Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 17 de febreiro de 2023 Páx. 14330

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 30 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para os investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e se convocan para o exercicio orzamentario de 2023 (código de procedemento MR340A).

Advertidos erros na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 19, do día 27 de xaneiro de 2023, cómpre facer as seguintes correccións:

Na páxina 9533, na parte expositiva, onde di:

«O Goberno español elaborou o Plan estratéxico da PAC 2023-2027 (PEPAC) para a axuda da Unión financiada polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía e o Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural, aprobado mediante a Decisión de execución da Comisión do día 31.8.2022. Este plan inclúe, entre outras, as seguintes intervencións:

– 6842.1 Axudas a investimentos con obxectivos ambientais en transformación, comercialización e/ou desenvolvemento de produtos agroalimentarios.

– 6842.2 Axudas a investimentos en transformación, comercialización e/ou desenvolvemento de produtos agroalimentarios», debe dicir:

«O Goberno español elaborou o Plan estratéxico da PAC 2023-2027 (PEPAC) para a axuda da Unión financiada polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía e o Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural, aprobado mediante a Decisión de execución da Comisión do día 31.8.2022. Este plan inclúe, entre outras, a seguinte intervención:

– 6842.2 - Axudas a investimentos en transformación, comercialización e/ou desenvolvemento de produtos agroalimentarios».

Na páxina 9537, no artigo 4. Subvencións, onde di:

«4. Así mesmo, o importe da subvención ou subvencións concedidas a un mesmo beneficiario non será superior a 3.000.000 € cando o investimento total subvencionable non supere o importe de 15.000.000 €, e non será superior a 5.000.000 € cando o investimento total subvencionable sexa de 15.000.000 € ou maior.», debe dicir:

«4. Así mesmo, o importe da subvención ou subvencións concedidas a un mesmo beneficiario non será superior a 3.000.000 € cando o investimento total subvencionable non supere o importe de 15.000.000 €, e non será superior a 5.000.000 € cando o investimento total subvencionable sexa superior a 15.000.000 €».

Na páxina 9552, na epígrafe b) do artigo 11.3, onde di:

«b) Anexo A2 de memoria cuberto adecuadamente, e que inclúa en particular a relación pormenorizada dos investimentos previstos co seu importe sinalados no seu punto 10.», debe dicir:

«b) Anexo A2 de memoria cuberto adecuadamente, e que inclúa en particular a relación pormenorizada dos investimentos previstos co seu importe sinalados no seu punto 9».

Na páxina 9554, no artigo 12, onde di:

«As solicitudes destas características serán resoltas en terceiro lugar ata o importe máximo indicado do 5 % do orzamento total dispoñible», debe dicir:

«As solicitudes destas características serán resoltas en segundo lugar ata o importe máximo indicado do 5 % do orzamento total dispoñible».