 (Diario Oficial de Galicia núm. 15, do 23 de xaneiro) e se convocan procesos selectivos, pola quenda de acceso libre, para a escala auxiliar do servizo de prevención e defensa contra incendios forestais, especialidade de bombeiro/a forestal, subgrupo C2 e para a escala de persoal de mantemento, subgrupo AP.

No DOG núm. 245 do 27 de decembro de 2022 publicáronse as seguintes resolucións:

Resolución do 22 de decembro de 2022 pola que se convoca o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1; no corpo facultativo superior da Administración especial da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1; na escala de profesores numerarios do Corpo Facultativo Superior da Administración Especial da administración Xeral da comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1; e para o ingreso na categoría 40 do grupo I de persoal laboral da Xunta de Galicia.

Resolución do 22 de decembro de 2022 pola que se convoca o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo de xestión de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2; e no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2.

Resolución do 22 de decembro de 2022 pola que se convoca o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1; para o ingreso no corpo de axudantes de carácter facultativo de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1; para o ingreso no corpo de técnicos de carácter facultativo de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo B e para o ingreso nas categorías 100 e 104 do grupo III de persoal laboral da Xunta de Galicia.

Resolución do 22 de decembro de 2022 pola que se convoca o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo auxiliar de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2; para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2; e para o ingreso nas categorías 21 e 33 do grupo IV de persoal laboral da Xunta de Galicia.

Resolución do 22 de decembro de 2022 pola que se convoca o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, na escala de persoal subalterno e na escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais e para o ingreso nas categorías 10B, 10C, 14 e 14A do grupo V de persoal laboral da Xunta de Galicia.

Debido a que as prazas inicialmente convocadas cambiaron dun sistema (concurso ou concurso-oposición) a outro como consecuencia das alegacións presentadas, é preciso eliminar da convocatoria algunha de ditas escalas/especialidades e engadir ao proceso de estabilización a convocatoria de novas escalas/especialidades, iniciando exclusivamente para elas un novo prazo de presentación de instancias.

Como consecuencia dos cambios producidos na relación de prazas convocadas e en aras de garantir a claridade e a seguridade xurídica e para evitar situacións de indefensión sustitúense os anexos I e II das resolucións de 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 245, do 27 de decembro), polo anexos contidos na presente resolución.

Por conseguinte, de conformidade co establecido no Decreto 79/2022, do 25 de maio (DOG núm. 102, do 30 de maio), polo que se aproba a oferta de emprego público extraordinaria de prazas de persoal funcionario e laboral da Administración xeral e das entidades instrumentais do sector público autonómico da Comunidade Autónoma de Galicia, correspondente ao proceso de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, e de prazas de persoal laboral obxecto de funcionarización, de conformidade coa Lei 5/2022, de 21 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 243, do 23 de decembro), e coa Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, a Consellería de Facenda e Administración Pública, no uso das competencias que lle atribúe a dita Lei 2/2015, do 29 de abril (en diante, LEPG),

DISPÓN:

1. Para todas as convocatorias dos procesos selectivos extraordinarios de estabilización derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, convocados mediante o sistema de concurso-oposición e publicados no DOG núm. 245, do 27 de decembro de 2022, modifícase o último parágrafo do apartado a) da base IV.1 Experiencia profesional, que queda redactado como segue:

Ao persoal interino, laboral ou indefinido non fixo que se integrou en categorías xenéricas de persoal laboral, pero ocupan prazas que son convocadas nas escalas de administración especial, dispoñen da titulación específica e realizan funcións propias de ditas escalas, computaránselle os servizos prestados como realizados na escala na que se convocan as prazas que ocupan.

2. Convócanse os procesos selectivos de estabilización para as seguintes escalas/especialidades ou categorías:

– Escala auxiliar do servizo de prevención e defensa contra incendios forestais, especialidade de bombeiro/a forestal, subgrupo C2.

– Escala de persoal de mantemento, subgrupo AP.

O prazo para a presentación de instancias para estos procesos iniciase o 10 de febreiro e remata o día 10 de marzo (inclusive).

As bases da convocatoria que regularán ditos procesos son as que figuran na resolucións de 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro), polas que se convocan os procesos selectivos extraordinarios de estabilización derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, mediante o sistema de concurso, modificadas pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023, salvo ao que se refire ao prazo de presentación de instancias.

