Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 20 de febreiro de 2023 Páx. 14752

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2023 pola que se resolven as solicitudes de axuda presentadas ao abeiro da Orde do 28 de abril de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras de concesión das axudas aos investimentos en sistemas de xestión de estercos en gandaría, á transformación integral e modernización de invernadoiros, aos investimentos en eficiencia enerxética e enerxías renovables e á aplicación de agricultura de precisión e tecnoloxías 4.0 no sector agrícola e gandeiro, e se convocan para o ano 2022 (códigos de procedemento MR406D, MR406E, MR406F e MR406G). Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para o procedemento MR406G.

missing image file

A Orde do 28 de abril de 2022 establece as bases reguladoras de concesión das axudas aos investimentos en sistemas de xestión de estercos en gandaría, á transformación integral e modernización de invernadoiros, aos investimentos en eficiencia enerxética e enerxías renovables e á aplicación de agricultura de precisión e tecnoloxías 4.0 no sector agrícola e gandeiro (códigos de procedemento MR406D, MR406E, MR406F e MR406G). Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

Unha das liñas de axuda establecidas é a correspondente aos investimentos en eficiencia enerxética e enerxías renovables, con código de procedemento MR406G. A concesión das subvencións, segundo establecen as bases reguladoras, efectuarase mediante concorrencia competitiva.

De conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as resolucións destas subvencións convocadas mediante concorrencia competitiva deben publicarse no Diario Oficial de Galicia, o cal producirá os mesmos efectos da notificación.

Unha vez rematada a fase de instrución das solicitudes recibidas, avaliadas as solicitudes por cada xefatura territorial da Consellería do Medio Rural, a Comisión Avaliadora prevista no artigo 15.3 das bases reguladoras aplica os criterios de prioridade para que as persoas titulares das xefaturas territoriais formulen as propostas de resolución, tendo en conta as dispoñibilidades orzamentarias. Vistas estas, a persoa titular da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, por delegación da persoa titular da consellería, procede a resolver a convocatoria.

Por outra parte, de conformidade co establecido no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e crédito orzamentario a que se imputen, beneficiario, cantidade concedida e finalidade ou finalidades da subvención.

Por todo o indicado,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder as subvencións correspondentes aos investimentos en eficiencia enerxética e enerxías renovables, con código de procedemento MR406G, convocadas pola Orde do 28 de abril de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras de concesión das axudas aos investimentos en sistemas de xestión de estercos en gandería, á transformación integral e modernización de invernadoiros, aos investimentos en eficiencia enerxética e enerxías renovables e á aplicación de agricultura de precisión e tecnoloxías 4.0 no sector agrícola e gandeiro, e se convocan para o ano 2022 (códigos de procedemento MR406D, MR406E, MR406F e MR406G) Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, aos solicitantes que se relacionan no anexo I, como consecuencia da aplicación dos criterios de valoración e de preferencia establecidos no artigo 7 da convocatoria, polas contías que se reflicten no anexo, e con cargo á aplicación 14.04.713C 770.3 e proxecto 2021 00207 para as axudas previstas aos investimentos en eficiencia enerxética e enerxías renovables, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2022, 2023 e 2024.

Esta axuda ten por finalidade apoiar os investimentos destinados a mellorar a eficiencia enerxética, así como a xeración de enerxía a partir de fontes renovables, en particular biogás e biomasa agrícola, fomentar a economía circular a través da valorización enerxética das dexeccións na gandaría para obter biogás a partir do esterco, que sirva para o autoconsumo enerxético nas granxas e as actuacións en materia de xestión, provisión e acondicionamento de biomasa de orixe agrícola, permitindo reducir o consumo final de enerxía fósil nas explotacións agropecuarias.

Segundo. Denegar as solicitudes de subvención que se relacionan no anexo II polas causas que se indican no dito anexo.

Terceiro. Informar os beneficiarios que figuran no anexo I desta resolución do seguinte:

a) As condicións de aplicación a estas axudas son, con carácter xeral, as establecidas na Orde desta consellería do 28 de abril de 2022 que regula estas axudas e, supletoriamente, as establecidas na normativa autonómica, estatal e comunitaria aplicable.

b) Para a concesión desta axuda e o establecemento das súas características tivéronse en conta a información e a documentación incluída coa solicitude de axuda. Toda alteración das condicións iniciais para a concesión das axudas previstas na orde de convocatoria e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión

c) Esta axuda forma parte do Plan de recuperación, transformación e resiliencia. Mecanismo de recuperación e resiliencia.

