Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 17 de febreiro de 2023 Páx. 14327

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Xuventude

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 2023, da Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade, pola que se publica a Resolución do 3 de febreiro de 2023 de rectificación de erro material na Resolución do 14 de decembro de 2022 que finaliza o procedemento administrativo ao abeiro da Orde do 22 de agosto de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para a creación de novos centros de atención a persoas maiores, dependentes ou con discapacidade, e para a remodelación e adaptación de equipamentos xa existentes, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea, NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento BS631D).

Mediante a Resolución do 14 de decembro de 2022 finalízase o procedemento administrativo de concesión de subvencións ao abeiro da Orde do 22 de agosto de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para a creación de novos centros de atención a persoas maiores, dependentes ou con discapacidade, e para a remodelación e adaptación de equipamentos xa existentes, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea, NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento BS631D). A dita resolución foi notificada pola Resolución do 15 de decembro de 2022, da Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade, publicada no Diario Oficial de Galicia número 224, do 26 de decembro.

Tras detectarse un erro material no anexo I da indicada Resolución do 14 de decembro de 2022, no referente á denominación dun dos proxectos obxecto da concesión da subvención, iníciase o procedemento de rectificación de erros ao abeiro do disposto no artigo 109.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

No artigo 17 da mesma orde establécese que se publicarán no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, os actos administrativos e a correspondente resolución deste procedemento. Esta publicación producirá os efectos da notificación.

Polo exposto, ditada o 3 de febreiro de 2023 a resolución en que se rectifica o erro da antedita Resolución do 14 de decembro de 2022 que finaliza o procedemento de concesión ao abeiro do disposto nos artigos 16 e 17 da Orde do 22 de agosto de 2022,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 3 de febreiro de 2023 de rectificación de erro material na Resolución do 14 de decembro de 2022 que finaliza o procedemento administrativo ao abeiro da Orde do 22 de agosto de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para a creación de novos centros de atención a persoas maiores, dependentes ou con discapacidade, e para a remodelación e adaptación de equipamentos xa existentes, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea, NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento BS631D), que se recolle no anexo.

Segundo. Comunicar que contra a dita resolución poderá interpoñerse o recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous (2) meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2023

Fernando González Abeijón
Director xeral de Persoas con Discapacidade

ANEXO

Resolución do 3 de febreiro de 2023 de rectificación de erro material na Resolución do 14 de decembro de 2022 que finaliza o procedemento administrativo ao abeiro da Orde do 22 de agosto de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para a creación de novos centros de atención a persoas maiores, dependentes ou con discapacidade, e para a remodelación e adaptación de equipamentos xa existentes, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea, NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento BS631D).

O pasado 26 de decembro de 2022 publicouse no Diario Oficial de Galicia número 224, a Resolución do 15 de decembro de 2022 pola que se publica a Resolución do 14 de decembro de 2022 que finaliza o procedemento administrativo ao abeiro da Orde do 22 de agosto de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para a creación de novos centros de atención a persoas maiores, dependentes ou con discapacidade, e para a remodelación e adaptación de equipamentos xa existentes, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea, NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento BS631D).

Tras detectarse un erro material no anexo I da indicada resolución, no referente á denominación dun dos proxectos obxecto da concesión da subvención, de acordo co artigo 109.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas,

RESOLVO:

Primeiro. Proceder á emenda da Resolución do 14 de decembro de 2022 que finaliza o procedemento administrativo ao abeiro da Orde do 22 de agosto de 2022, como se indica no anexo I, expediente BS631/2022/0029, na columna proxecto presentado, onde di: «Creación dun centro ocupacional para persoas con discapacidade intelectual no concello de Santiago de Compostela», debe dicir: «Creación dun centro de día e residencia para persoas con discapacidade intelectual no concello de Santiago de Compostela».

Segundo. Contra esta resolución poderá interporse o recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous (2) meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. A presente resolución será publicada no Diario Oficial de Galicia, que fará todos os efectos de notificación practicada previstos no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 3 de febreiro de 2023. A conselleira de Política Social e Xuventude. P.D. (Disposición adicional primeira da Orde do 22.8.2022; DOG núm. 168, do 5 de setembro). Fernando González Abeijón, director xeral de Persoas con Discapacidade.