Os temarios que rexerán para as probas selectivas dos novos procesos convocados serán:

– Para a escala auxiliar do servizo de prevención e defensa contra incendios forestais, especialidade de bombeiro/a forestal, subgrupo C2, o que figura na Resolución do 20 de decembro de 2022 (DOG núm. 242, do 22 de decembro).

– Para a escala de persoal de mantemento, o que figura na Resolución de 6 febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro).

3. Modifícase a resolución da convocatoria dos corpos e escalas do subgrupo A1.

3.1. O temario que rexerá para as probas selectivas para o ingreso na escala de Ciencias, especialidade Química, subgrupo A1, convocado por Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) será o que figura na Resolución do 6 de febreiro de 2022 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro).

3.2. No anexo IV «Táboa de equivalencias de escalas/categorías», para o proceso selectivo Corpo superior da administración xeral, engádese a categoría 21 como equivalente.

4. Modifícase a resolución da convocatoria dos corpos e escalas do subgrupo A2.

No anexo III «Titulacións» modifícase a seguinte:

Proceso selectivo

Titulación

Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos

Diplomado ou graduado nunha titulación da rama de artes e humanidades e da rama de ciencias sociais e xurídica

5. Modificase a resolución da convocatoria dos corpos e escalas do subgrupo C1.

Modifícase a base III.1.1. Exercicios, no referente a estrutura dos mesmos que queda como segue:

III.1.1.1. Para o corpo administrativo da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1:

A proba de oposición residirá na superación dun único exercicio que será eliminatorio e obrigatorio. Consistirá nun cuestionario de cento trinta (130) preguntas tipo test, dividido en dúas partes:

a) Na primeira parte do exercicio as persoas aspirantes deberán contestar por escrito un cuestionario de contido teórico de oitenta (80) preguntas tipo test, relacionado co anexo que figura na Resolución do 20 de decembro de 2022 (DOG núm. 242, do 22 de decembro).

Esta parte disporá de cinco (5) preguntas de reserva.

b) Na segunda parte, as persoas aspirantes deberán resolver por escrito dous supostos de carácter práctico sobre os temas do bloque II que figura no anexo da Resolución do 20 de decembro de 2022 (DOG núm. 242, do 22 de decembro), cun total de cincuenta (50) preguntas tipo test, con vinte e cinco (25) preguntas cada un dos supostos.

Cada suposto do exercicio disporá de tres (3) preguntas de reserva.

III.1.1.2. Para o corpo de axudantes de carácter facultativo, o corpo de técnicos de carácter facultativo e para as categorías 100 e 104 do grupo III de persoal laboral:

A proba de oposición residirá na superación dun único exercicio que será eliminatorio e obrigatorio. Consistirá nun cuestionario teórico-práctico de cento trinta (130) preguntas tipo test, dividido en dúas partes:

a) Na primeira parte do exercicio, as persoas aspirantes deberán contestar por escrito un cuestionario de contido teórico de cincuenta (50) preguntas tipo test, relacionado ca parte xeral do anexo que figura na Resolución do 20 de decembro de 2022 (DOG núm. 242, do 22 de decembro).

b) A segunda parte, consistirá en contestar por escrito un cuestionario de oitenta (80) preguntas tipo test, relacionado ca parte específica do anexo que figura na Resolución do 20 de decembro de 2022 (DOG núm. 242, do 22 de decembro).

O exercicio disporá de oito (8) preguntas de reserva, das cales tres (3) corresponderán á parte común do programa e cinco (5) á parte específica.

Nos ambos supostos, as preguntas terán catro (4) respostas alternativas propostas polo tribunal, das que só unha será a correcta.

O resto da base non se modifica.

5.2. No anexo III «Titulacións» na escala técnica de conducción substitúese o carné de conducir tipo C+ tipo E por carné de conducir tipo C1.

5.3. No anexo IV «Táboa de equivalencias de escalas/categorías»

Onde di:

Escala técnica de recursos naturais e forestais.

Debe dicir:

Escala técnica de recursos naturais e forestais. Especialidade capataz.

Neste mesmo anexo, para o proceso selectivo Corpo administrativo da administración xeral, engádese a categoría 32 como equivalente.