Taxa de cofinanciamento: financiadas ao 100 % pola Administración xeral do Estado. Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

Obxectivo estratéxico/operativo/instrumental: mellorar a resiliencia e a competitividade dun sector económico estratéxico como o sector agroalimentario, apoiando a consecución dos obxectivos climáticos, ambientais e de descarbonización da economía.

Política panca: política número 1 «Axenda urbana e rural, loita contra o despoboamento e desenvolvemento da agricultura».

Compoñente: compoñente 3 «Transformación ambiental e dixital do sector agroalimentario e pesqueiro».

Medida: investimento 4 «Plan de impulso da sustentabilidade e competitividade da agricultura e a gandaría (III): investimentos en agricultura de precisión, eficiencia enerxética e economía circular no sector agrícola e gandeiro».

Contribución á transición ecolóxica: 40 %.

Contribución á transformación dixital: 6 %.

d) Obrigas en materia de emprego:

As entidades e persoas beneficiarias deberán cumprir coas seguintes obrigas en materia de emprego, sen prexuízo das eventuais limitacións respecto diso relacionadas co réxime de normativa de axudas de Estado que sexa de aplicación:

i. Ter o seu domicilio fiscal e o seu principal centro operativo en España e mantelos, polo menos, durante o período de prestación das actividades obxecto de subvención.

ii. Prestar as actividades obxecto da subvención desde centros de traballo situados en España.

iii. Contribuír á creación e mantemento en España de todo o emprego necesario para a prestación da actividade obxecto da subvención, que se realizará con persoal contratado e afiliado á Seguridade Social no territorio nacional.

e) Prazo de execución: 18 meses desde a concesión da subvención.

f) Período durante o cal se deben destinar os bens ao fin concreto: 5 anos.

g) Os investimentos deben cumprir as características mínimas indicadas na orde.

h) Requisitos de comunicación do financiamento público do proxecto:

– As accións de información e comunicación contarán co emblema da Unión Europea e a referencia ao fondo europeo que financia a actuación.

– Nos lugares de realización da actuación informarase do apoio dos fondos a través dun cartel dun tamaño mínimo de A3 nun lugar destacado e visible.

– Informar a través da páxina web, en caso de dispoñer dela, sobre o proxecto e a axuda financeira recibida da Unión Europea e sobre os obxectivos e resultados da operación financiada.

– Exhibir de forma correcta e destacada o emblema da UE cunha declaración de financiamento adecuado que indique «financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU», xunto ao logo do PRTR dispoñible na ligazón https://planderecuperacion.gob.es/identidad-visual; en particular, cando promovan accións e os seus resultados, facilitarán información coherente, efectiva e proporcionada dirixida a múltiples destinatarios, incluídos os medios de comunicación e o público.

i) Outras obrigas:

– Facilitar a información necesaria relativa ao desenvolvemento da actividade, que permita cumprir os requisitos de información a través de indicadores de produtividade e resultados enumerados no artigo 5 do Regulamento (UE) núm. 1304/2013, e presentar os indicadores de produtividade e resultado a que se refire o anexo I do devandito regulamento, modificado polo Regulamento (UE, Euratom) núm. 2018/1046.

Os indicadores de produtividade relativos á persoa solicitante refírense á data inmediatamente anterior ao comezo da vinculación do/da participante coa actuación subvencionada, mentres que os indicadores de resultado inmediato deberán referirse ao período comprendido entre o día posterior ao da finalización da súa vinculación coa operación e as catro semanas seguintes, no período de xustificación da correspondente subvención.

A Administración poderá requirir novos datos no prazo de seis meses dende que finalice a vinculación do/da participante coa actividade cofinanciada, coa finalidade de formalizar os indicadores de resultado a longo prazo descritos no citado regulamento.