6. Modificase a resolución da convocatoria dos corpos e escalas do subgrupo C2.

6.1. No anexo I, na escala auxiliar do servizo de prevención e defensa contra incendios forestais, créase a especialidade de bombeiro/a forestal.

Neste mesmo anexo, elimínase a especialidade de bombeiro/a forestal/condutor de motobomba na escala auxiliar do servizo de prevención e defensa contra incendios forestais.

As persoas aspirantes afectadas a data de publicación da presente resolución, poderán solicitar a devolución das taxa, a partir do dia seguinte á publicación desta resolución, nos termos establecidos na convocatoria.

6.2. Na base II.3 , modificada pola resolución do 20 de xaneiro de 2023,

onde di: Celga 4.

Debe dicir: Celga 3.

6.3. Na base III.1.1. Exercicios, modificada pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023, para a escala auxiliar do servizo de prevención e defensa contra incendios forestais e a categoría 33 Condutor/a autobomba defensa contra incendios forestais do grupo IV de persoal laboral suprímese o establecido para o exercicio primeiro, que pasará a ter a mesma estrutura que os do resto de corpo auxiliares de carácter técnico da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

6.4. No anexo III «Titulacións» engádense ou modifícanse as seguintes:

Proceso selectivo

Titulación

Especialidade bombeiro/a forestal

Graduado en ESO (a) e carné de conducir tipo B

Escala auxiliar de cociña

Titulación que habilite para a realización das funcións inherentes a esta escala

Escala auxiliar de mantemento

Titulación que habilite para a realización das funcións inherentes a esta escala

Escala auxiliar de laboratorio

Titulación que habilite para a realización das funcións inherentes a esta escala

6.5. No anexo IV «Táboa de equivalencias de escalas/categorías», para o proceso selectivo Corpo auxiliar, elimínanse as categorías 12 e 38 como equivalentes e para o proceso selectivo da escala técnica de análise de laboratorio, elimínase a categoría 26 como equivalente e engádese a seguinte:

Proceso selectivo

Escala ou categorías equivalentes

Especialidade de bombeiro/a forestal

As categorías profesionais 14 e 14A do grupo V do V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia

7. Modifícase a resolución da convocatoria dos corpos e escalas do grupo Agrupación Profesional:

7.1. No anexo I, créase a escala de persoal de mantemento.

7.2. Na base II.3 , modificada pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023,

onde di: Celga 4.

Debe dicir: Celga 2.

7.3. No anexo III «Táboas de equivalencias de escalas/categorías» engádese a seguinte:

Proceso selectivo

Escala ou categorías equivalentes

Escala de persoal de mantemento

As categorías 2 e 12 do grupo V do V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela as persoas interesadas poderán presentar recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou impugnala directamente ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2023

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8 de xaneiro de 2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

Anexo I

Subgrupo A1

Prazas convocadas persoal funcionario

Corpo/escalas

Quenda de discapacidade

Acceso libre

Total

Corpo superior

I. Corpo superior da Administración:

(Inclúe prazas da categoría 4 do grupo I de persoal laboral).

8

8

Corpo facultativo superior

I. Escala de enxeñeiros:

Especialidade enxeñaría camiños, canles e portos:

(Inclúe prazas da categoría 4 do grupo I de persoal laboral)

1

1

Especialidade enxeñaría industrial.

2

2

Especialidade enxeñaría de montes.

3

3

II. Escala de arquitectos.

2

2

III. Escala de veterinarios.

9

9

IV. Escala de ciencias:

Especialidade bioloxía

3

3

Especialidade química

1

1

V. Escala de profesores numerarios dos institutos politécnicos marítimo pesqueiros:

Especialidade navegación marítima.

2

2

Especialidade medicina subacuática e hiperbárica.

1

1

Especialidade maquinas e instalacións mariñas.

1

1

VI. Escala de inspección urbanística

Especialidade xurídica.

1

1

VII. Escala de facultativos:

Especialidade medicina:

(Inclúe prazas da categoría 2 do grupo I de persoal laboral).

1

1

Especialidade psicoloxía:

(Inclúe prazas da categoría 6 do grupo I de persoal laboral e psicólogo/a do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar).

2

2

De conformidade coa disposición adicional primeira do Decreto 79/2022, todas as prazas publicadas de categorías de persoal laboral dependentes de función pública e que polo disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, teñan unha equivalencia nos corpos e nas escalas de carácter funcionarial convocaranse nun proceso selectivo único acumuladas á escala que lles corresponda de persoal funcionario, de acordo co sinalado no Decreto 165/2019, do 26 de decembro.

Anexo II

Grupo I

Prazas convocadas persoal laboral

Categoría profesional

Quenda de discapacidade

Acceso libre

Total

Cat. 40. Titulado/a superior lingüista

7

7

Anexo I

Subgrupo A2

Prazas convocadas persoal funcionario

Corpo/escalas

Quenda de discapacidade

Acceso libre

Total

Corpo de xestión

I. Corpo de xestión da Administración xeral:

(Inclúe prazas das categorías 1, 7 e 21 do grupo II de persoal laboral).

5

5

II. Escala técnica de finanzas.

2

2

Corpo facultativo de grao medio

III. Escala de enxeñeiros técnicos:

Especialidade enxeñaría técnica de obras publicas.

1

1

Especialidade enxeñaría técnica industrial.

1

1

Especialidade enxeñaría técnica agrícola:

2

17

19

IV. Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos:

Especialidade bibliotecas.

2

2

V. Escala de axentes de extensión pesqueira.

1

1

VI. Escala técnica de facultativos:

Especialidade enfermaría:

(Inclúe prazas da categoría 2 do grupo II de persoal laboral).

2

2

Especialidade fisioterapia:

(Inclúe prazas de fisioterapeuta do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar).

1

1

Especialidade traballo social:

(Inclúe prazas da categoría 17 do grupo II de persoal laboral e de traballador social do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar).

5

5

Especialidade terapia ocupacional:

(Inclúe prazas da categoría 20 do grupo II de persoal laboral e de terapeuta ocupacional do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar).

4

4

Especialidade educador social:

(Inclúe prazas da escala técnica de facultativos, especialidade educadores e da categoría 6 do grupo II de persoal laboral).

5

5

Especialidade educador infantil:

(Inclúe prazas da categoría 40 do grupo II de persoal laboral e de educador/a infantil do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar).

26

26

De conformidade coa disposición adicional primeira do Decreto 79/2022, todas as prazas publicadas de categorías de persoal laboral dependentes de función pública e que polo disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, teñan unha equivalencia nos corpos e nas escalas de carácter funcionarial convocaranse nun proceso selectivo único acumuladas á escala que lles corresponda de persoal funcionario, de acordo co sinalado no Decreto 165/2019, do 26 de decembro.

Anexo I

Subgrupo C1

Prazas convocadas persoal funcionario

Corpo/escalas

Quenda de discapacidade

Acceso libre

Total

Corpo administrativo

I. Corpo administrativo da Administración Xeral.

1

1

Corpo de axudantes de carácter facultativo

II. Escala técnica de mantemento de servizos:

(Inclúe prazas da categoría 69 do grupo III de persoal laboral).

3

3

III. Escala técnica de recursos naturais e forestais:

Especialidade capataz:

(Inclúe prazas das categorías 68 e 80 do grupo III de persoal laboral).

2

2

IV. Escala técnica de cociña:

(Inclúe prazas das categorías 14 e 65 do grupo III de persoal laboral).

5

5

V. Escala técnica de condución:

(Inclúe prazas da categoría 63 do grupo III de persoal laboral).

1

1

VI. Escala técnica de análises de laboratorio:

(Inclúe prazas da categoría 17 do grupo III de persoal laboral).

2

2

Corpo de técnicos de carácter facultativo

VII. Escala axentes técnicos facultativos:

Especialidade educación infantil:

(Inclúe prazas da categoría 50 do grupo III de persoal laboral e de técnicos superiores en educación infantil do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar).

87

87

De conformidade coa disposición adicional primeira do Decreto 79/2022, todas as prazas publicadas de categorías de persoal laboral dependentes de función pública e que polo disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, teñan unha equivalencia nos corpos e nas escalas de carácter funcionarial convocaranse nun proceso selectivo único acumuladas á escala que lles corresponda de persoal funcionario, de acordo co sinalado no Decreto 165/2019, do 26 de decembro.

Consonte a disposición derradeira quinta da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, mentres non se leve a cabo o desenvolvemento regulamentario do grupo B, o persoal das escalas do corpo de técnicos de carácter facultativo quedará encadrado no subgrupo C1.