– Facilitar a información necesaria relativa ao desenvolvemento da actividade, que permita cumprir os requisitos de información a través de indicadores de produtividade e resultados enumerados no artigo 6 do Regulamento (UE) núm. 1301/2013, e presentar os indicadores de produtividade e resultado a que se refire o anexo I do devandito regulamento, modificado polo Regulamento (UE, Euratom) núm. 2018/1046.

– Conservar os libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ao beneficiario en cada caso, así como a documentación xustificativa da aplicación dos fondos recibidos durante un mínimo de 5 anos a partir da recepción do último pagamento.

j) Segundo o indicado no artigo 21.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, notificada a resolución definitiva polo órgano competente, os interesados propostos como beneficiarios disporán dun prazo de dez días para a súa aceptación; transcorrido este sen que se producise manifestación expresa, entenderase tacitamente aceptada.

A aceptación da axuda implica a aceptación da inclusión das persoas beneficiarias na lista de operacións que se publicarán, co contido previsto no punto 1 do anexo XII e no artigo 115.2 do Regulamento (UE) núm. 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013.

Cuarto. Os solicitantes relacionados no anexo I disporán de información máis detallada na súa Carpeta cidadá.

Quinto. Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse potestativamente recurso de reposición perante o conselleiro do Medio Rural, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, ou directamente recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da súa notificación, consonte o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro dereito que consideren pertinente.

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2023

O conselleiro do Medio Rural
P.D. (Orde do 17.11.2015; DOG núm. 223, do 23 de novembro)
Silvestre José Balseiros Guinarte
Director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

ANEXO I

Aprobacións

Orde

Código de expediente

Beneficiario

NIF

Puntuación criterios de valoración

Subvención concedida

Importe

1

MR406G-2022-27-000001

S.A.T. Ladeira Nº 1285 XUGA

F27317320

5

7.105,00 €

2

MR406G-2022-27-000002

Labrador Vázquez, S.C.

J32469686

5

24.875,76 €

3

MR406G-2022-15-000001

Gandería Ramas, S.C.

J70378716

5

21.333,06 €

4

MR406G-2022-27-000003

Estebano, S.C.

J27364272

0

39.587,10 €

5

MR406G-2022-27-000004

Souto, S.C.

J27417997

0

18.154,50 €

6

MR406G-2022-27-000005

López Zolle, S.C.

J27316991

0

50.000,00 €

7

MR406G-2022-27-000006

Luis Miguel Rojo Vázquez

***5457**

0

7.096,25 €

8

MR406G-2022-15-000002

SAT Regueiro Branco Nº 1390 XUGA

V70191119

0

50.000,00 €

9

MR406G-2022-27-000011

Narxose, S.L.U.

B27499664

0

22.309,94 €

10

MR406G-2022-15-000003

Ganadería Pérez de Vilar, S.L.

B70552765

0

12.915,40 €

11

MR406G-2022-27-000008

Ganadería Lebón, S.C.

J27318609

0

33.509,70 €

12

MR406G-2022-27-000009

Manuel López Vázquez

***6150**

0

7.817,25 €

13

MR406G-2022-27-000010

César Lago Fernández

***2749**

0

3.822,61 €

ANEXO II

Denegacións

Código de expediente

Solicitante

NIF

Motivo de denegación

MR406G-2022-36-000001

Jacinto Araújo Durán

***7299**

Falta documentación e non acredita os requisitos para que os investimentos sexan subvencionables, segundo o especificado no punto 5.h) do cadro de especificacións da orde de convocatoria

MR406G-2022-36-000002

Noa Presas González

***9433**

Incumprimento dos requisitos para que a solicitante poida ser beneficiaria da subvención, segundo o estipulado no punto 4.a)1 do cadro de especificacións da orde de convocatoria

MR406G-2022-36-000003

Ecocelta Galicia, S.L.

B36449643

Investimentos non subvencionables segundo o establecido nos puntos 1.a) e 4.a)1 do cadro de especificacións da orde de convocatoria

MR406G-2022-36-000004

Agricultura y Ganadería Sesto SAT 5583

V36025955

Investimento non subvencionable segundo o establecido no punto 5.a) do cadro de especificacións da orde de convocatoria

MR406G-2022-36-000005

Servipor, S. Coop. Galega

F36437820

Non presenta memoria de actuación segundo o establecido no artigo 11.1.a) da orde de convocatoria