Anexo II

Grupo III

Prazas convocadas persoal laboral

Categoría profesional

Quenda de discapacidade

Acceso libre

Total

Cat. 100. Bombeiro/a forestal xefe/a de brigada

8

8

Cat. 104. Intérprete de linguaxe de signos.

10

10

Operador/a de ordenador (Persoal Cixtex)

1

1

Anexo I

Subgrupo C2

Prazas convocadas persoal funcionario

Corpo/escalas

Quenda de discapacidade

Acceso libre

Total

Corpo auxiliar

I. Corpo auxiliar da Administración Xeral:

(Inclúe prazas das categorías 1 e 32 do grupo IV de persoal laboral e posto base subgrupo C2 do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar).

7

73

80

II. Escala de persoal de servizos xerais:

(Inclúe prazas de persoal de servizos xerais (PSX) do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar).

22

22

Corpo de auxiliares de carácter técnico

III. Escala de auxiliares de clínica:

(Inclúe prazas da categoría 3 do grupo IV de persoal laboral).

2

11

13

IV. Escala de xerocultor:

(Inclúe prazas de xerocultor/a do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar).

15

15

V. Escala auxiliar do servizo de prevención e defensa contra incendios forestais

Especialidade bombeiro/a forestal:

(Inclúe prazas das categorías 14 e 14A do grupo V de persoal laboral).

56

56

VI. Escala auxiliar de coidadores:

(Inclúe prazas da categoría 4 do grupo IV de persoal laboral).

6

57

63

VII. Escala auxiliar de cociña:

(Inclúe prazas da categoría 5 do grupo IV de persoal laboral).

14

14

VIII. Escala auxiliar de mantemento:

(Inclúe prazas da categoría 6 do grupo IV de persoal laboral).

2

2

IX. Escala auxiliar de laboratorio:

(Inclúe prazas da categoría 11 do grupo IV de persoal laboral).

1

1

X. Escala auxiliar de recursos naturais e forestais:

Especialidade oficial:

(Inclúe prazas da categoría 9 do grupo IV de persoal laboral).

1

1

XI. Escala auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos:

Especialidade arquivos e bibliotecas:

(Inclúe prazas da categoría 35 do grupo IV de persoal laboral).

2

2

De conformidade coa disposición adicional primeira do Decreto 79/2022, todas as prazas publicadas de categorías de persoal laboral dependentes de función pública e que polo disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, teñan unha equivalencia nos corpos e nas escalas de carácter funcionarial convocaranse nun proceso selectivo único acumuladas á escala que lles corresponda de persoal funcionario, de acordo co sinalado no Decreto 165/2019, do 26 de decembro.

Anexo II

Grupo IV

Prazas convocadas persoal laboral

Categoría profesional

Quenda de discapacidade

Acceso libre

Total

Cat. 21. Oficial/a 2ª carpinteiro/a. Auxiliar carpintaría

1

1

Cat. 33 Condutor/a autobomba defensa contra incendios forestais

6

6

Anexo I

Agrupación profesional

Prazas convocadas

Corpo/escalas

Quenda de discapacidade

Acceso libre

Total

Agrupación Profesional

I. Escala de persoal subalterno:

(Inclúe as prazas das categorías 3 e 10E do grupo V de persoal laboral).

5

27

32

II. Escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais

Especialidade persoal de limpeza e cociña:

(Inclúe as prazas das categorías 1 e 11 do grupo V de persoal laboral).

15

39

54

Especialidade de persoal de recursos naturais e forestais:

(Inclúe as prazas da categoría 10F do grupo V de persoal laboral).

1

1

III. Escala de persoal de mantemento

(Inclúe as prazas das categorías 2 e 12 do grupo V de persoal laboral).

2

2

Anexo II

Grupo V

Prazas convocadas persoal laboral

Categoría profesional

Quenda de discapacidade

Acceso libre

Total

Cat. 10B. Vixilante fixo/a de defensa contra incendios forestais

2

2

Cat. 10C. Emisorista de defensa contra incendios forestais. Escoita incendios.

3

3

Cat. 14. Bombeiro forestal

25

25

Cat. 14A. Bombeiro/a forestal condutor/a

14

14